Portal:Fórmula 1
Portal da Fórmula 1
A Fórmula 1, referida ás veces na escrita como F1, é un deporte automobilístico en que compiten pilotos profesionais en monoprazas pertencentes a diferentes escuderías en distintos circuítos preparados especialmente co obxectivo de chegar primeiro á liña de meta. O "fórmula" do nome refírese a unha serie de normas e regulacións que tódalas escuderías deben cumprir, mentres que o "1" é porque é a categoría máis alta das competicións de monoprazas, feito que vén respaldado por tratarse do deporte máis caro do mundo e por utilizárense os coches máis rápidos (a miúdo corren a máis de 300 km/h) e potentes (poden acadar cerca de 20000 revolucións por minuto).
Artigo salientado
O Gran Premio de San Marino de 1994 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 1 de maio de 1994 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari en Imola, Italia. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1994.
Os sucesos ocurridos nesta carreira significaron un importante punto de inflexión tanto na tempada de 1994, como no desenvolvemento da Fórmula Un, sobre todo no que respecta á seguridade.
O fin de semana viuse empañado pola morte de piloto austríaco Roland Ratzenberger e o do triplo campión do mundo Ayrton Senna en distintos accidentes. Noutros incidentes resultaron feridos o piloto Rubens Barrichello e varios mecánicos e espectadores.
Fotografía salientada
Clasificacións
|
|
Sabías que...
- ... Juan Manuel Fangio coroouse campión en 1957 á idade de 46 anos?
- ... o Gran Premio de Italia de 1985 foi o último no que o piloto gañador recibiu unha coroa de loureiro porque tapaba a visión dos anagramas dos patrocinadores nos monos dos pilotos?
- ... na carreira Pequín-París de 1907 o gañador só recibíu como premio unha botella magnum de champaña Mumm?. De aí a tradición de celebrar as vitorias en automobilismo cunha botella de champaña.
- ... o Gran Premio de Mónaco de 1996 é a carreira co récord de menor cantidade de coches, 4, que finalizaron un GP na historia da Fórmula 1?
- ... Leo Kinnunen foi o último piloto en competir na Fórmula Un usando un casco aberto?
- ... Jules Bianchi é o último piloto que faleceu nunha competición (no Gran Premio do Xapón de 2014)?
- ... Jochen Rindt foi o único piloto que logrou conseguir o campionato do mundo a título póstumo?
- ... Keke Rosberg consagrouse campión do mundo en 1982 gañando unha soa carreira?
- ... María de Villota foi a primeira española na Fórmula 1?
- ... Al Pease é o único piloto descalificado dunha carreira do Campionato do Mundo, o Gran Premio do Canadá de 1969, por ser demasiado lento?
- ... Archie Scott Brown ao que lle faltaba unha man, foi o primeiro piloto discapacitado da Fórmula 1?
- ... Hans Heyer é o único piloto ao que se lle acredita un "Non se califica (NSC)", "Non remata (Ret)" e "Descualificado (DSC)" na mesma carreira, o Gran Premio de Alemaña de 1977
- ... o Gran Premio de Bélxica de 1997 foi a primeira vez que a saída dunha carreira se fixo detrás do coche de seguridade?
- ... o Gran Premio do Canadá de 1999 foi a primeira vez que unha carreira terminou detrás do coche de seguridade?
- ... Fernando Alonso é o piloto coa carreira deportiva máis longa na Fórmula 1, tamén logrou no Gran Premio de Austria de 2022 ser o piloto con máis quilómetros percorridos na historia da Fórmula 1 ata dita carreira con 92.949 quilómetros.
- ... Max Verstappen con 17 anos e 180 días de idade, é o piloto máis novo en conseguir puntos no Campionato do Mundo
Novas de Fórmula 1
(arquivo) |
- 2024
O 27 de outubro de 2024 o piloto español Fernando Alonso, acadou os 400 grandes premios, logo do Gran Premio de México de 2024. O piloto de Aston Martin é o piloto con máis grandes premios na historia da competición.
Vindeiro evento
Categorías
Wikiproxectos
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Fórmula 1 |
- Colabora con nós no Wikiproxecto Fórmula 1