1944
Aparencia
1944 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1944 MCMXLIV | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2697 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1393 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4640 – 4641 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5704 – 5705 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1999 – 2000 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1866 – 1867 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5045 – 5046 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1322 – 1323 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1363 – 1364 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2194 | ||||||||||||||||||
|
1944 (MCMXLIV) foi un ano bisesto comezado en sábado segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Xaneiro
[editar | editar a fonte]- 2 de xaneiro - En Saida (Illa de Nova Guinea) desembarcan tropas de Estados Unidos.
- 3 de xaneiro - No Túnel número 20, en Torre del Bierzo (León) prodúcese o maior accidente ferroviario en España.
- 4 de xaneiro - segunda guerra mundial: comeza a Batalla de Monte Cassino.
- 5 de xaneiro - O Daily Mail convértese no primeiro diario transoceánico.
- 13 de xaneiro - O goberno español anuncia restricións de enerxía eléctrica a partir do 15 de febreiro.
- 14 de xaneiro - segunda guerra mundial: as tropas soviéticas comezan a ofensiva de Leningrado e Novgorod.
- 15 de xaneiro - Na provincia de San Juan (Arxentina), ás 20:50 un terremoto destrúe a cidade de San Juan, producindo unhas 10000 mortes directas.
- 17 de xaneiro - Juan Domingo Perón e Evita coñécense na gala do Lúa Park para recadar fondos para os damnificados polo terremoto de San Juan
- 18 de xaneiro - segunda guerra mundial, fin do cerco de Leningrado despois de dous anos.
- 22 de xaneiro - segunda guerra mundial: Operación Shingle. Desembarco angloamericano en Nettuno e Anzio, a 55 km ao sur de Roma.
Febreiro
[editar | editar a fonte]- 1 de febreiro - en Moscova modifícase a primeira Constitución soviética.
- 3 de febreiro - no marco da segunda guerra mundial, o goberno de Franco reafirma a neutralidade de España.
- 10 de febreiro - en Ancara interrómpense as negociacións secretas entre Gran Bretaña e Turquía.
- 11 de febreiro - en Colombia é liberado o xefe conservador Laureano Gómez, quen fora encarcerado no principio do ano por calumnias ao goberno.
- 13 de febreiro:
- No marco da segunda guerra mundial, a cidade de Rostov (Unión Soviética) é liberada da ocupación nazi.
- En Costa Rica, Teodoro Picado Michalski é elixido presidente.
- 15 de febreiro:
- A aviación aliada bombardea o mosteiro de Montecassino, onde os alemáns instalaran o seu sistema de comunicacións.
- Os Estados Unidos recuperan o control das Illas Salomón (no océano Pacífico) tras duros combates cos xaponeses.
- 19 de febreiro - no transcurso da segunda guerra mundial, Londres recibe os maiores ataques da Luftwaffe (Wehrmacht) nazi.
- 20 de febreiro - No marco da segunda guerra mundial, a aviación estadounidense inicia un bombardeo intensivo sobre as fábricas de armamento alemás na chamada «operación Semana Grande».
- 22 de febreiro - accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte en Calvos de Randín, morrendo os seus seis ocupantes.
Marzo
[editar | editar a fonte]- 3 de marzo - ofensiva soviética en Ucraína durante a segunda guerra mundial.
- 10 de marzo - publicación no exilio de Sempre en Galiza de Castelao
- en España adminístranse as dúas primeiras doses de penicilina.
- 18 de marzo - erupción do Vesuvio.
Abril
[editar | editar a fonte]- 1 de abril - a cidade suíza de Schaffhausen é bombardeada «por erro».
- 2 de abril:
- No Salvador fracasa o golpe de estado contra o ditador Maximiliano Hernández Martínez (no poder desde 1931).
- Moscova advirte ás tropas nacionalistas chinesas que non penetren na Mongolia Exterior.
- Un maremoto arrasa as costas das illas Aleutianas (Alasca) e as illas Hawai e morren 300 persoas.
Maio
[editar | editar a fonte]- 9 de maio - en O Salvador, Maximiliano Hernández Martínez, renuncia á presidencia, presionado por unha folga xeral.
Xuño
[editar | editar a fonte]- 4 de xuño - entrada dos aliados en Roma durante a segunda guerra mundial
- 6 de xuño - en Normandía (Francia) desembarcan as forzas aliadas (Día D).
- 17 de xuño - Islandia independízase de Dinamarca e constitúese en república independente.
- 19 de xuño - primeiro matrimonio de Norma Jean Baker, coñecida máis tarde como Marilyn Monroe.
- 22 de xuño - Operación Bagration, ofensiva soviética en Belarús.
Xullo
[editar | editar a fonte]- 20 de xullo - Claus von Stauffenberg xunto con outros militares alemáns fracasa no seu atentado contra Adolf Hitler.
- 21 de xullo - comeza a batalla de Guam.
- 22 de xullo - na Conferencia Monetaria e Financeira das Nacións Unidas realizada no complexo hostaleiro de Bretton Woods (Nova Hampshire) e mediante os Acordos de Bretton Woods, créase o Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e establécese o uso do dólar estadounidense como moeda internacional.
- 27 de xullo - Buchi Emecheta, escritora nixeriana residente no Reino Unido (m. 2017)
Agosto
[editar | editar a fonte]- 1 de agosto - a cidade de Varsovia sublévase contra as tropas de ocupación alemás (Alzamento de Varsovia).
- 24 de agosto - Liberación de París, os primeiros soldados da 2.ª División Blindada (Division Leclerc) son españois republicanos adscritos ao Regiment de Marche du Tchad coñecida como a novena compañía do exército francés chegando ao concello.
Setembro
[editar | editar a fonte]- 29 de setembro - O exército soviético entra en Iugoslavia
Outubro
[editar | editar a fonte]- 20 de outubro - en Guatemala derrocan a ditadura de Jorge Sitúo. Iniciase un período revolucionario que durará unicamente 10 anos.
Novembro
[editar | editar a fonte]- 15 de novembro - Constitución do Consello de Galiza no exilio
Decembro
[editar | editar a fonte]- 22 de decembro - Vo Nguyen Giap funda o Exército Popular Vietnamita para loitar contra a ocupación xaponesa.
- Ratifícase o pacto Galeuzca entre representantes galegos, vascos e catalás no exilio
- O xeneral francés Charles de Gaulle entra en París.
- Italia declara a guerra a Alemaña.
Acontecementos de maior duración
[editar | editar a fonte]- Segunda guerra mundial (1939-1945)
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1 de xaneiro - Omar Hasan Ahmad al-Bashir, presidente do Sudán
- 6 de xaneiro - Rolf M. Zinkernagel, inmunopatólogo suízo, premio Nobel de Medicina en 1996.
- 6 de xaneiro - Alan Stivell - músico bretón.
- 9 de xaneiro - Jimmy Page, músico británico (Led Zeppelin)
- 18 de xaneiro - Alexander Van der Bellen, político austríaco.
- 27 de xaneiro - Braulio Rodríguez, arcebispo católico español.
- 27 de xaneiro - Mairead Corrigan, activista político irlandés, Premio Nobel da Paz
- 1 de marzo - Roger Daltrey, músico británico (The Who)
- 5 de marzo - Élisabeth Badinter, escritora e filósofa francesa.
- 6 de marzo - Kiri Te Kanawa, cantante neozelandesa.
- 19 de marzo - Said Musa, primeiro ministro de Belize
- 23 de marzo - Michael Nyman, pianista e compositor británico.
- 24 de marzo - Vojislav Koštunica, primeiro ministro de Serbia
- 26 de marzo - Diana Ross, cantante estadounidense (The Supremes).
- 5 de abril - Xabier Lete, músico e poeta vasco
- 6 de abril - Manoel Soto Ferreiro, político galego
- 7 de abril - Gerhard Schröder, chanceler alemán
- 9 de abril - Lars Norén, poeta e dramaturgo sueco.
- 17 de abril - Lois Diéguez, escritor galego
- 19 de abril - James Heckman, economista estadounidense, Premio Nobel
- 14 de maio - George Lucas, director de cine estadounidense.
- 18 de maio - W. G. Sebald, escritor alemán.
- 18 de maio - Albert Hammond, cantante e compositor británico.
- 20 de maio - Joe Cocker, cantante británico.
- 19 de xuño - Chico Buarque, músico brasileiro.
- 24 de xuño - Jeff Beck, músico inglés.
- 13 de xullo - Ernő Rubik, creador do cubo de Rubik, na cidade de Budapest.
- 31 de xullo - Robert C. Merton, economista estadounidense, Premio Nobel de Economía en 1997.
- 6 de setembro - Donna Haraway, filósofa norteamericana.
- 28 de setembro - Xesús Ferro Ruibal, escritor galego.
- 28 de setembro - Robert Barro, economista estadounidense.
- 9 de outubro - Peter Tosh, músico xamaicano.
- 15 de novembro - Michael Moloney, músico e estudoso da música de orixe irlandesa.[1]
- 29 de novembro - José Manuel Iglesias, sindicalista galego.
- 1 de decembro - Tahar Ben Jelloun, escritor marroquí en francés.
- 28 de decembro - Kary Mullis, bioquímico estadounidense, premio Nobel de Química en 1993.
- Nicholas Guild. escritor norteamericano.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 3 de xaneiro - Alfonso Ortega Prada, político galego (n. 1902).
- 5 de xaneiro - Kaj Munk, dramaturgo dinamarqués (executado)
- 23 de xaneiro - Edvard Munch, pintor noruegués
- 1 de febreiro - Pieter Mondrian, pintor holandés.
- 5 de marzo - Max Jacob, artista francés.
- 15 de marzo - José Moreira Casal, médico e político galego (n. 1899).
- 29 de abril - Bernardino Machado, dúas veces presidente da República Portuguesa (n. 1851).
- 8 de maio - Ethel Smyth, compositora inglesa e unha das líderes do movemento sufraxista (n. 1858).
- 12 de maio - Edel Quinn, misioneira católica irlandesa (n. 1907).
- 6 de xuño - Dietrich Kraiss, militar alemán (n. 1889).
- 8 de xuño - Marcelino Fernández Prada, político socialista galego (n. 1895).
- 10 de xuño - Gerardo Fentanes Portela, avogado e político galego (n. 1887).
- 31 de xullo - Antoine de Saint-Exupéry, escritor e aviador francés.
- 7 de agosto - Marguerite Bervoets, resistente belga durante a Segunda guerra mundial.
- 8 de agosto - Aino Ackté soprano finlandesa. (n. 1876)
- 11 de agosto - Hideyoshi Obata, xeneral xaponés.
- 7 de outubro - Ramón Tojo Pérez, escritor e político galego (n. 1860).
- 14 de outubro - Erwin Rommel, militar alemán.
- 23 de outubro - Charles Glover Barkla, físico británico, premio Nobel de Física en 1917.
- 5 de novembro - Alexis Carrel, biólogo, médico e escritor francés, premio Nobel de Medicina en 1912.
- 7 de novembro - Richard Sorge xornalista alemán e espía para a Unión Soviética no Xapón.
- 22 de novembro - Arthur Eddington, astrónomo e físico británico.
- 2 de decembro - Filippo Tommaso Marinetti, ideólogo, poeta e editor italiano fundador do movemento futurista.
- 13 de decembro - Wassily Kandinsky, pintor ruso.
- 15 de decembro - Glenn Miller, músico estadounidense.
- 30 de decembro - Romain Rolland, escritor francés, premio Nobel de Literatura en 1915.
- Física: Isidor Isaac Rabi
- Química: Otto Hahn
- Fisioloxía ou Medicina: Joseph Erlanger e Herbert Spencer Gasser
- Literatura: Johannes V. Jensen
- Paz: Comité Internacional da Cruz Vermella
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Davison, Phil (29 de xullo de 2022). "Mick Moloney, champion of Irish music, dies at 77". washingtonpost.com (en inglés). Consultado o 12 de marzo de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1944 |