El Progreso (xornal)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Progreso.
El Progreso | |
---|---|
Tipo | Diario |
Cor | Branco e negro e cor |
Fundador | Purificación de Cora y Más-Villafuerte |
Editor | Blanca García Montenegro (presidenta) Alfonso Riveiro (director) |
Lingua | español e galego |
Localidade | Lugo |
Na rede | |
https://www.elprogreso.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Progreso é un diario creado en Lugo o 17 de agosto de 1908, voceiro do Partido Liberal, levando na súa cabeceira o subtítulo de "Diario Liberal".[1] No momento presente, o diario pertence ao Grupo El Progreso. O xornal cobre as informacións xeralistas facendo fincapé no acontecido na provincia de Lugo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi fundado en 1908 por Purificación de Cora Más-Villafuerte e sempre permaneceu en mans desta familia. A actual presidenta é Blanca García Montenegro. A sede editorial atópase na rúa Ribadeo, nos arredores do parque de Rosalía de Castro.
Directores
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia, o xornal tivo os seguintes directores:
- José Gayoso Castro, 1908-1909 e 1911-1914.
- Fernando Pardo Suárez, 1909-1911.
- Antonio de Cora Sabater, 1914-1940.
- Purificación de Cora Sabater, 1940-1969.
- Xosé Trapero Pardo, 1969-1972.
- Pedro de Llano López, Bocelo, 1972-1980.
- José de Cora Paradela, 1980-1994.
- Fernando Salgado García, 1994-2000.
- Luis Rodríguez García, Lois Caeiro, 2000-2019.
- Alfonso Riveiro, dende 2019
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Teijeira (1997), p. 106
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Progreso, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Progreso, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- López García, Xosé; et al. (2001). La prensa diaria en Galicia (1976-2000) (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-891-X.
- Teijeira, Mari Paz; de la Torre, María (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia. Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación de Lugo. pp. 106–112. ISBN 84-8192-110-6.