Senra Sport
Senra Sport | |
---|---|
Tipo | escudaría de rally |
Deporte | rally |
Fundador(es) | Manuel Senra |
Sede | Olveira |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
Senra Sport é unha escudaría deportiva galega fundada a finais dos anos 80 por Manuel Senra en Olveira, Dumbría. É a escudaría máis laureada do Campionato de Galicia de Rally, con nove títulos de equipo.[1] Entre 1990 e 1995 organizou o Rally Mil Vistas, que era puntuable para o Campionato de Galicia de Rally e dende 2019 organiza a Subida a Dumbría, do Campionato de Galicia de Montaña.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A escudaría naceu ligada ao pequeno taller que montou Manolo Senra en 1987 en Olveira, no concello de Dumbría, e que máis tarde foi crecendo ata converterse nun concesionario oficial de Peugeot.[3] En 1989 logrou o primeiro título por equipos do Campionato de Galicia de Rally, superando á Escudería Berberecho de Noia,[4] e revalidou o título os tres seguintes anos.[1] En 1990 Senra Sport fíxose cos dereitos de organización do Rally da Coruña, cedidos pola Escudería Centollo, e organizou ese ano o 18º Rally da Coruña, pero localizado nos concellos de Muros, Carnota, Dumbría, Vimianzo e Mazaricos.[5] Celebráronse outras catro edicións do rally ata 1994, xa co nome de Rally Mil Vistas, referido ás vistas das paisaxes da contorna.
En 1993, o fundador e principal piloto de Senra Sport, Manuel Senra, gañou con esta escudaría o Campionato de Galicia de Rally de Terra, título que volveu gañar ao ano seguinte. En 1997 fixo o mesmo co Campionato de Galicia de Montaña. Tanto en 1999 como en 2000 Senra Sport gañou o título por equipos do Campionato de Galicia de Rally e o subcampionato de pilotos con Manuel Senra. Na tempada 2001 gañou tanto o título de pilotos como o de equipos, dobre éxito que repetiu en 2004 e 2005. Manuel Senra gañou logo tamén os títulos de montaña de 2014, 2015, 2017 e 2019.[6]
En 2019 a escudaría comezou a organizar a Subida a Dumbría, puntuable para o galego de montaña.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Regulamentos xerais do Campionato e Copas de Galicia para escuderías" (PDF). FGA. Consultado o 5 de xuño de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 "Nace a I Subida a Dumbría con Senra Sport como organizador". 6 de xuño de 2019. Consultado o 5 de xuño de 2020.
- ↑ "Nosotros". senrasport.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 8 de xuño de 2020.
- ↑ "La Federación Gallega reconoce finalmente al piloto ferrolano Germán Castrillón como subcampeón de rallies". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de febreiro de 1990. p. 39.
- ↑ Arévalo, Fernando (5 de novembro de 1990). "Senra Sport organizará el Rally de La Coruña, el próximo día 17". La Voz de Galicia (en castelán). p. 43.
- ↑ "REGULAMENTO XERAL DO CAMPIONATO DE GALICIA DE MONTAÑA 2020" (PDF). fga.es. Consultado o 8 de xuño de 2020.