Edwin Tobler
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de maio de 1922 Sankt Gallen, Suíza |
Morte | 14 de marzo de 2020 (97 anos) Nürensdorf. Suíza |
País de nacionalidade | Suíza |
Q89547790 | Coleccionismo e estudo da moeda miúda suíza. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Premios | |
(1982): Premio Otto Paul Wenger. |
Edwin Tobler, nado en Sankt Gallen o 12 de maio de 1922 e finado en Nürensdorf o 14 de marzo de 2020, foi un numismático e coleccionista de moedas suízo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e xuventude
[editar | editar a fonte]Edwin Tobler naceu o 12 de maio de 1922 en Sankt Gallen,[1][2] fillo de Berta Hässig e de Johann Ulrich Tobler, empregado nun comercio como contable. A súa familia posuía unha pequena chacinaría en Sankt Gallen.[3]
Tobler pasou a súa infancioa en Herisau, onde se formou como panadeiro e pasteleiro. Na súa xuventude marchou a Suecia, onde exerceu a pastelaría, e alí comezou a sentir curiosidade polas moedas. Ao seu regreso a Suíza traballou unha empresa de transportes en Zürich, inicialmente como condutor de tranvía e logo na administración da compañía, encargándose da contabilidade.[1][2][3]
Tobler numismático
[editar | editar a fonte]Malia posuír unha desenvoltura económica media, Tobler comezou a coleccionar moedas na década de 1940 e logrou confeccionar unha considerable colección desde o punto de vista científico.[3][4] Concentrouse nas moedas pequenas, que ata a época non gozaran da atención doutros coleccionistas e estudosos, e puido adquirir espécimes de gran rareza grazas aos coñecementos que foi adquirindo. Parte da súa colección privada está agora custodiada en varios museos do seu país.[1][2] Tobler doou o núcleo da súa colección, composto por máis de 4.000 ao Gabinete Numismático de Winterthur, dirixido por Benedikt Zäch.[4]
De formación autodidacta, Edwin Tobler está considerado no ámbito numismático como un dos mellores coñecedores da moeda miúda suíza dos tempos modernos. Foi autor de numerosos ensaios e outras publicacións que pasaron a ser referencias para o estudo das cuñaxes suízas entre os séculos XV e XX.[3]
Desde a década de 1960 publicou numerosos artigos sobre a historia das moedas suízas, que deron lugar a unha publicación en tres volumes sobre a moeda suíza dos séculos XVII a XIX, escrito en colaboración con Jean-Paul Divo.[4]
Tobler pertenceu á Sociedade Suíza de Numismática, de cuxa xunta directiva formou parte entre 1973 e 1982.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1982): Premio Otto Paul Wenger, da Asociación de Numismáticos Profesionais Suízos.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Tobler estaba casado e tiña unha filla. Finou en Zürich o 14 de marzo de 2020 aos 97 anos.[2][3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Estas son algunhas das publicacións máis salientables da carreira de Edwin Tobler.[6][7][8]
- (1967). Die Münzen der Schweiz im 19. und 20. Jahrhundert (con J-P. Divo). Bank Leu, Zürich.
- (1969). Appenzell Innerrhoden, Appenzell Ausserrhoden. Schweizerische Numismatische Gesellschaft, Berna.
- (1974). Die Münzen der Schweiz im 18. Jahrhundert (con J-P. Divo). Bank Leu, Zürich.
- (1974). Heilige auf Schweizer Münzen. P. Haup, Berna.
- (1976). Kreuzerprägungen in der Schweiz. Helvetische Münzenzeitung, Hilterfingen.
- (1981). Haldenstein und seine Münzen. HMZ-Verlag, Hilterfingen.
- (1985). Luzerner Münzstempel und Punzen. HMZ-Verlag, Hilterfingen.
- (1987). Die Münzen der Schweiz im 17. Jahrhundert (con J-P. Divo). Bank Leu, Zürich.
- (2008). Die Münzprägung der Stadt St. Gallen, 1407-1797 (con B. Zäch e S. Nussbaum. Schweizerische Numismatische Gesellschaft, Berna.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Geiger, Hans-Ulrich (1992).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Kampmann, Ursula (2020).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Zäch, Benedikt (2021).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Arnet, Hélène (2013).
- ↑ "Otto Paul Wenger-Preis". NumisPost (www.numis-online.ch).
- ↑ "Tobler, Edwin 1923- Arquivado 03 de xuño de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Tobler, Edwin". WorldCat Identities.
- ↑ "Edwin Tobler. Schriftenverzeichnis". Coingallery.de
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnet, Hélène (2013). "Der Münzexperte, der sich genierte". En Tages-Anzeiger. 20 de marzo.
- Geiger, Hans-Ulrich (1992). "Edwin Tobler zum 70. Geburtstag". En Schweizer Münzblätter, 167. Páxinas 73-74.
- Kampmann, Ursula (2020). "Edwin Tobler (1922-2020)". En CoinsWeekly. 26 de marzo.
- Zäch, Benedikt (2021). "Edwin Tobler". En Dictionaire historique de la Suisse.