Gran Premio de Bélxica de 1978
Tipo | Gran Premio de Bélxica |
---|---|
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1978 |
Distancia do evento | 70 |
Localización e Datas | |
Localización | Autódromo de Zolder (Heusden-Zolder) 50°59′20″N 5°15′20″L / 50.988888888889, 5.2555555555556 |
País | Bélxica |
Data | 21 de maio de 1978 |
Competición | |
Primeiro posto | Mario Andretti |
Pole position | Mario Andretti |
Volta máis rápida | Ronnie Peterson |
O Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1 de 1978 disputouse en Zolder o 21 de maio de 1978. Foi a sexta carreira da tempada de Fórmula Un de 1978, o 36º Gran Premio de Bélxica e a quinta, que se celebrou no Autódromo de Zolder. A carreira disputouse sobre 70 voltas nos catro quilómetros do circuíto para unha distancia de carreira de 280 quilómetros.
Resumo da carreira
[editar | editar a fonte]A principal noticia antes do Gran Premio de Bélxica foi que o novo Lotus 79 xa estaba listo para correr, e de inmediato Mario Andretti mostrou o seu ritmo logrando a pole comodamente por diante de Carlos Reutemann e Niki Lauda. Mario liderou desde a primeira curva, mentres que Reutemann tivo unha mala saída, causando un accidente en cadea no que Lauda foi golpeado por Jody Scheckter e tivo que retirarse. Isto deixou a Gilles Villeneuve segundo e a Ronnie Peterson terceiro pero tampouco podían seguir o ritmo de Andretti, que foi capaz de escaparse.
As primeiras 40 voltas foron sen incidentes ata que Villeneuve sufriu unha picada nunha roda e tivo que entrar en boxes, que o fixo caer á quinta posición, e un par de voltas máis tarde Peterson tamén entrou nos pits para poñer pneumáticos novos deixando a Reutemann segundo por diante de Jacques Laffite de Ligier. Peterson cos novos pneumáticos era moito máis rápido e foi capaz de pasar aos dous nas últimas voltas, e Laffite intentou pasar Reutemann na última volta pero chocou e Laffite quedou fóra. Andretti logrou unha vitoria sen problemas, con Peterson logrando para Lotus un 1-2, e Reutemann completando o podio.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Carreira anterior: Gran Premio de Mónaco de 1978 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 1978 |
Carreira seguinte: Gran Premio de España de 1978 |
Carreira anterior: Gran Premio de Bélxica de 1977 |
Gran Premio de Bélxica | Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 1979 |
Notas
[editar | editar a fonte]- Líderes por volta: Mario Andretti 70 voltas (1-70).
- Primeiros puntos - Gilles Villeneuve.
- Última carreira: Hesketh Racing
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Bélxica de 1978 |