É de forma oval e está cuberta por unha masa arbórea na súa cara sur, protexida dos embates do Atlántico, mentres a cara norte está cuberta de toxeiras e matogueiras propias do litoral. Cando baixa a marea, a illa queda unida a terra mediante un extenso banco de area. Está nunha paraxe de alto interese ecolóxico (sub-rías de Ladrido e Baleo), polo que a illa, xunto coas marismas que a rodean están protexidas. Segundo menciona Julio Dávila Díaz na súa obra Geografía descriptiva de lacomarca de Ortigueira (1931), na Idade Media existiu na illa un pequeno mosteiro nun principio ocupado polos templarios e máis tarde polos franciscanos, do que aínda quedan algúns restos.