Saltar ao contido

Juana de Ibarbourou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJuana de Ibarbourou

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juana Fernández Morales Editar o valor en Wikidata
8 de marzo de 1892 Editar o valor en Wikidata
Melo (Uruguai) Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xullo de 1979 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Montevideo (Uruguai) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio del Buceo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritora, poetisa Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía e poesia lírica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Premios

Descrito pola fonteMetzler Autorinnen Lexikon (en) Traducir, (p.239–240) >>>:Ibarbourou, Juana de (geb. Juana Fernández Morales) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX926912 Musicbrainz: 0502cbb1-0f3d-4a25-a5e0-883bd53ec419 Editar o valor en Wikidata

Juana Fernández Morales, máis coñecida como Juana de Ibarbourou, nada en Melo o 8 de marzo de 1892 e finada en Montevideo o 15 de xullo de 1979, foi unha poeta uruguaia de orixe galega. Está considerada unha das máis grandes escritoras de América Latina do século XX.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aínda que ela afirmaba que nacera en 1895, segundo o Rexistro Civil naceu en 1892 co nome de Juana Fernández Morales. O seu pai, de Lourenzá, emigrara ao Río da Prata na década de 1880, e establecérase na cidade de Melo, no Departamento de Cerro Largo. A súa nai pertencía a unha das familias españolas máis antigas do Uruguai[1]. Pasou a ser coñecida como Juana de Ibarbourou ao casar co capitán Lucas de Ibarbourou con vinte anos.

Acadou gran popularidade polas súas primeiras escolmas de poemas. En 1947 foi elixida membro da Academia uruguaia, e en 1959 foille concedido o Premio Nacional de Literatura, outorgado ese ano por primeira vez. As súas obras están marcadas polo modernismo. Temáticamente, loan e exaltan a maternidade, a beleza física e a natureza, con certo lastre retórico.

Na súa obra influíu a súa orixe galega por parte paterna. Como proba de tal vencello quedaron os vestixios que Galiza deixou na súa poesía e a pegada de Rosalía de Castro, xa que escoitara os seus versos sendo nena a través do seu pai[2][3].

Amais da súa prosa, a lembranza da escritora polo amor á terra do seu pai, tamén aparece reflectido nos seus versos:

Patria de mi padre, luminosa y grande,
Qué profundamente te quiero también.
Me crié soñando con tu maravilla,
No quiero morirme sin verte una vez.
Cuando a ti yo llegue, has de conocerme
Por el gozo trémulo, por la palidez,
Por la emoción honda de risa y de llanto,
Por el canto puro que te llevaré.
Con el niño mío, que también te ama,
¡oh! Galicia mía, hemos de traer,
a la tierra india que amparó a mi padre,
de tu hechizo y tu placidez.

Non hai dúbida de que, nas súas propias palabras, a súa alma sentíase moi galega, feito que coñecían no seu contorno. O 8 de xuño de 1963 inaugurouse en Lourenzá, concello do seu pai, a biblioteca Juana Ibarbourou.[a][4][5][6][7] Con motivo desta homenaxe Ibarbourou fixo chegar unha serie de mensaxes onde expresa este sentimento de galeguidade:

Nacín e crecín andando e soñando Galicia canda o meu pai, que foi para ela un fillo amoroso e fiel ata a morte. E eu sigo sendo galega polos dous[b]

Débense engadir as palabras de Dora Isella Russel atopadas na biografía da poeta sobre a profundidade desa "herdanza paterna":

O pai, pois, naceu en Galicia, nesa terra doce e recia que se fai amar polos seus fillos vaian onde vaian. Del herda a nena un sentimento profundo que a ligará estreitamente sempre ás cousas que constitúan o seu cotián universo[8]

Os seus tres primeiros libros foron o poemario Las lenguas de diamante (1919), a colección de prosa poética El cántaro fresco (1920) e o poemario Raíz salvaje (1922). Tiveron repercusión internacional e foron traducidos a varias linguas.

A orixinalidade do seu estilo consistiu en unir o rico cromatismo con imaxes modernistas, o que lle daba un sentido optimista da vida. Empregaba unha linguaxe sinxela, sen complexidades conceptuais, que redundaba nunha expresividade fresca e natural. Dende entón, publicou máis de trinta libros, a maioría deles foron coleccións de poesía, aínda que escribiu tamén memorias da súa infancia e mais un libro infantil (ver Obras). A súa ampla popularidade deulle o sobrenome de Juana de América, co que se lle rendeu unha homenaxe oficial en 1929. Pola súa banda, ela declarouse "filla da natureza".

Os seus derradeiros anos de vida pasounos soa e recluída nunha antiga residencia de avoengo, na Avenida 8 de octubre fronte á rúa Mariano Moreno, nos límites do barrio de La Unión de Montevideo. Alí faleceu en 1979.[9]

O 15 de setembro do ano 2007 foille concedido o título póstumo de «Filla adoptiva de Lourenzá»[10], vila da que procedían os seus devanceiros galegos.

En 1964.
  • Las lenguas de diamante (1919)
  • Raíz salvaje (1922)
  • La rosa de los vientos (1930)
  • Perdida (1950)
  • Azor (1953)
  • Mensaje del escriba (1953)
  • Romances del Destino (1955)
  • Angor Dei (1967)
  • Elegía (1968)
  • Obra completa (Acervo del Estado) (1992, cinco volumes ao coidado de Jorge Arbeleche)
  • Cántaro fresco (1920)
  • Ejemplario (1928, libro de lectura infantil)
  • Loores de Nuestra Señora (1934, comentario aos nomes da Virxe María)
  • Estampas de la Biblia (1934)
  • Chico Carlo (1944, contos autobiográficos sobre a súa infancia)
  • Los sueños de Natacha (1945, teatro infantil sobre temas clásicos)
  • Canto Rodado (1958)
  • Juan Soldado (1971, colección de dezaoito relatos)
  1. Segundo Dionisio Gamallo Fierros, a biblioteca chamaríase "Biblioteca de Vicente y Juana Fernández". De feito, tamén parece entendelo así propia poetisa, como indica nunha carta dirixida a Gamallo Fierros en 1962. Ver: "Mensaje de Juana de Ibarbourou a sus amigos de Galicia". El Progreso (xornal) (17203). 23 de novembro de 1962. p. 3. . Pola contra, o resto das fontes da época localizadas denomínana "Biblioteca Juana de Ibarbourou", que é o nome que mantén actualmente.
  2. Texto orixinal en castelán:"Nací y crecí andando y soñando a Galicia junto a mi padre que fue para ella un hijo amoroso y fiel hasta la muerte. Y yo sigo siendo gallega por los dos." Mensaxe trasmitida pola escritora Elida Core Agnese con motivo da entrega de libros para o fondo da Biblioteca Juana de Ibarbourou. En: "Juana de Ibarbourou, Lorenzana y Galicia. Mensaje de una uruguaya". El Progreso (xornal) (18435). 13 de novembro de 1966. p. 12. 
Referencias
  1. "Juana de Ibarbourou Poetisa uruguaia de alma galega", en www.galiciaaberta.com.
  2. GaliciaAberta - Secretaría Xeral da Emigración (ed.). "Juana de Ibarbourou". emigracion.xunta.gal. Consultado o 2018-06-26. 
  3. "Juana de Ibarbourou". Fillos de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2007. Consultado o 8 de xullo de 2018. 
  4. "Fue inaugurada en Lorenzana la biblioteca municipal Juana de Ibarbourou". El Progreso (xornal). 9 de xuño de 1963. pp. 5 e 8. 
  5. Concello de Lourenzá (ed.). "Biblioteca". .concellodelourenza.gal. Consultado o 15 de outubro de 2021. 
  6. "La Biblioteca Juana de Ibarbourou". La Noche (12940). 30 de maio de 1963. p. 4. 
  7. "Mañana será inaugurada la biblioteca "Juana de Ibarbourou" en Lorenzana". La Noche (12947) (30 de maio de 1936). 7 de xuño de 1936. p. 9. 
  8. Cristina Corral Soilán, Cristina. "Rosalía e Ibarborou, viajede Uruguay a Padrón". De historias de mujeres y mujeres en la historia. Consultado o 8 de xullo de 2018. 
  9. "Juana de Ibarbourou Poetisa uruguaia de alma galega", en www.galiciaaberta.com.
  10. Os vínculos culturais Galicia-Uruguay. José Alonso y Trelles / Juana de Ibarbourou : Actas do congreso celebrado en Ribadeo e Lourenzá, 14, 15 e 16 de setembro de 2007 (PDF). Deputación de Lugo. 2010. p. 201. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]