Saltar ao contido

Disolución de Iugoslavia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 315: Liña 315:
A primeira vítima en Bosnia é outro punto de discordia entre serbios e bosníacos. Os serbios consideran que foi Nikola Gardović, o pai dun noivo que foi morto na procesión dunha voda serbia dous días despois do referéndum, o 1 de marzo de 1992, no casco antigo de [[Saraxevo]]. Bosníacos e croatas, porén, consideran as primeiras vítimas da guerra, antes da independencia, a uns civís croatas asasinados polo [[JNA]] (despois transformado en [[Exército da República Serbia]] e no [[Exército de Serbia e Montenegro]]), na aldea de [[Ravno]], en setembro de 1991. Os bosníacos tamén consideran a primeira persoa vítima da guerra a [[Suada Dilberović]], que recibiu un disparo durante unha marcha de paz por pistoleiros non identificados o 5 de abril desde un niño de francotiradores serbios no hotel ''Holiday Inn'' de Saraxevo.
A primeira vítima en Bosnia é outro punto de discordia entre serbios e bosníacos. Os serbios consideran que foi Nikola Gardović, o pai dun noivo que foi morto na procesión dunha voda serbia dous días despois do referéndum, o 1 de marzo de 1992, no casco antigo de [[Saraxevo]]. Bosníacos e croatas, porén, consideran as primeiras vítimas da guerra, antes da independencia, a uns civís croatas asasinados polo [[JNA]] (despois transformado en [[Exército da República Serbia]] e no [[Exército de Serbia e Montenegro]]), na aldea de [[Ravno]], en setembro de 1991. Os bosníacos tamén consideran a primeira persoa vítima da guerra a [[Suada Dilberović]], que recibiu un disparo durante unha marcha de paz por pistoleiros non identificados o 5 de abril desde un niño de francotiradores serbios no hotel ''Holiday Inn'' de Saraxevo.


Hai que ter en conta que estas actividades non estaban relacionadas aínda co comezo da guerra no territorio de Bosnia e Herzegovina. O 30 de setembro de 1991, o Exército Popular Iugoslavo destruiu o pequeno pobo de Ravno, situado en Herzegovina, habitado por croatas, durante o transcurso do sitio da cidade de [[Dubrovnik]], en Croacia. O 19 de setembro, o [[JNA]] trasladou máis tropas á zona en torno á cidade de [[Mostar]], o que foi protestado publicamente polo goberno local. O 13 de outubro de 1991 o futuro presidente da República Serbia, [[Radovan Karadžić]], expresou a súa opinión sobre o futuro de Bosnia e dos musulmáns bosníacos, deixando claras as súas intencións de anexionarse todo o territorio posíbel.<ref>{{Cita web |url=http://www.helsinki.org.yu/hcharter_t16a02.html |título=Karadzic e o xenocidio |data-acceso=26 de febreiro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080821153504/http://www.helsinki.org.yu/hcharter_t16a02.html |dataarquivo=21 de agosto de 2008 |urlmorta=yes }}</ref>
Hai que ter en conta que estas actividades non estaban relacionadas aínda co comezo da guerra no territorio de Bosnia e Hercegovina. O 30 de setembro de 1991, o Exército Popular Iugoslavo destruiu o pequeno pobo de Ravno, situado en Hercegovina, habitado por croatas, durante o transcurso do sitio da cidade de [[Dubrovnik]], en Croacia. O 19 de setembro, o [[JNA]] trasladou máis tropas á zona en torno á cidade de [[Mostar]], o que foi protestado publicamente polo goberno local. O 13 de outubro de 1991 o futuro presidente da República Serbia, [[Radovan Karadžić]], expresou a súa opinión sobre o futuro de Bosnia e dos musulmáns bosníacos, deixando claras as súas intencións de anexionarse todo o territorio posíbel.<ref>{{Cita web |url=http://www.helsinki.org.yu/hcharter_t16a02.html |título=Karadzic e o xenocidio |data-acceso=26 de febreiro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080821153504/http://www.helsinki.org.yu/hcharter_t16a02.html |dataarquivo=21 de agosto de 2008 |urlmorta=yes }}</ref>


Durante os meses de marzo, abril e maio de 1992 producíronse feroces ataques no leste de Bosnia, así como na parte noroeste do país. En marzo, os ataques do [[VRS]], xunto con membros do Segundo Comando Militar do antigo Exército Popular Iugoslavo, desenvolvéronse na parte oriental do país co obxectivo de tomar posicións estratexicamente pertinentes e de levar a cabo un bloqueo de comunicacións e información. Estes ataques deron lugar a un gran número de mortos e feridos civís.<ref>[http://www.unhchr.ch/tbs/doc.nsf/(Symbol)/333378630589b6d680256674005bc280?Opendocument Comité de Dereitos Humanos. Informe de Bosnia e Herzegovina]</ref>
Durante os meses de marzo, abril e maio de 1992 producíronse feroces ataques no leste de Bosnia, así como na parte noroeste do país. En marzo, os ataques do [[VRS]], xunto con membros do Segundo Comando Militar do antigo Exército Popular Iugoslavo, desenvolvéronse na parte oriental do país co obxectivo de tomar posicións estratexicamente pertinentes e de levar a cabo un bloqueo de comunicacións e información. Estes ataques deron lugar a un gran número de mortos e feridos civís.<ref>[http://www.unhchr.ch/tbs/doc.nsf/(Symbol)/333378630589b6d680256674005bc280?Opendocument Comité de Dereitos Humanos. Informe de Bosnia e Hercegovina]</ref>


O [[JNA]], baixo control serbio, foi capaz de tomar máis do 70 % do territorio bosníaco durante estes meses. Gran parte disto débese ao feito de que estaban moito mellor armados e organizados que os bosníacos e as forzas croatas de Bosnia. Os ataques tamén incluíron as zonas de composición étnica mixta. Doboj, Foča, Rogatica, Vlasenica, Bratunac, Zvornik, Prijedor, Sanski Most, Kljuc, Brčko, Derventa, Modrica, Bosanska Krupa, Bosanski Brod, Bosanski Novi, Glamoc, Bosanski Petrovac, Cajnice, Bijeljina, Višegrad, así como zonas de [[Saraxevo]] foron todas as zonas onde os serbios establecen o control e expulsaron a bosníacos e croatas. Tampouco as zonas máis etnicamente homoxéneas se salvaron de importantes combates, como Banja Luka, Bosanska Dubica, Bosanska Gradiska, Bileća, Gacko, Han Pijesak, Kalinovik, Nevesinje, Trebinje e Rudo, que viron como as súas poboacións non serbias foron expulsadas. Do mesmo modo, as rexións da zona central de Bosnia e Herzegovina (Saraxevo, Zenica, Maglaj, Zavidovići, Bugojno, Mostar, Konjic e outras) viron a fuxida da súa poboación serbia, emigrando a outras zonas baixo control serbio en Bosnia e Herzegovina.
O [[JNA]], baixo control serbio, foi capaz de tomar máis do 70 % do territorio bosníaco durante estes meses. Gran parte disto débese ao feito de que estaban moito mellor armados e organizados que os bosníacos e as forzas croatas de Bosnia. Os ataques tamén incluíron as zonas de composición étnica mixta. Doboj, Foča, Rogatica, Vlasenica, Bratunac, Zvornik, Prijedor, Sanski Most, Kljuc, Brčko, Derventa, Modrica, Bosanska Krupa, Bosanski Brod, Bosanski Novi, Glamoc, Bosanski Petrovac, Cajnice, Bijeljina, Višegrad, así como zonas de [[Saraxevo]] foron todas as zonas onde os serbios establecen o control e expulsaron a bosníacos e croatas. Tampouco as zonas máis etnicamente homoxéneas se salvaron de importantes combates, como Banja Luka, Bosanska Dubica, Bosanska Gradiska, Bileća, Gacko, Han Pijesak, Kalinovik, Nevesinje, Trebinje e Rudo, que viron como as súas poboacións non serbias foron expulsadas. Do mesmo modo, as rexións da zona central de Bosnia e Hercegovina (Saraxevo, Zenica, Maglaj, Zavidovići, Bugojno, Mostar, Konjic e outras) viron a fuxida da súa poboación serbia, emigrando a outras zonas baixo control serbio en Bosnia e Hercegovina.


En xuño de 1992, a [[UNPROFOR]], que orixinalmente se despregara en Croacia, ampliou o seu mandato a Bosnia e Herzegovina, inicialmente para protexer o aeroporto internacional de Saraxevo. En setembro, o papel da UNPROFOR ampliouse co fin de protexer a axuda humanitaria e axudar na execución das actividades de socorro en toda Bosnia e Herzegovina, así como na axuda na protección dos refuxiados civís cando fora requirida pola [[Cruz Vermella]]. As cidades de Gornji Vakuf e Novi Travnik foron atacadas polos croatas o [[20 de xuño]] de [[1992]], pero o intento de tomalas fracasou. O acordo de [[Graz]] entre serbios e croatas causou unha profunda división dentro da comunidade croata e a separación do grupo, o que conduciu ao conflito cos bosníacos. Un dos principais dirixentes croatas, [[Blaž Kraljević]], partidario da unión, foi asasinado por soldados do [[HVO]] en agosto de 1992, o que debilitou moito ao grupo moderado que esperaba manter a alianza de croatas e bosníacos.<ref>[http://www.hsp1861.hr/vijesti/201129erra.htm Sarajevo, i poslije, Erich Rathfelder]</ref>
En xuño de 1992, a [[UNPROFOR]], que orixinalmente se despregara en Croacia, ampliou o seu mandato a Bosnia e Hercegovina, inicialmente para protexer o aeroporto internacional de Saraxevo. En setembro, o papel da UNPROFOR ampliouse co fin de protexer a axuda humanitaria e axudar na execución das actividades de socorro en toda Bosnia e Hercegovina, así como na axuda na protección dos refuxiados civís cando fora requirida pola [[Cruz Vermella]]. As cidades de Gornji Vakuf e Novi Travnik foron atacadas polos croatas o [[20 de xuño]] de [[1992]], pero o intento de tomalas fracasou. O acordo de [[Graz]] entre serbios e croatas causou unha profunda división dentro da comunidade croata e a separación do grupo, o que conduciu ao conflito cos bosníacos. Un dos principais dirixentes croatas, [[Blaž Kraljević]], partidario da unión, foi asasinado por soldados do [[HVO]] en agosto de 1992, o que debilitou moito ao grupo moderado que esperaba manter a alianza de croatas e bosníacos.<ref>[http://www.hsp1861.hr/vijesti/201129erra.htm Sarajevo, i poslije, Erich Rathfelder]</ref>


En outubro de 1992, os serbios tomaron a cidade de Jajce e expulsaron ás poboacións croata e bosníaca. A caída da cidade debeuse en gran parte á falta de cooperación bosníaco-croata e ao aumento das tensións, especialmente durante os últimos catro meses.
En outubro de 1992, os serbios tomaron a cidade de Jajce e expulsaron ás poboacións croata e bosníaca. A caída da cidade debeuse en gran parte á falta de cooperación bosníaco-croata e ao aumento das tensións, especialmente durante os últimos catro meses.
Liña 329: Liña 329:
O [[8 de xaneiro]] de [[1993]] os serbios asasinaron o deputado bosníaco [[Hakija Turajlić]] despois de deter o convoi das Nacións Unidas que o trasladaba desde o aeroporto. Os días 15 e 16 de maio, o 96 % dos serbios votou a favor de rexeitar o plan Vance-Owen. Tras o fracaso do plan de paz, que pretendía dividir o país en tres zonas étnicas, xurdiu un conflito armado entre bosníacos e croatas sobre o 30 % de Bosnia que ocupaban. O plan de paz foi un dos factores que conduciron á escalada do conflito, ao evitar [[Lord Owen]] o diálogo coas autoridades croatas máis moderadas (pro-Bosnia unificada) e negociar directamente cos elementos máis extremos (que pretendían a separación).<ref>[http://www.kcl.ac.uk/lhcma/cats/yugoslavia/xd20-0.htm Angus Macqueen e Paul Mitchell: A morte de Iugoslavia]</ref>
O [[8 de xaneiro]] de [[1993]] os serbios asasinaron o deputado bosníaco [[Hakija Turajlić]] despois de deter o convoi das Nacións Unidas que o trasladaba desde o aeroporto. Os días 15 e 16 de maio, o 96 % dos serbios votou a favor de rexeitar o plan Vance-Owen. Tras o fracaso do plan de paz, que pretendía dividir o país en tres zonas étnicas, xurdiu un conflito armado entre bosníacos e croatas sobre o 30 % de Bosnia que ocupaban. O plan de paz foi un dos factores que conduciron á escalada do conflito, ao evitar [[Lord Owen]] o diálogo coas autoridades croatas máis moderadas (pro-Bosnia unificada) e negociar directamente cos elementos máis extremos (que pretendían a separación).<ref>[http://www.kcl.ac.uk/lhcma/cats/yugoslavia/xd20-0.htm Angus Macqueen e Paul Mitchell: A morte de Iugoslavia]</ref>


Gran parte do ano 1993 foi dominada pola guerra bosníaco-croata que se fixo máis grave en outubro de 1992, cando as forzas croatas bosníacas atacaron á poboación civil en [[Prozor]], queimando as súas casas e matando a civís. En xaneiro de 1993 as forzas croatas de Gornji Vakuf atacaron de novo co fin de conectar Bosnia Central con Herzegovina. A [[limpeza étnica]] do Val de Lašva, campaña contra os civís bosníacos prevista polos xefes políticos e militares da [[Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia]] de maio de [[1992]] a marzo de [[1993]], foi para dar cumprimento aos obxectivos enunciados polos nacionalistas croatas en novembro de [[1991]].<ref>{{Cita web |url=http://www.un.org/icty/blaskic/trialc1/judgement/bla-tj000303e-3.htm |título=TPII: Veredito Blaškić. O val de Lasva: maio de 1992 - xaneiro de 1993 |data-acceso=05 de setembro de 2001 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20010905063836/http://www.un.org/icty/blaskic/trialc1/judgement/bla-tj000303e-3.htm |dataarquivo=05 de setembro de 2001 |urlmorta=yes }}</ref> Os bosníacos do Val de Lašva foron obxecto de persecución por motivos políticos, raciais e relixiosos,<ref>{{Cita web |url=http://www.haverford.edu/relg/sells/indictments/Kordic2.html |título=TPII (1995): acta de acusación inicial para a limpeza étnica da zona do val de Lasva |data-acceso=26 de febreiro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071013144629/http://www.haverford.edu/relg/sells/indictments/Kordic2.html |dataarquivo=13 de outubro de 2007 |urlmorta=yes }}</ref> deliberadamente discriminados no contexto dun ataque xeneralizado na rexión á poboación civil<ref>{{Cita web |url=http://www.un.org/icty/bralo/bra-sum051207-e |título=TPII: Resumo da sentenza de Miroslav Bralo |data-acceso=12 de decembro de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20081212214808/http://www.un.org/icty/bralo/bra-sum051207-e |dataarquivo=12 de decembro de 2008 |urlmorta=yes }}</ref> e sufriu asasinatos en masa, violacións e retención en campamentos, así como a destrución de lugares culturais e propiedades privadas, o que desembocou no [[masacre de Ahmići]]. Estes feitos foron continuados a miúdo por propaganda anti-bosnia, en particular nos municipios de [[Vitez]], [[Busovača]], [[Novi Travnik]] e [[Kiseljak]].
Gran parte do ano 1993 foi dominada pola guerra bosníaco-croata que se fixo máis grave en outubro de 1992, cando as forzas croatas bosníacas atacaron á poboación civil en [[Prozor]], queimando as súas casas e matando a civís. En xaneiro de 1993 as forzas croatas de Gornji Vakuf atacaron de novo co fin de conectar Bosnia Central con Herc
egovina. A [[limpeza étnica]] do Val de Lašva, campaña contra os civís bosníacos prevista polos xefes políticos e militares da [[Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia]] de maio de [[1992]] a marzo de [[1993]], foi para dar cumprimento aos obxectivos enunciados polos nacionalistas croatas en novembro de [[1991]].<ref>{{Cita web |url=http://www.un.org/icty/blaskic/trialc1/judgement/bla-tj000303e-3.htm |título=TPII: Veredito Blaškić. O val de Lasva: maio de 1992 - xaneiro de 1993 |data-acceso=05 de setembro de 2001 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20010905063836/http://www.un.org/icty/blaskic/trialc1/judgement/bla-tj000303e-3.htm |dataarquivo=05 de setembro de 2001 |urlmorta=yes }}</ref> Os bosníacos do Val de Lašva foron obxecto de persecución por motivos políticos, raciais e relixiosos,<ref>{{Cita web |url=http://www.haverford.edu/relg/sells/indictments/Kordic2.html |título=TPII (1995): acta de acusación inicial para a limpeza étnica da zona do val de Lasva |data-acceso=26 de febreiro de 2012 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071013144629/http://www.haverford.edu/relg/sells/indictments/Kordic2.html |dataarquivo=13 de outubro de 2007 |urlmorta=yes }}</ref> deliberadamente discriminados no contexto dun ataque xeneralizado na rexión á poboación civil<ref>{{Cita web |url=http://www.un.org/icty/bralo/bra-sum051207-e |título=TPII: Resumo da sentenza de Miroslav Bralo |data-acceso=12 de decembro de 2008 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20081212214808/http://www.un.org/icty/bralo/bra-sum051207-e |dataarquivo=12 de decembro de 2008 |urlmorta=yes }}</ref> e sufriu asasinatos en masa, violacións e retención en campamentos, así como a destrución de lugares culturais e propiedades privadas, o que desembocou no [[masacre de Ahmići]]. Estes feitos foron continuados a miúdo por propaganda anti-bosnia, en particular nos municipios de [[Vitez]], [[Busovača]], [[Novi Travnik]] e [[Kiseljak]].


A [[Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia]] tomou o control de moits gobernos municipais e servizos en [[Herzegovina]] e eliminou ou apresou aos líderes bosníacos locais. Herzeg-Bosnia tomou o control dos medios de comunicación e impuxo ideas e propaganda croata. Introducíronse novos plans de estudos e o idioma croata nas escolas. Moitos bosníacos e serbios foron retirados de posicións no goberno er as empresas privadas; a axuda humanitaria era xestionada e distribuída aos bosníacos e aos serbios en desvantaxe e os bosníacos en xeral foron cada vez máis acosados.
A [[Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia]] tomou o control de moits gobernos municipais e servizos en [[Hercegovina]] e eliminou ou apresou aos líderes bosníacos locais. Herzeg-Bosnia tomou o control dos medios de comunicación e impuxo ideas e propaganda croata. Introducíronse novos plans de estudos e o idioma croata nas escolas. Moitos bosníacos e serbios foron retirados de posicións no goberno er as empresas privadas; a axuda humanitaria era xestionada e distribuída aos bosníacos e aos serbios en desvantaxe e os bosníacos en xeral foron cada vez máis acosados.


A alianza bosníaco-croata mantívose nalgunhas zonas de Bosnia, en particular en Bihać (noroeste de Bosnia) e Bosanska Posavina (norte), onde ambos os grupos estaban sendo moi castigados polas forzas serbias. Este conflito provocou a creación dun maior número de enclaves étnicos e un maior derramamento de sangue. [[Mostar]] tamén foi rodeado polas forzas croatas durante nove meses, e gran parte da cidade histórica foi gravemente destruída polos [[bomba (explosivo)|bombardeos]], incluída a famosa ponte [[Stari Most]].
A alianza bosníaco-croata mantívose nalgunhas zonas de Bosnia, en particular en Bihać (noroeste de Bosnia) e Bosanska Posavina (norte), onde ambos os grupos estaban sendo moi castigados polas forzas serbias. Este conflito provocou a creación dun maior número de enclaves étnicos e un maior derramamento de sangue. [[Mostar]] tamén foi rodeado polas forzas croatas durante nove meses, e gran parte da cidade histórica foi gravemente destruída polos [[bomba (explosivo)|bombardeos]], incluída a famosa ponte [[Stari Most]].


O [[ARBiH]] lanzou unha operación coñecida como ''Neretva 93'' contra o [[Consello Croata de Defensa]] e as [[Fozas Croatas de Defensa]] en setembro de 1993, co fin de poñer fin ao sitio de Mostar e recuperar as zonas de Herzegovina que foran incluídas na autoproclamada República Croata de Herzeg-Bosnia. A operación foi detida polas autoridades bosníacas despois de recibir a información sobre os incidentes contra civís croatas e os prisioneiros de guerra nas aldeas de Grabovica e Uzdol.
O [[ARBiH]] lanzou unha operación coñecida como ''Neretva 93'' contra o [[Consello Croata de Defensa]] e as [[Fozas Croatas de Defensa]] en setembro de 1993, co fin de poñer fin ao sitio de Mostar e recuperar as zonas de Hercegovina que foran incluídas na autoproclamada República Croata de Herzeg-Bosnia. A operación foi detida polas autoridades bosníacas despois de recibir a información sobre os incidentes contra civís croatas e os prisioneiros de guerra nas aldeas de Grabovica e Uzdol.


Algúns dirixentes croatas foron xulgados polo [[TPII]] por cargos como [[crimes de lesa humanidade]], violacións graves dos Convenios de Xenebra e violacións das leis ou usos da guerra. [[Dario Kordić]], dirixente político dos croatas en Bosnia central, foi declarado culpábel de crimes de lesa humanidade en Bosnia central, pola limpeza étnica levada a cabo, e condenado a 25 anos de prisión.<ref>{{Cita web |url=http://www.un.org/icty/kordic/trialc/judgement/index.htm |título=TPII: Veredito de Kordić e Čerkez |data-acceso=14 de maio de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110514200314/http://www.un.org/icty/kordic/trialc/judgement/index.htm |dataarquivo=14 de maio de 2011 |urlmorta=yes }}</ref> O comandante bosníaco [[Sefer Halilović]] foi acusado dun cargo de violación das leis e costumes da guerra sobre a base da responsabilidade penal dos incidentes ocorridos durante ''Neretva 93'' e declarado inocente.
Algúns dirixentes croatas foron xulgados polo [[TPII]] por cargos como [[crimes de lesa humanidade]], violacións graves dos Convenios de Xenebra e violacións das leis ou usos da guerra. [[Dario Kordić]], dirixente político dos croatas en Bosnia central, foi declarado culpábel de crimes de lesa humanidade en Bosnia central, pola limpeza étnica levada a cabo, e condenado a 25 anos de prisión.<ref>{{Cita web |url=http://www.un.org/icty/kordic/trialc/judgement/index.htm |título=TPII: Veredito de Kordić e Čerkez |data-acceso=14 de maio de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110514200314/http://www.un.org/icty/kordic/trialc/judgement/index.htm |dataarquivo=14 de maio de 2011 |urlmorta=yes }}</ref> O comandante bosníaco [[Sefer Halilović]] foi acusado dun cargo de violación das leis e costumes da guerra sobre a base da responsabilidade penal dos incidentes ocorridos durante ''Neretva 93'' e declarado inocente.
Liña 342: Liña 343:


===== 1994 =====
===== 1994 =====
En 1994, a [[OTAN]] decide participar activamente cando, o 28 de febreiro, os seus avións [[F-16]] derribaron catro avións serbios en Bosnia central (incidente de [[Banja Luka]]), que violaran a zona de prohibición de voos da ONU. A guerra bosníaco-croata terminou oficialmente o [[23 de febreiro]] de [[1994]], cando o comandante do [[HVO]], xeneral Ante Roso e o comandante do Exército bosníaco, xeneral Rasim Delić, asinaron un acordo de alto ao fogo en [[Zagreb]]. En marzo de 1994 un acordo de paz mediado polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] entre os belixerantes croatas (representados pola [[República de Croacia]]) e a [[República de Bosnia e Herzegovina]] asinouse en Washington e Viena (coñecido como [[Acordo de Washington]]). En virtude do acordo, o conxunto dos territorios controlados polos croatas de Bosnia e as forzas do Goberno foi dividida en dez cantóns autónomos, establecidos na [[Federación de Bosnia e Herzegovina]]. Isto puxo fin á guerra entre croatas e bosníacos, e reduciu as partes belixerantes a dúas.
En 1994, a [[OTAN]] decide participar activamente cando, o 28 de febreiro, os seus avións [[F-16]] derribaron catro avións serbios en Bosnia central (incidente de [[Banja Luka]]), que violaran a zona de prohibición de voos da ONU. A guerra bosníaco-croata terminou oficialmente o [[23 de febreiro]] de [[1994]], cando o comandante do [[HVO]], xeneral Ante Roso e o comandante do Exército bosníaco, xeneral Rasim Delić, asinaron un acordo de alto ao fogo en [[Zagreb]]. En marzo de 1994 un acordo de paz mediado polos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] entre os belixerantes croatas (representados pola [[República de Croacia]]) e a [[República de Bosnia e Hercegovina]] asinouse en Washington e Viena (coñecido como [[Acordo de Washington]]). En virtude do acordo, o conxunto dos territorios controlados polos croatas de Bosnia e as forzas do Goberno foi dividida en dez cantóns autónomos, establecidos na [[Federación de Bosnia e Hercegovina]]. Isto puxo fin á guerra entre croatas e bosníacos, e reduciu as partes belixerantes a dúas.


A primeira batalla aberta entre croatas e serbios, o [[HVO]] e o [[HOS]] contra o [[VRS]], sucedeu en [[Kupres]], en Herzegovina Occidental. Os serbobosnios e o [[JNA]] contaban cuns 6.000 homes, 3 ou 4 divisións de artillaría, un batallón blindado e o apoio da aviación, contra uns 1 500 bosniocroatas de [[Kupres]]. Os (por aquel entón) pouco armados bosniocroatas perden esta batalla que terá a súa segunda parte en [[1995]] con distinto desenlace.
A primeira batalla aberta entre croatas e serbios, o [[HVO]] e o [[HOS]] contra o [[VRS]], sucedeu en [[Kupres]], en Hercegovina Occidental. Os serbobosnios e o [[JNA]] contaban cuns 6.000 homes, 3 ou 4 divisións de artillaría, un batallón blindado e o apoio da aviación, contra uns 1 500 bosniocroatas de [[Kupres]]. Os (por aquel entón) pouco armados bosniocroatas perden esta batalla que terá a súa segunda parte en [[1995]] con distinto desenlace.


Os bosniocroatas e bosníacos enrolados no [[HVO]] e, sobre todo, no [[HOS]] —coa lección aprendida de [[Ravno]] e coas armas conseguidas desde [[Croacia]]— serían a primeira forza que consegue gañar a primera batalla non encuberta contra os serbios —a primeira [[Batalla de Mostar]]— conseguindo expulsarlos da parte ocupada de Mostar Oriental.
Os bosniocroatas e bosníacos enrolados no [[HVO]] e, sobre todo, no [[HOS]] —coa lección aprendida de [[Ravno]] e coas armas conseguidas desde [[Croacia]]— serían a primeira forza que consegue gañar a primera batalla non encuberta contra os serbios —a primeira [[Batalla de Mostar]]— conseguindo expulsarlos da parte ocupada de Mostar Oriental.
Liña 472: Liña 473:
== Novos estados ==
== Novos estados ==
Os países actualmente recoñecidos creados a partir da antiga Iugoslavia son:
Os países actualmente recoñecidos creados a partir da antiga Iugoslavia son:
* [[Bosnia e Herzegovina|República de Bosnia e Herzegovina]]
* [[Bosnia e Hercegovina|República de Bosnia e Hercegovina]]
* [[Croacia|República de Croacia]]
* [[Croacia|República de Croacia]]
* [[República de Eslovenia]]
* [[República de Eslovenia]]

Revisión como estaba o 23 de marzo de 2022 ás 16:02

Iugoslavia antes da súa disolución.
Lenda (Repúblicas e rexións autónomas):
1. Bosnia e Hercegovina
2. Croacia
3. Macedonia do Norte
4. Montenegro
5. Serbia
5a. Kosovo
5b. Voivodina
6. Eslovenia
A desintegración de Iugoslavia.
Serie animada de mapas na que se mostra a desintegración de Iugoslavia; as diferentes cores representan as áreas de control.
     República Federal Socialista de Iugoslavia      República Federal de Iugoslavia; Serbia e Montenegro; Serbia      Croacia      Eslovenia      Macedonia do Norte      Bosnia e Hercegovina      Montenegro      Kosovo
Península dos Balcáns.
Neste mapa pode verse como a antiga Iugoslavia ocupaba toda a parte centrooccidental da península, quedando fóra, ao suroeste, Albania, ao leste, Bulgaria e ao sur, Grecia e a Turquía europea, abarcando ademais parte da Europa central, por riba do Danubio (norte de Eslovenia, norte de Croacia e Voivodina, en Serbia).

O termo disolución de Iugoslavia refírese a unha serie de conflitos e irregularidades políticas, incluíndo varias sanguentas guerras, que acabaron ocasionando o desmembramento de Iugoslavia, a República Federal Socialista de Iugoslavia (SFR de Iugoslavia ou, simplemente, SFRI).

A República Federal Socialista de Iugoslavia era un país que ocupaba os Balcáns centrooccidentais e unha parte da Europa Central, unha rexión do sur de Europa cun conflito étnico histórico, arrastrado desde moitos séculos.

O Estado era un conglomerado de seis repúblicas e dúas provincias autónomas, que estaba dividido segundo as etnias, o que facía que fose un país con sete fronteiras, seis repúblicas, cinco nacionalidades, catro idiomas, tres relixións, dous alfabetos e un líder que, na década de 1990, se desmembrou en varios países independentes.

As oito entidades federadas pasaron a seren seis repúblicas: Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Macedonia do Norte, Montenegro, Serbia, e dúas provincias autónomas dentro desta última: Kosovo i Metohija e Voivodina.

Bosnia e Hercegovina non existira como estado etnicamente mixto desde 1465, e ademais non tiña unha maioría étnica clara, co 44 % de musulmáns, o 33 % de serbios e o 18 % de croatas, ademais doutras minorías. Dado que a estrutura demográfica de Bosnia comprendía unha poboación de serbios e croatas próxima ao 50 % do total, e con ideas de independencia baseadas nas etnias máis que na nación, o control deste territorio volveu a abrirse a diferentes interpretacións, e grandes zonas de Bosnia, Croacia e Serbia chegarn a ser zonas en disputa.

Os elementos máis importantes que fomentaron a discordia foron a formación do Reino de Iugoslavia, a guerra civil e o xenocidio levados a cabo polo Estado Independente de Croacia durante a Segunda Guerra Mundial, a idea da "Gran Serbia" e as adaptacións balcánicas da doutrina do Paneslavismo.

Antecedentes

A difícil existencia de Iugoslavia

Artigo principal: Reino de Iugoslavia.

A Segunda Guerra Mundial: a primeira desaparición de Iugoslavia

Artigo principal: Segunda Guerra Mundial.

A posguerra

Tito e o estalinismo

Artigo principal: Josip Broz Tito.

O socialismo autoxestionario

Causas da disolución

Colapso económico e clima internacional

Iugoslavia foi, nos anos seguintes á posguerra e especialmente nos anos 1960-70, un estado cun gran poder industrial e unha economía próspera. Vinte anos antes de 1980, o crecemento do produto interior bruto (PIB) era dun 6,1% de media anual, a atención médica era de balde, a alfabetización era do 91% da poboación e a expectativa de vida alcanzaba os 72 anos.[1] Pero despois dunha década de mala administración económica e cinco anos de desintegración, guerra e boicot, a economía iugoslava colapsou.

Iugoslavia era un estado único, diferente tanto dos países occidentais, de economía libre de mercado, coma dos da Europa Oriental (os de "detrás do pano de aceiro"). O seu presidente, o ditador Josip Broz Tito, era un dos membros principais do "terceiro mundo" ("países non aliñados") ou "grupo dos sete", que era unha alternativa ante os países máis poderosos. E o que é máis importante, Iugoslavia actuou como un estado tampón entre Occidente (Estados Unidos e os seus aliados) e a Unión Soviética (e os seus aliados) e tamén evitou que a URSS tivese unha saída ao mar Mediterráneo. Pero a xente dicía que "Iugoslavia tiña sete fronteiras, seis repúblicas, cinco nacionalidades, catro idiomas, tres relixións, dous alfabetos e un líder".

O mariscal Tito.

Problemas estruturais

A Iugoslavia de Tito caracterizábase por emprender reformas constantes que non lograban resolver os problemas nacionais claves. Ademais, o sistema federal, debido ás crecententes tensións nacionlistas e ao desexo do Partido Comunista (a Liga dos Comunistas de Iugoslavia) de "apoiar a autodeterminación nacional" comezou a saír de control.

Isto propiciou a creación de Kosovo, cunha importante maioría albanesa, como unha rexión autónoma de Serbia, establecida pola constitución de 1974, igual que a de Voivodina, provincia con numerosos minorías étnicas, especialmente húngaros e xitanos.

Esta constitución non recoñecía o poder do goberno central sobre as rexións autónomas, o que non só agravou os temores dos serbios de que quedase "unha Serbia débil para unha Iugoslavia forte", senón que tamén feriu a base da identidade nacional de Serbia. A maioría dos serbios ven a Kosovo como "o berce da nación", e non aceptan a posibilidade de perdela permitindo que se poboe maioritariamente de albaneses.

Artigo principal: Batalla de Kosovo Polje.

Esta importancia capital de Kosovo débese á memoria da terríbel derrota dos exércitos serbios e aliado commndados polo knez (príncipe) Lazar Hrebeljanović, de que se dixo que fora traizoado en Kosovo Polje (Batalla de Kosovo) contra os turcos otománs. A devastadora derrota representou o final do reino e o imperio serbios e os seus estados sucesores e o comezo de case cincocentos anos de dominio dos otománs (1389-1868). Porén, os primeiros rexistros da batalla non datan até cen anos despois da mesma, e en forma de poema. O xiro romántico outorgado a este episodio da historia contribuíu á natureza sagrada e venerábel da rexión de Kosovo.

A Iugoslavia sen Tito. Rexurdir do nacionlismo

Os anos 1980 trouxeron unha profunda crise aos países socialistas balcánicos. En certa forma, recibían agora os efectos da recesión das economías capitalistas durante a década anterior. Tamén coñecían o fracaso na captación de mercados terceiromundistas, onde non podían competir coas multinacionais occidentais. Pero no só a conxuntura internacional ía ser decisiva no proceso de desmoroamento das ditaduras balcánicas.

Os réximes comunistas lograran considerábeis éxitos na industrialización e elevaran o nivel cultural e certos aspectos da calidade de vida dos seus pobos, como quedou dito. Porén, iso fixérase co custe dun crecente estancamento da agricultura, dunha represión totalitaria das máis elementais liberdades individuais e do enriquecemento dun sector privilexiado de dirixentes políticos e sindicais, que estenderan a corrupción nos aparatos estatais e nas grandes empresas.

Os primeiros sinais dun cambio na situación déronse xa en Iugoslavia na década anterior. A estreita relación da economía iugoslava con Occidente fíxolle sufrir os efectos da crise de 1973 (a crise do petróleo), que se traduciu nunha retracción do comercio e nun aumento das desigualdades entre as rexións máis ricas —Eslovenia, Croacia— e as máis pobres —Macedonia, Kosovo—. Por outra parte (ou talvez como consecuencia disto), o nacionalismo particularista comezou a adquirir forza, sen que a reforma constitucional de 1971, que limitaba aínda máis os poderes do goberno federal, detivera o proceso.

A crise do petróleo de 1973 sumouse ás barreiras do comercio con Occidente, freando bruscamente os trinta anos de crecemento económico desmesurado. Para contrarrestar este efecto, Iugoslavia solicitou préstamos do Fondo Monetario Internacional (FMI) e caeu nunha débeda externa moi elevada. Como condición para recibir os préstamos, o FMI demandou a liberación do mercado no país. Contra 1981, Iugoslavia tiña unha débeda acumulada de 19,9 millóns de dólares. Outra preocupación era a taxa de desemprego, que alcanzou un millón de parados contra 1980. Este problema agravouse coa "improdutividade xeral do sur", a cal non só somerxeu a Iugoslavia máis aínda na catástrofe, senón que tamén irritou a Eslovenia e Croacia. Unha década de pobreza resultou nunha frustración e resentimento crecentes contra a "clase alta" serbia e cara ás minorías que se vían beneficiadas pola lexislación gobernamental. As ganancias de Iugoslavia caeron nun 25 % desde 1979 a 1985. Contra 1988 a débeda chegou aos 4,5 mil millóns de dólares estadounidenses, e en 1989 alcanzou os 6,2 miles de millóns, sendo un 19 % da débeda total do mundo.[2][3]

Así, suscitáronse problemas con Croacia (novembro-decembro de 1971), que o ano seguinte provocaron un gran reaxuste no partido e reflectíronse en diversos atentados no exterior e na desarticulación de redes de terroristas (xullo de 1972). A partir de 1974 produciuse un cambio de orientación e modificouse novamente a Constitución, esta vez en sentido centralista, mentres se endurecía a represión dos disidentes. Esta nova Constitución, promulgada o 27 de febreiro de 1974, trataba ademais de trazar as futuras vías do socialismo iugoslavo, reforzando as bases da autoxestión e tratando de afrontar globalmente os problemas políticos e económicos de Iugoslavia como paso previo á sucesión de Tito.

Esta produciuse á súa morte, acaecida en 1980, que deu paso efectivo á presidencia colectiva, formada por oito representantes das seis repúblicas e as dúas rexións autónomas, con presidente de rotación anual entre eles. Esta nova versión da federación esencialmente converteu a Iugoslavia nunha confederación, cuestionando a lexitimidade do réxime e xerando resentimento nas repúblicas más ricas do norte, Eslovenia e Croacia, máis desenvolvidas e que se sentían continuamente frustradas pola súa incapacidade de elevar o seu nivel de vida, xa que tiñan que subsidiar o desenvolvemento das repúblicas máis pobres no que describían como "o burato negro económico". Este resaltaba as vastas diferenzas na calidade de vida nas distintas repúblicas.

A presdencia rotatoria houbo de enfrontarse de contado á violencia xerada polas reivindicacións da minoría albanesa de Kosovo (que constituía o 90 % da poboación desa provincia autónoma de Serbia) e a crecentes dificultades económicas. Na segunda metade da década adoptáronse medidas radicais, reformando o sistema de autoxestión, liberalizando paulatinamente a economía e tolerando as actividades dunha oposición non comunista que, en 1989-90, comezou a obter soados triunfos electorais nalgunhas repúblicas (Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina).

Os mandatos tan curtos da presidencia resultaron ineficaces. Esencialmente, deixaron un baleiro de poder que quedou aberto durante a maior parte da década de 1980, até que Slobodan Milošević tomou as rendas en 1989.

A Perestroika

Artigo principal: Perestroika.
Mikhail Serguéievič Gorbachev en 1987.

A chegada ao poder na URSS de Mikhail Gorbachev en 1985, e a aplicación do seu programa de reformas —Perestroika— abriu unha etapa de profundos cambios na Europa oriental.

Non se trataba dunha imposición soviética, senón dunha auténtica quebra da orde económica, política e social.

Peza fundamental do equilibrio europeo, Iugoslavia enfrontouse ao iniciarse a década dos noventa a un futuro difícil, ante a repunta das nacionalidades disolventes e a perda de apoio social do comunismo.

En 1991 Eslovenia e, máis tarde, Croacia, declararon a súa independencia, que non foi aceptada por Serbia que, gobernada polos antigos comunistas de Slobodan Milošević, esmagou as autonomías de Voivodina e Kosovo e, coa axuda do seu incondicional Montenegro, aspiraba novo á formación da Gran Serbia, reclamando os territorios croatas onde hai maioría —ou nesmo minoría— de serbios.

Véxase tamén: Terras serbias.

Os novos chetniks,[4] apoiados abertamente polo exército federal (en mans serbias), emprenden a "liberación" destes territorios, cuxas autoridades serbias, á súa vez, se proclaman autónomas respecto de Croacia e desexan integrarse en Serbia (Eslavonia oriental —a parte croata da mesma—, a Krajina croata, a Banovina). Mentres, en Bosnia e Hercegovina , entre Serbia e Croacia, os serbios, croatas e musulmáns (bosníacos) facían equilibrios para non verse involucrados no conflito serbo-croata, pois temían seren repartidos entre estes, quedando Bosnia reducida a un pequeno país musulmán. E Macedonia do Norte, ao fin, tamén proclamou a súa soberanía, que non foi admitida nin por Serbia, nin por Bulgaria, nin por Grecia.

Os vellos problemas rebrotaban para cuestionar, unha vez máis, a viabilidade do estado iugoslavo. E os acontecementos vividos ao longo de 1992 parece que, definitivamente, facían desaparecer o soño da unión dos eslavos do sur.

Coa perestroika e a glásnost na Unión Soviética, Occidente sentiuse tan seguro de coñecer as intencións da URSS que Iugoslavia deixou de considerarse como un centro de importancia estratéxica. Pese a que Belgrado non fomentou alianzas e pese ás súas importantes relacións coa Comunidade Europea e cos Estados Unidos, a administración de Ronald Reagan especificamente apuntou á economía iugoslava nunha operación secreta en 1984.[5] En Europa Oriental elaborouse en 1982 unha versión censurada, descartada en 1990.[6] O último abogou por "estender os esforzos para promover unha 'revolución calada' para derrocar aos gobernos e partidos comunistas", mentres se pretendía integrar aos países da Europa Oriental nunha economía orientada cara ao mercado.[7]

O status quo externo, do que dependía o Partido Comunista para ser viábel, estaba comezando a desaparecer. Ademais, a caída do socialismo en Europa Central e Occidental causara, unha vez máis, conflitos, contradicións e discordias etno-relixiosas en Iugoslavia. O seu status sen alianzas resultou nunha serie de préstamos por parte de ambos os bloques (o capitalista e o socialista). Este contacto cos Estados Unidos en Occidente abriu os mercados de Iugoslavia antes do que no resto do continente.

O odio nacionalista

O odio foi sempre a clave das guerras en Iugoslavia. Odios nacionalistas potenciados por odios relixiosos. Unhas diferenzas que se afondan máis aínda pola memoria histórica. A crueldade da guerra de Croacia, cos serbios entrando pola brava na sitiada cidade de Vukovar, por exemplo, non se entenden sen saber que durante a Segunda Guerra Mundial os croatas asasinaron na anexionada Bosnia a 700 000 serbios só polo feito de seren serbios (ademais doutros cantos centos de miles de musulmáns). Os arrepiantes relatos de serbios contra musulmáns, e ao revés, en Serbia-Hercegovina, tampouco non se comprenden fóra do fanatismo que enfronta a islámicos e ortodoxos. Igual que mañá pode suceder en Kosovo, fronte aos albaneses (ou aos serbios). Ou en Macedonia, auténtico puzzle de nacionalidades.

O mosaico nacionalista

Cunha poboación total de máis de 22 millóns de habitantes, en 1991 a distribución das distintas nacionalidades en Iugoslavia era a seguinte:

Poboación de Iugoslavia por repúblicas e provincias en 1991
Serbia
  
40.9%
Serbia Central (*)
  
24.0%
Croacia
  
20.6%
Bosnia e Hercegovina
  
18.8%
Macedonia
  
8.8%
Voivodina
  
8.6%
Kosovo
  
8.4%
Eslovenia
  
8.2%
Montenegro
  
2.6%

(*) Serbia Central é o nome co que se adoita coñecer á República de Serbia excluídas as oprovincias de Voivodina e Kosovo.

Pero cómpre engadir que estes habitantes non se concentraban nas súas respectivas repúblicas e provincias, senón que, dentro de cada unha delas, a distibución das nacionalidades era a seguinte:

  • Serbia: serbios, 64 %; albaneses, 13 %; húngaros 4 %; croatas, 2 %; musulmáns, 2 %; outros (*), 15 %.
    • Voivodina: serbios, 54 %; húngaros, 19 %; croatas, 5 %; outros (*), 22 %.
    • Kosovo: albaneses, 68 %; serbios, 12 %; musulmáns (bosníacos), 2 %; outros (*), 18 %.
  • Croacia: croatas, 74 %; serbios, 12 %; outros (*), 14 %.
  • Bosnia e Herrzegovina: musulmáns (bosníacos), 40 %; serbios, 31 %; croatas, 18 %; outros (*), 11 %.
  • Eslovenia: eslovenos, 88 %; Croatas, 3 %; serbios, 2 %; outros (*), 7 %.
  • Macenonia: macedonios, 63 %; albaneses, 18 %; serbios, 11 %; outros (*), 8 %.
  • Montenegro: montenegrinos, 68 %; musulmáns (bosníacos), 13 %; macedonios, 7 %; serbios, 3 %; croatas, 1 %; outros (*), 8 %.

(*) Entre os outros inclúense, en porcentaxes aproximadas referidas á totalidade da poboación de Iugoslavia: romaneses (xitanos), 0,7 %; turcos, 0,5 %; eslovacos, 0,4 %; romaneses, 0,2 %; búlgaros, 0,2 %; valacos, 0,1 %; rutenos, 0,1 %; checos, 0,1 %; italianos, 0,1 %; ucraínos, 0,1%; alemáns, 0,1 % e, con menos do 0,1 %, rusos, xudeus, polacos e gregos.

Un nacionalista serbio asasinou en Saraxevo ao herdeiro do imperio Austro-Húngaro o 28 de xuño de 1914 e aí se data o comezo da Primeira Guerra Mundial. E que un nacionalista croata asasinou en Marsella ao rei iugoslavo (serbio) Alexandre I en 1934, e a partir de aí veuse abaixo a posibilidade de construír un novo país.

Dous nacionalistas musulmáns e un croata ametrallaron, o 1 de marzo de 1992, aos asistentes a unha voda serbia en Saraxevo, e esa faísca contribuíu a desencadear o posterior conflito de Bosnia. A historia, desde logo, non a fan os exaltados, pero a súa presenza contribúe a provocar a parte irracional de todos os conflitos.

Rexurdimento no nacionalismo serbio

Artigo principal: Discurso de Gazimestan.

O 28 de xuño de 1989 Slobodan Milošević, daquela presidente da República Socialista de Serbia, pronunciou un discurso ante 1 000 000 de serbios, que foi a peza central dunha xornada dedicada a conmemorar o 600º aniversario da derrota histórica de Serbia en Kosovo Polje. Neste discruso, Milošević fixo referencia ao gran pasado histórico da nación, exacerbando o nacionalismo serbio.[8]

Monumento á Batalla de Kosovo Polje na chaira de Gazimestan —Kosovo Polje— escenario para os actos de conmemoración do 600º aniversario da batalla.

Nos anos previos ao discurso de Milošević, Kosovo convertérase nun tema central na política serbia. A provincia recibira amplos dereitos de autonomía na Constitución iugoslava de 1974, en beneficio da poboación albanesa, maioría na provincia. A reafirmación do nacionalismo albanés, a discriminación contra os serbios polas forzas policiais predominantemente albanesas da provincia e o goberno local,[9] e un empeoramento da economía conduciu a un gran número (ao redor de 100.000 entre 1961 e 1987)[10] de serbios e montenegrinos a abandonar a zona a principios da década de 1980.[11]

A resposta de Milošević cara á incompetencia do sistema federal foi a de centralizar o seu goberno, anulando as autonomías de Kosovo e Voivodina, considerando que Eslovenia e Croacia estaban planexando a súa independencia, o que consideraba inaceptábel.

Na Conferencia dos comunistas iugoslavos de finais de 1989 cortouse o diálogo. Os líderes non puideron chegar a un acordo sobre como loitar coas cambiantes presidencias. Ademais, moitos membros xa non estaban dispostos a rescatar ao que vían como un barco afundido.

Croacia e Eslovenia declararon as súas independencias e desatouse a Guerra dos Dez Días en Eslovenia en 1991. Despois dunha semana, os eslovenos alzaráonse coa vitoria e comenzou a disolución de Iugoslavia.

Cronoloxía dos conflitos

Artigo principal: Guerras iugoslavas.

As guerras iugoslavas

As guerras e outros feitos bélicos que puxeron fin ao estado iugoslavo, coñecidos como guerras iugoslavas, foron unha serie de conflitos nos territorio da antiga Iugoslavia que se sucederon durante dez anos, entre 1991 e 2001, e que comprenderon dous grupos de guerras sucesivas que afectaron ás seis ex repúblicas iugoslavas e outros conflitos nos que se implicaron as potencias occidentais.

Guerras iugoslavas, en 1993.

Estas guerras caracterizáronse polos conflitos étnicos entre os pobos de Iugoslavia, principalmente entre os serbios por un lado e os croatas, bosníacos e albaneses por outro, aínda que tamén, nun principio, entre bosníacos e croatas en Bosnia e Hercegovina.

As guerras iugoslavas terminaron con gran parte de Iugoslavia reducida á pobreza, con desorganización económica masiva e inestabilidade persistente nos territorios onde ocorrían as peores loitas. Foron os conflitos máis sanguentos en solo europeo desde a fin da Segunda Guerra Mundial, dos que resultaron nunhas de 130 000 a 200 000 mortes [12] e millóns de desprazados dos seus fogares. Foron tamén os primeiros conflitos desde a Segunda Guerra Mundial nos que se xulgaron formalmente os xenocidas, e nos que moitos dos individuos claves participantes foron consecuentemente acusados por crimes de guerra.

Co paso dos anos foi tomando corpo a hipótese, mantida por algúns medios (especialmente nos pro serbios), de que varias potencias mundiais, especialmente Alemaña e os Estados Unidos crearon o ambiente propicio para a fragmentación do país, a través da venda de armas ás repúblicas independentistas e da manipulación dos medios de comunicación, sobre todo con fins económicos.[13]

Estes coflitos poden dividirse en tres grupos:

1986-1989

En 1986, a Academia Serbia de Ciencias e Artes contribuíu significativamente ao aumento do nacionalismo en Serbia, como se redactou nun memorándum no que se trataron algúns temas como a posición dos serbios como o pobo máis numeroso de Iugoslavia. Sendo a maior república iugoslava en territorio e poboación, a influencia de Serbia sobre as provincias de Kosovo e Voivodina reduciuse extraordinariamente coa Constitución de 1974, a cal lles deu a estas provincias unha ampla autonomía longamente demandada. O goberno da República Socialista de Serbia estaba moi restrinxido na toma de decisións e na súa execución que se aplicarían nas provincias. Estas tiñan un voto nó Consello Presidencial Federal (consello de oito membros composto por un representante de cada unha das seis repúblicas e as dúas provincias autónomas, como quedou dito), o cal non sempre fallaba a favor de Serbia propiamente dita.

O líder comunista serbio Slobodan Milošević, que se fixo cargo da Liga de Comunistas de Serbia en 1987, pediu restablecer o poder que tiña Serbia antes de 1974. Outras repúblicas, especialmente Eslovenia e Croacia, denunciaron este movemento como un renacemento da hexemonía serbia. Milošević logrou suprimir a autonomía de Voivodina e de Kosovo, e puido instalar representantes partidarios seus nas provincias e, por tanto, no Consello Presidencial Iugoslavo. O pincipal instrumento que reducira a influencia serbia anteriormente, comezou a utilizarse para aumentala: no consello de oito membros, Milošević contaba con catro votos como mínimo —o seu propio para Serbia—, o de Montenegro e, desde entón, os de Voivodina e Kosovo.

Como resultado destes acontecementos, os mineiros albaneses de Kosovo declaráronse en folga, demandando a restauración da súa autonomía. Isto aumentou o conflito étnico entre os albaneses e a minoría serbia da provincia. Na década de 1980 os albaneses eran a maioría da poboación da provincia, un 77 %. O número de serbios en Kosovo baixara continuamente ao longo do século XX principalmente como resultado dunha "limpeza étnica" levada a cabo polos albaneses durante a Segunda Guerra Mundial e polo acoso subseguinte cara ás autoridades e a poboación.[14] Os conflitos étnicos, sempre en aumento, fixeron que contra 1999 os serbios constiuíran tan só un 10 % da poboación total.

Mentres tanto, Eslovenia, baixo a presidencia de Milan Kučan, e Croacia, da de Franjo Tudjman, apoiaron aos mineiros albaneses e a súa loita polo recoñecemento dos seus dereitos. Como contraposición a Kučan e outros iugoslavos que criticaran a política de Milošević de apoiar as marchas nacionalistas serbias e criticar aos políticos desleais da nación, o líder serbio acusunos de "propagar o medo a Serbia".[15] As folgas iniciais convertéronse en demostracións amplamente difundidas pedindo que Kosovo fora a sétima república. Isto enfureceu aos líderes serbios, que procederon a utilizar a forza policial e máis tarde incluso enviaron ao Exército Federal á provincia, decisións aprobadas pola maioría (serbia) no Consello Presidencial Iugoslavo.

Xa a mediados da década de 1980 comezara a formarse unha oposición crecente ao réxime comunista mediante a publicación alternativa Nova revija e a Alianza da Xuventude Socialista de Eslovenia. En 1988, o arresto de catro xornalistas eslovenos polo Ejército Popular Iugoslavo (con mandos serbios) provocou masivas manifestacións pedindo a democratización de Eslovenia e a súa independencia de Iugoslavia.

Década de 1990

Milan Kučan [16]
Slobodan Milošević.
Franjo Tudjman.

En xaneiro de 1990 convocouse o Décimo cuarto Congreso Extraordinario da Liga de Comunistas de Iugoslavia, na que gran parte do tempo gastouse polas discusións entre as delegacións eslovena e serbia, que debateron sobre o futuro da Liga. A delegación serbia, liderada por Milošević, insistiu nunha política de "unha persoa, un voto", que lle daría o poder á poboación máis grande, a dos serbios. Pola contra, os eslovenos, apoiados polos croatas, propuxeron reformar a Constitución iugoslava dándolle aínda máis poder ás repúblicas, pero perderon a votación. Como resultado, as delegacións eslovena e croata abandonaron o Congreso, disolvéndose así o Partido Comunista Iugoslavo.

Despois da caída do comunismo no bloque oriental europeo, en cada unha das repúblicas convocáronse eleccións multipartidistas. Pero os problemas continuaron sen resolverse. En particular, Eslovenia e Croacia elixiron gobernos partidarios da independencia, mentres que Serbia e Montenegro apoiaron candidatos que procuraban a unidade de Iugoslavia. En Croacia había un apoio crecente ao "estado croata e os dereitos históricos", que tivo o resultado de que os serbios que vivían nesta república fosen despoxados dos seus dereitos nacionais e constitucionais, e excluídos de formar parte da nación constituínte de Croacia e relegados a seren unha minoría nacional dentro dela.

En marzo de 1990, durante unha manifestación en Split, Croacia, un recruta do Exército Iugoslavo foi asasinado no carro de combate que conducía, despois de que àseara co tanque ao redor dos manifestantes. Tamén se efectuaron disparos en varias bases militares ao longo de todo o país. En todas partes aumentaron a tensión e os conflitos.

No mesmo mes, a cúpula do Exército Polpular Iugoslavo (Jugoslovenska Narodna Armija, JNA) reuniuse coa presidencia federal colectiva intentando convencer aos presidentes de que declararan o estado de sitio, o que lle permitiría ao exército tomar o poder do país. Os representantes de Serbia, Montenegro, Kosovo i Metohija e Voivodina votaron a favor da proposta, pero todas as outras repúblicas, Croacia (Stipe Mesić), Eslovenia (Janez Drnovšek), Macedonia (Vasil Tupurkovski) e Bosnia e Hercegovina (Bogić Bogićević), votaron en contra. O empate demorou unha intensificación dos conflitos, pero non por moito tempo.

Preludio das guerras

Durante este período celebráronse eleccións multipartidistas en Croacia, que aumentaron as tensións étnicas. Franjo Tudjman estaba planexando a secesión de Croacia de Iugoslavia, pero os líderes serbios adiantáronse creando unha rexión autónoma ao redor da cidade de Knin, denominada Oblast Serbio Autónomo de Kninska Krajina (en serbio cirílico, Српска аутономна област Книнска крајина, en serbio latino e en croata, Srpska autonomna oblast Kninska krajina) coñecida como SAO Kninska Krajina que, en outubro de 1990, transformouse en SAO Krajina despois de que a SAO se unira á Comunidade dos Municipios de Dalmacia do Norte e Lika.[17]

A medida que a tirantez foi intensificándose, os organizadores desta entidade orquestaron unha revolución (en croata, balvan-revolucija), bloqueando varias rutas en Knin, impedindo o desprazamento libre dos turistas a Dalmacia.

O goberno croata respondeu enviando equipos policiais especiais en helicópteros á zona, pero foron interceptados por avións de guerra do Exército Popular Iugoslavo e obrigados a regresaren a Zagreb.

A SAO Kninska Krajina estendeu o seu territorio para converterse na SAO Krajina en outubro de 1990.

Zonas poboadas por serbios en Croacia (segundo o censo de preguerra de 1991).
As SAO de Croacia
Lenda:
En vermello, Croacia
En azul escuro, SAO de Eslavonia Occidental
En azul, SAO Kninska Krajina
En azul claro, SAO de Eslavonia Oriental, Baranja e Sirmia occidental
En vermello, a República Serbia de Krajina.

Como consecuencia dos resultados obtidos nas primeras eleccións multipartidistas, as repúblicas de Eslovenia e Croacia propuxeron transformar Iugoslavia nunha confederación de seis repúblicas no otono de 1990, pero Milošević rexeitou esta proposta e outras similares, argumentando que ao igual que os eslovenos e os croatas, os serbios tamén tiñan o dereito de autodeterminación.

A SAO Krajina foi declarada oficialmente como unha entidade separada o 21 de decembro de 1990 polo Consello Nacional Serbio, liderado por Milan Babić.

En xaneiro de 1991, o Kontraobaveštajna služba (KOS), o servizo de intelixencia iugoslavo, mostrou un vídeo dunha reunión secreta que, segundo as súas decaracións, tivera lugar en 1990 entre o Ministro de Defensa de Croacia, Martin Špegelj e outros dous homes, na que Špegelj anunciou que estaban en guerra co exército iugoslavo, dándolle instrucións para o contrabando de armas, ademais de métodos de tratamento dos oficiais do exército iugoslavo que estuvieran destinados en cidades croatas.

O Exército, consecuentemente, acusou a Špegelj de traizón e de importación ilegal de armas, principalmente desde Hungría.

O 9 de marzo de 1991 producíronse varias manifestacións contra Slobodan Milošević en Belgrado, pero os policías e os militares saíron ás rúas para restablecer a orde, asasinando a dúas persoas. A finais de marzo de 1991, o incidente en Plitvice Lakes foi un dos primeiros indicios da guerra aberta en Croacia.

O Exército Popular Iugoslavo (JNA), cuxos oficiais superiores eran principalmente serbios, mantívose neutral ao principio pero, a medida que foi pasando o tempo foise involucrando cada vez máis nas políticas do estado.

O 1 de abril de 1991, a SAO Krajina declarou que se separaría de Croacia. A outra comunidade croata significativa dominada polos serbios, no leste de Croacia, anunciou que tamén se uniría á SAO Krajina.

Zagreb tiña, nese momento, problemas relacionados cos impostos con Belgrado, e as entidades serbo-croatas decidiron, como resposta, deixar de pagar os seus impostos a Zagreb.

O 25 de xuño de 1991, Eslovenia e Croacia convertéronse nas primeiras repúblicas en declarar a súa independencia de Iugoslavia. En Eslovenia, a Defensa Territorial Eslovena (Teritorialna obramba, unha organización paramilitar establecida na constitución de 1974) delimitou as fronteiras iugoslavas con Austria e Italia, desfacéndose da bandeira iugoslava e enarbolando a eslovena.

Paralelamente, Milošević e Tudjman alcanzaron o acordo de Karadjordjevo para dividir Bosnia (en emerxente independencia) entre serbios e croatas.[18]

Inmediatamente despois da declaración de independencia de Croacia, os serbios formaron a "SAO de Eslavonia Occidental" e a "SAO de Eslavonia Occidental, Baranja e Sirmia Occidental". Estas dúas rexións máis tarde uniríanse co SAO Kininska Krajina e formarían a República Serbia de Krajina. Ao día seguinte (26 de xuñoo), o Consello Executivo Federal ordenou ao exército que asegurase as fronteiras internacionalmente recoñecidas da SFR de Iugoslavia.

As forzas do Exército Popular Iugoslavo establecidas en Eslovenia e Croacia intentaron levar a cabo a tarefa durante as 48 horas seguintes. Porén, debido ás informacións incorrectas que se lles subministraro e ao feito de que a maioría dos soldados non querían verse nunha guerra na súa terra natal, as forzas da Defensa Territorial Eslovena volveu a tomar a maior parte dos territorios en poucos días e con escasas perdas de vidas en ambos os lados en conflito.

Houbo un incidente dun suposto crime de guerra preto de Holmec, como denunciou unha canle de televisión austríaca nun informe sobre tres soldados do Exército Iugoslavo rendéndose ante á Defensa Territoria, antes de esoitar unha andanada de disparos e de ver ás tropas caendo ao chan. Porén, non houbo mortes no incidente. Máis tarde acordouse o alto ao fogo.

A guerra de Croacia

Artigo principal: Guerra de Croacia.

Aplicando o establecido no acordo de Brioni de 7 de xullo de 1991, recoñecido polos representantes de todas as repúblicas, numerosos gobernos de todo o mundo apertaron a Eslovenia e Croacia para que estableceran unha moratoria de tres meses para facer efectiva a súa independencia. Durante estes tres meses, o Exército Popular Iugoslavo completou a súa retirada total de Eslovenia.

Un mes despois da declaración de independencia de Croacia as forzas serbias controlaban aproximadamente unha cuarta parte do país, basicamente as zonas con poboación predominantemente serbia. Tiñan unha clara superioridade en armamento e equipamento, e a posibilidade de desenvolver unha estratexia ofensiva. Progresivamente, desde o comezo da guerra aberta, as cidades de Dubrovnik, Šibenik, Zadar, Karlovac, Sisak, Slavonski Brod, Osijek, Vinkovci e Vukovar forn atacadas por forzas serbias. A ONU impuxo un embargamento de armas, que afectou en moita maior medida ao novo exército croata que ás forzas serbias respaldadas polo JNA. Isto forzou aos croatas a comezar o contrabando de armas a través das súas fronteiras e da costa dálmata. Un gran número delas chegaron desde Hungría grazas a un acordo secreto co Goberno húngaro.

En xuño/xullo, a breve Guerra dos Dez Días en Eslovenia chegou a unha rápida e clara solución pacífica, en parte grazas á homoxeneidade étnica da poboación eslovena, e desembocou na independencia deste país. Durante este conflito, un gran número de soldados croatas e eslovenos negáronse a loitar co JNA e comezaron a desertar.

En xullo, nun intento de salvar o que quedaba do país menos Eslovenia, as forzas do JNA víronse envolvidas en operacións contra zonas de maioría croata, como as rexións costeiras na Batalla de Dalmacia. A guerra a gran escala estalou en agosto. Como sucedera en Eslovenia, cando os soldados croatas se negaron a loitar ao comezo das operacións en Croacia, militares pertencentes a grupos étnicos como os albaneses, macedonios e bosníacos tamén comezaron a desertar en masa do JNA. Despois disto estímase que un 90 % dos soldados do JNA eran serbios, quedando por tanto o exército federal de Iugoslavia, de facto, como un exército serbio.

En agosto de 1991 a cidade fronteiriza de Vukovar foi sitiada, dando comezo así á Batalla de Vukovar. Tropas serbias rodearon completamente a cidade. A poboación croata, incluíndo a 204ª Brigada de Vukovar, atrincherouse na cidade e mantivo as súas posicións contra un gran número de brigadas mecanizadas de elite do JNA, apoiadas por unidades paramilitares serbias. Civís croatas refuxiáranse na cidade, mentres que outros grupos fuxiron en masa das zonas en conflito. En termos xerais, os croatas escaparon das zonas fronteirizas con Bosnia e Serbia, mentres os serbios movíanse cara a elas.

Hai evidencias das extremas privacións sufridas pola poboación de Vukovar naqueles momentos.[19] Algunhas estimacións cifran en 220 000 croatas e 300 000 serbios o número de persoas desprazadas á forza durante a guerra en Croacia. Nos peores momentos do conflito, a finais de 1991, preto de 550 000 persoas convertéronse temporalmente en refuxiados no lado croata. O censo de 1991 e o de 1993 mostran unha diferenza, na República Serbia de Krajina, de preto de 102 000 serbios e 135 000 croatas. En moitos lugares grandes grupos de civís foron desaloxados polos militares. Isto foi cualificado de limpeza étnica, un termo que comenzou entón a empregarse e no que podía entenderse desde o desaloxo até o asasinato dos civís pertencentes a un determinado grupo étnico.

Véxase tamén: Limpeza étnica.

O Presidente Tudjman realizou unha declaración o 5 de outubro de 1991 chamando a toda a poboación a mobilizarse e defenderse contra o que definía como o "imperialismo da Gran Serbia", levado a cabo polo proserbio JNA, formacións paramilitares serbias e forzas serbocroatas rebeldes. O 7 de outubro, unha explosión tivo lugar no edificio do Goberno en Zagreb, no que estaban Tudjman, Mesić e Marković. A explosión destruíu moitas dependencias de Banski dvori, pero non conseguiu matar a ningún dos líderes. O Goberno declarou que fora un ataque aéreo a cargo da aviación do JNA. Ao parecer, o exército croata recibira informacións do aeródromo de Bihac (que pertencía ao JNA) o día antes sobre que unha misión aérea ultrasecreta se estaba preparando para o día seguinte, pero estas informacións non foron tidas en conta dada a falta de detalles.[20] O JNA negou a súa responsabilidade na explosión, acusando dela ao propio Goberno croata. Existen opinións que sosteñen que algunhas das poucas embaixadas e consulados que había entón en Zagreb retiraran parte do seu persoal ese día, suxerindo que existía información previa sobre un próximo ataque aéreo ou bomba. En calquera caso, ao día seguinte o Parlamento croata cortou todos os lazos aínda existentes con Iugoslavia. O 8 de outubro é, hoxe en día, considerado o Día da Independencia de Croacia. O suposto bombardeo do Goberno en Zagreb e o Asedio de Dubrovnik, comezado en outubro, foron os factores determinantes na decisión tomada no seo da Comunidade Europea no sentido de impoñer sancións a Serbia.

Rúa con edificios en ruínas despois da caída de Vukovar.

A situación para os croatas en Vukovar en outubro e comezos de novembro fíxose cada vez máis desesperada. Contra o final da batalla, un número progresivo de civís croatas en hospitais e refuxios protexidos pola Cruz Vermella foron golpeados por forzas serbias. Desde 2006, tres antigos oficiais do exército iugoslavo están sendo xulgados por estes masacres no Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPII) na Haia.[21]

Veselin Šljivančanin, Mile Mrkšić e Miroslav Radić negan os cargos de asasinato, tortura e persecución. A fiscalía afirma que tras a captura de Vukovar, o exército yugoslavo (JNA) entregou a moitos centos de croatas a forzas serbias. Deles, polo menos 264 (incluíndo soldados feridos, mulleres, nenos e anciáns) foron asasinados e sepultados en foxas comúns no barrio de Ovcara, ás aforas de Vukovar. O alcalde da cidade, Slavko Dokmanović, tamén foi procesado polo Tribunal, pero suicidouse en 1998 na súa cela, antes de que o proceso comezara.

O 18 de novembro de 1991 Vukovar caeu en mans serbias tras un asedio de tres meses, e nesas datas tivo lugar o masacre de Vukovar, sendo os superviventes transportados a campos de prisioneiros, a maioría deles ao campo de concentración de Sremska Mitrovica. A cidade de Vukovar foi destruída case por completo. O persistente foco de atención no asedio facilitou a atención da opinión pública internacional. Moitos periodistas internacionais seguiron a situación desde a propia Vukovar ou nos seus arredores, así como o mediador da ONU, Cyrus Vance (antigo Secretario de Estado do Presidente Jimmy Carter).[22] Paradoxalmente este asedio, a pesar da súa brutalidade (ou quizais por iso), contribuíu co seu impacto dos medios ao comezo da resolución do conflito. Supostamente, segundo afirmaron as autoridades croatas do momento, a rendición de Vukovar foi un intento de previr maiores devastacións en Dubrovnik e outras cidades.

A comezos de novembro de 1991 o exército croata comezara un exitoso contraataque en Eslavonia Occidental, establecendo un punto de inflexión no desenvolvemento da guerra. A Operación Otkos 10, realizada entre o 31 de outubro e o 4 de novembro de 1991, supuxo para Croacia a recuperación de 300 km² nas zonas comprendidas entre os montes Bilogora e Papuk. Realizáronse posteriores avances na segunda metade de decembro —Operación Orkan 91— pero nese momento estaba a punto de firmarse un alto ao fogo duradeiro (en xaneiro de 1992). En seis meses, 10 000 persoas morreran, centos de miles fuxiran, e decenas de miles de casas foran destruídas. A finais de 1991, todos os partidos democráticos croatas acordaron unir as súas forzas para formaren un Goberno de unidade nacional e enfrontarse ao exército iugoslavo e os paramilitares serbios. Firmáronse frecuentes acordos de alto ao fogo, coa mediación de diplomáticos estranxeiros, pero eran habitualmente violados en pouco tempo. Isto foi incluso parte da táctica de ambas as partes. Os croatas perderan moito territorio, pero conseguiran ampliar o exército desde as 7 brigadas que tiña no momento da sinatura do primeiro cesamento das hostilidades, até as 64 das que dispoñía cando se asinou o último alto ao fogo.

Independencia pacífica de Macedonia

En setembro de 1991, Macedonia do Norte tamén declarou a súa independencia. Enviáronse alí cincocentos soldados estadounidenses colocados baixo as ordes da ONU para controlar as fronteiras do norte de Macedonia coa República de Serbia, Iugoslavia. Porén, dado que as autoridades de Belgrano non interviñeran para evitar a independencia de Macedonia nin houbera protestas nin actos contra a chegada das tropas da ONU, as instrucións foron para que Belgrado formase parte dun novo país (que sería a República Federal de Iugoslavia, a partir de abril de 1992), que recoñecería a Macedonia do Norte e desenvolvería con ela relaciones diplomáticas normais.

Deste xeito Macedonia converteuse na primeira antiga república en obter a súa soberanía sen resistencia das autoridades iugoslavas de Belgrado ou do Exército.[23] Ademais, o primeiro presidente de Macedonia, Kiro Gligorov, mantivo boas relacións con Belgrado; até hoxe non houbo conflitos entre as forzas policiais fronteirizas de Macedonia e Serbia, aínda que hobo incidentes nalgunhas pequenas zonas, como ao norte de Kosovo e no vale de Preševo, que forman parte (no norte) da rexión histórica coñecida como Macedonia, que podería, polo tanto, iniciar unha disputa polas fronteiras. Como veremos, a principios do século XX houbo conflitos armados debido á minorías étnica albanesa.

En novembro de 1991, a Comisión de Arbitraxe para a Conferencia de Paz na antiga Iugoslavia, liderada por Robert Badinter (e coñecida abreviadamente como comsión Badinter), concluiu co discurso de Lord Carrington de que a SFR de Iugoslavia estaba atravesando un período de disolución, que a poboación serbia en Croacia e Bosnia non tiña dereito á autodeterminación en forma de novos estados, e que as fronteiras entre as repúblicas deberían recoñecerse como límites internacionais.

Como resultado do conflito, o Consello de Seguridade das Nacións Unidas adoptou por unnimidade a Resolución 721 o día 27 de novembro de 1991, que establecía unha norma para establecer operacións pacíficas en Iugoslavia.[24]

A guerra de Bosnia

Artigo principal: Guerra de Bosnia.
Véxase tamén: República Serbia.
Inicio
Composición étnica dos municipios de Bosnia e Hercegovina e 1991.

En Bosnia e Hercegovina, en novembro de 1991, os serbobosníacos efectuaron, pola súa conta, un referendo no que esta poboación serbia de Bosnia aprobou por ampla maioría manterse formando un estado único con Serbia e Montenegro. O 9 de xaneiro de 1992 proclamaron unha "República separada de persoas serbias de Bosnia e Hercegovina" (a República Sprska ou República Serbia, con capital en Banja Luka). A consulta en referendo e a creación da República foron declaradas como inconstitucionais polo goberno de Bosnia e Hercegovina, declarándoas ilegais e inválidas. Por outra parte, entre febreiro e marzo de 1992 o goberno promoveu un referendo nacional para a independencia bosnáica de Iugoslavia.

Este referendo foi declarado como contrario a Bosnia e Hercegovina e á Constitución Federal polo Tribunal Federal de Iugoslavia e polo novo goberno serbobosníaco establecido, e foi amplamente boicoteado polos serbobosnáicos. Os votantes foron do 64 % ao 67 % do censo, e o 98 % deles votaron pola independencia. O goberno da república declarou a súa independencia o 5 de abril, e os serbiobosníacos inmediatamente declararon a independencia da República Serbia. Pouco despois desatouse a Guerra de Bosnia.

O Exército Popular Iugoslavo (Jugoslovenska narodna armija, JNA) deixou oficialmente Bosnia e Hercegovina o 12 de maio de 1992, pouco despois da independencia, declarada en abril. Porén, a maior parte da cadea de mando, armamento, e o persoal militar de maior rango, incluído o xeneral Ratko Mladić, permaneceron en Bosnia e Hercegovina no Exército da República Serbia (Vojska Republike Srpske, VRS).

Os croatas organizaron unha formación defensiva militar propia, chamada Consello Croata de Defensa (Hrvatsko Vijeće Obrane, HVO), como forzas armadas da autoproclamada Herzeg-Bosnia, e as Forzas Croatas de Defensa (Hrvatske Obranbene Snage, HOS).

A maioría dos bosníacos organizáronse no Exército da República Bosnia e Hercegovina (Republike Armija Bosne i Hercegovine, RBiH). Este exército tiña un bo número de non bosníacos (ao redor do 25 %), especialmente no 1º Corpo en Saraxevo. O comandante adxunto do Exército bosníaco, o xeneral Jovan Divjak, foi a máis alta xerarquía de etnia serbia no exército bosníaco. O xeneral Stjepan Šiber, de etnia croata, foi o segundo comandante adxunto. O presidente Alija Izetbegović tamén nomeou o coronel Blaž Kraljević, comandante do Consello Croata de Defensa en Hercegovina, como membro do cuartel xeral do Exército bosníaco, sete días antes do seu asasinato, co fin de reunir unha fronte multiétnica bosníaca de defensa.[25]

Varias foron as unidades paramilitares que operaron na guerra de Bosnia: os serbios Aguias Brancas (Beli Orlovi), os Tigres de Arkan, a Garda Serbia de Voluntarios (Srpska Dobrovoljačka Garda), os bosníacos da Liga Patriótica (Patriotska Liga) e os Boinas Verdes do Exército de Bosnia e Hercegovina (Zelene Beretke) e os croatas das Forzas de Defensa Croata (Hrvatske Obrambene Snage). Os paramilitares serbios e croatas que participaron como voluntarios recibían o apoio dos partidos políticos nacionalistas neses países. Existen denuncias sobre a participación das policías secretas serbia e croata no conflito. Os serbios recibiron o apoio de combatentes eslavos cristiáns doutros países, entre eles Rusia. Os voluntarios gregos foron acusados de tomar parte no masacre de Srebrenica, pois colocaron a bandeira de Grecia en Srebrenica, cando a cidade caeu ante os serbios.[26]

Alija Izetbegović.

Os bosníacos recibiron o apoio de grupos islámicos comunmente coñecidos como "guerreiros santos" (Muyahidines). Houbo tamén varios centos de membros do Exército dos Gardiáns da Revolución Islámica que axudaron ao do Goberno de Bosnia durante a guerra.[27]

Inicialmente as forzas serbias atacaron á poboación civil non serbia en Bosnia oriental. Despois de que as cidades e as vilas estaban aseguradas, procedían á expulsión dos seus habitantes (limpeza étnica), que en ocasións incluíu violacións e asasinatos.[28] Os serbios tiñan superioridade (a pesar de contar con menos efectivos) debido ao armamento que recibiron do Exército Popular Iugoslavo, e estableceron o control sobre a maioría das zonas onde eran maioría relativa, ademais de zonas onde eran unha minoría significativa nas zonas rurais e rexións urbanas, excluíndo as grandes cidades de Saraxevo e Mostar. Os dirixentes militares e políticos serbios recibiron a maioría das acusacións de crimes de guerra ante o Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia (TPII, ou ICTY), moitos dos cales foron condenados despois da guerra nos xuízos.

A maior parte da capital, Saraxevo, estivo permanentemente en mans dos bosníacos, aínda que o Goberno oficial da República de Bosnia e Hercegovina seguiu funcionando con relativa composición multiétnica. Nos 44 meses do asedio, o terror contra Saraxevo e os seus residentes variou na súa intensidade, pero o obxectivo sempre foi o mesmo: infrinxir o maior sufrimento posíbel aos civís a fin de obrigar ás autoridades bosníacas a aceptar as demandas dos serbios.[29] O Exército da República Serbia rodeou a cidade (alternativamente, as forzas serbias situábanse nos arredores de Saraxevo, o chamado anel ao redor de Saraxevo), despregando tropas e artillaría nos outeiros dos arredores no que sería o sitio máis longo na historia da guerra moderna, durante case 4 anos.

Asináronse numerosos acordos de cesamento do fogo, pero violábanse unha e outra vez cando unha das partes consideraba que tiña desvantaxe. As Nacións Unidas trataron de deter a guerra en varias ocasións, pero sen éxito, e o tan promocionado plan de paz Vance-Owen, que pretendía dividir o país en tres zonas, tivo pouco impacto.

1992
Vedran Smailović tocando no edificio destruído da Biblioteca Nacional de Saraxevo, en 1992.
Soldados da ONU observan o minarete duna mesquita, dinamitado por forzas do Consello Croata de Defensa durante o Masacre de Ahmići (1993).
Ficheiro:Evstafiev-sarajevo-building-burns.jpg
Edificio do parlamento bosníaco en chamas.

A primeira vítima en Bosnia é outro punto de discordia entre serbios e bosníacos. Os serbios consideran que foi Nikola Gardović, o pai dun noivo que foi morto na procesión dunha voda serbia dous días despois do referéndum, o 1 de marzo de 1992, no casco antigo de Saraxevo. Bosníacos e croatas, porén, consideran as primeiras vítimas da guerra, antes da independencia, a uns civís croatas asasinados polo JNA (despois transformado en Exército da República Serbia e no Exército de Serbia e Montenegro), na aldea de Ravno, en setembro de 1991. Os bosníacos tamén consideran a primeira persoa vítima da guerra a Suada Dilberović, que recibiu un disparo durante unha marcha de paz por pistoleiros non identificados o 5 de abril desde un niño de francotiradores serbios no hotel Holiday Inn de Saraxevo.

Hai que ter en conta que estas actividades non estaban relacionadas aínda co comezo da guerra no territorio de Bosnia e Hercegovina. O 30 de setembro de 1991, o Exército Popular Iugoslavo destruiu o pequeno pobo de Ravno, situado en Hercegovina, habitado por croatas, durante o transcurso do sitio da cidade de Dubrovnik, en Croacia. O 19 de setembro, o JNA trasladou máis tropas á zona en torno á cidade de Mostar, o que foi protestado publicamente polo goberno local. O 13 de outubro de 1991 o futuro presidente da República Serbia, Radovan Karadžić, expresou a súa opinión sobre o futuro de Bosnia e dos musulmáns bosníacos, deixando claras as súas intencións de anexionarse todo o territorio posíbel.[30]

Durante os meses de marzo, abril e maio de 1992 producíronse feroces ataques no leste de Bosnia, así como na parte noroeste do país. En marzo, os ataques do VRS, xunto con membros do Segundo Comando Militar do antigo Exército Popular Iugoslavo, desenvolvéronse na parte oriental do país co obxectivo de tomar posicións estratexicamente pertinentes e de levar a cabo un bloqueo de comunicacións e información. Estes ataques deron lugar a un gran número de mortos e feridos civís.[31]

O JNA, baixo control serbio, foi capaz de tomar máis do 70 % do territorio bosníaco durante estes meses. Gran parte disto débese ao feito de que estaban moito mellor armados e organizados que os bosníacos e as forzas croatas de Bosnia. Os ataques tamén incluíron as zonas de composición étnica mixta. Doboj, Foča, Rogatica, Vlasenica, Bratunac, Zvornik, Prijedor, Sanski Most, Kljuc, Brčko, Derventa, Modrica, Bosanska Krupa, Bosanski Brod, Bosanski Novi, Glamoc, Bosanski Petrovac, Cajnice, Bijeljina, Višegrad, así como zonas de Saraxevo foron todas as zonas onde os serbios establecen o control e expulsaron a bosníacos e croatas. Tampouco as zonas máis etnicamente homoxéneas se salvaron de importantes combates, como Banja Luka, Bosanska Dubica, Bosanska Gradiska, Bileća, Gacko, Han Pijesak, Kalinovik, Nevesinje, Trebinje e Rudo, que viron como as súas poboacións non serbias foron expulsadas. Do mesmo modo, as rexións da zona central de Bosnia e Hercegovina (Saraxevo, Zenica, Maglaj, Zavidovići, Bugojno, Mostar, Konjic e outras) viron a fuxida da súa poboación serbia, emigrando a outras zonas baixo control serbio en Bosnia e Hercegovina.

En xuño de 1992, a UNPROFOR, que orixinalmente se despregara en Croacia, ampliou o seu mandato a Bosnia e Hercegovina, inicialmente para protexer o aeroporto internacional de Saraxevo. En setembro, o papel da UNPROFOR ampliouse co fin de protexer a axuda humanitaria e axudar na execución das actividades de socorro en toda Bosnia e Hercegovina, así como na axuda na protección dos refuxiados civís cando fora requirida pola Cruz Vermella. As cidades de Gornji Vakuf e Novi Travnik foron atacadas polos croatas o 20 de xuño de 1992, pero o intento de tomalas fracasou. O acordo de Graz entre serbios e croatas causou unha profunda división dentro da comunidade croata e a separación do grupo, o que conduciu ao conflito cos bosníacos. Un dos principais dirixentes croatas, Blaž Kraljević, partidario da unión, foi asasinado por soldados do HVO en agosto de 1992, o que debilitou moito ao grupo moderado que esperaba manter a alianza de croatas e bosníacos.[32]

En outubro de 1992, os serbios tomaron a cidade de Jajce e expulsaron ás poboacións croata e bosníaca. A caída da cidade debeuse en gran parte á falta de cooperación bosníaco-croata e ao aumento das tensións, especialmente durante os últimos catro meses.

1993

O 8 de xaneiro de 1993 os serbios asasinaron o deputado bosníaco Hakija Turajlić despois de deter o convoi das Nacións Unidas que o trasladaba desde o aeroporto. Os días 15 e 16 de maio, o 96 % dos serbios votou a favor de rexeitar o plan Vance-Owen. Tras o fracaso do plan de paz, que pretendía dividir o país en tres zonas étnicas, xurdiu un conflito armado entre bosníacos e croatas sobre o 30 % de Bosnia que ocupaban. O plan de paz foi un dos factores que conduciron á escalada do conflito, ao evitar Lord Owen o diálogo coas autoridades croatas máis moderadas (pro-Bosnia unificada) e negociar directamente cos elementos máis extremos (que pretendían a separación).[33]

Gran parte do ano 1993 foi dominada pola guerra bosníaco-croata que se fixo máis grave en outubro de 1992, cando as forzas croatas bosníacas atacaron á poboación civil en Prozor, queimando as súas casas e matando a civís. En xaneiro de 1993 as forzas croatas de Gornji Vakuf atacaron de novo co fin de conectar Bosnia Central con Herc egovina. A limpeza étnica do Val de Lašva, campaña contra os civís bosníacos prevista polos xefes políticos e militares da Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia de maio de 1992 a marzo de 1993, foi para dar cumprimento aos obxectivos enunciados polos nacionalistas croatas en novembro de 1991.[34] Os bosníacos do Val de Lašva foron obxecto de persecución por motivos políticos, raciais e relixiosos,[35] deliberadamente discriminados no contexto dun ataque xeneralizado na rexión á poboación civil[36] e sufriu asasinatos en masa, violacións e retención en campamentos, así como a destrución de lugares culturais e propiedades privadas, o que desembocou no masacre de Ahmići. Estes feitos foron continuados a miúdo por propaganda anti-bosnia, en particular nos municipios de Vitez, Busovača, Novi Travnik e Kiseljak.

A Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia tomou o control de moits gobernos municipais e servizos en Hercegovina e eliminou ou apresou aos líderes bosníacos locais. Herzeg-Bosnia tomou o control dos medios de comunicación e impuxo ideas e propaganda croata. Introducíronse novos plans de estudos e o idioma croata nas escolas. Moitos bosníacos e serbios foron retirados de posicións no goberno er as empresas privadas; a axuda humanitaria era xestionada e distribuída aos bosníacos e aos serbios en desvantaxe e os bosníacos en xeral foron cada vez máis acosados.

A alianza bosníaco-croata mantívose nalgunhas zonas de Bosnia, en particular en Bihać (noroeste de Bosnia) e Bosanska Posavina (norte), onde ambos os grupos estaban sendo moi castigados polas forzas serbias. Este conflito provocou a creación dun maior número de enclaves étnicos e un maior derramamento de sangue. Mostar tamén foi rodeado polas forzas croatas durante nove meses, e gran parte da cidade histórica foi gravemente destruída polos bombardeos, incluída a famosa ponte Stari Most.

O ARBiH lanzou unha operación coñecida como Neretva 93 contra o Consello Croata de Defensa e as Fozas Croatas de Defensa en setembro de 1993, co fin de poñer fin ao sitio de Mostar e recuperar as zonas de Hercegovina que foran incluídas na autoproclamada República Croata de Herzeg-Bosnia. A operación foi detida polas autoridades bosníacas despois de recibir a información sobre os incidentes contra civís croatas e os prisioneiros de guerra nas aldeas de Grabovica e Uzdol.

Algúns dirixentes croatas foron xulgados polo TPII por cargos como crimes de lesa humanidade, violacións graves dos Convenios de Xenebra e violacións das leis ou usos da guerra. Dario Kordić, dirixente político dos croatas en Bosnia central, foi declarado culpábel de crimes de lesa humanidade en Bosnia central, pola limpeza étnica levada a cabo, e condenado a 25 anos de prisión.[37] O comandante bosníaco Sefer Halilović foi acusado dun cargo de violación das leis e costumes da guerra sobre a base da responsabilidade penal dos incidentes ocorridos durante Neretva 93 e declarado inocente.

Nun intento de protexer aos civís, o papel da UNPROFOR ampliouse en 1993 para protexer as "zonas seguras" que declarara en torno a Saraxevo, Goražde, Srebrenica, Tuzla, Žepa e Bihać.

1994

En 1994, a OTAN decide participar activamente cando, o 28 de febreiro, os seus avións F-16 derribaron catro avións serbios en Bosnia central (incidente de Banja Luka), que violaran a zona de prohibición de voos da ONU. A guerra bosníaco-croata terminou oficialmente o 23 de febreiro de 1994, cando o comandante do HVO, xeneral Ante Roso e o comandante do Exército bosníaco, xeneral Rasim Delić, asinaron un acordo de alto ao fogo en Zagreb. En marzo de 1994 un acordo de paz mediado polos Estados Unidos entre os belixerantes croatas (representados pola República de Croacia) e a República de Bosnia e Hercegovina asinouse en Washington e Viena (coñecido como Acordo de Washington). En virtude do acordo, o conxunto dos territorios controlados polos croatas de Bosnia e as forzas do Goberno foi dividida en dez cantóns autónomos, establecidos na Federación de Bosnia e Hercegovina. Isto puxo fin á guerra entre croatas e bosníacos, e reduciu as partes belixerantes a dúas.

A primeira batalla aberta entre croatas e serbios, o HVO e o HOS contra o VRS, sucedeu en Kupres, en Hercegovina Occidental. Os serbobosnios e o JNA contaban cuns 6.000 homes, 3 ou 4 divisións de artillaría, un batallón blindado e o apoio da aviación, contra uns 1 500 bosniocroatas de Kupres. Os (por aquel entón) pouco armados bosniocroatas perden esta batalla que terá a súa segunda parte en 1995 con distinto desenlace.

Os bosniocroatas e bosníacos enrolados no HVO e, sobre todo, no HOS —coa lección aprendida de Ravno e coas armas conseguidas desde Croacia— serían a primeira forza que consegue gañar a primera batalla non encuberta contra os serbios —a primeira Batalla de Mostar— conseguindo expulsarlos da parte ocupada de Mostar Oriental.

Despois do golpe de Mate Boban, e a caída inexplicábel do norte de Bosnia e a cidade de Jajce, o HVO xa non quere entrar en conflito cos serbios. Porén, o HOS segue fiel ao goberno bosníaco de Saraxevo, o que levará a un conflito interno entre os bosniocroatas e ao atentado posterior sobre o seu líder Blaz Kraljevic.

1995

A guerra continuou durante a maior parte de 1995. Ese ano os serbobosnios comezaron unha campaña sistemática de ataques a "zonas seguras", o que puxo ás forzas da ONU na súa contra. Isto, unido á mellor preparación e resultados da alianza bosníaco-croata, reduciu as opcións de vitoria de Karadžić. En xullo de 1995, as tropas serbias do xeneral Ratko Mladić ocuparon a "zona segura", controlada pola UNPROFOR, de Srebrenica no leste de Bosnia, onde ao redor de 8.000 civís bosníacos foron asasinados no coñecido masacre de Srebrenica. A maioría das mulleres foron expulsadas e algunhas violadas e asasinadas.[38] O TPII cualificou este suceso como xenocidio, no caso contra Radislav Krstić.

Segundo o acordo bosníaco-croata, as forzas croatas operaron no oeste de Bosnia (Operación Verán 95), e a principios de agosto lanzaron a Operación Tormenta, facéndose cargo da República Serbia de Krajina en Croacia, que trouxo consigo unha nova limpeza étnica, neste caso de serbios. Con iso, a alianza bosníaco-croata gañou a iniciativa na guerra, obtendo gran parte de Bosnia occidental dos serbios en varias operacións, entre elas a Operación Mistral e a Operación Sana. Estas forzas chegaron a ameazar a capital serbia de Bosnia Banja Luka grazas a un ataque terrestre directo.

A artillaría serbia que sitiaba Saraxevo levou a cabo o masacre do mercado de Markale, e a OTAN respondeu co inicio da Operación Deliberate Force, ampliando os ataques aéreos contra infraestruturas e unidades serbobosnias en setembro.

Nese momento, a comunidade internacional apertou a Milošević, Izetbegović e Tudjman para que sentaran na mesa de negociación e, finalmente, a guerra terminou cos Acordos de Dayton asinados o 21 de novembro de 1995. A versión final do acordo de paz foi asinada o 14 de decembro de 1995, en París.

A guerra de Kosovo

Artigo principal: Guerra de Kosovo.

En Kosovo, ao longo da década de 1990, o liderado da poboación albanesa foi incoporando tácticas de resistencia non violenta para a provincia. E en 1996 os albaneses radicais crearon o Exército de Liberación de Kosovo, UÇK, que levou a cabo accións armadas na provincia serbia sureña. A tensión entre separatistas de orixe albanesa e o goberno central de Iugoslavia, liderado polo presidente nacionalista Slobodan Milošević aumentou ao longo de 1998. Os guerrilleiros do UÇK [39] intensificaron as súas accións contra enclaves serbios e pasaron a controlar partes da provincia. A reacción de Belgrado, que incluíu o uso indiscriminado de forzas contra a poboación civil, o que causou que moitos albaneses se refuxiaran nos ses fogares e, máis tarde, cando a represión se agudizou, se exiliaran en Albania de Macedonia, despertou preocupación na comunidade internacional, con sospeitas de atrocidades por parte do exército iugoslavo.

Edificio do Exército en Belgrado destruído na Operación Forza Aliada.

A pesar de que Milošević decretou o alto ao fogo en decembro daquel ano, a violencia continuou. Un grupo de contacto entre serbios, líderes da comunidade albanesa en Kosovo e representantes das principais potencias mundiais formouse para negociar un acordo de paz que puxera fin aos conflitos. O tratado prevía a autonomía de Kosovo, a retirada das forzas serbias da provincia e a presenza de tropas de paz, baixo o mando da OTAN, para verificar o acordo no caso de que entrara en vigor. A reunión celebrada en febreiro de 1999, no castelo de Rambouillet, Francia, fracasou.[40] Os diplomáticos serbios aceptaban conceder autonomía a Kosovo,[41] pero foi rexeitado polos independentistas albaneses.[42] Inversamente, os serbios recusaban a presenza da OTAN no territorio, a cal era desexada polos albaneses.[43]

Despois de que fracasaran as negociacións de paz sobre o conflito separatista, a OTAN atacou a Iugoslavia o 24 de marzo de 1999,[44][45][46] dando inicio á Guerra do Kosovo. A OTAN exixía que Milošević aceptase as bases do acordo de paz de Rambouillet.[47] A ofensiva comeza con ataques a obxectivos militares, pero a estratexia ampliou as accións contra estudos de televisión, pontes, fábricas e o sistema de electricidade de Serbia.

Logo de 79 días de bombardeos, o 3 de xuño de 1999, os líderes occidentais e Milošević chegaron a un acordo para o fin da guerra: as tropas serbias retiraríanse e permitiría o estacionamento dunha forza internacional de paz en Kosovo.[48] O 10 de xuño, a cúpula militar de Iugoslavia asinou o acordo para acabar o conflito.[49][50]

Despois da entrada das tropas da OTAN en Kosovo, instaurouse un goberno provisional, baixo tutela da ONU. A maioría dos soldados do exército iugoslavo deixou a provincia, e ao mesmo tempo os refuxiados de orixe albanesa iniciaron o retorno ao territorio,[51] e preto de 200.000 serbios fuxiron para a Serbia[52] por temeren represalias.[53]

Século XXI

Caída de Milošević

O rexeitamento de Milošević ante a vitoria da oposición na primera rolda das novas eleccións para a Presidencia Federal en setembro de 2000 provocaron manifestacións masivas en Belgrado o 5 de outubro e o colapso da autoridade do seu réxime. O candidato da oposición, Vojislav Koštunica asumiu a presidencia de Iugoslavia o 6 de outubro de 2000.

O sábado 31 de marzo de 2001, Milošević rendeuse ante as forzas de seguridade de Iugoslavia no seu fogar de Belgrado, despois de que fora ameazado con arrestalo por abuso de poder e corrupción.

O 28 de xuño foi levado á fronteira entre Bosnia e Iugoslavia, onde pouco despois pasou a estar baixo a custodia dos oficiais de SFOR até ser extraditado ao Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia das Nacións Unidas, na Haia.

O seu xuízo, no que debeu defenderse dos cargos de xenocidio en Bosnia e nas guerras civís en Croacia e en Kosovo i Metohija comezou na Haia o 12 de febreiro de 2002, onde morreu o 11 de marzo de 2006, cando o seu xuízo aínda estaba en curso.

O 11 de abril de 2002 o Parlamento Iugoslavo aprobou unha lei autorizando a extradición de todas as persoas culpadas de crimes de guerra polo Tribunal Penal Internacional.

Conflitos no sur de Serbia e en Macedonia

En Kosovo, a Macedonia do Norte, e na propia Serbia, os conflitos se caracterizaron pola tensión política e étnica entre os gobernos eslavos e as maiorías albanesas que buscaban autonomía, ou independencia, como foi o caso de Kosovo. O conflito en Kosovo estalou, como vimos, nunha guerra a gran escala en 1999, mentres que os conflitos entre macedonios e serbios sureños caracterizáronse por choques armados entre as forzas estatais de seguridade e as guerrillas de etnia albanesa. Os conflitos no século XXI foron:

Conflito en Macedonia de 2001
Artigo principal: Conflito en Macedonia de 2001.

O conflito en Macedonia de 2001, tamén coñecido como a insurxencia en Macedonia do Norte, foi un conflito armado iniciado en xaneiro de 2001 cando o ELN albanés comezou a atacar ás forzas de seguridade macedonias. O conflito prolongouse até novembro do mesmo ano.

Mapa étnico da Macedonia, onde se representa en cor laranxa as rexións con poboación maioritariamente albanesa.
Zonas de conflito en Macedonia en 2001.

A principios de 2001, principalmente na fronteira de Macedonia co Kosovo administrado pola ONU, os insurxentes actuaron cun patrón similar ao observado en Kosovo a finais de 1997 e até 1998, segundo o cal pouco a pouco fóronse facendo cargo dunha aldea tras outra. Estas accións foron inicialmente pacíficas, aínda que a poboación non albanesa foi obrigada a abandonar esas zonas.[54] Porén, en xaneiro e febreiro de 2001 comenzaron as accións de combate contra as autoridades lexítimas.

O goberno nun primeiro momento non fixo nada en contra da situación, porque se lle asegurou que o que estaba a pasar non ía dirixido contra Macedonia. Satisfeitas coa explicación, as autoridades esperaron durante case dous meses, e daquela a situación estaba xa case fóra de control, tanto que o goberno, sorprendido, foi incapaz de prever as consecuencias.[54]

En xaneiro de 2001 xurdiu un grupo autodenominado Exército de Liberación Nacional (ELN), atribuíndose a responsabilidade polos ataques contra as forzas de policía. Os líderes deste ELN, incluíndo a Ali Ahmeti e a seu tío, Fazli Veliu, eran todos da Macedonia Occidental. Afirmaron que as súas forzas contaban con "entre varios centos e milleiros" de combatentes armados. Porén, non recibiron o apoio de ningún dos dous principais partidos políticos albaneses. O goberno macedonio afirmou que os rebeldes eran en realidade membros da Exército de Liberación de Kosovo (UÇK), que se infiltraran no país. De feito, os combatentes do ELN consideraban a Kosovo como un "refuxio" onde poderían retirarse no caso de grandes accións de Macedonia na súa contra.[55]

Cando oito membros das forzas armadas de Macedonia foron asasinados en Vejce, os macedonios tomaron as rúas dalgunhas cidades, atacando e prendendo lume ás tendas propiedade de albaneses e ás mesquitas. Estes ataques tiveron lugar principalmente en Prilep, Skopje e Bitola.[56] Ciudadáns macedonios en Prilep exixiron armas para atacar ás vilas veciñas poboada por albaneses despois de que dez macedonios e xitanos foran asasinados nunha emboscada.

Despois do acordo de Ohrid, os rebeldes acordaron o cesamento das accións armadas, en xuño, aínda que houbo outros acordos en agosto, antes de concluír nun definitivo en xaneiro de 2002. No marco do acordo de Ohrid, o goberno macedonio comprometeuse a mellorar os dereitos da poboación albanesa. Estes dereitos inclúen facer da lingua albanesa a segunda lingua oficial, e o aumento da participación dos albaneses nas institucións gobernamentais, a policía e o exército. A parte albanesa acordou renunciar a calquera demanda separatista e recoñecer plenamente todas as institucións de Macedonia. Ademais, segundo este acordo, o Exército de Liberación Nacional debía desarmarse e entregar as súas armas a unha forza da OTAN.

A operación Essential Harvest comezou o 27 de agosto. Nesta misión de 30 días, participaron aproximadamente 3.500 soldados de Macedonia e da OTAN para desarmar ao Exército de Liberación Nacional e destruír as súas armas. Apenas unhas horas despois de que a OTAN concluíra a operación, Ali Ahmeti, dixo nunha rolda de prensa que no bastión rebelde de Sipkovica estaba disolvéndose o Exército de Liberación Nacional e que era o momento da reconciliación étnica.

Pero varios meses despois do conflito, aínda persistían algunhas provocacións armadas. A máis grave ocorreu cando tres policías macedonios foron asasinados nunha emboscada tendida por homes armados de etnia albanesa o 12 de novembro de 2001.[57]

Conflito do sur de Serbia do 2001
Artigo principal: Conflito do sur de Serbia.
Concellos serbios envoltos no conflito.

O conflito do sur de Serbia, tamén chamado conflito do Val de Preševo foi unha loita entre o goberno federal iugoslavo e unha organización separatista albanesa coñecida como Exército de Liberación de Preševo, Medvedja e Bujanovac (UÇPMB), creada co obxectivo de anexionar esta zona do sur de Serbia a Kosovo, con vistas a unha posíbel independencia deste territorio, aínda que non necesariamente unirse a Albania.[58]

Despois do final da guerra de Kosovo de 1999, unha zona de tres millas cadradas, denominada Ground Safety Zone (GSZ) estableceuse entre Kosovo (gobernado polas Nacións Unidas) e o interior de Iugoslavia. As unidades do exército iugoslavo non tiñan acceso á zona, só a policía. A zona de exclusión incluía principalmente a vila albanesa de Dobrosin, pero non Presevo.[59]

En 2001, como unha continuación da crise de Kosovo, producíronse choques entre forzas de seguridade iugoslavas e guerrilleiros albaneses vinculados ao Exército de Liberación de Kosovo (UÇK). O obxectivo do movemento albanokosovar era tomar o control de Presevo e Bujanovac (e tamén de Medveda fóra do val pero na mesma zona) e dominalos até que as terras adxacentes, Kosovo e Macedonia Occidental, tamén estiveran baixo control albanés. Isto debería permitir a gradual apertura das fronteiras.[60]

O efémero Estado de Serbia e Montenegro

A República Federal de Iugoslavia, integrada por Serbia e Montenegro.

En marzo de 2002 os gobernos de Serbia e Montenegro aceptaron reformar a FRI para teren unha forma de cooperación nova e unha unión moito máis débil denominada Estado de Serbia e Montenegro.

A República Federal de Iugoslavia (FRI) formárase o 28 de abril de 1992, constituída polas antigas Repúblicas Socialistas de Serbia e de Montenegro. O seu goberno reclamou a continuidade co antigo país (a República Federal Socialista de Iugoslavia) pero a comunidade internacional rexeito considerarla como tal.

A idea de dita comunidade era que Iugoslavia se disolvese formando estados separados. Esta cuestión foi importante e levou a varias reclamacións internacionais da RFS de Iugoslavia, incluíndo as súas embaixadas en varios países. En 1996 a FRI abandonou as súas reclamacións e aceptou que a SFRI se disolvera.

Por unha orde do Parlamento Federal Iugoslavo do 4 de febreiro de 2003, Iugoslavia, polo menos polo nome, deixou de existir. En Belgrado permaneceu un goberno federal, pero asumindo poderes máis ben cerimoniais, e os gobernos individuais de Serbia e de Montenegro conduciron as súas respectivas nacións case coma se foran independentes. Ademais, estableceron límites físicos entre as fronteiras de ambas as repúblicas.

O 21 de maio de 2006, o 86 % dos votantes montenegrinos votaron nun referéndum especial para a independencia de Montenegro da súa unión con Serbia. O 55,5 % estivo a favor da independencia, que foi recoñecida formalmente olala Unión Europea.

O 3 de xuño de 2006 Montenegro declarou a súa independencia de maneira oficial, e Serbia fixo o propio dous días despois, disolvendo efectivamente os vestixios que aínda perduraban da antiga Iugoslavia.

O contencioso de Kosovo persiste

Segundo o establecido pola Resolución 1244 do Consello de Seguridade da ONU, en Kosovo establecérase un proceso destinado a lograr un acordo para o seu futuro status. Pero o goberno de Serbia entendía que dita resolución garantizaba que Kosovo seguiría sendo parte íntegra do país, mentres os líderes kosovares afirmaron que a única solución era a independencia.

Os serbios que viven no norte de Kosovo opoñíanse a calquera extensión da soberanía de Kosovo, que proclamou de forma unilateral a súa independencia en 2008, e acusaron ás misións internacionais de saírse do seu mandato de neutralidade e axudar a Pristina a estender a súa autoridade na zona.

Desde 1999 até a súa secesión, a provinicia foi administrada pola ONU de xeito interino, como resultado da derrota do exército serbio na Guerra de Kosovo. A misión KFOR da OTAN aprobouse co obxectivo de evitar as represalias e os ataques entre as poboacións de etnias serbia e albanesa. A pesar de que Kosovo formalmente seguía pertencendo a Serbia, en virtude do cumprimento da resolución 1244, na práctica o Goberno serbio non interviña na administración da súa provincia.

A resolución da devandita guerra trouxo como consecuencia o éxodo de 200.000 kosovares de orixe serbia cara o resto de Serbia, mentres que se reafirmou a maioría étnica albanesa. No momento da secesión, o 90 % da poboación pertencía a devandita etnia, mentres que a comunidade de orixe serbia representaba só o 10 %, e estaba localizada principalmente en enclaves no norte da rexión.

Mapa étnico de Kosovo:      Albaneses      Serbios      Xitanos      Bosníacos      Goranis      Turcos      Outras

Antes de chegar á solución da independencia unilateral, sucedéronse varios feitos e acontecementos ao redor do futuro status que debería ter Kosovo. O expresidente de Finlandia e premio Nobel Martti Ahtisaari, enviado especial da ONU a Kosovo, elaborou un infome no que propoñía como solución ao status da antiga provincia serbia a adopción dunha independencia tutelada pola comunidade internacional, a cooficialidade dos idiomas serbio e albanés, a laicidade do novo estado, a adopción de medidas para garantir a seguridade da minoría serbia de Kosovo, a adopción de símbolos nacionais (bandeira, himno etc.), a presenza militar de forzas internacionais lideradas pola OTAN, exército profesional, multiétnico e democrático composto de 2.500 membros activos e 800 reservistas, o dereito dos refuxiados e desprazados a retornar a Kosovo e á restitución das súas propiedades, un sistema xudicial integrado e independente do serbio e a posibilidade de que Kosovo puidera ingresar en organismos internacionais como a ONU [61].

Este plan foi rexeitado polas autoridades serbias por consideraren que abría a porta a que Kosovo se independizase de Serbia [62].

O 17 de febreiro de 2008 o Parlamento kosovar, nun acto unilateral, declaraba a escisión da entón provincia de Serbia, dando lugar á creación dun novo Estado independente baixo a supervisión dos Estados Unidos e a Unión Europea.[63][64]

A diferenza da primeira declaración de independencia de Kosovo, acontecida o 7 de setembro de 1990 e só recoñecida polas autoridades albanesas, a derradeira declaración xa foi recoñecida por máis de 47 países a data do 7 de agosto do 2008, entre os que se achan Costa Rica, Afganistán, os Estados Unidos, o Reino Unido, Francia, Alemaña, Turquía, Bélxica, Perú, Polonia, Suíza, Austria e Dinamarca, sen contar os demais países nos que o recoñecemento está pendente.

Porén, existen 18 países, incluíndo Arxentina, Bolivia, Casaquistán, Chipre, España, Kirguizistán, Romanía, Rusia, Serbia, Sri Lanka, Taxiquistán, Vietnam e Venezuela que rexeitaron esplicitamente o recoñecemento da república. Serbia declarou que retiraría todos os seus embaixadores dos países que recoñeceran a independencia de Kosovo.

As tensións no norte kosovar son continuas desde xullo de 2011, cando os serbokosovares cortaron as estradas de acceso aos postos fronteirizos de Jarinje e Brnjak en protesta pola decisión de Pristina de enviar policías de fronteiras e funcionarios de alfándegas a estes pasos con Serbia. A KFOR, encargada do mantemento da orde en Kosovo, despregouse nos dous pasos fronteirizos, que declarou como "zonas militares", e intentou en varias ocasións levantar as barricadas.

En novembro, varios soldados da forza da OTAN (KFOR) resultaron feridos durante un enfrontamento con manifestantes serbios no norte de Kosovo. En Pristina, fontes da KFOR confirmaron os enfrontamentos e un número indeterminado de feridos. Nun comunicado, o continxente aliado informou de que "a última hora da tarde, os manifestantes usaron armas de fogo e cócteles Molotov contra as tropas da KFOR. Unha vez máis, varios soldados resultaron feridos".

O ministro serbio para Kosovo, Goran Bogdanović, esixiu o 27 de novembro de 2011 aos serbios do norte kosovar e á forza da KFOR que se abstiveran do uso da forza. "Pido contención tanto á KFOR como aos serbokosovares, e que non intenten solucionar pola forza o problema. A KFOR é a que debe garantir a seguridade de todos os cidadáns", e que "son horas de que remate a violencia e que se dea a oportunidade ao diálogo para que se logre unha solución aceptábel para todos", indicou o ministro.[65]

Novos estados

Os países actualmente recoñecidos creados a partir da antiga Iugoslavia son:

Actualmente, o status de Kosovo é recoñecido parcialmente pola comunidade internacional como unha república independente, segundo moitos aínda que analistas non o fai merecente do título de nación recoñecíbel, xa que nacións en pro do paneslavismo (Rusia), e outras que prefieren a unidade territorial serbia como Garantía de Paz (España entre outras), promoveron campañas de consenso dentro da Asemblea das Naciones Unidas e negan recoñecer a Kosovo como un país soberano.

Notas

  1. World Bank, World Development Report 1991, Statistical Annex, Táboas 1 e 2, 1991.
  2. Beth J. Asch (1994): Emigration and Its Effects on the Sending Country. Courtland Reichmann, Rand Corporation, páx. 26.
  3. Douglas S. Massey e J. Edward Taylor (2004): International Migration: Prospects and Policies in a Global Market. Oxford University Press, páx. 159.
  4. Guerrilleiros serbios.
  5. NSDD 133, "A política estadounidense cara a Iugoslavia".
  6. «Yugoslavia» Arquivado 08 de agosto de 2011 en Wayback Machine.. Fas.org. Consultada o 12/2/2012.
  7. Sean Gervasi: "Germany, the US, and the Yugorlav Crisis", in Covert Action, nº 43, inverno 1992-93, páx. 42.
  8. "El líder de la 'Gran Serbia'", artigo en El Mundo con fotografía de Milošević pronunciando o discurso, marzo de 2006 (en castelán). Consultada o 24/2/2012.
  9. David Bruce MacDonald (2002): Balkan Holocausts?: Serbian and Croatian victim-centred propaganda and the war in Yugoslavia. Manchester: Manchester University Press, páx. 65. ISBN 0-7190-6467-8
  10. Projekat Rastko Gračanica. The Migration of Serbs and Montenegrins from Kosovo and Metohija (en inglés) Consultada o 24/2/2012.
  11. Open Society Archives. Rise of Tension in Kosovo Due to Migration Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 24/2/2012.
  12. De re Militari: Muertos en Guerras, Dictaduras y Genocidios (en castelán) Consulatada o 14/12/2011.
  13. Michel Collon: Médicos del Mundo reconoce que su campaña para sensibilizar sobre la limpieza étnica en Yugoslavia estuvo manipulada (en castelán) Consultada o 14/12/2011.
  14. Petrovic, Ruza e Marina Blagojevic (1992): The Migration of Serbs and Montenegrins from Kosovo and Metohija. Ed. Milos Macura Academia Serbia das Ciencias e as Artes. Belgrado. ISBN 86-7025-154-X 1 Arquivado 07 de abril de 2009 en Wayback Machine.
  15. Communism O Nationalism! Arquivado 25 de agosto de 2013 en Wayback Machine. Revista TIME, 24 de outubro de 1988. (en inglés) Consultada o 24/2/2012.
  16. O presidente Milan Kučan, que levou a Eslovenia á súa independencia en 1991, proclamárase anteriormente defensor da autonomía de Kosovo; en parte, porque se sorprendera polo elevado nivel de violencia empregada polos serbios contra os albaneses, pero tamén porque esperaba que a súa posición o axudaría a gañar popularidade entre os comunistas en Eslovenia. C. Bennet: Río de sangre en Yugoslavia, páxs. 106-7.
  17. A SAO Kninska Krajina refírese só á primeira rexión autónoma serbia (SAO) que comprendía unicamente a cidade de Knin e os seus arredores. Porén, algúns utilizan o termo SAO Krajina antes da creación da República Serbia de Krajina, mentres que outros só utilizan Kninska Krajina para referirse á Krajina previa.
  18. "El triunfo del Estado-nación", artigo en El Mundo, 15 de agosto de 1995 (en castelán).
  19. Blaskovich, Jerry (1997). Anatomy Of Deceit, Realities Of War In Croatia, New York: Dunhill Publishing Arquivado 07 de decembro de 2012 en Wayback Machine.. ISBN 0-935016-24-4.
  20. Martin Špegelj: "Memories of a Soldier" ("Uspomene Vojnika"), Zagreb 2nd edition
  21. "SENSE". Arquivado dende o orixinal o 16 de outubro de 2006. Consultado o 26 de febreiro de 2012. 
  22. "GenocideWatch.org". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 27 de setembro de 2007. 
  23. Só se repetiría o caso na separación pacífica de Serbia e Montenegro.
  24. ONU. Resolución 721
  25. Vjesnik: Je li Tuta platio atentatorima po mascota tisuća maraka
  26. Grecia enfróntase á vergonza polo seu papel no masacre dos serbios
  27. "Instituto americano da Paz, aplicación de Dayton". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2009. Consultado o 26 de febreiro de 2012. 
  28. "TPII: Ataques contra a poboación civil". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2004. Consultado o 18 de marzo de 2004. 
  29. "TPII: Maior sufrimento ao menor risco". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 26 de febreiro de 2012. 
  30. "Karadzic e o xenocidio". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2008. Consultado o 26 de febreiro de 2012. 
  31. Comité de Dereitos Humanos. Informe de Bosnia e Hercegovina
  32. Sarajevo, i poslije, Erich Rathfelder
  33. Angus Macqueen e Paul Mitchell: A morte de Iugoslavia
  34. "TPII: Veredito Blaškić. O val de Lasva: maio de 1992 - xaneiro de 1993". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2001. Consultado o 05 de setembro de 2001. 
  35. "TPII (1995): acta de acusación inicial para a limpeza étnica da zona do val de Lasva". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 26 de febreiro de 2012. 
  36. "TPII: Resumo da sentenza de Miroslav Bralo". Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2008. Consultado o 12 de decembro de 2008. 
  37. "TPII: Veredito de Kordić e Čerkez". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 14 de maio de 2011. 
  38. "ICTY: Veredito de Krstic" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de setembro de 2001. Consultado o 13 de setembro de 2001. 
  39. Saiba o papel do ELK na crise Folha de São Paulo, 17 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/20011.
  40. Resolución sobre a situación en Kosovo Arquivado 09 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. Parlamento Europeo, 11de febreiro de 1999.
  41. "Princípio de acordo é firmado" Folha de São Paulo, 8 de febreiro de 1999. Consultada o 10/12/2011. (en portugués)
  42. "Rebeldes de Kosovo insistem em independência e dificultam acordo" Folha de São Paulo, 22 de febreiro de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  43. Samary,Catherine: "Da Federação aos protectorados europeus" Le Monde Diplomatique, xaneiro de 2006. (en portugués) Consultada o 10/12/2012.
  44. "Yeltsin amenaza con la Tercera Guerra Mundial si la OTAN invade Yugoslavia", artigo en El Mundo, 10 de abril de 1999 (en castelán) Consultada o 10/12/2011.
  45. "Otan ataca a Iugoslávia com mísseis; país promete resistir" Folha de São Paulo, 25 de marzo de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  46. "Otan cumpre ameaça e ataca a Iugoslávia" Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine., JC Online, 25 de marzo de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  47. Otan ataca a Iugoslávia - Deutsche Welle, 1999 (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  48. "Iugoslávia recúa e acepta acordo de paz para Kosovo" Folha de São Paulo, 4 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  49. "Otan prepara suspensão de bombardeios", Folha de São Paulo, 10 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  50. Acordo militar visa impedir "vácuo de poder" Folha de São Paulo, 10 de xuño de 1999 (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  51. Saiba mais sobre os refugiados[Ligazón morta] Folha de São Paulo, 18 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 25/10/2021.
  52. Vingança e humilhação ameaçam paz Folha de São Paulo, 16 de xuño de 1999. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  53. Principais momentos históricos da Iugoslávia Arquivado 23 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. - BBC Brasil, 30 de agosto de 2001. (en portugués) Consultada o 10/12/2011.
  54. 54,0 54,1 Macedonia, 2001 Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 112/12/2011.
  55. Macedonia, 2001 Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  56. CNN.com Riot targets ethnic Albanians Arquivado 25 de marzo de 2010 en Wayback Machine., May 1, 2001. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  57. "Macedonia police killed in ambush" BBC News, November 12, 2001 (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  58. Morton, Jeffrey S. (2004). Reflections on the Balkan Wars. Palgrave Macmillan. páx. 57. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  59. Morton, Jeffrey S. (2004). Reflections on the Balkan Wars. Palgrave Macmillan. páxs. 18-21. (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  60. Presevo valley tension BBC News (en inglés) Consultada o 12/12/2011.
  61. Bandeira, himno e representación en organismos internacionais Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. Diario La Voz de Galicia. (en castelán) Consultada o 25/2/2012.
  62. Serbia rexeita o plan da ONU para Kosovo por prever a súa independencia Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine. Diario La Voz de Galicia. (en castelán) Consultada o 25/2/2012.
  63. Morning Star on line Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine.(en inglés) Consultada o 25/2/2012.
  64. Setimes, Newsbriefs (en inglés) Consultada o 25/2/2012.
  65. "Al menos ocho soldados de la OTAN heridos en choques con serbios", artigo en El Mundo, 28 de novembro de 2011 (en castelán) Consultada o 16/12/2011.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Allcock, John B. (2000): Explaining Yugoslavia. Nova York: Columbia University Press.
  • Almond, Mark (1994): Europe’s Backyard War. William Heinemann Ltd.
  • Cigar, Norman (1995): Genocide in Bosnia: The Policy of Ethnic-Cleansing. College Station: Texas A&M University Press.
  • Cohen, Lenard J. (1993): Broken Bonds: The Disintegration of Yugoslavia. Boulder, CO: Westview Press.
  • Dragnich, Alex N. (1992): Serbs and Croats. The Struggle in Yugoslavia. Nova York: Harcourt Brace Jovanovich.
  • Dragosavljevic, Angelija (1993): Slobodan Milosevic: A Study In Charismatic Leadership And Its Distortions 1987-1992. Canberra: Australian National University Press.
  • Duncan, W. Raymond e Holman, G. Paul (1994): Ethnic Nationalism and Regional Conflict: The Former Soviet Union and Yugoslavia. Westview Press Inc. ISBN 0-8133-8813-9
  • Hoare, Marko A. (2007): A History of Bosnia: From the Middle Ages to the Present Day. Londres: Saqi.
  • Jelavich, Barbara (1983): History of the Balkans. 2 volumes. Nova York: American Council of Learned Societies.
    • Volume 1: Eighteenth and Nineteenth Centuries.
    • Volume 2: Twentieth Century.
  • Kinder, Hermann & Hilgemann (1972): Atlas histórico mundial. Madrid: Ediciones Itsmo.
    • De los orígenes a la Revolución Francesa.
    • De la Revolución Francesa a nuestros días.
  • Magas, Branka (1993): The Destruction of Yugoslavia: Tracking the Break-up 1980–1992. Verso. ISBN 0-86091-593-X
  • Mojzes, Paul (1994): Yugoslavian Inferno: in the Balkans, The Continuum Publishing company.
  • Radan, Peter (2002): Break-up of Yugoslavia and International Law. Routledge.
  • Ramet, Sabrina (2006): The Three Yugoslavias: State-building and Legitimation, 1918–2003. Bloomington, In: Indiana University Press.
  • Woodward, Susan (1995): L. Balkan Tragedy: Chaos & Dissolution after the Cold War. The Brookings Institution Press.

Outros artigos