Saltar ao contido

Independentismo catalán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A estelada, a bandeira do movemento independentista.
Vista da manifestación do 10 de xullo de 2010, en Passeig de Gràcia de Barcelona, en contra da sentenza que o Tribunal Constitucional fixo sobre o Estatuto catalán de 2006 e a prol do dereito de autodeterminación.

O independentismo catalán é a corrente política, derivada do catalanismo, que promove a independencia de Cataluña, ou dos Países Cataláns, de España e Francia, co obxectivo de instaurar a República Catalá, a cal foi proclamada en diversas ocasións.[1] A visión pancatalanista inclúe á Comunidade Valenciana, as Illas Baleares, a «Cataluña do Norte» (Rosellón e Alta Cerdaña, antigos territorios cataláns cedidos por España a Francia no Tratado dos Pireneos do século XVII) ou a franxa oriental de Aragón.[2]

O independentismo catalán basea as súas teses sobre o principio que Cataluña é unha nación,[3] aludindo a unha diversidade de argumentos que teñen unha base común no dereito ao autogoberno pleno, a autoxestión financeira, a capacidade de decidir sobre o modelo socioeconómico, a defensa da cultura e a lingua catalás, a preservación do dereito civil catalán, así como sentimentos de pertenza ou motivos históricos.

A bandeira independentista catalá é principalmente a estelada, aínda que tamén se emprega a bandeira de Cataluña.

Comezos (1886-1923)

[editar | editar a fonte]

Josep Narcís Roca i Farreras, colaborador do xornal catalanista La Renaixença, considérase o primeiro nacionalista catalán independentista. O primeiro artigo onde apareceu claramente a súa proposta de que Cataluña tivese un estado propio foi publicado en 1886 co significativo título de Ni espanyols ni francesos (‘Nin españois nin franceses’).[4] Porén, o primeiro grupo independentista non apareceu en Cataluña senón en Santiago de Cuba, pouco despois de que a illa se emancipase de España. No Centre Català desa cidade foi onde ondeou por vez primeira a estelada, creada precisamente por un residente catalán en Cuba, Vicenç Albert Ballester.[4]

Documento en inglés titulado What says Catalonia con data do 11 de setembro de 1918 no que o Comité Pro Cataluña pide á «vitoriosa Entente, polo Dereito e a Liberdade dos Pobos, a revisión do Tratado de Utrecht. Viva a Entente! Gloria a Wilson! Xustiza!!!». É o documento máis antigo no que aparece a estelada.

En Cataluña haberá que agardar até 1918 para que xurdan as primeiras organizacións propiamente independentistas.[5] Así, en xullo dese ano constitúese con xente da Unió Catalanista o Comité Pro Cataluña presidido por Vicenç Albert Ballester, o creador da estelada,[6] e en decembro, nacionalistas cataláns constituíron en París o autodenominado «Comité Nacional Catalán» para reclamar aos países gañadores na primeira guerra mundial que se ocupasen do «preito catalán», mais este non se incluíu na orde do día da Conferencia de París.[7]

En xuño de 1922, celebrouse unha Conferencia Nacional Catalá, onde xurdiron dous novos partidos nacionalistas cataláns máis radicais que a Lliga Regionalista: Acció Catalana, integrada por mozos da Lliga e por intelectuais republicanos, e Estat Català, integrado por un grupo liderado polo deputado Francesc Macià, este último de ideoloxía claramente independentista.[8]

Ditadura de Primo de Rivera, Segunda República e guerra civil (1923-1939)

[editar | editar a fonte]
Francesc Macià, líder de Estat Català e do Complot de Prats de Molló.

A política anticatalanista da ditadura de Primo de Rivera en Cataluña[8] reafirmou a aposta de Estat Català pola vía insurreccional e con ese obxectivo formáronse os primeiros escamots e fundouse en París un Comité Separatista Català.[9] A mediados de 1926, Macià decidiu levar a cabo unha invasión de Cataluña cun pequeno exército integrado por escamots por Prats de Molló, na Cataluña francesa,[10] mais o plan foi desbaratado pola policía e Macià foi detido e xulgado en París en xaneiro de 1927, sendo desterrado a Bélxica.[11] Macià desenvolveu a partir de entón unha grande actividade propagandística da «causa catalá».[12]

Volveu a Cataluña contra xaneiro de 1931, un ano despois da caída de Primo de Rivera. Neses meses, unha onda republicana percorreu Cataluña e toda España, e Estat Català acabou confluíndo con outros grupos nacionalistas cataláns para dar nacemento a un novo partido, Esquerra Republicana de Catalunya, do cal l'Avi Macià foi elixido presidente por unanimidade.[8]

O 14 de abril de 1931, Macià proclamou a República Catalá en Barcelona, integrada nunha «Confederación de Pobos Ibéricos».[13] Tres días despois, tres ministros do Goberno Provisional viaxaron a Barcelona, onde se entrevistaron con Francesc Macià e chegaron a un acordo polo cal Esquerra Republicana de Catalunya renunciaba á "República Catalá" en troques do compromiso do Goberno Provisional de que presentaría nas futuras Cortes Constituíntes o Estatuto de Autonomía que decidise Cataluña e do recoñecemento do goberno catalán, que deixaría de chamarse Consello de Goberno da República Catalá para tomar o nome de Goberno da Generalitat de Cataluña, recuperando así «o nome de gloriosa tradición» da centenaria institución do Principado que foi abolida por Filipe V nos decretos de Nova Planta de 1714.[14]

Case todos os partidos políticos cataláns aceptaron o acordo, agás o Bloc Obrer i Camperol, un grupúsculo comunista de recente creación, que afirmou que o Goberno Provisional de Madrid «esmagara a República Catalá, cuxa proclamación foi o acto revolucionario máis trascendental levado a cabo o día 14», e tampouco antigos membros de Estat Català que acusaron a Macià de traidor.[15] Por outra banda, os sectores de Estat Català que se opuxeron á súa disolución en Esquerra Republicana formaron os seus propios partidos, como Daniel Cardona, que creou a organización paramilitar ‘’Nosaltres Sols!’’, a imitación do irlandés Sinn Féin, e un sector obreiro que fundou Estat Català-Partit Proletari.[16]

Luis Companys, Gobernador civil de Barcelona, no artigo «Cómo se proclamó la República en Barcelona» (Mundo Gráfico, número 1017, páxina 4, 29 de abril de 1931).

O 6 de outubro de 1934, Lluís Companys, sucesor de Macià á fronte da Generalitat, proclamou «o Estado catalán na República Federal Española».[17] Mais a falta de planificación (malia que o conselleiro de Gobernación, Josep Dencàs, mobilizou os escamots, as milicias da Esquerra, e aos Mossos d'Esquadra) e a pasividade con que respondeu a principal forza obreira de Cataluña, a CNT, fixo que a rebelión catalá rematase axiña o día 7 de outubro pola intervención do exército.[18] O presidente e os conselleiros da Generalitat foron encarcerados (agás Dencàs que conseguiu fuxir) e a continuación o Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932 foi deixado sen efecto.[17]

Tralo triunfo nas eleccións de febreiro de 1936 da Fronte Popular, Companys e os conselleiros foron amnistiados e repostos nos seus cargos. Pouco despois, Josep Dencàs, debido a que as súas relacións con Companys e con Esquerra Republicana eran cada vez máis tensas, entre outras razóns, por ter sido o único membro do goberno da Generalitat que non estivo no cárcere, decidiu refundar Estat Català. Dous meses despois, en xullo de 1936, estourou a guerra civil española, mais Estat Català non foi admitido no Comité Central de Milicias Antifascistas de Cataluña e, de feito, Dencàs viuse obrigado a abandonar Cataluña cara a Italia pola presión dos anarquistas, que dominaban o Comité de Milicias, e do propio Companys.[16] En novembro de 1936, Estat Català, que até daquela experimentara un importante crecemento e que tiña como órgano de difusión o Diario de Barcelona, protagonizou o episodio do complot contra o presidente Companys que pretendeu derrubalo, e cuxo fracaso acabou converténdoo nun satélite de Esquerra Republicana de Catalunya.[19]

Franquismo e Transición (1939-1980)

[editar | editar a fonte]
Logo de Front Nacional de Catalunya, fundado en 1940.

Tralo remate da guerra civil coa derrota dos republicanos, constituíuse en Londres o Consello Nacional de Cataluña (CNC), presidido por Carles Pi i Sunyer, e que ao igual que o Consello Nacional de Euzkadi reivindicou a independencia de Cataluña, integrada nunha confederación ibérica formada por cinco ou seis estados soberanos, e rexeitou, polo tanto, o Estatuto de Autonomía de Cataluña de 1932 e a Constitución republicana da que emanaba.[20] O CNC foi recoñecido como máxima autoridade política catalá no exilio.[21]

En abril de 1940, fundou no exilio a Front Nacional de Catalunya, que agrupaba a persoas procedentes de Esquerra Republicana de Catalunya e de forzas independentistas coa finalidade de constituír unha plataforma de resistencia á ditadura franquista até que se producise a vitoria dos aliados na segunda guerra mundial. Así, a súa actividade tamén se despregou no interior de Cataluña[19] realizando algunhas accións como o despregue de senyeras no transbordador aéreo do porto de Barcelona, así como na Sagrada Familia, no Palau de la Música Catalana e no estadio de Montjuïc, e a colocación dun artefacto explosivo no monumento á Vitoria de Barcelona. Porén, estas actividades remataron cando a sección militar da Front foi desarticulada pola policía franquista coa detención de catorce dos seus membros.[22]

Na década dos anos 1950, a actividade da Front foi moi reducida, como a de toda a oposición ao franquismo, e só comezou a recuperarse a comezos da década seguinte coa entrada na organización de mozos militantes[23] e grazas tamén ao rexurdimento das reivindicacións culturais e políticas en Cataluña. [24] Neses momentos, a Front definiuse como unha organización «interclasista de esquerdas, a prol dunha acción nacionalizadora enérxica, sostida e non violenta». Porén, pouco despois algúns militantes influídos polo marxismo consideraron que a Front estaba a afastarse da realidade do país, polo que acabaron abandonándoa para fundar en 1969 o Partit Socialista d'Alliberament Nacional dels Països Catalans (PSAN).[23] En 1973, o PSAN sufriu unha escisión encabezada por un dos seus fundadores, Carles Castellanos, que deu nacemento ao PSAN-Provisional, de liña máis radical e que tomaba como modelo o IRA Provisional irlandés.[25]

Lluís Maria Xirinacs en 2007.

Durante a transición democrática que seguiu á morte do ditador Francisco Franco en novembro de 1975, o independentismo catalán desempeñou un papel moi pouco importante xa que todas as forzas políticas catalás estaban concentradas no restabelecemento do Estatuto de Autonomía de 1932. O PSAN encabezou o Bloc d'Esquerra d'Alliberament Nacional (BEAN) que se presentou ás eleccións xerais españolas de 1979, as primeiras que se celebraban trala aprobación da Constitución española de 1978, cunha candidatura liderada por Lluís Maria Xirinacs, mais non resultou elixido, aínda que obtivo máis de 50 000 votos. Por outra banda, nese mesmo ano de 1979, fundouse unha nova forza independentista chamada Nacionalistes d'Esquerra integrada por antigos militantes do PSAN e por persoas procedentes dos movementos feministas, antimilitaristas, homosexuais e ecoloxistas, xunto con personalidades do mundo da cultura. O seu obxectivo principal era acadar unha candidatura unitaria independentista para as primeiras eleccións ao Parlamento de Cataluña mais non chegou a callar, o que supuxo un duro golpe para os Nacionalistes d'Esquerra e moitos dos seus membros abandonaron a organización, e os que non o fixeron acabaron fundando anos despois a Entesa dels Nacionalistes d'Esquerra, integrada finalmente en Iniciativa per Catalunya. Pola súa parte, o BEAN disolveuse en 1982.[25]

Tamén foi durante a Transición, concretamente en 1978, cando apareceu Terra Lliure, unha organización independentista que a semellanza de ETA no País Vasco propuña a violencia política para acadar os seus obxectivos e que sucedeu a outra organización terrorista chamada Exèrcit Popular Català (EPOCA). Terra Lliure levou a cabo nos anos seguintes máis de 200 accións terroristas, nunha das cales resultou morta unha persoa.[25]

«Pujolismo» e o «Tripartit» (1980-2010)

[editar | editar a fonte]

A comezos de 1981 naceu a Crida a la Solidaritat, un movemento xurdido como resposta ao manifesto dos 2300, que tomou o nome do seu manifesto fundacional titulado Crida a la Solidaritat en Defensa de la Llengua, la Cultura i la Nació Catalanes, e que en marzo de 1982 organizou unha gran manifestación en Barcelona en contra da LOAPA baixo o lema «Som una nació» (‘Somos unha nación’).[26][27] Tres anos despois, en 1984, o PSAN e o PSAN-Provisional impulsaron o Moviment de Defensa de la Terra, que foi a orixe das Candidatures d'Unitat Popular (as CUP).[25]

Josep Lluís Carod Rovira, que substituíu a Àngel Colom en 1996 á fronte de ERC.

En 1989, produciuse o «xiro independentista» de Esquerra Republicana de Catalunya, un partido até daquela moi condicionado pola súa alianza con CiU, a federación encabezada polo presidente da Generalitat Jordi Pujol. O xiro independentista produciuse como consecuencia da entrada en ERC de militantes procedentes do PSAN e de Nacionalistes d'Esquerra, como Josep Lluís Carod Rovira, ou da Crida a la Solidaritat, como Àngel Colom, quen asumiu a secretaría xeral do partido.[25][28][25]

Manifestación «Som una nació i tenim el dret de decidir» convocada en Barcelona o 18 de febreiro de 2006 pola Plataforma polo Dereito a Decidir e respaldada por Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) para opoñerse aos cambios introducidos polo Congreso dos Deputados no proxecto do novo Estatuto de Autonomía aprobado polo Parlamento de Cataluña. No centro, o secretario xeral de ERC Josep Lluís Carod Rovira. Esta manifestación está considerada como o punto de inicio do proceso independentista catalán.

Os 23 anos de «pujolismo» remataron en 2003 cando tralas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2003 se formou un goberno de coalición «tripartito» de esquerdas integrado polo Partit dels Socialistes de Catalunya (PSC), Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) e Iniciativa per Catalunya-Verds (ICV) e presidido polo socialista Pasqual Maragall, co independentista e líder de ERC Josep Lluís Carod Rovira como conselleiro primeiro.[29] O «tripartit» marcou como principal obxectivo elaborar un novo Estatuto de Autonomía que ampliase o autogoberno catalán,[30] o cal foi aprobado polo Parlamento de Cataluña o 30 de setembro de 2005 cos votos de todos os grupos agás dos deputados do Partido Popular.[31]

Durante a súa tramitación no Congreso dos Deputados, o proxecto enviado polo Parlamento de Cataluña sufriu importantes trocos que rebaixaron o seu «soberanismo»[32] aos que Esquerra Republicana se opuxo, polo que cando trala súa aprobación polas Cortes en Madrid foi sometido a referendo o 18 de xuño de 2006, pediu o ‘NON’, como o Partido Popular, aínda que por razóns completamente opostas.[33]

En xuño de 2010, despois de catro anos de deliberacións, o Tribunal Constitucional publicou a sentenza sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006, respondendo a un recurso de inconstitucionalidade interposto polo Partido Popular, o cal supuxo unha labazada ás aspiracións do nacionalismo catalán en temas como a identidade «nacional», a lingua, a administración de xustiza ou a posibilidade de dispoñer dunha Facenda propia.[34] Así, a partir da súa publicación produciuse un rápido crecemento do independentismo en Cataluña,[34] cando doce anos antes, segundo unha enquisa publicada en 1998, só o 17 % dos entrevistados prefería a independencia.[35]

O proceso soberanista

[editar | editar a fonte]

O crecemento do independentismo e a «consulta» do 9 de novembro de 2014

[editar | editar a fonte]
Manifestación "Som una nació. Nosaltres decidim" celebrada en Barcelona o 10 de xullo de 2010 en resposta á sentenza do Tribunal Constitucional sobre o Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006.

A mudanza no escenario político catalán que trouxo canda si a sentenza do Tribunal Constitucional púidose comprobar só poucos días despois cando o 10 de xullo de 2010 se celebrou en Barcelona unha gran manifestación de rexeitamento á mesma baixo o lema Som una nació, nosaltres decidim, que derivou nun plebiscito a prol da independencia.[34][36] Catro meses despois, celebráronse as eleccións ao parlamento catalán que gañou CiU, aínda que sen acadar a maioría absoluta, e o seu líder Artur Mas foi investido como novo presidente da Generalitat de Cataluña. A gran sorpresa das eleccións foi a irrupción de Solidaritat Catalana per la Independència, liderada polo expresidente do F.C. Barcelona, Joan Laporta, que conseguiu catro escanos.[37]

O presidente Artur Mas e o líder de ERC Oriol Junqueras asinan o 19 de decembro de 2012 un Acordo para a transición nacional (ou Pacto pola Liberdade) polo cal se comprometeron a convocar unha consulta para que o «pobo de Cataluña» poida decidir se quere constituírse nun «novo estado en Europa».
Pancarta da consulta sobre a independencia de Cataluña en Arenys de Munt durante a diada do 11 de setembro de 2009.

A grande eclosión do independentismo produciuse na multitudinaria manifestación celebrada en Barcelona o 11 de setembro de 2012, Diada de Cataluña, baixo o lema Catalunya, nou estat d'Europa e que non estivo organizada polos partidos políticos senón pola nova entidade independentista Assemblea Nacional Catalana. O enorme éxito da manifestación sorprendeu tanto aos políticos como aos medios de comunicación dentro e fóra de Cataluña. Porén, non era a primeira iniciativa que pretendía poñer a cuestión da independencia no centro do debate político en Cataluña. A finais de 2009, fixéranse as consultas locais sobre a independencia. A primeira celebrouse o 13 de setembro en Arenys de Munt, o 14 de decembro de 2011 fundouse a Associació de Municipis per la Independència (AMI) e o 10 de marzo do ano seguinte a Assemblea Nacional Catalana, estas últimas dúas organizacións fundamentais para o proceso independentista catalán.[38]

O impacto da gran manifestación do 11 de setembro de 2012 púidose comprobar axiña cando dúas semanas despois o Parlamento de Cataluña aprobaba unha resolución na que instaba ao goberno catalán a celebración dunha «consulta» na que «o pobo de Cataluña poida determinar libre e democraticamente o seu futuro colectivo». A continuación, o presidente da Generalitat de Cataluña, Artur Mas, adiantou as eleccións ao Parlamento de Cataluña previstas para 2014 e estas celebráronse o 25 de novembro.[39] Nelas, CiU presentouse cun programa electoral no que abandonou o marco autonómico ao propoñer un proceso de «transición nacional» no que se porían en marcha «estruturas de estado» que constituirían o primeiro paso para a consecución da independencia de Cataluña.[40]

Nas eleccións do 25 de novembro de 2012, aínda que CiU sufriu un devalo perdendo 12 escanos, as forzas políticas «soberanistas» conseguiron a maioría absoluta. ERC obtivo 11 deputados máis e ICV 3 máis, e entrou no Parlament a CUP, que conseguiu tres deputados.[39] O 23 de xaneiro de 2013, o Parlamento de Cataluña aprobou a «Declaración de Soberanía e do dereito a decidir do Pobo de Cataluña» cuxo artigo primeiro, que declaraba ao «pobo de Cataluña» «suxeito político e xurídico soberano», foi anulado polo Tribunal Constitucional en marzo do ano seguinte.[41]

O 11 de setembro de 2013, unha gran cadea humana uniu de norte a sur o territorio de Cataluña na que se chamou a «Vía Catalá cara a Independencia», e tres meses despois, o 12 de decembro, os partidos defensores de celebrar unha «consulta» ao «pobo de Cataluña» (CiU, ERC, ICV e CUP) acordaron a pregunta («Quere que Cataluña sexa un estado?» e «En caso afirmativo, quere que este estado sexa independente?») e a data da mesma, fixada para o 9 de novembro de 2014.[41] Precisamente, o apoio á «consulta do 9-N» foi o lema fundamental da gran manifestación do 11 de setembro de 2014, consistente en formar un enorme “V” en dúas das principais avenidas de Barcelona.[42]

O 9-N e as eleccións plebiscitarias de setembro de 2015

[editar | editar a fonte]
Bandeiras independentistas catalás xunto cunha bandeira escocesa durante a manifestación da V catalá do 11 de setembro de 2014.

O 27 de setembro de 2014, o presidente da Generalitat de Cataluña, Artur Mas, asinou o decreto de convocatoria da consulta sobre a independencia de Cataluña,[43] mais o goberno de Mariano Rajoy presentou un recurso perante o Tribunal Constitucional[44][45][46] que o admitiu a trámite, polo que o 29 de setembro quedaron suspendidos cautelarmente o decreto e a Lei de consultas de Cataluña que o amparaba.[47] Porén, o 9 de novembro celebrouse o proceso participativo sobre o futuro político de Cataluña de 2014, grazas á colaboración de máis de 40.000 voluntarios e sen que se producisen incidentes. A participación situouse arredor do 41 % do censo, votando 2.344.828 persoas. Gañou o Si-Si, é dicir, a opción favorable á independencia con 1 897 274 votos, o cal supuxo o 80 % dos sufraxios.[48]

A prensa de Madrid informou da consulta do 9N como unha acción delitiva, mentres a de Cataluña o fixo como unha acción política democrática.[49]

O auxe do soberanismo catalán foi relacionado de maneira habitual[50][51][52] co tratamento que a prensa lle deu. Os xornais españois, tanto os radicados en Madrid como en Barcelona, informaron a diario na súa portada,[53] como primeira ou segunda nova máis importante do día, sobre a consulta do 9-N entre o 20 de setembro de 2014, día no que o Parlamento catalán aprobou a Lei de Consultas, e o 3 de outubro de 2014, cando a Generalitat de Cataluña presentou un recurso contra a decisión do Tribunal Constitucional de suspender a Lei de Consultas e a convocatoria da consulta sobre a independencia de Cataluña para o 9 de novembro. Mentres os xornais de Madrid presentaron un proceso inzado de tinturas negativas que propoñía vulnerar a lei, os xornais de Barcelona relataron o normal funcionamento político das institucións dentro dun estado de dereito, dun modo neutral cando non positivo. Comprobouse que ámbobolos dous grupos tinguiron as súas informacións de maneira nacionalista, de tal xeito que os políticos e as institucións que lles resultan máis achegados tenden a protagonizar accións avaliadas dun modo máis positivo, mentres que os políticos e institucións máis afastados reciben un tratamento informativo máis negativo. As investigacións detectaron o éxito do termo «desafío» entre os medios madrileños e a súa ausencia nos medios cataláns. "Diríase que a prensa española percibiu un desafío á legalidade a á orde estabelecida por parte das institucións catalás, que pasou inadvertido na propia prensa catalá".[54]

O 25 de novembro de 2014, catro días despois de que a fiscalía presentara unha querela contra el pola celebración do «proceso participativo», Mas presentou o seu plan para acadar a independencia de Cataluña en 18 meses,[55] e o 14 de xaneiro anunciou o adianto das eleccións autonómicas para o día 27 de setembro de 2015 e que estas terían un carácter «plebiscitario» sobre a independencia de Cataluña.[56]

A opción claramente independentista pola que optara Convergència Democràtica de Catalunya (CDC) acabou rachando a coalición Convergència i Unió (CiU) xa que Unió Democràtica de Catalunya seguía sendo partidaria da vía «pactista» e do «autonomismo». O 22 de xuño de 2015, os conselleiros de Unió abandonaron o goberno da Generalitat e a federación quedou disolta. A partir de entón, CDC aumentou a presión sobre Esquerra Republicana para que integrasen unha candidatura conxunta ás eleccións «plebiscitarias» do 27 de setembro, chegándose a un acordo o 20 de xullo. Así naceu a «lista de país» que se chamou «Junts pel Sí». A ela sumáronse tamén destacados membros das entidades soberanistas, como Carme Forcadell, presidenta da Assemblea Nacional Catalana, ou Muriel Casals, presidenta de Òmnium Cultural.[48]

Das eleccións de 2015 á declaración unilateral do 27 de outubro de 2017

[editar | editar a fonte]
Grupo parlamentario de Junts pel Sí. En primeira fila e no centro Muriel Casals, Artur Mas, Carme Forcadell, Raül Romeva (cabeza de lista por Barcelona), Oriol Junqueras e Germà Bel (cabeza de lista por Tarragona). No extremo esquerdo Lluís Llach (cabeza de lista por Xirona).

Nas eleccións «plebiscitarias» do 27 de setembro de 2015, a forza política máis votada foi Junts pel Sí. Conseguiu o 39,59% dos votos e 62 escanos, que sumados á outra forza independentista, a CUP co 8,21 % dos votos e 10 deputados, supoñían a maioría absoluta no Parlamento, aínda que entre as dúas candidaturas non chegaban ao 50 % dos sufraxios (conseguiron o 47,8 %).[57]

O 9 de novembro, xusto o día en que se ía iniciar o debate de investidura de Artur Mas para a presidencia da Generalitat, o Parlamento de Cataluña aprobou cos votos dos 72 deputados independentistas unha resolución na que se proclamaba o inicio do proceso de independencia de Cataluña, o «proceso de desconexión democrática» con España, que duraría 18 meses.[58] O goberno de Mariano Rajoy interpuxo un recurso ante o Tribunal Constitucional e este admitiuno a trámite o día 11, co cal a resolución quedou suspendida.[59]

Artur Mas coloca a medalla de Presidente da Generalitat ao seu sucesor no cargo, Carles Puigdemont, o 12 de xaneiro de 2016.

En canto á investidura de Artur Mas, esta resultou infutuousa xa que a CUP non a apoiou, aínda que abriu a porta ao acordo se Junts pel Sí presentaba outro candidato.[60] Así, cando a comezos de xaneiro de 2016 estaba a piques de cumprirse o prazo de dous meses para que se tiveran que convocar novas eleccións, Artur Mas renunciou á investidura, propoñendo como o seu substituto a Carles Puigdemont, que si recibiu o voto favorable da CUP, polo que pasou a ser o novo presidente da Generalitat. No seu discurso de investidura, Puigdemont reiterou o compromiso de acadar a independencia de Cataluña en ano e medio.[61] Porén, meses despois Puigdemont cambiou o plan previsto e propuxo a celebración dun referendo de autodeterminación[62] no que o «pobo catalán» decidise se quería converterse nun estado independente en forma de república. A data fixada para a súa celebración foi o 1 de outubro de 2017.[63]

O 6 de setembro de 2017, o Parlamento de Cataluña aprobou a Lei do Referendo entre as protestas dos grupos «constitucionalistas» (Cidadanos, Partit dels Socialistes de Catalunya e Partido Popular) que consideraban a lei contraria ao Estatuto e á Constitución, polo que abandonaron o pleno no intre da votación.[64] O goberno de Mariano Rajoy presentou un recurso ante o Tribunal Constitucional que ao ser admitido a trámite supuxo a suspensión da lei.[65][66] Porén, o goberno de Puigdemont mantivo a convocatoria do referendo.[67][68] Entón, o presidente Rajoy asegurou que o referendo non se celebraría e que empregaría todos os instrumentos dos que dispoñía o Estado para impedilo.[69][70]

Malia todas as medidas tomadas polo goberno, o referendo acabouse celebrando o domingo 1 de outubro, aínda que sen ningún tipo de garantías. Nas primeiras horas produciuse a intervención de gardas civís e de policías nacionais en varios colexios electorais para tentar impedir a votación e as imaxes das cargas policiais deron a volta ao mundo.[71] Cinco días máis tarde, a Generalitat facilitou os resultados, sen que fosen verificados por ningún órgano independente: votou o 43 % do censo, é dicir, 2.286.217 persoas, das que 2 044 038 votaron ‘SI’, o que supoñía o 90 % dos sufraxios.[72]

Dous días despois da celebración do referendo, o rei Filipe VI cualificou a actuación da Generalitat como de «deslealdade inadmisible aos poderes do Estado».[73] Ese mesmo 3 de outubro, celebrouse en Cataluña un «Paro de País» como protesta pola actuación policial durante a xornada do referendo.[74] Por mor da inseguridade xurídica que abría a posible declaración de independencia, moitas empresas con sede en Cataluña comezaron a trasladarse fóra dela.[75]

Discurso de Carles Puigdemont o 10 de outubro de 2017 no Parlamento de Cataluña no que "suspendeu os efectos da declaración de independencia".

En cumprimento da Lei de Referendo, aínda que con algúns días de atraso, Carles Puigdemont comunicou o 10 de outubro ao pleno do Parlamento de Cataluña que asumía «o mandato do pobo de que Cataluña se convirta nun Estado independente en forma de república» para engadir a continuación que propoñía suspender «os efectos da declaración de independencia para que nas vindeiras semanas emprendamos o diálogo».[76] O goberno de Rajoy anunciou entón que poñía en marcha os mecanismos previstos para aplicar en Cataluña o artigo 155 da Constitución, o que suporía a suspensión da autonomía.[77]

O presidente Puigdemont, rodeado polos membros do goberno, dirixíndose aos alcaldes cataláns reunidos no interior do edificio do Parlamento inmediatamente despois de que o pleno aprobase a declaración de independencia de Cataluña. 27 de outubro de 2017.

Perante o risco de que a autonomía de Cataluña fose intervida polo goberno central, Carles Puigdemont sopesou o xoves 26 de outubro a posibilidade de convocar eleccións autonómicas e suspender así a posible proclamación da independencia prevista para o pleno do Parlamento de Cataluña que se ía celebrar o día seguinte, pero cando xa parecía convencido de que esa era a mellor opción ―chegou a convocar aos medios para comunicarlles a nova― botouse atrás pola «falta de garantías» por parte do Estado de que non aplicaría o 155 se convocaba eleccións.[78]

O día seguinte, venres 27 de outubro, o Parlamento de Cataluña aprobou en votación secreta unha resolución que incluía a declaración de independencia de Cataluña. Os grupos "constitucionalistas" ―Ciudadanos, PSC e PP― ausentáronse da cámara en sinal de protesta mentres que a maioría dos deputados de Catalunya Sí que es Pot votaron en contra.[79] Case ao mesmo tempo, o Senado aprobaba en Madrid a aplicación do artigo 155 en Cataluña.[80]

Intervención da autonomía de Cataluña e as presidencias de Quim Torra e Pere Aragonés

[editar | editar a fonte]

O mesmo venres 27 de outubro, a última hora do serán, o goberno central acordou a destitución de Puigdemont e de todo o seu goberno e a asunción das súas funcións, e Mariano Rajoy, asumindo as do presidente da Generalitat, convocou eleccións ao Parlamento de Cataluña para o 21 de decembro.[81][82] Pouco despois, a Fiscalía Xeral do Estado presentaba unha querela perante a Audiencia Nacional contra Puigdemont e todos os conselleiros pola declaración unilateral de independencia, e perante o Tribunal Supremo contra a presidenta do Parlamento, Carme Forcadell, e os membros da mesa por ter admitido a trámite a moción na que se declaraba.[83]

Oriol Junqueras (dereita) acompañado do seu avogado dirixíndose a declarar perante a xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela, quen decretou a súa prisión incondicional. Madrid, 2 de novembro de 2017.

O domingo 29 de outubro, Carles Puigdemont e catro conselleiros do goberno cesado marcharon a Bruxelas para evitar comparecer perante a Audiencia Nacional,[84] mentres que o exvicepresidente Oriol Junqueras e o resto de conselleiros si se presentaron o xoves 2 de novembro perante a xuíza da Audiencia Nacional Carmen Lamela, quen logo de tomarlles declaración decidiu o seu ingreso en prisión incondicional, agás no caso do exconselleiro Santi Vila, que puido saír de prisión ao día seguinte tralo pago dunha fianza.[85]

Pola súa parte, o xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena, que se ocupou da instrución do caso contra a presidenta do Parlamento e os membros da mesa investigados, acordou a súa posta en liberdade condicional, aínda que Carme Forcadell estivo unhas horas no cárcere até que pagou ao día seguinte a fianza que lle impuxo o xuíz.[86] Cando máis tarde asumiu a causa da Audiencia Nacional contra o goberno, puxo en liberdade con fianza a tódolos exconselleiros agás ao vicepresidente Oriol Junqueras e ao exconselleiro de Interior Joaquim Forn.[87] Asemade, suspendeu a euroorde que pesaba contra o expresidente Puigdemont e os outros catro conselleiros fuxidos, mais mantendo a orde de detención española, para que puidesen ser xulgados polos mesmos delitos que os encausados en España.[88]

Logo de Junts per Catalunya, a candidatura encabezada polo expresidente Carles Puigdemont co apoio legal do PDeCAT.

Segundo o previsto, o 21 de decembro de 2017 celebráronse as eleccións convocadas polo presidente Rajoy en virtude da aplicación do artigo 155, que as forzas políticas independentistas calificaron de «ilegais e ilexítimas», pero ás que acabaron presentándose. A participación foi a máis alta das rexistradas até daquela, xa que roldou o 80% e, aínda que a forza política máis votada foi Ciudadanos, que conseguiu máis dun millón de votos e 36 escanos (a primeira vez que un partido non nacionalista catalán gañou unhas eleccións ao Parlamento de Cataluña), os partidos independentistas (Junts per Catalunya, Esquerra Republicana de Catalunya e a Candidatura d'Unitat Popular, CUP) conseguiron a maioría absoluta ao sumar 70 deputados en total (conseguiron o 47,49% dos votos).[89]

Roger Torrent, presidente do Parlamento de Cataluña, nun acto para pedir a liberdade dos presos políticos Oriol Junqueras, Joaquim Forn, Jordi Sànchez e Jordi Cuixart. Aparece no centro sostendo a pancarta Presos polítics. Llibertat.

O novo Parlamento xurdido das eleccións do 21-D constituíuse o 17 de xaneiro de 2018, resultando elixido novo presidente da cámara Roger Torrent, de Esquerra Republicana de Catalunya. A mesa do Parlamento que se constituíu na mesma sesión contaba con maioría independentista.[90]

Tres días despois, Torrent propuxo como candidato á presidencia da Generalitat ao cabeza de lista de Junts per Catalunya, o expresidente Carles Puigdemont, que continuaba en Bruxelas e que seguía considerándose a si mesmo como o presidente «lexítimo» de Cataluña.[91] Pero a súa investidura non foi posible porque o Tribunal Constitucional advertiu ao presidente e á mesa do Parlamento que o candidato tiña que estar presente na cámara e ter o permiso para asistir do xuíz Pablo Llarena que levaba o seu caso no Tribunal Supremo.[92] Torrent acatou a decisión do Tribunal Constitucional e aprazou o pleno de investidura o mesmo día 30 de xaneiro en que estaba prevista a súa celebración,[93] sendo criticado por Junts per Catalunya e a CUP, que pretendían que se aceptase a «presenza» de Puigdemont no debate de investidura por vía telemática ou por delegación da lectura do seu discurso nalgún outro deputado, e a continuación proceder á votación.[94]

O presidente Puigdemont ao día seguinte da proclamación de independencia pronunciando un discurso por televisión dende Xirona. O discurso estaba gravado e cando foi emitido, Puigdemont estaba comendo cuns amigos nun céntrico restaurante de Xirona.[95]

Tardouse máis dun mes para que Esquerra Republicana e Junts per Catalunya atopasen unha saída á situación de bloqueo da investidura. Así, o 1 de marzo de 2018, pouco despois de que o Parlamento aprobase unha moción na que se denunciaba a «destitución ilegal e ilexítima» de Carles Puigdemont como presidente da Generalitat,[96] este anunciaba dende Bruxelas que renunciaba «provisionalmente» a ser o candidato á investidura e propoñía a Jordi Sànchez, número 2 da lista de Junts per Catalunya e daquela en prisión, como o seu substituto.[97]

Porén, o xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena denegou o permiso para que Sánchez puidese asistir ao pleno de investidura que estaba convocado para o día 12 de marzo[98] ―que Torrent tivo que suspender até que se resolvese o recurso que ían presentar os avogados de Sànchez―[99], polo que a situación de bloqueo continuou, agravada ademais polo rexeitamento da CUP á candidatura de Sànchez porque apoiala suporía a «submisión á legalidade española» e porque non ía encamiñada á «materialización da república».[100]

Entrevista no Palacio da Moncloa entre o presidente do goberno español, Pedro Sánchez, e o presidente da Generalitat Quim Torra (9 de xullo de 2018).

O terceiro intento de investir un presidente da Generalitat tamén resultou marrado porque o candidato, Jordi Turull, non conseguiu o apoio da CUP na primeira votación celebrada o 22 de marzo[101] e porque ao día seguinte o xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena enviouno ao cárcere xunto con outros tres exconselleiros e a expresidenta do Parlamento Carme Forcadell.[102] Un cuarto intento tampouco tivo éxito porque o 12 de abril o xuíz do Tribunal Supremo Pablo Llarena, baseándose na posibilidade de reiteración delictiva e na restrición parcial dos seus dereitos políticos, volveu denegar o permiso carcelario a Jordi Sànchez, que por segunda vez fora proposto como candidato á presidencia da Generalitat, polo que o presidente do Parlamento, Roger Torrent, tivo que aprazar o pleno de investidura previsto para o día seguinte.[103][104]

En marzo de 2018, a Mesa do Parlamento tramitou unha proposición para modificar a lei de Presidencia e do Goberno co obxectivo de permitir a investidura de Puigdemont a distancia.[105] Devandita lei foi suspendida o 9 de maio de 2018 polo Tribunal Constitucional e declarada inconstitucional.[106] Finalmente, o Parlamento investiu o 14 de maio como novo presidente da Generalitat a Quim Torra, o candidato designado por Puigdemont dende Berlín. Foi investido en segunda votación por maioría simple grazas aos votos de Junts per Catalunya e de Esquerra Republicana, a coa abstención da CUP. As primeiras palabras de Torra trala votación foron de agradecemento ao «presidente Puigdemont» do que asegurou: «Investirémolo».[107]

Primeira comparecencia pública do novo goberno co presidente Pere Aragonès á fronte (26 de maio de 2021).

Entre o 12 de febreiro e o 12 de xuño de 2019, tivo lugar o xuízo aos líderes do proceso independentista catalán. A sentenza deuna a coñecer o Tribunal Supremo o 14 de outubro de 2019 pola que os acusados foron condenados a penas de prisión de entre 9 e 13 anos por un delito de sedición e non de rebelión, como pedía a fiscalía.[108] Logo de pasar tres anos e medio no cárcere, foron indultados o 22 de xuño de 2021 polo Goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos presidido por Pedro Sánchez.[109][110]

O 14 de febreiro de 2021, celebráronse as eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021, nas cales os partidos independentistas reforzaron a súa maioría absoluta (Esquerra Republicana de Catalunya, 33 escanos; Junts, 32; e a CUP, 9) e superaron o 50% dos votos, cunha baixa participación (do 53%) por mor da pandemia de COVID-19. O partido máis votado, porén, foi o PSC con Salvador Illa á fronte (obtivo 33 escanos). O 21 de maio, máis de tres meses despois da celebración das eleccións, o candidato de Esquerra Republicana de Catalunya, Pere Aragonès, foi investido polo Parlamento como novo presidente da Generalitat de Cataluña grazas aos votos do seu partido e das outras dúas formacións independentistas, CUP e Junts. Aragonés declarou no seu discurso de investidura que o seu propósito era «culminar a independencia».[111]

  1. Stobart, Luke (12 de setembro de 2013). "Catalans are ready for independence – but are their leaders?". The Guardian. Consultado o 27 de setembro de 2013. 
  2. ERC. Principios ideológicos Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. en castelán
  3. Mc Roberts, Kenneth (2001). Nation Building Without A State. Ontario: Oxford University Press. ISBN 0195414810. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2012. Consultado o 27 de setembro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 Llorens & Culla 2014, p. 35.
  5. Llorens & Culla 2014, p. 35-36.
  6. Balcells 2010, pp. 67-68
  7. Balcells 2010, pp. 66-67
  8. 8,0 8,1 8,2 Llorens & Culla 2014, p. 37.
  9. González Calleja 2005, p. 351-253.
  10. González Calleja 2005, p. 355.
  11. González Calleja 2005, p. 356-357.
  12. González Calleja 2005, p. 357.
  13. Llorens & Juliá 2009, p. 31-32.
  14. Juliá 2009, p. 33.
  15. De la Granja, Beramendi & Anguera 2001, p. 125.
  16. 16,0 16,1 Llorens & Culla 2014, p. 38-39.
  17. 17,0 17,1 Gil Pecharromán 1997, p. 92.
  18. Casanova 2007, p. 129.
  19. 19,0 19,1 Llorens & Culla 2014, p. 39.
  20. Heine 1983, p. 153-154.
  21. Heine 1983, p. 154.
  22. Llorens & Culla 2014, p. 39-40.
  23. 23,0 23,1 Llorens & Culla 2014, p. 40.
  24. Moradiellos 2000, p. 165.
  25. 25,0 25,1 25,2 25,3 25,4 25,5 Llorens & Culla 2014, p. 42.
  26. De la Granja, Beramendi & Anguera 2001, p. 219-220;213-214.
  27. Claret & Santirso 2014, p. 214-215.
  28. De la Granja, Beramendi & Anguera 2001, p. 217-220.
  29. Claret & Santirso 2014, p. 217.
  30. Claret & Santirso 2014, p. 219.
  31. Bel 2013, p. 13.
  32. Claret & Santirso 2014, p. 220.
  33. Claret & Santirso 2014, p. 220-221.
  34. 34,0 34,1 34,2 Sánchez-Cuenca 2012, pp. 97.
  35. De la Granja, Beramendi & Anguera 2001, p. 221.
  36. García de Cortázar & González Vesga 2012, p. 699-700.
  37. Claret & Santirso 2014, p. 223-226.
  38. Rodríguez Mesa 2017, p. 37-39.
  39. 39,0 39,1 Claret & Santirso 2014, p. 226-228.
  40. Rodríguez Mesa 2017, p. 40-41.
  41. 41,0 41,1 Claret & Santirso 2014, p. 228.
  42. Rodríguez Mesa 2017, p. 42.
  43. "Artur Mas firma el decreto de convocatoria de la consulta del 9N", La Vanguardia, 27 de setembro de 2014 (consultado o 27 de setembro de 2014).
  44. "Sáenz de Santamaría": 'Lamentamos profundamente el error de Mas'", El País, 27 de setembro de 2014 (consultado o 27 de setembro de 2014).
  45. elpais.com, ed. (29 de setembro de 2019). "Rajoy, ante el 9-N: “Estamos todavía a tiempo de enderezar el rumbo”". Consultado o 30 de xullo de 2021. 
  46. La Vanguardia, ed. (29 de setembro de 2014). "La Abogacía del Estado registra ante el Tribunal Constitucional los recursos del Gobierno". Consultado o 30 de xullo de 2021. 
  47. "El Constitucional suspende la consulta tras admitir los recursos de Rajoy". El País. 29 de setembro de 2014. Consultado o 30 de xullo de 2021. 
  48. 48,0 48,1 Rodríguez Mesa 2017, p. 43.
  49. "Ballesteros (2015)" (PDF). 
  50. "Los medios catalanes y el independentismo". 30 de xaneiro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2015. Consultado o 9 de novembro de 2014. 
  51. "181 millones en pleno proceso soberanista". El Mundo. 8 de setembro de 2014. Consultado o 5 de febreiro de 2015. 
  52. "Quién es quién en la prensa catalana". lamarea.com. 7 de setembro de de 2015. Consultado o 5 de febreiro de 2016. 
  53. Ballesteros Herencia, Carlos A. (2015). "Naciones Mediáticas. Los marcos informativos de la consulta sobre la independencia de Cataluña" (PDF). Doxa Comunicación (20): 161–183. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2016. Consultado o 20 de xaneiro de 2016. 
  54. Ballesteros Herencia, Carlos A. (2015). "El desafío inadvertido. La consulta sobre la independencia de Cataluña desde el marco informativo del conflicto". Anàlisi. Quaderns de Comunicació i Cultura (53): 48–64. Consultado o 13 de febreiro de 2017. 
  55. "Mas diseña un plan para proclamar la independencia en 18 meses", El País, 26 de novembro de 2014.
  56. Mas gana el pulso a ERC y convoca elecciones para el 27 de septiembre
  57. "Los independentistas no convencen a más de la mitad de los votantes catalanes". 
  58. "La mitad de Cataluña rompe con la democracia española". El País. 10 de novembro de 2016. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  59. "El Constitucional avisa a 21 políticos catalanes del castigo de ignorar la ley". El País. 11 de novembro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  60. "El ‘president’ fracasa por segunda vez en su investidura". El País. 11 de novembro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  61. "Puigdemont mantiene la vía Mas". El País. 11 de xaneiro de 2016. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  62. Reuters. "Catalan Parliament Votes Yes to Independence Referendum Next September". VOA (en inglés). Consultado o 19 de xuño de 2017. 
  63. Cordero, Dani (9 de xuño de 2017). "Puigdemont anuncia para el 1 de octubre el referéndum sobre la independencia". El País. Consultado o 19 de xuño de 2017. 
  64. Ríos, Pere (7 de setembro de 2017). "El secesionismo consuma la ruptura". El País. 
  65. Pérez, Fernando J. (8 de setembro de 2017). "El Constitucional suspende de urgencia la ley del referéndum". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  66. Boletín Oficial del Estado (13 de setembro de 2017). "Recurso de Inconstitucionalidad n.º 4386-2017". 
  67. "Puigdemont dice que ley referéndum «segue vixente» pese a suspensión del TC". ABC Cataluña. 9 de setembro de 2017. 
  68. "Puigdemont: Si el Constitucional me inhabilita por el referéndum, no lo aceptaré". La Vanguardia. Consultado o 18 de setembro de 2017. 
  69. "La Fiscalía se querella contra Puigdemont y el Govern y ordenará a Mossos, Policía, Guardia Civil intervenir las urnas". ELMUNDO (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  70. "La Fiscalía se querellará por tercera vez contra Carme Forcadell por tramitar la ley del referéndum". eldiario.es (en castelán). Consultado o 14 de setembro de 2017. 
  71. Rodríguez, Marta y Alfonso L. Congostrina. "La Generalitat cifra en 844 los atendidos por heridas y ataques de ansiedad". El País. Consultado o 2 de outubro de 2017. 
  72. "Los resultados definitivos del referéndum no cuadran con los provisionales". El País. 6 de outubro de 2017. 
  73. Rodríguez, Marta y Alfonso L. Congostrina (4 de outubro de 2017). "Mensaje del rey sobre Cataluña: ‘Es responsabilidad de los poderes legítimos del Estado asegurar el orden constitucional’". El País. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  74. "Aturada general el 3 d'octubre: sindicats, partits i entitats promouen una resposta unitària a la repressió de l'Estat". Ara.cat (en catalán). 1 de outubro de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  75. "Avalancha de empresas que se llevan su sede de Catalunya". El Periódico. 11 de outubro de 2017. 
  76. Baquero, Miquel Noguer, Camilo S. (11 de outubro de 2017). "Puigdemont prolonga la tensión con una secesión en diferido". EL PAÍS. Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  77. Díez, Juan José Mateo, Anabel (11 de outubro de 2017). "Rajoy pide a Puigdemont que confirme la declaración de independencia para aplicar el artículo 155". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 11 de outubro de 2017. 
  78. "La mediación de Urkullu con Rajoy y Puigdemont acercó el desbloqueo del conflicto". El Correro. 27 de outubro de 2017. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  79. "El Parlamento de Cataluña aprueba la resolución para declarar la independencia". El País. 27 de outubro de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  80. Martín, Patricia (27 de outubro de 2017). "El Senado avala el artículo 155". elperiodico (en castelán). Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  81. "El Gobierno aprueba las primeras medidas previstas en aplicación del artículo 155 de la Constitución". 27 de outubro de 2017. 
  82. Díez, Anabel (27 de outubro de 2017). "Rajoy destituye a Puigdemont y convoca elecciones en Cataluña el 21 de diciembre". El País. 
  83. El Supremo cita como imputados por rebelión a Forcadell y a otros cinco miembros de la Mesa. Infolibre, 31 de outubro de 2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.
  84. "Puigdemont y miembros del Govern destituido se trasladan a Bélgica". La Vanguardia. Consultado o 30 de setembro de 2017. 
  85. Recuero, Marisa (2 de novembro de 2017). "La juez envía a prisión a Oriol Junqueras y a ocho ex consejeros catalanes por rebelión". El Mundo (Unidad Editorial). 
  86. Forcadell sale de la cárcel de Alcalá Meco tras pagar la fianza de 150.000 euros. El País, Reyes Rincón, Madrid, 10 Nov 2017. Consultado o 1 de febreiro de 2018.
  87. "Los exconsejeros catalanes salen de la cárcel tras pagar su fianza". ABC. 4 de decembro de 2017. 
  88. "El Supremo retira la orden europea de detención para que Bélgica no limite sus acusaciones contra Puigdemont". eldiario.es (en castelán). Consultado o 5 de decembro de 2017. 
  89. Parlamento de Cataluña. Resultados definitivos de las elecciones del 21 de diciembre de 2017
  90. "Roger Torrent, elegido presidente del Parlament con los votos de los diputados presos". El Mundo. 17 de xaneiro de 2018. Consultado o 17 de xaneiro de 2018. 
  91. "Torrent propone a Puigdemont como candidato a la investidura para presidir la Generalitat". El País. 20 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  92. "El TC permite la investidura de Puigdemont pero la condiciona a que regrese a España". La Vanguardia. 27 de xaneiro de 2018. Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  93. "Torrent aplaza el Pleno pero mantiene a Puigdemont como candidato". El País. 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de marzo de 2018. 
  94. "El aplazamiento del pleno pone a prueba la unidad del independentismo". El País. 30 de xaneiro de 2018. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  95. García 2018, p. 231"El entorno de Puigdemont acaba preparando una comparecencia suya para que se emita a las 14.30 horas en la televisión pública catalana. Pero mientras se está transmitiendo esa declaración institucional, la cadena de televisión La Sexta conecta con un restaurante de Girona porque ha pillado allí al ya expresident comiendo con unos amigos. La declaración había sido grabada un rato antes en esa ciudad de forma un tanto improvisada, ante un atril con el emblema de la Generalitat y junto a las banderas catalana y europea, y es emitida en diferido, mientras Puigdemont almuerza en la céntrica Plaça del Vi..."
  96. "El Parlament reivindica el referéndum ilegal y la figura de Puigdemont". El País. 1 de marzo de 2018. Consultado o 4 de marzo de 2018. 
  97. "Puigdemont renuncia a presidir la Generalitat y señala la candidatura de Jordi Sànchez". La Vanguardia. 2 de marzo de 2018. 
  98. "El juez Llarena deniega la libertad de Jordi Sànchez para asistir al pleno de investidura". La Vanguardia. 9 de marzo de 2018. 
  99. "Roger Torrent aplaza el pleno de investidura hasta que se pronuncie el Tribunal Europeo de Derechos Humanos". La Vanguardia. 9 de marzo de 2018. 
  100. "La abstención de la CUP obliga a Puigdemont y Comín a renunciar a su escaño para investir a Sánchez". La Vanguardia. 4 de marzo de 2018. 
  101. "El Parlament rechaza la investidura de Jordi Turull tras la abstención de la CUP". La Vanguardia. 22 de marzo de 2018. 
  102. "El juez envía a prisión sin fianza a Turull, Rull, Romeva, Bassa y Forcadell". La Vanguardia. 23 de marzo de 2018. 
  103. "El juez Llarena no permite a Jordi Sánchez salir de prisión para acudir a su pleno de investidura". ABC. 12 de abril de 2018. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  104. "Torrent aplaza el debate de investidura de Jordi Sànchez tras la decisión de Llarena". La Vanguardia. 12 de abril de 2018. 
  105. "El Parlament tramita la reforma de la ley para permitir una investidura a distancia". La Vanguardia. 19 de marzo de 2018. Consultado o 19 de maio de 2018. 
  106. "El Constitucional suspende la reforma de la ley que permitía la investidura a distancia de Puigdemont". El País. 9 de maio de 2018. 
  107. "Quim Torra, investido presidente de la Generalitat, primer paso para levantar el 155". La Vanguardia. 14 de maio de 2018. 
  108. "Sentencia del ‘procés’: penas de 9 a 13 años para Junqueras y los otros líderes por sedición y malversación". El País. 14 de outubro. 
  109. "Sánchez da luz verde a los indultos para restablecer la concordia y la convivencia". La Vanguardia. 22 de xuño de 2021. 
  110. "Aragonès sitúa el referéndum pactado en el centro del tablero". La Vanguardia. 23 de xuño de 2021. 
  111. "Aragonès asume la presidencia y pone fin a ocho meses de interinidad". La Vanguardia. 22 de maio de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]