Saltar ao contido

Balcáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaBalcáns
Fotomontaxe
Imaxe
Tipopenínsula
rexión cultural
rexión histórica
rexión xeográfica Editar o valor en Wikidata
EpónimoCordilleira dos Balcáns Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°N 22°L / 42, 22
Bañado porMar Mediterráneo, mar Adriático, Mar Xónico, Mar Exeo e Mar Negro Editar o valor en Wikidata
Composto por
Características
Punto máis altoMusala Editar o valor en Wikidata  (2.925,4 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie470.000 km² Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453055

Os Balcáns é o nome histórico e xeográfico que se usa para designar o sueste de Europa. A rexión ten unha superficie total de 550 000 km² e unha poboación de preto de 53 millóns de habitantes. Presenta unha orografía de abrupta. De feito, a rexión toma o nome da cordilleira dos Balcáns, que se estende desde o centro de Bulgaria até o leste de Serbia, no seu límite occidental, e até o mar Negro pola parte oriental.

Por outra parte conforma unha península que, aínda non respondendo ao modelo clásico de península, xa que non está unida ao continente europeo por medio dun istmo, é unha denominación aceptada para designar a rexión, que tamén se coñece como a península Balcánica ou península dos Balcáns.

O sueste de Europa

[editar | editar a fonte]

A causa das connotacións negativas do termo "Balcáns" (debido ás guerras dos Balcáns do século XX), frecuentemente úsase o termo Sueste de Europa. A utilización deste termo está crecendo día a día e, así, encontramos unha iniciativa da Unión Europea do ano 1999 denominada Pacto de estabilidade para o Sueste de Europa, e o diario electrónico Balkan Times cambiou o ano 2003 o seu nome polo de Southeast European Times.

O uso deste termo para designar a península Balcánica (e non máis que esta área) tecnicamente ignora a presenza xeográfica de Romanía e Ucraína, que tamén están situades no sueste do continente europeo.

Fronteiras

[editar | editar a fonte]

A fronteira norte da península Balcánica xeralmente se considera que está definida pola liña formada polos ríos Danubio, Sava e Kupa.

Os mares Adriático, Xónico, Exeo e Negro limítana polo oeste, suroeste, sueste e leste, respectivamente.

Os países que compoñen a rexión comparten gran parte da súa historia. Así, foron parte do Imperio romano de oriente, logo do Imperio bizantino, despois do Imperio Otomán e finalmente viviuse aló unha nova explosión nacionalista ó desaparecer Iugoslavia como país, na derradeira década do século XX.

A complicada situación que se viviu no lugar dende o século XIX, e maiormente na segunda metade do vinte, deu orixe ao termo balcanización, que se extrapola na xeopolítica para definir a rotura dun estado de xeito violento, ou na informática para definir, por exemplo, a subdivisión de Internet en enclaves separados,[1].

Composición política actual

[editar | editar a fonte]
Mapa político dos Balcáns no 2004 (non aparecen delimitados nin Kosovo nin Montenegro).

Os países que se asocian coa zona dos Balcáns xeralmente son os seguintes:

Albania
Bosnia e Hercegovina
Bulgaria
Grecia
Macedonia do Norte
Montenegro
Serbia
Turquía (só a Turquía europea, tradicionalmente denominadanada Rumelia ou Tracia Oriental)

Ademais, frecuentemente inclúense tamén na lista:

Romanía e
Eslovenia

Algunhas rexións dos países incluídos nesta lista como estados balcánicos poden ser, nalgúns aspectos, moi diferentes á rexión balcánica en xeral e, xa que logo, frecuentemente algúns países da periferia desta gran rexión prefiren que non se lles chame países balcánicos. É o caso de Romanía e Eslovenia, pero tamén, ás veces, de Croacia e Grecia.

Os Balcáns en verde, no 2008.

Actualmente forman parte dos Balcáns os seguintes países:

Países relacionados

[editar | editar a fonte]

Outros países non incluídos na rexión balcánica, pero que teñen ou tiveron un papel importante na súa cultura, historia e na súa situación xeopolítica, son os seguintes:

Véxase tamén: Austria-Hungría.
Véxase tamén: Austria-Hungría.
Véxase tamén: Dalmacia, Zadar e Estado libre de Fiume.
Véxase tamén: Historia de Serbia.
  1. New IAB chair fears Internet 'balkanization' Arquivado 20 de outubro de 2007 en Wayback Machine. Network World (en inglés)
  2. O 17 de febreiro de 2008 o Parlamento kosovar, nun acto unilateral, declaraba a escisión da entón provincia de Serbia, dando lugar á creación dun novo Estado independente baixo a supervisión dos Estados Unidos e a Unión Europea. (véxse:World court backs Kosovo breakaway. Morning Star on line Arquivado 06 de marzo de 2016 en Wayback Machine. e Sejdiu says Kosovo could apply for UN membership next year. SETimes.com, (en inglés) Consultadas o 16/12/2011). A diferenza da primeira declaración de independencia de Kosovo acontecida o 7 de setembro de 1990, só recoñecida polas autoridades albanesas, a derradeira declaración xa foi recoñecida por máis de 47 países a data do 7 de agosto do 2008, entre os que se achan Costa Rica, Afganistán, os Estados Unidos, o Reino Unido, Francia, Alemaña, Turquía, Bélxica, Perú, Polonia, Suíza, Austria e Dinamarca, sen contar os demais países nos que o recoñecemento está pendente. Porén, existen 18 países, incluíndo Arxentina, Bolivia, Casaquistán, Chipre, España, Kirguizistán, Romanía, Rusia, Serbia, Sri Lanka, Taxiquistán, Vietnam e Venezuela que rexeitaron explicitamente o recoñecemento da república. Serbia declarou que retiraría todos os seus embaixadores dos países que recoñeceron a independencia de Kosovo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Banac, Ivo (1992): "Historiography of the Countries of Eastern Europe: Yugoslavia", in American Historical Review 97 (4) outubro 1992, páxs. 1084–1104. University of Chicago Press.
  • Banac, Ivo (1984): The National Question in Yugoslavia: Origins, History, Politics. Ithaca. NY: Cornell University Press. ISBN 978-0-8014-9493-2.
  • Carter, Francis W., ed. (1997): An Historical Geography of the Balkans. Academic Press.
  • Fine, John V. A., Jr. (1983): The Early Medieval Balkans: A Critical Survey from the Sixth to the Late Twelfth Century
  • Fine, John V. A., Jr. (1987): The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest. Ann Arbor: University of Michigan Press.
  • Jelavich, Barbara (ç1983): History of the Balkans. Cambridge University Press.
  • Jelavich, Charles e Jelavich, Barbara, eds. (1963): The Balkans In Transition: Essays on the Development of Balkan Life and Politics Since the Eighteenth Century. University of California Press.
  • Mazower, Mark (2000): The Balkans: A Short History. Modern Library Chronicles. Nova York: Random House ISBN 0-679-64087-8.
  • Stavrianos, L. S. e Traian Stoianovich (2000): The Balkans since 1453. Nova York: New York University Press. ISBN 978-0-8147-9766-2.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]