Ladrido, Ortigueira
Ladrido | |
---|---|
Ladrido e o Monte da Croa. | |
Concello | Ortigueira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°42′18″N 7°48′46″O / 43.70494926, -7.81283053 |
Área | 4,4 km² |
Poboación | 275 hab. (2013) |
Densidade | 62,5 hab./km² |
Entidades de poboación | 29[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa Eulalia de Ladrido é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 275 habitantes (150 mulleres e 125 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 435 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Está situada no leste da ría de Ortigueira, na enseada que leva o seu nome, na marxe dereita do río Baleo, que chega ao mar formando unha paraxe de grande interese natural, que de feito xunto coa ría de Ortigueira forma parte de áreas de protección ambiental das categorías zona húmida Ramsar, ZEPA ría de Ortigueira e Ladrido e ZEC Ortigueira-Mera.
Limita ao norte coa ría e a parroquia de Espasante dende o regato que baixa do monte Sardiñeiras nas proximidades da Pria da Concha, polo sur as parroquias de San Salvador de Couzadoiro, e o río Baleo que a separa da parroquia do Mosteiro, polo oeste, de novo a ría, e polo leste outra vez a parroquia de San Salvador de Couzadoiro.
Está sucada polo río Baleo que na súa desembocadura forma unha grande enseada e unha barra nas proximidades da Illa de San Vicente que dificulta a entrada na baixamar. O monte máis alto da parroquia é o monte da Croa, de 114 metros de altitude, en cuxa cima hai un castro, que foi escavado por Federico Maciñeira.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial atópase no lugar da Igrexa, é moderna de planta de cruz latina e campanario na fronte. Deseñouna e reformouna entre 1799 e 1800 Francisco Javier Cayetano Méndez Neira de Saavedra, que ademais de cura era reloxeiro.[2] Existe ademais unha pequena capela adicada á San Fernando, no lugar da Ponte do Baleo.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Capela da San Fernando no lugar do Baleo.
-
Igrexa de Santa Eulalia de Ladrido.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Ladrido
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Ladrido no concello coruñés de Ortigueira | |
---|---|
Agromaior | A Areosa | O Baleo | Barbeita | Os Calvarios | A Camareta | As Cancelas | A Capela | Carballeiras | O Carballo | A Casanova | A Castilla | Os Castros | As Congostras | Cotorredondo | O Cristo | Frádega | A Furadiña | A Golpilleira | A Ponte do Baleo | A Pontenova | A Pontevella | Pormadeira | A Praza | O Rego | A Rocha | Os Rubidos | Os Sandes | O Seixo | O Torno | Vilacova | Xilfonxe |