Saltar ao contido

Albert M. Beck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlbert M. Beck
Nome orixinalAlbert Michael Beck
Biografía
Nacemento15 de abril de 1937
Neuenkirch, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeSuíza Suízo.
Educación Universidade de Basilea.
Q89547790Fundador da Feira Mundial do Diñeiro e da revista MünzenRevue.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Premios
1989: Otto P. Wenger.

Albert Michael Beck, nado en Hellbühl, Neuenkirch, no cantón suízo de Lucerna, é un numismático suízo coñecido por ser o fundador da Feira Mundial do Diñeiro e da revista numismática MünzenRevue.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación

[editar | editar a fonte]

Logo de completar a súa formación como impresor e tipógrafo, Beck trabalou como corrector de probas e auditor. En 1961 comezou a traballar na compañía Werner Bischoff, de Basilea, traballo que compaxinou cos seus estudos de bacharelato en horario nocturno, que completou en 1965. E finalmente, en 1968 ingresou na Facultade de Filosofía e Historia da Universidade de Basilea, onde cursou os seus estudos universitarios.[1][2]

Carreira profesional

[editar | editar a fonte]

Logo do seu período formativo impartiu docencia de Lingua alemá e Literatura na Escola Xeral de Formación Profesional de Basilea (Allgemeine Gewerbeschule Basel) e logo na Escola de Artes e Oficios (Kunstgewerbeschule) e, ata a súa xubilación, na Escola de Deseño (Schule für Gestaltung) da mesma cidade.[1][2]

Durante o "boom da prata" de 1967 e 1968, Beck fundou a súa propia revista, MünzenRevue, para satisfacer o crecente interse polas moedas de prata de colección. Esta revista pasou a se converter nunha das máis importantes no ámbito do coleccionismo numismático nos países de fala alemá. Albert Beck foi o seu propietario e redactor xefe ata agosto de 2000, cando a editorial Gietl Verlag asumiu a dirección e a produción da revista, aínda que Beck seguiu vinculado a ela como editor.[1][2][3]

Outra das novidades durante o auxe da prata foron os numerosos mercados e feiras locais de moedas que se fundaron en diferentes lugares. Neste contexto, Albert Beck foi membro fundador da Feira de Moedas de Basilea e, ao se decatar axiña de que os numerosos mercados que apareceran estaban a competir entre si, iniciou tamén a fundación da Organización Europea de Feiras de Moedas (OEMB, polas súas siglas en alemán). El mesmo estivo presente na reunión fundacional do 26 de xuño de 1971, como membro fundador.[1][2]

Grazas aos bos contactos que Albert Beck mantiña coas casas de moeda mundiais a través de MünzenRevue, a Feira da Moeda de Basilea reconverteuse en Feira Mundial do Diñeiro en 1999 e pasou a ser un escaparate no que as casas de moeda presentaban os seus novos produtos. Xa en 1981, Beck convencera os directivos da Real Casa da Moeda do Canadá para que se presentase aos coleccionistas alemáns na Feira da Moeda de Basilea, converténdose así na primeira ceca estranxeira que se presentaba nunha feira. A partir desa primeira experiencia e co paso dos anos, unhas 50 casas de moeda públicas e privadas acoden cada ano a ese evento para presentaren os seus últimos produtos.[1][2]

En 1993, Beck foi nomeado membro executivo da Comisión de Coleccionistas de Filatelia, Numismática e Memorabilia Olímpicas, que se acababa de crear no seo do Comité Olímpico Internacional. Esta comisión dedicouse a asesorar o COI en relación coas emisións de moedas olímpicas a partir de 1994.[1][2]

Como coleccionista, Albert M. Beck reuniu unha importante colección de emisións da Swissmint, que foi vendida nunha poxa pública polo departamento numismático da UBS en Basilea, en 2009.[2]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Kampmann, U. (2017).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Beck, Albert M.". En Coins Weekly. 19 de abril de 2017.
  3. "45 Jahre MünzenRevue:Eine Information für alle, welche eine Münze besitzen". En Münzen Woche. 15 de agosto de 2013.
  4. "Otto Paul Wenger-Preis". NumisPost (www.numis-online.ch).
  5. "Otto Paul Wenger Preis an Wiener Forscher". En Münzen Woche. 7 de xullo de 2011.
  6. "Catalog of Olympic Coins by Albert M. Beck". En Coins Weekly. 3 de agosto de 2016.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]