Saltar ao contido

Braulio Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBraulio Rodríguez

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xaneiro de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Aldea del Fresno, España Editar o valor en Wikidata
120º Arcebispo de Toledo
16 de abril de 2009 – 27 de decembro de 2019
← Antonio CañizaresFrancisco Cerro Chaves (pt) Traducir →
Arcebispo de Valladolid
28 de agosto de 2002 – 16 de abril de 2009
← José Delicado BaezaRicardo Blázquez →
Bispo de Salamanca
12 de maio de 1995 –
← Mauro Rubio Repullés (en) TraducirCarlos López Hernández (pt) Traducir →
Diocese: Diocese de Salamanca (pt) Traducir
Bispo de Osma-Soria
6 de novembro de 1987 –
← Xosé Diéguez ReboredoFrancisco Pérez González →
Diocese: Diocese de Osma-Sória (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Pontificia Comillas Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo católico latino (1987–), sacerdote católico (1972–), teólogo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Pontificia de Salamanca Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónMario Tagliaferri Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1009183

Braulio Rodríguez Plaza, nado en Aldea del Fresno (Madrid) o 27 de xaneiro de 1944, é un eclesiástico católico español, entre 2009 e 2019 arcebispo de Toledo e Primado de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou humanística, teoloxía e filosofía nos seminarios de Madrid, onde obtivo en 1973 a licenciatura en Teoloxía Bíblica pola Universidade Pontificia Comillas. Tras dous anos de estudo (1979-81) na Escola Bíblica de Xerusalén, diplomouse en Sacra Escritura, e xa en 1990 alcanzou o grao de doutor en Teoloxía Bíblica pola Facultade de Teoloxía do Norte de España, con sede en Burgos, coa tese doutoral El proceso de Jesús ante el Sanedrín y la catequesis cristiana primitiva.

Presbiterado

[editar | editar a fonte]

Recibiu a ordenación sacerdotal o 3 de abril de 1972 en Madrid, de mans do cardeal Tarancón,[1] e serviu nesta diocese durante 15 anos, nas parroquias de Cubas de la Sagra, San Miguel en Carabanchel e San Fulgencio. Ademais foi capelán da ermida de San Isidro. Entre 1984 e 1987, foi Formador do Seminario Diocesano de Madrid.

Episcopado

[editar | editar a fonte]

O 13 de novembro de 1987 foi nomeado bispo de Osma-Soria[2] polo papa Xoán Paulo II. Recibiu a ordenación episcopal o 20 de decembro do mesmo ano. Posteriormente foi trasladado á diocese de Salamanca o 12 de maio de 1995, onde tomou posesión o 9 de xullo.

O 28 de agosto de 2002 foi nomeado arcebispo de Valladolid, e tomou posesión da sé o 13 de outubro do mesmo ano.

Retirouse o 27 de decembro de 2019, logo de que lle fora aceptada a renuncia presentada ao alcanzar o límite de idade.

Notas e referencias

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]