Saltar ao contido

Illa Sur, Nova Zelandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Illa Sur»)
Modelo:Xeografía físicaIlla Sur, Nova Zelandia
(en) South Island
(mi) Te Waipounamu Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Epónimosur Editar o valor en Wikidata
Parte deNova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaNova Zelandia Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteOceanía insular Editar o valor en Wikidata
División administrativaNova Zelandia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°59′00″S 170°27′00″L / -43.983333333333, 170.45
Bañado porMar de Tasmania Editar o valor en Wikidata
Características
Punto máis altoMonte Cook (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (3.724 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie150.437 km² Editar o valor en Wikidata
Illa Sur de Nova Zelandia

A Illa Sur[Cómpre referencia] ou Illa do Sur[1] é a maior das dúas principais illas de Nova Zelandia. Atópase separada da Illa Norte polo Estreito de Cook. O nome maorí para esta illa é Te Wai Pounamu.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao norte co Estreito de Cook, ao oeste co Mar de Tasmania, ao sur e ao leste co océano Pacífico. Ten unha área de 151.215 km², ocupando o posto número 12 dentro das maiores illas do mundo. Atravésaa en dirección nordés a suroeste unha cadea montañosa chamada Alpes Meridionais, sendo o Monte Cook o seu pico máis alto con 3.754 metros. Hai dezaoito picos de máis de 3.000 metros. No lado leste da illa están as chairas de Canterbury, mentres que o a costa oeste é famosa polas súas costas escarpadas, grandes bosques, e os glaciares Fox e Franz Josef. A espectacular paisaxe da Illa Sur converteuse nun lugar popular para a produción de varias películas, incluíndo a triloxía Triloxía do Señor dos Aneis e a as Crónicas de Narnia: o león, a bruxa e o armario . Está influenciada por un clima tépedo.

A Illa Sur é ás veces chamada o "continente". A pesar de que ten unha masa 33% maior que a Illa Norte, só o 24% dos 4´4 millóns de habitantes de Nova Zelandia vive na Illa Sur. Nas primeiras etapas dos asentamentos europeos (Pākehā) no país, a illa sur tiña a maioría da poboación europea e da riqueza debido á febre do ouro da década de 1860. A poboación da Illa Norte superou á do Sur no século 20, co 56% da poboación vivindo no Norte en 1911, e a deriva das persoas e empresas ó norte continuou ao longo do século.

Debuxo en carbón en Carters rockpool no río Opihi
Primeira impresión europea de maoríes, na Murderers' Bay, 1642.
Buques no que probablemente sexa Akaroa Harbour nalgún momento a principios do século XIX.
Gabriel's Gully durante a Central Otago Gold Rush, 1862.
Presa de Benmore é a maior das oito presas dentro do esquema de potencia do Waitaki que entrou en servizo en 1965.

Prehistoria

[editar | editar a fonte]

Os debuxos de carbón pódense atopar nos refuxios rochosos de pedra calcaria no centro da Illa Sur, con máis de 500 sitios[2] que se estenden desde Kaikoura a North Otago. Estímase que os debuxos teñen entre 500 e 800 anos, e retratan animais, persoas e criaturas fantásticas, posiblemente réptiles estilizados.[3] Algunhas das aves na foto extinguíronse fai moito tempo, incluíndo a moa e a Aguia de Haast. Foron debuxados polos primeiros maorís, pero cando chegaron os europeos, os maorís locais non coñecían a orixe dos debuxos.[4]

Período maorí clásico

[editar | editar a fonte]

Os primeiros habitantes da Illa do Sur foron os Waitaha. En gran parte foron absorbidos a través de matrimonios e a conquista polos Kāti Mamoe no século XVI. [Cómpre referencia]

Os Kāti Mamoe á súa vez foron absorbidos en gran medida a través do matrimonio e a conquista polos Kāi Tahu que emigraron cara ao sur no século XVII.[5] Aínda que hoxe non existe unha organización [5] Kāti Mamoe distinta, moitos Kāi Tahu teñen vínculos Kāti Mamoe no seu whakapapa e, especialmente, no extremo sur da illa.

Pola mesma época un grupo de maorís migrou a Rekohu (as Illas Chatham), onde, ao adaptarse ao clima local e a dispoñibilidade de recursos, eventualmente converteuse nun pobo separado coñecido como Moriori coa súa propia lingua distintiva - estreitamente relacionado coa cultura e o idioma de orixe en Nova Zelandia. Unha característica notable da cultura Moriori, o pacifismo, resultou desventaxosa cando os guerreiros maorís chegaron na década de 1830 a bordo dun barco fletado en Europa.[6]

A principios do século XVIII, os Kāi Tahu, unha tribo maorí que se orixinou na costa leste da Illa Norte, comezou a migrar cara a parte norte da Illa Sur. Alí eles e os Kāti Mamoe pelexaron contra Ngāi Tara e Rangitāne no Val de Wairau. Os Ngāti Māmoe logo cederon as rexións da costa leste ao norte do Río Clarence aos Kāi Tahu. Os Kāi Tahu continuaron empuxando cara ao sur, conquistando Kaikoura. Para a década de 1730, osKāi Tahu establecéronse en Canterbury, incluído a Península Banks. Desde alí estendéronse máis cara ao sur e cara á Costa Oeste.

En 1827-1828 os Ngāti Toa baixo o liderado de Te Rauparaha atacou con éxito aos Kāi Tahu en Kaikoura. Os Ngāti Toa visitaron posteriormente aos Kaiapoi, ostensiblemente para comerciar. Cando atacaron aos seus anfitrións, os ben preparados Kāi Tahu mataron a todos os principais xefes dos Ngāti Toa, excepto Te Rauparaha. Te Rauparaha regresou á súa fortaleza de Illa Kapiti. En novembro de 1830, Te Rauparaha persuadiu ao capitán John Stewart do bergantín Elizabeth para que o levase a el e aos seus guerreiros en segredo a Akaroa, onde cun subterfuxio capturaron ao principal líder dos Kāi Tahu, Te Maiharanui, e á súa esposa e filla. Logo de destruír a aldea de Te Maiharanui levaron aos seus cativos a Kapiti e matáronos. John Stewart, aínda que arrestado e enviado a xuízo en Sydney como cómplice de asasinato, escapou da condena.[7]

No verán de 1831-32 Te Rauparaha atacou Kaiapoi (aldea fortificada). Kaiapoi estivo involucrado nun asedio de tres meses por Te Rauparaha, durante o cal os seus homes lograron fortificar o pā. Logo atacaron a Kāi Tahu na Península Banks e tomaron o pā en Onawe. En 1832-33, Kāi Tahu tomou represalias baixo o liderado de Tāhawaiki e outros, atacando a Ngāti Toa en Lake Grassmere. Os Kāi Tahu prevaleceron e mataron a moitos Ngāti Toa, aínda que Te Rauparaha escapou novamente. Os combates continuaron durante un ano máis ou menos, cos Kāi Tahu mantendo a vantaxe. Os Ngāti Toa nunca máis realizaron unha gran incursión no territorio de Kāi Tahu. En 1839, Kāi Tahu e Ngāti Toa estabeleceron a paz e Te Rauparaha liberou os cativos Kāi Tahu que tiña. Os matrimonios formais entre as principais familias das dúas tribos selaron a paz.

colonización europea

[editar | editar a fonte]

Cando Gran Bretaña anexou Nova Zelandia en 1840, a Illa do Sur converteuse brevemente nunha parte da Colonia de Nova Gales do Sur.[8] Esta anexión foi en resposta aos intentos de Francia de colonizar a Illa Sur en Akaroa[9] e a New Zealand Company intentou establecer unha colonia separada en Wellington, e así o tenente gobernador William Hobson declarou a soberanía británica sobre toda Nova Zelandia o 21 de maio de 1840 (a Illa do Norte por tratado e o Sur por descubrimento).[10]

O 17 de xuño de 1843, os nativos maorís e os colonos británicos enfrontáronse en Wairau no que se coñeceu como o Wairau Affray. Tamén coñecida como o "Masacre de Wairau" na maioría dos textos máis antigos, foi o primeiro choque serio de armas entre as dúas partes logo da firma do Tratado de Waitangi e o único que tivo lugar na Illa do sur. Catro maorís morreron e tres resultaron feridos no incidente, mentres que entre os europeos o número de vítimas foi de 22 mortos e cinco feridos. Doce dos europeos foron asasinados a tiros ou golpeados ata a morte logo de renderse aos maorís que os perseguían.[11]

O Acordo de Otago, patrocinado pola Igrexa Libre de Escocia, tomou forma concreta en Otago en marzo de 1848 coa chegada dos primeiros dous barcos de inmigrantes desde Greenock (no Fiorde de Clyde), o John Wickliffe e o Philip Laing. O Capitán William Cargill, un veterano da Guerra Peninsular, serviu como o primeiro líder da colonia, os cidadáns de Otago elixírono posteriormente para o cargo de Superintendente da Provincia de Otago.

Mentres que a Illa Norte foi convulsionada polas Guerras de terra de Nova Zelandia nas décadas de 1860 e 1870, a Illa Sur, coa súa baixa poboación maorí, era xeralmente pacífica. En 1861 descubriuse ouro en Gabriel's Gully en Otago Central, o que provocou unha febre do ouro. Dunedin converteuse na cidade máis rica do país e moitos na Illa Sur resentíronse por financiar as guerras da Illa Norte. En 1865 o Parlamento votou un Proxecto de lei para independizar a Illa do Sur: foi derrotada por 17 a 31.

Na década de 1860, varios miles de homes chineses, principalmente da provincia de Guangdong, emigraron a Nova Zelandia para traballar nos campos auríferos da Illa Sur. Aínda que os primeiros inmigrantes chineses foran invitados polo goberno provincial de Otago rapidamente convertéronse en branco da hostilidade dos colonos brancos e promulgáronse leis especificamente para disuadirlos de vir a Nova Zelandia.[12]

Provincias históricas da Illa Sur

[editar | editar a fonte]

Entre as cidades que se atopan nesta illa están as seguintes:

Principais lagos

[editar | editar a fonte]
  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. "Very Old Maori Rock Drawings". Natural Heritage Collection. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 2009-02-15. 
  3. "The SRARNZ Logo". Society for Research on Amphibians and Reptiles in New Zealand. Consultado o 2009-02-15. [Ligazón morta]
  4. Keith, Hamish (2007). The Big Picture: A history of New Zealand art from. 1642. pp. 11–16. ISBN 978-1-86962-132-2. 
  5. 5,0 5,1 Michael King (2003). The Penguin History of New Zealand. Penguin Books. p. 90. ISBN 978-0-14-301867-4. 
  6. "Moriori - The impact of new arrivals". Teara.govt.nz. 4 de marzo de 2009. Consultado o 12 de novembro de 2010. 
  7. Tau, Te Maire (2005-02-08). "Ngāi Tahu". Te Ara - the Encyclopedia of New Zealand. Consultado o 14 de marzo de 2021. 
  8. A.H. McLintock (ed), An Encyclopaedia of New Zealand", 3 vols, Wellington, NZ:R.E. Owen, Government Printer, 1966, vol 3 p. 526.'
  9. Robbie Whitmore. "French colonists - New Zealand in History". history-nz.org. 
  10. "The Ngai Tahu Report 1991". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2010. Consultado o 20 de novembro de 2017. 
  11. Michael King (2003). The Penguin History of New Zealand. Penguin Books. ISBN 978-0-14-301867-4. 
  12. Manying Ip. 'Chinese', Te Ara—the Encyclopedia of New Zealand, updated 21 de decembro de 2006, http://www.TeAra.govt.nz/NewZealanders/NewZealandPeoples/Chinese/en Arquivado 24 de febreiro de 2007 en Wayback Machine.