Saltar ao contido

Gran Premio da Coruña de Automobilismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaGran Premio da Coruña de Automobilismo
Tipocarreira automobilística Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorEscudería Centollo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónA Coruña (Provincia da Coruña) 43°22′26″N 8°24′00″O / 43.37385694, -8.40002703 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1966 – 1971 Editar o valor en Wikidata

O Gran Premio da Coruña de Automobilismo foi unha competición automobilística disputada durante os anos 60 e 70 no Circuíto de Riazor, na Coruña. Foi puntuable para varios campionatos nacionais.

Dende 1950 viña disputándose no Circuíto de Riazor o Gran Premio da Coruña de Motociclismo, pero non foi ata o 28 de agosto de 1966, cando da man de José Larrea e da Escudería Centollo se disputou no mesmo lugar a primeira edición do Gran Premio da Coruña de Automobilismo, a primeira proba destas características en Galicia.[1] Disputáronse tres carreiras, sendo o vencedor absoluto o coruñés Álvaro Urgoiti, despois de vencer tanto na categoría B (de 951cc a 1600 cc) como na libre (sen limitacións), mentres que Eduardo Villacieros gañou na categoría A (menos de 950cc). Cada unha das carreiras tiña unha duración de 40 minutos, tempo no que os vehículos deron 31 voltas ao circuíto na categoría A e 33 nas dúas restantes.[2] O Gran Premio foi presenciado por uns 30.000 espectadores.[3]

Ao ano seguinte disputouse a segunda edición, sendo esta retransmitida en directo por TVE. O vencedor absoluto foi o portugués José Lampreia, que co seu Lotus 47 obtivo unha media de velocidade de 112 km/h, superando ao francés Bernard Tramont, segundo da xeral e primeiro da categoría B.[4] Na categoría A o gañador foi Félix Serra. Lampreia gañou tamén a terceira edición, en 1968, tras dar 40 voltas ao circuíto cunha velocidade media de 109,33 km/h, superando ao catalán Juan Fernández, que rematou segundo.[5]

En 1969 o evento constou de tras carreiras con 30 voltas cada unha, resultando gañador absoluto José de la Peña, conducindo un Porsche 907, tras vencer na categoría "sport" por diante de Juncosa e Tramont. As outras dúas mangas foron a de turismos e unha carreira monomarca puntuable para a Copa Nacional Renault 8 TS. Na primeira delas impúxose o coruñés Carlos Arrojo cun Fiat Abarth 850 TC coa carrocería dun SEAT 600, por diante de Santiago Salido e Gerardo Van Dulken, ambos con R-8 Gordini. Na Copa Renault 8 TS venceu Salvador Cañellas, seguido de Van Dulken e o vigués "Culebras", que liderou a maior parte da proba ata que se viu superado nas dúas últimas voltas.[6][7] En 1970 a proba de velocidade no circuíto foi incluída dentro da cuarta edición do Rally da Coruña, sendo a proba que pechou a competición. Eladio Doncel chegou a dita proba final cunha vantaxe de poucos segundos sobre Bernard Tramont e Manuel Juncosa. Este último, con Artemi como copiloto e cun Fiat Abarth 2000, foi o máis rápido en Riazor, aínda que a vitoria no rally foi para Doncel.[8][9] Na Copa Renault 8 TS a vitoria foi para "Correcaminos".[10]

En 1971 disputouse a última edición, gañando Bernard Tramont cun Alpine A110 1600, por diante de Rafael Barrios (Alfa Romeo GT-AM) e Jesús Iglesias (SEAT 1430), mentres que Francisco Anet gañou na Copa Renault 8 TS.[11][12]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ano Nome Vencedor Vehículo
1966 I Gran Premio da Coruña Galicia Álvaro Urgoiti Austin Cooper 1300
1967 II Gran Premio da Coruña Portugal José Lampreia Lotus 47
1968 III Gran Premio da Coruña Portugal José Lampreia Lotus 47
1969 IV Gran Premio da Coruña España José de la Peña Porsche 907
1970 IV Rally da Coruña España Manuel Juncosa Fiat Abarth 2000
1971 VI Gran Premio da Coruña Francia Bernard Tramont Alpine A110 1600
  1. "Ante la prueba internacional del domingo en La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de agosto de 1966. p. 6. 
  2. "Alvaro Urgoiti, vencedor absoluto de la I Prueba de Velocidad". La Noche (en castelán). 29 de agosto de 1966. p. 6. Consultado o 5 de outubro de 2020. 
  3. "Alvaro Urgoiti, de la escudería «Centollo», vencedor absoluto del I Premio de la Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 1966. p. 9. 
  4. "Lampreia vencedor del ”II Gra Premio de La Coruña”". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 1967. p. 7. 
  5. "El portugués Lampreia, vencedor de ”Premio de La Coruña”". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de agosto de 1968. p. 19. 
  6. "De la Peña, vencedor en el Gran Premio de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de agosto de 1969. p. 15. 
  7. "Clasificacións nacionais de 1969" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2020. 
  8. "Eladio Doncel, de la Escudería Repsol, triunfador". El Pueblo Gallego (en castelán). 11 de agosto de 1970. p. 14. Consultado o 5 de outubro de 2020. 
  9. "Doncel-Conde, con Porsche, vencieron en el IV Rally de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de agosto de 1970. p. 15. 
  10. "Clasificacións nacionais de 1970" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2020. 
  11. "Tramont triunfó en el Gran Premio de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de agosto de 1971. p. 17. 
  12. "Resultados nacionais de 1970" (PDF). RFEDA (en castelán). Consultado o 5 de outubro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]