George Lucas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
George Walton Lucas, Jr., nado o 14 de maio de 1944 en Modesto (California), é o creador do exitoso fenómeno fílmico de "Star Wars" e posteriormente de Indiana Jones, presidente de Lucasfilm Ltd., LucasArts, e Lucas Digital Ltd, Lucas Licensing, LucasBooks e Lucas Learning Ltd.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lucas dirixiu a súa primeira obra cinematográfica THX 1138, en 1970. O filme foi producido por American Zoetrope e contou con Francis Ford Coppola como produtor executivo. O filme estaba baseado nunha curtametraxe do propio Lucas gañador de numerosos premios a nivel estatal. En 1971 Lucas forma a súa propia compañía, Lucasfilm Ltd, en San Rafael (California).
En 1973 Lucas dirixiu American Graffiti, un filme sobre autos e xoves. O filme gañou o Globo de Ouro, o New York Film Critics e o premio da National Society of Film Critics. Obtivo tamén 5 nomeamentos aos Oscars.
Catro anos despois, Lucas escribiu e dirixiu A guerra das galaxias (posteriormente rebautizada como Star Wars Episode IV: A New Hope), un filme que bateu tódolos récords de venda de entradas e gañou sete Oscars da academia. Lucas iniciou a historia de O imperio contraataca (Episodio V) e O retorno do Jedi (Episodio VI), das cales tamén foi produtor executivo. En 1980 escribiu e produciu Na busca da arca perdida, dirixida por Steven Spielberg, obtendo 5 premios da academia. Tamén foi co-produto e creador da historia de Indiana Jones e o templo maldito, estreada en 1984, nomeada a 2 premios da Academia e obtendo un Oscar por efectos especiais.
O último proxecto de Lucasfilm foi rematar a nova triloxía de "A Guerra das Galaxias". Star Wars: Episode I - The Phantom Menace, da nova triloxía, foi escrita, dirixida e producida por George Lucas e saíu ao público o 19 de maio de 1999. En maio de 2002 estreouse a segunda parte, Star Wars: Episode II - Attack of the Clones, tamén dirixida e producida por el. O capítulo final da nova triloxía, Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith, que abre as portas á triloxía clásica, estreouse o 19 de maio de 2005, quedando a saga finalizada.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- THX-1138 (1970): Director, guionista.
- American Graffiti (1973): Director, guionista.
- A guerra das galaxias (1977): Director, guionista, produtor executivo.
- O imperio contraataca (1980): Produtor executivo, guionista.
- O retorno do Jedi (1983): Produtor executivo, guionista.
- Na busca da arca perdida (1981): Produtor executivo, guionista.
- Indiana Jones e o templo maldito (1985): Produtor executivo e guionista.
- Howard o pato (1986): Produtor executivo.
- En busca do val encantado (1987): Produtor executivo.
- Willow (1988): Produtor executivo.
- Tucker (1988): Produtor executivo.
- Indiana Jones e a última cruzada (1989): Produtor executivo.
- Parque Xurásico (1993): Editor.
- Star Wars: Episode II - Attack of the Clones (1999): Director, produtor executivo, guionista.
- Parque Xurásico III (2000): Produtor executivo.
- Star Wars: Episode II - Attack of the Clones (2002): Director, produtor executivo, guionista.
- Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith (2005): Director, produtor executivo e guionista.
George Lucas en persoa apareceu na súa última película, Star Wars: Episode III - Revenge of the Sith, interpretando un personaxe extra chamado Baron Papanoida.
Este artigo sobre cine é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |