Wikipedia:Administradores

Na Wikipedia calquera pode editar un artigo. Malia iso, hai algunhas accións e algúns labores de mantemento reservadas a unha clase especial de usuarios, coñecidos como administradores. Os administradores son editores da Wikipedia coas capacidades técnicas para realizar varias accións especiais na Wikipedia en galego. Estas tarefas inclúen a capacidade de bloquear ou desbloquear contas de usuarios e enderezos IP impedíndolles a edición, editar páxinas protexidas, protexer e desprotexer as propias páxinas perante a edición, eliminar e restaurar páxinas, ou trocar o nome de páxinas sen restricións entre outras.

Os administradores asumen estas responsabilidades como voluntarios tras pasar un proceso de elección, e non actúan como empregados da Fundación Wikimedia. Por suposto, os administradores tan só poden facer uso das súas funcións seguindo as políticas e normas da Wikipedia.

A Wikipedia en galego ten actualmente 6 administradores.

Capacidades dos administradores

editar
Atallos:
WP:MOPRIGHTS
WP:CAPADM

Os administradores poden:

  • Borrar páxinas e imaxes (Motivos frecuentes para borrar)
  • Ver e restaurar páxinas ou imaxes borradas
  • Bloquear e desbloquear IP de usuarios anónimos
  • Bloquear e desbloquear usuarios rexistrados
  • Protexer ou bloquear unha páxina
  • Editar páxinas protexidas ou bloquealas
  • Reverter edicións rapidamente
  • Ver as contribucións borradas dos usuarios
  • Ver a lista de páxinas sen vixiar en toda a Wikipedia
  • Ocultar revisións de páxinas
  • Configurar o filtro de abusos e ver os seus rexistros
  • Asignar ou revogar o estado de usuario confirmado e o de exento de bloqueo de enderezo IP

Administradores da interface

editar

Os administradores da interface son usuarios coa capacidade de editar páxinas globais de CSS e Javascript (como por exemplo MediaWiki:Common.js ou MediaWiki:Vector.css, ou as páxinas de código dos trebellos listados en Especial:Trebellos) e calquera páxina CSS/JS no espazo de usuario doutro usuario distinto. Estas páxinas execútanas os navegadores dos lectores e editores da wiki en forma de código, utilizado para modificar a visualización do contido, o comportamento das páxinas ou para o funcionamento de ferramentas complexas.

A edición de código CSS/JS que se executa nos navegadores web doutros usuarios é unha capacidade poderosa e potencialmente perigosa en mans de usuarios con malas intencións. Os administradores da interface deben ser usuarios nos que a comunidade teña unha gran confianza, que teñan polo menos un coñecemento básico de CSS e JS, que sexan conscientes das expectacións de privacidade das wikis de Wikimedia, e que teñan un bo entendemento do concepto de seguridade de contas persoais.

Administradores da Galipedia

editar

O número total de usuarios que contan na actualidade con funcións de administrador é de 6. Esta é a lista completa actualizada. Pódese contactar con eles individualmente ou a través do Taboleiro dos administradores.

A lista seguinte actualízase manualmente.

Administradores da interface da Galipedia

editar

A lista seguinte actualízase manualmente.

AMPERIO (conversa · contribucións)
O Breixo (conversa · contribucións)
  1. Usuario de sistema con dereitos de administrador utilizado polo filtro de abusos