Walter Ulbricht
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2017.) |
Walter Ernst Paul Ulbricht, nado en Leipzig o 30 de xuño de 1893 e finado en Groß Dölln o 1 de agosto de 1973 foi o político máis importante da República Democrática Alemá dende 1949 ata a súa dimisión no 1971. Baixo o seu mandato a RDA comezou a desenvolverse como un estado socialista.
Sendo mozo participou activamente no movemento obreiro de Alemaña, converténdose no proceso nun revolucionario profesional. Na fase final da República de Weimar dirixiu a sección do Partido Comunista de Alemaña (KPD) de Berlín. Membro do círculo de poder, ó que tamén pertencía Ernst Thälmann, participou na loita contra a socialdemocracia e a orde republicana no marco dun partido de corte stalinista.
En 1945 volveu a Berlín do exilio na Unión Soviética convertido xa en líder do 'Grupo Ulbricht'. Na zona de ocupación soviética colaborou estreitamente coa potencia ocupante. A súa labor como principal funcionario do KPD e do Partido Socialista Unificado de Alemaña (SED) marcou fortemente a posterior construción do aparato estatal da RDA.
De 1950 a 1971 permaneceu na cume do Comité central do SED, tendo así sempre a última palabra nas decisións políticas. Grazas a este cargo e a confianza da Unión Soviética, Ulbricht favoreceu dende 1952 a 'construción do socialismo' na RDA e en 1961 a construción do Muro de Berlín.
Así tamén, do 1949 a 1960 foi vicepresidente da RDA, e do 1960 ata a súa morte Presidente do Consello de Estado da RDA.