Micrófono
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Un micrófono é un dispositivo transdutor ou sensor electroacústico que transforma o son nun sinal eléctrico. Os micrófonos utilízanse en moitas aplicacións, como teléfonos, gravadores, aparellos auditivos, produción de filmes, transmisión de radio, televisión, recoñecemento de voz, entre outros usos.
A maioría dos micrófonos usan a indución electromagnética (micrófono dinámico), o cambio de capacitancia (micrófono condensador), xeración piezoeléctrico ou modulación de luz para producir un sinal de voltaxe eléctrica desde a vibración mecánica.
Historia
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Thomas Alva Edison e Emile Berliner presentaron solicitudes de patente para o micrófono de carbón, en marzo e xuño de 1877 respectivamente. Despois dunha longa batalla legal, Edison resultou gañador, e a patente de Berliner foi declarada nula tanto polos tribunais estadounidenses coma polos británicos.
Principio de funcionamento
[editar | editar a fonte]O micrófono converte as vibracións mecánicas da gama audible (frecuencias de 20 Hz a 20 kHz) nun sinal eléctrico. Na maioría dos micrófonos que se empregan, as ondas sonoras convértense en vibracións mecánicas a través dun diafragma fino e flexible e logo convértense en sinal eléctrico a través dunha bobina móbil ou por carga e descarga dun condensador. No caso de micrófonos de condensador, estes necesitan unha tensión de alimentación continua, como pode ser a chamada alimentación phantom.
Variedades
[editar | editar a fonte]Segundo a directividade
[editar | editar a fonte]Polo seu diagrama polar un micrófono pode ser:
- Omnidireccional ou de presión. É máis sinxelo debido a que capta todos os sons sen ter en conta a posición da fonte sonora.
- Bidireccional ou gradiente. Este tipo de micrófono capta exclusivamente os sons que se producen diante del ou na parte traseira do diafragma e omite o dos laterais. Contan cun filtro de graves que axuda a potenciar este tipo de sons.
- Unidireccional:
- Cardioide ou concentrador de feixe. É o máis usado nos concertos como micrófono de mano do cantante para reforzar o son, e rebaixar o ruído do público presente. A problemática deste tipo encóntrase cando o micrófono está situado preto dun altofalante, xa que pode ocorrer o fenómeno da retroalimentación. Denomínase cardioide debido ao seu diafragma en forma de corazón.
- Supercardiode.
- Hipercardioide. O micrófono hipercardiode é moi frecuente á hora de gravar narracións de cine ou diálogos. Polo tanto, é un aparello adicado a recoller as voces humanas xa que rexeita os sons de ambiente.
En relación ao tipo de transdución acústica hai varios tipos de micrófonos que establecen unha directividade:
- Micrófonos de presión. Cun diafragma que capta os cambios de presión.
- Micrófonos de gradiente de presión, tamén chamado de velocidade de presión. Con dúas caras expostas. Hai un certo desfase do sinal da zona frontal e posterior da cápsula. A membrana está libre e móvese cara adiante ou cara atrás, en función da presión sonora incidente. Os micrófonos de gradiente de presión captan tanto o son que reciben pola súa parte frontal, como o que reciben pola posterior; polo que son bidireccionais (con diagrama polar en forma de 8). A resultante é froito da diferenza de presión que hai entre os dos lados. O inconveniente dos micrófonos de gradiente de presión reside en que colorea os graves. Prodúcese o que se chama efecto proximidade ou efecto pop, que consiste en que as baixas frecuencias se reforzan cando a fonte está próxima. Isto pódese anular mediante un filtro.
- Combinados. Son omnidireccionais.
- Tubo de interferencias. Micrófono de interferencia, liña, rifle, canón ou semicanón. O son que incide lateralmente recorre un camiño que fai que desfase.
- Parábola. Direcciona totalmente o son. Emprégase para gravar e radiar eventos deportivos.
- PZM. Baséase en situar o micrófono o máis próximo posible a unha superficie, evitando as reflexións que cheguen desfasadas á cápsula.
Segundo o transdutor
[editar | editar a fonte]Electrodinámico
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Micrófono electrodinámico.
A vibración do diafragma provoca o movemento dunha bobina móbil, ou cinta corrugada, ancorada a un imán permanente, xera un campo magnético, cuxas flutuacións son transformadas en tensión eléctrica.
Son micrófonos electrodinámicos:
- Micrófono dinámico ou de bobina móbil.
- Micrófono de cinta.
Electrostático
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Micrófono electrostático.
As ondas sonoras provocan o movemento oscilatorio do diafragma. Á súa vez, este movemento do diafragma provoca unha variación na enerxía almacenada no condensador que forma o núcleo da cápsula microfónica e, esta variación na carga almacenada, (electróns que entran e saen) xera unha tensión eléctrica que é o sinal enviado á saída do sistema.
Son micrófonos electrostáticos:
- Micrófono de condensador ou de capacidade.
- Micrófono electret.
- Micrófono de condensador de radiofrecuencia.
Piezoeléctrico
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Micrófono piezoeléctrico.
As ondas sonoras fan vibrar o diafragma e, o movemento deste, fai que se mova o material contido no seu interior (cuarzo, sales de Rochélle, carbón etc). A fricción entre as partículas do material xera sobre a superficie do mesmo unha tensión eléctrica, pola piezoelectricidade.
Son micrófonos piezoeléctricos:
Segundo a utilidade
[editar | editar a fonte]- Micrófono de man ou de bastón: Deseñado para utilizarse suxeitado coa man. Está preparado para amorteccer os golpes e ruídos de manipulación.
- Micrófono de estudio: Non ten protección contra a manipulación, polo que se sitúa nunha posición fixa e protéxese mediante gomas contra as vibracións.
- Micrófono de contacto: Toman o son ao estar en contacto físico co instrumento. Utilízase tamén para disparar un son dun módulo ou sampler a través dun MIDI trigger.
- Micrófono de gravata, de solapa ou Lavalier. Micrófono en miniatura que posúen filtros para evitar as baixas frecuencias que produce o roce do dispositivo coa roupa.
- Micrófono inalámbrico: A particularidade deste dispositivo é a posibilidade de utilizalo sen cable. Poden ser de solapa ou de bastón (de man). Non necesitan o cable ao posuír un transmisor de frecuencias.
- Micrófono mega direccional: Micrófono cunha zona de gravación de 50 centímetros. Serve para gravar a unha soa fonte desde grandes distancias.
Accesorios
[editar | editar a fonte]- Soportes: Elementos que se empregan para amarrar o micro e illalo das vibracións e golpes que aparezan no seu contorno. Podemos distinguir tres tipos: de pé, de mesa ou de xirafa.
- Paravento: Funda porosa de espuma que se coloca sobre a cabeza do micrófono e evita que o vento bata no diafragma.
- Pantalla antichuvia: Serve para protexer o micrófono das precipitación, formada por unha pantalla, plástica ou metálica de superficie semiesférica.
- Pantalla antipop: Consegue que o micrófono reciba un sinal máis uniforme e anula as distorsións producidas ao incidir sinais demasiado potentes sobre o diafragma.
- Concentradores de son: Son superficies reflectoras con forma parabólica ou elipsoidal. Serve para captar sons distantes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Micrófono |