Saltar ao contido

Lingua borgoñoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Borgoñón
Bourguignon
Falado en: Francia Francia
Rexións: Borgoña
Total de falantes: Descoñecidos
Posición: Non está entre as 100 máis faladas.
Familia: Indoeuropea
 Itálico
  Románico
   Ítalo-occidental
    Galoibérico
     Galorrománico
      Oïl
       Borgoñón
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: Non
Regulado por: Non ten regulación oficial
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

O borgoñón está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua borgoñoa[2] ou borgoñón é unha lingua romance de Oïl falada en Borgoña, particularmente na rexión de Morvan. A chegada dos borgoñóns levou elementos xermánicos ás falas galo-romance dos habitantes zona e posteriormente a ocupación dos Países Baixos polos duques de Borgoña tamén trouxo influencias neerlandesas.

Os dialectos do sur ao longo do río Saona foron influenciados pola lingua francoprovenzal. Eugène de Chambure publicou un Glossaire du Morvan en 1878.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para borgoñoa.