Xabier Cid
Arquivo de mensaxes antigas: Dende o 6 de xuño de 2006 |
actual | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
- As mensaxes antigas están accesibles no arquivo; as da primeira folla son as máis vellas e as da última as máis recentes.
Titorial
editarOla Xabier, o titorial comeza na páxina Wikipedia:Axuda/Wikipedia paso a paso/Titorial 1, e para renomear as páxinas o único que tes que facer é movelas ó nome que consideres mellor e logo cambiar o seu nome no guión MediaWiki:Guidedtour-tour-tuto1.js. Se non se me pasou ningunha, deberían estar todas ligadas en Conversa MediaWiki:Guidedtour-tour-tuto1.js. Por certo, este titorial é de proba, está totalmente traducido do francés, así que é moi posible que haxa que revisar os textos, e de querer utilizarse aquí, adaptalo á Galipedia (por exemplo aquí ás páxinas de conversa ninguén lles chama pdc, e outras cousas dese estilo que deixei tal como teñen eles para centrarme en amañar o funcionamento). Se ves que a cousa ten futuro podemos revisar os outros titoriais que teñen e adaptar os que sexan máis interesantes, todas as páxinas teñen o seu interwiki. E se queres máis detalles, pois seguimos falando :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de abril de 2020 ás 23:11 (UTC)
Panadeiros
editarOla Xabier. Cando moviches a páxina Adolfo Campos a Adolfo Campos Panadeiro confundíches o segundo apelido, porque é Panadeiros (con s final), non Panadeiro. A ver se o poder amañar ti, que a min non me deixa. Un saúdo. Xas (conversa) 26 de xuño de 2020 ás 16:12 (UTC)
- Amañado Feito!. Moitas grazas por avisares, Xas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 26 de xuño de 2020 ás 16:20 (UTC)
sede de condado nos Estados Unidos
editarOla! cando poidas, poderías crear unha entrada que defina a sede de condado dos Estados Unidos? sería moi útil. Graciñas!.--Maria zaos (conversa) 9 de xullo de 2020 ás 17:24 (UTC)
Paro técnico o vindeiro martes 1 de setembro
editarBoas, na sección de novas da Taberna hai un aviso sobre unha proba técnica que se vai realizar nos servidores da WMF. Esta operación está programada para o vindeiro martes 1 de setembro e vai afectar ás tarefas de edición en todas as wikis. Tedes máis información no propio aviso. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 27 de agosto de 2020 ás 23:26 (UTC)
Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu nome desta lista.
Matías Alonso Vallejo
editarBoas, o artigo Matías Alonso Vallejo, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Zaosbot (conversa) 22 de setembro de 2020 ás 22:27 (UTC)
Gert Steegmans
editarBoas, o artigo Gert Steegmans, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Zaosbot (conversa) 22 de setembro de 2020 ás 22:55 (UTC)
Juan Mauricio Soler Hernández
editarBoas, o artigo Juan Mauricio Soler Hernández, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Zaosbot (conversa) 22 de setembro de 2020 ás 22:59 (UTC)
We sent you an e-mail
editarHello Xabier Cid,
Really sorry for the inconvenience. This is a gentle note to request that you check your email. We sent you a message titled "The Community Insights survey is coming!". If you have questions, email [email protected].
You can see my explanation here.
MediaWiki message delivery (conversa) 25 de setembro de 2020 ás 18:50 (UTC)
Moving files to Commons
editarHi! I have moved a few files to Commons and I noticed that there are some files in Categoría:Imaxes subidas a Wikimedia Commons. What are the rules on gl.wiki about deleting files that have been moved to Commons? --MGA73 (conversa) 22 de outubro de 2020 ás 19:14 (UTC)
Facer tamén as redireccións
editarOla Xabier Cid.
Cando inicies un artigo, cun título determinado, hai que preguntarse se ese artigo podería ter outros títulos distintos. Póñoche un exemplo: o artigo "Inez Haynes Irwin". No propio texto dicimos "Moitas das súas obras publicáronse co seu antigo nome Inez Haynes Gillmore", por tanto debe facerse, tamén, a redirección desde "Inez Haynes Gillmore". En caso contrario podería chegar a darse a indesexable situación de que outros artigos, existentes ou futuros, liguen con Inez Haynes Gillmore e as ligazóns aparezan en vermello, cando realmente dispoñemos do artigo. Tamén podería suceder que alguén picara nesa ligazón vermella e iniciara un artigo novo, co resultado de que teriamos un artigo duplicado.
Con Haynes quizais abonde cunha redirección, noutros casos poden precisarse moitas: p. ex. encollendo ou estendendo máis ou menos o nome, segundo sexan nomes máis ou menos compostos (incluso incluíndo nomes con abreviaturas), redireccións dende as formas galeguizadas ou as de nacemento, con preposicións, sen proposicións... p. ex. Rosalía Castro de Murguía, Rosalía Castro, Rosalía C. de Murguía, Rousalía Castro, Rousalía Castro de Murguía, María Rosalía Rita de Castro, Rosalía de Castro Abadía, Rosalía de Castro Abadía de Murguía, María Rosalía Rita Expósito… Unha boa forma de atopar diferentes formas dun nome, para un persoeiro determinado, é consultar as páxinas das autoridades ligadas no cadro de control que aparece ao final da páxina (VIAF. GND, ISNI…)
Tes máis información sobre este tema na política oficial "Wikipedia:Redireccións" e na páxina Axuda:Como redireccionar unha páxina.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 29 de decembro de 2020 ás 15:47 (UTC)
- Ola Xabi.
- Dirixinme a ti porque es habitual facedor de páxinas novas, varias delas de biografías (Abraham Carreiro, Xosé Manuel Maseda...), como coello de indias, quizais abusando do teu bo talante habitual , para probar a nova mensaxe predefinida: {{Au-redireccións}}.
- Como che expliquei na mensaxe e como se explica en "WP:RED", as redireccións teñen máis utilidades que as de resolver procuras.
- Lamento que non esteas de acordo, pero realmente iso da igual, o que se di na mensaxe é unha realidade, esteas ti de acordo ou non (e amais é unha práctica habitual en tódalas Wikis).
- Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 29 de decembro de 2020 ás 18:36 (UTC)
É asombroso ver como dúas persoas poden chegar a interpretar un mesmo texto, aparentemente sinxelo, de xeitos tan distintos e mesmo contrarios. --. HombreDHojalata.conversa 30 de decembro de 2020 ás 10:47 (UTC)
Nieves Cabo
editarComo creaches o artigo, coméntoche que solicitei o seu borrado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2021 ás 16:49 (UTC)
Temporarily watched page in Special:Recent Changes
editarSó tes que entrar en TranslateWiki e darlle a revisar. Filtrando por temporalmente xa che sae esa frase dos cambios recentes que estaba en portugués. Saúdos Maria zaos (conversa) 15 de maio de 2021 ás 19:49 (UTC)
Cambios na política de privacidade dos proxectos Wikimedia. Traducións obsoletas en galego
editarBoas, cando teñas algún tempo poderías botarlle un ollo ás traducións pendentes da nova política de privacidade? Estarían acó en meta. Graciñas! Maria zaos (conversa) 25 de agosto de 2021 ás 16:54 (UTC)
- Boas de novo. Moitisísísímas grazas polas traducións da política de protección de datos. Están xenial!!! Maria zaos (conversa) 7 de setembro de 2021 ás 17:26 (UTC)
Redireccións
editarBoas Xabier! Si vin o que me comentas da IP que facía as redireccións que non tiñan xustificación. Neste caso en concreto, o filme está baseado nunha novela homónima de Norman Lindsay. De crearse o artigo da novela en galego o seu título debería ser o inglés, xa que non hai versión en galego da novela polo que sei. Por iso é preciso especificar que a redirección de "Age of Consent" fai referencia ao filme e non á novela ou a unha páxina de homónimos. Espero terme explicado ben. Un saúdo. --Breogan2008 (conversa) 27 de agosto de 2021 ás 13:56 (UTC)
- Perfecto! Moitas grazas pola explicación, Breogan2008! --Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de agosto de 2021 ás 14:04 (UTC)
Vandalismo
editarOla, Xabier. Debe ser aquel amigo que está de novo ás andadas. Agora, en vez de ip's, empregar usuarios de nova creación, fai un par de edicións e de páxinas novas reais, moi curta e, cando menos o esperas, volve ás mesmas. Refírome a Kliksberg. Se miras as súas contibucións, verás un par de novas páxinas e despois volve a tomala con Trujui e con Xurásico. Nesta última, cambiou o nome e a redireccionou a XTV (que borrei). Iso está amañado, e agora estou buscando algunha outra desfeita.. Saúdos. MAGHOI (conversa) 24 de setembro de 2021 ás 19:15 (UTC)
Referencia en Darío Xohan Cabana
editarOla! desfixen a túa edición na referencia, porque no artigo aparece Montse González. Se por algunha razón é a mesma persoa que Montse Dopico e a min se me escapa, habería que manter o apelido que figura na fonte. A ligazón interna da autora (por se fose Montse González, non sei) non se fai con corchetes no campo apelido, hai que usar o campo "ligazón-autor" e escribilo na orde da entrada de wikipedia ( Nome+ Apelidos). (ver Modelo:Cita_novas). Arquivei a url porque a min me pide rexistro para visualizar o artigo, e deste xeito saltamos iso . Saúdos!.-- Maria zaos (conversa) 17 de novembro de 2021 ás 18:45 (UTC)
- @Maria zaos:. Moitas grazas polas correccións e as aprendizaxes. Non coñecía o campo ligazón-autor, co cal levo meses facendo algunhas destas referencias mal. Pero xa o farei mellor. Efectivamente a Montse González que asina isto e a Montse Dopico do noso artigo wikipédico son a mesma persoa. :) Moitas, moitas grazas --Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de novembro de 2021 ás 14:44 (UTC)
How we will see unregistered users
editarHi!
You get this message because you are an admin on a Wikimedia wiki.
When someone edits a Wikimedia wiki without being logged in today, we show their IP address. As you may already know, we will not be able to do this in the future. This is a decision by the Wikimedia Foundation Legal department, because norms and regulations for privacy online have changed.
Instead of the IP we will show a masked identity. You as an admin will still be able to access the IP. There will also be a new user right for those who need to see the full IPs of unregistered users to fight vandalism, harassment and spam without being admins. Patrollers will also see part of the IP even without this user right. We are also working on better tools to help.
If you have not seen it before, you can read more on Meta. If you want to make sure you don’t miss technical changes on the Wikimedia wikis, you can subscribe to the weekly technical newsletter.
We have two suggested ways this identity could work. We would appreciate your feedback on which way you think would work best for you and your wiki, now and in the future. You can let us know on the talk page. You can write in your language. The suggestions were posted in October and we will decide after 17 January.
Thank you. /Johan (WMF)
4 de xaneiro de 2022 ás 18:15 (UTC)
City of Rebellion
editarOla, señor Cid. Lémbrome de vostede, vd foi o usuario que reverteu unha pequena edición miña en Martelo e logo me explicou por qué o fixo.
Eu creei esa conta para facer tarefas de vixiancia nos artigos do noso querido e valioso wiki en galego. Levo uns 15 anos editando e sei como funciona isto. Non se preocupen, non teño pensado votar coa nova conta. Non quero que me pase o mesmo que lle pasou ao usuario Ecemaml, que foi bloqueado pra sempre hai anos. --Mark Gasoline (conversa) 6 de xaneiro de 2022 ás 18:23 (UTC)
- Ola Mark Gasoline, boa memoria tes. Eu non lembro nada do martelo. :) Moitas grazas pola resposta. A dúbida que teño é por que non usas a conta principal para facer esas tarefas de vixilancia... Xabier Cid Talk 2 me, please 6 de xaneiro de 2022 ás 18:29 (UTC)
- Teño pensado usar ambas contas para esas tarefas ;D --Mark Gasoline (conversa) 6 de xaneiro de 2022 ás 18:35 (UTC)
- Ola Mark Gasoline, desculpa por non che dar unha resposta no momento, pero saltaron outras cousas polo medio... Non sería posible que usases as dúas contas para o mesmo. Como che dicía, os contextos en que se poden usar dúas contas son moi restrinxidos, e están ben localizados: dúas contas, manexadas pola mesma persoa, para facer tarefas de edicións xerais... debería ser evitado. Tampouco me quedou claro, polo de agora, por que necesitas ter dúas e non podes facer o traballo só con unha. Se me explicas, podo tentar buscarlle un acubillo nas normas. Un saúdo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de xaneiro de 2022 ás 16:10 (UTC)
- Acabo de reler a política de contas e nomes de usuario, no primeiro parágrafo indica; Recoméndase non empregar máis dunha conta de usuario agás que sexa por un bo motivo. Eu asegúrolle que non é para infrinxir as normas. No wiki en castelán vin a varios usuarios editando cunha segunda conta indicando claramente de quén é e que non pode votar. De momento só fixen unhas poucas edicións con ela. Tamén andei mirando os cambios recentes pero aquí é moi distinto ao wiki en español, non hai tantos vándalos. Mark Gasoline (conversa) 14 de xaneiro de 2022 ás 11:53 (UTC)
- Correcto, Mark Gasoline. :) E cal é o "bo motivo" de teres dúas contas activas no canto dunha? :) Iso é o que che estaba a preguntar. Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de xaneiro de 2022 ás 12:11 (UTC)
- Editar e vixiar artigos. Mark Gasoline (conversa) 17 de xaneiro de 2022 ás 14:58 (UTC)
- Pero @Mark Gasoline, aí non me dis para que queres 2 contas. Iso mesmo podes facelo cunha conta soa... Daste de conta do que che estou preguntando? :) Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de xaneiro de 2022 ás 19:39 (UTC)
- Xa expliquei que creei a conta só coa intención de editar e vixiar artigos, pero como vexo que non o consigo convencer, supoño que terei que deixalo a vd decidir o futuro desa conta. Sempre fun consciente de que a política non recomenda crear máis dunha conta de usuario, pero vendo que outros usuarios editaban usando unha conta alternativa non lle vin o problema se indicaba claramente que a conta é miña. No wiki en portugués vin 70 contas alternativas e nas páxinas está indicado de quén é cada unha. Pero se a súa decisión é que pode ser mellor bloqueala, eu aceptareina. --Mark Gasoline (conversa) 26 de xaneiro de 2022 ás 05:40 (UTC)
- Por certo, hai moi poucas horas observei que vostede tamén ten unha conta alternativa; Usuario:Colexio Doroteas, e que fixo pouco máis de 100 edicións con ela o ano pasado, pero non vexo que ninguén o avisase sobre ter máis dunha conta... --Mark Gasoline (conversa) 27 de xaneiro de 2022 ás 00:07 (UTC)
- Ola! @Mark Gasoline, desculpa que non lle respondese rapidamente. Vou por partes:
- Non sei que fan na pt.wiki, pero por moito que en Alemaña non haxa límite de velocidade nas autoestradas, non significa que vostede deba poñer o coche a todo trapo por Ribadavia. Existen unhas normas, que teñen uns propósitos, que tentei explicar. Descoñezo se nalgún das ducias de proxectos de wikimedia se permiten usuarios múltiplos sen razón, pero non debería ser o caso. Mais aínda que o fose, neste proxecto iso non se permite (agás nas excepcións sinaladas que bla, bla).
- Como xa lle dixen, é posible ter unha conta alternativa se esta ten un propósito concreto. Por exemplo, como vostede sinala no meu exemplo, a xestión dun proxecto específico. Eses usuarios definen onde van editar, por que e para que. Outros usuarios prefiren crear contas alternativas por cuestións laborais, ou cousas parecidas. En todo caso sempre se cumpre o mesmo padrón: os dous usuarios teñen funcións claramente diferentes, non se fai para agochar e facer trampas, e o usuario "alternativo" ten un campo de edición restrinxido.
- Por moito que lle preguntei (creo que foron catro ou cinco veces), non conseguín saber qué motivaba crear un usuario alternativo que, en principio, fai o mesmo có orixinal. Non creo necesario bloquear a conta porque asumo que non haberá edicións con ela. Sería unha verdadeira lata ter que facelo para nada.
- Estou aquí para axudar: calquera pregunta ou dúbida que teña, velaquí me ten. Xabier Cid Talk 2 me, please 27 de xaneiro de 2022 ás 15:15 (UTC)
- Ola! @Mark Gasoline, desculpa que non lle respondese rapidamente. Vou por partes:
- Por certo, hai moi poucas horas observei que vostede tamén ten unha conta alternativa; Usuario:Colexio Doroteas, e que fixo pouco máis de 100 edicións con ela o ano pasado, pero non vexo que ninguén o avisase sobre ter máis dunha conta... --Mark Gasoline (conversa) 27 de xaneiro de 2022 ás 00:07 (UTC)
- Xa expliquei que creei a conta só coa intención de editar e vixiar artigos, pero como vexo que non o consigo convencer, supoño que terei que deixalo a vd decidir o futuro desa conta. Sempre fun consciente de que a política non recomenda crear máis dunha conta de usuario, pero vendo que outros usuarios editaban usando unha conta alternativa non lle vin o problema se indicaba claramente que a conta é miña. No wiki en portugués vin 70 contas alternativas e nas páxinas está indicado de quén é cada unha. Pero se a súa decisión é que pode ser mellor bloqueala, eu aceptareina. --Mark Gasoline (conversa) 26 de xaneiro de 2022 ás 05:40 (UTC)
- Pero @Mark Gasoline, aí non me dis para que queres 2 contas. Iso mesmo podes facelo cunha conta soa... Daste de conta do que che estou preguntando? :) Xabier Cid Talk 2 me, please 17 de xaneiro de 2022 ás 19:39 (UTC)
- Editar e vixiar artigos. Mark Gasoline (conversa) 17 de xaneiro de 2022 ás 14:58 (UTC)
- Correcto, Mark Gasoline. :) E cal é o "bo motivo" de teres dúas contas activas no canto dunha? :) Iso é o que che estaba a preguntar. Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de xaneiro de 2022 ás 12:11 (UTC)
- Acabo de reler a política de contas e nomes de usuario, no primeiro parágrafo indica; Recoméndase non empregar máis dunha conta de usuario agás que sexa por un bo motivo. Eu asegúrolle que non é para infrinxir as normas. No wiki en castelán vin a varios usuarios editando cunha segunda conta indicando claramente de quén é e que non pode votar. De momento só fixen unhas poucas edicións con ela. Tamén andei mirando os cambios recentes pero aquí é moi distinto ao wiki en español, non hai tantos vándalos. Mark Gasoline (conversa) 14 de xaneiro de 2022 ás 11:53 (UTC)
Ola de novo. Non é necesario que se disculpe, eu tardei moito máis tempo en responder onte, varios días. Máis ben, debería disculparme eu. Pois precisamente o das trampas que me comenta é o que che indican as políticas que non se pode facer, o cal eu sei moi ben, porque como xa lle dixen eu levo moito tempo editando, e o primeiro ano dende a miña data de rexistro fixen tarefas de mantemento e etc, e vin moitos usuarios violando as políticas do wiki en castelán, por iso sei como vai o tema. Eu vexo os cambios recentes e o wiki galego ten un funcionamento coma o mar e calma, vexoo moi tranquilo. Non creo que edite moitas veces máis con esa conta nesta versión en galego, vendo que isto vai bastante tranquilo. Se non me ten que preguntar nada máis, eu despídome. Saúdos. --Mark Gasoline (conversa) 28 de xaneiro de 2022 ás 15:28 (UTC)
- Moi ben @Mark Gasoline. Marcharei desta conversa sen saber por que quere usar dúas contas, no canto dunha, pero ben. En calquera caso, aquí me ten para o que cumpra. Xabier Cid Talk 2 me, please 28 de xaneiro de 2022 ás 15:54 (UTC)
Mediar cando non toca
editarOla Xabier Cid. Certamente non entendo o teu comentario na votación. Vou tentar deixar claras varias cousas e finalizarei cunha conclusión a xeito de reflexión persoal con total honestidade:
- En ningún momento mostrei malestar ou disconformidade co voto contrario á proposta, de feito díxenlle a ese usuario na súa páxina de conversa que revisaría o artigo.
- Entendo perfectamente que ás veces hai que mediar, pero desta vez non había nada que mediar, ambos deixaramos o tema, para que entras se non hai máis cruce de acusacións? Obviamente tiña que contestar despois de que este usuario copiara a mensaxe que lle mandei, obviamente con malas intencións (del), como se desprende da mensaxe que escribiu a continuación ("invítame a que non participe" e "como noutras moitas ocasións, leva as opinións discordantes coa súa ao campo dos ataques persoais e o victimismo" - está claro, non?).
- Non me molesta que se critique algo no que metín esforzo, de feito cando se fixeron críticas a artigos propostos traballei por solucionar os erros na medida das miñas posibilidades.
- Todo o mundo ten dereito a discrepar... tes razón, pero repito que en ningún momento digo nada respecto a que ese usuario discorde. De todos xeitos habería que empregar ese criterio sempre e con todo o mundo (mesmo comigo).
- Non deberías xulgar. Dicir que para min é máis importante se o artigo sae elixido a que haxa civismo non ten sentido ningún, máis aínda cando eu non iniciei ningunha guerra nesa canle, simplemente lle dixen a outra persoa que se había algo que lle molestara na proposta mo dixera na miña conversa, xa que é algo que non achega nada ao proceso.
- Me chama a atención que me digas que intente comprender o punto de vista dos demais cando ti non intentas comprender o meu.
- É francamente triste que entres supostamente a mediar nunha disputa e empeces arremetendo con que non acepto que se critiquen os meus artigos (falso) e que en ningún momento censures a actitud do outro usuario tentando danar a miña imaxe... certamente creo que para iso é mellor que non fagas nada, basicamente o que fixeches foi meter palla nunha discusión que xa estaba finalizada (poder mirar o resumo da miña edición).
- Eu non digo que o teu comentario sexa feito con maldade (dime por favor onde digo iso), o que digo é que é innecesario porque é un tema pechado.
Sempre que hai algunha liorta na que estou eu metido as críticas máis duras van contra min, se me ten faltada en numerosas ocasións, se me ten posto como unha persoa con intencións ocultas... xa está ben! Todo iso cansa. Eu sempre fun de cara, cando algo me molestou fíxenllo saber á persoa, e cando alguén se sentiu molesta e mo fixo saber expliqueime e pedín desculpas se procedía, así é como considero que hai que facer as cousas. Demasiadas veces xa teño a sensación de que a xente prefire que non estea no proxecto, a verdade é que prefiro que mo digan a ser sempre sinalado como quen rompe a convivencia no mesmo... Un saúdo, Piquito (conversa) 14 de xaneiro de 2022 ás 12:41 (UTC)
- Moitas grazas, Piquito. Parece que non se entendeu nada do que dixen. Outro día, quizais con maior paciencia, tentarei desenvolver por que crin necesario intervir (e esta resposta túa reafírmame sen dúbida). Se hai algo do que dixen ou fixen que non se entenda, estou ao teu dispor para aclaracións. Grazas de novo. Un saúdo! --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de xaneiro de 2022 ás 15:26 (UTC)
Centenario?
editarOes Xabi, ti que pilotas destas cousas. Sabes se vive Luís Álvarez Rodríguez (Ourense 1915, avogado e político galego)? --. HombreDHojalata.conversa 22 de xaneiro de 2022 ás 11:32 (UTC)
- Ola @HombreDHojalata, que tal? Sen buscar máis, xa che digo que non. Ou sexa, creo que só hai dous varóns en Galicia de máis de 105 anos, segundo un grupo de traballo que se encarga de actualizar as idades dos centenarios. Pero data exacta da morte do paisano non a teño. Imaxino que ti xa o googleaches do dereito e do revés. Xabier Cid Talk 2 me, please 22 de xaneiro de 2022 ás 15:32 (UTC)
falecementos
editarPasóuseche actualizar este: https://www.cope.es/religion/hoy-en-dia/iglesia-universal/noticias/fallece-sarriano-ramon-lopez-carrozas-obispo-emerito-brasil-20180501_1850207 Saúdos! Zaosbot (conversa) 4 de abril de 2022 ás 18:52 (UTC) e este https://www.farodevigo.es/galicia/2014/02/08/muere-luis-carrera-pasaro-exdirector-17284043.html Maria zaos (conversa) 4 de abril de 2022 ás 20:28 (UTC)
Majange Pardo
editarBoas, o artigo Majange Pardo, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Zaosbot (conversa) 4 de abril de 2022 ás 19:18 (UTC)
Manuel Fernández Amado
editarBoas, o artigo Manuel Fernández Amado, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Zaosbot (conversa) 4 de abril de 2022 ás 19:22 (UTC)
LeöKCh
editarBoas, o artigo LeöKCh, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Zaosbot (conversa) 4 de abril de 2022 ás 19:36 (UTC)
Xoán Mourón
editarBoas, o artigo Xoán Mourón, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Zaosbot (conversa) 4 de abril de 2022 ás 19:37 (UTC)
María Maceiras
editarBoas, o artigo María Maceiras, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Zaosbot (conversa) 4 de abril de 2022 ás 19:49 (UTC)
Xosé Castro (fotógrafo)
editarBoas, o artigo Xosé Castro (fotógrafo), que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, Zaosbot (conversa) 9 de abril de 2022 ás 15:13 (UTC)
votación para borrado
editarOla! Propuxen para borrado o artigo que creaches Dolores Leis. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2022 ás 18:14 (UTC)
Administración
editarOla, Xabier. Veño de pechar Wikipedia:Votacións á administración/Eleccións porque excedía o prazo, e a cuestión é que non sei cal é o procedemento a seguir agora para "lle da-los botóns" de administrador a Estevo. Pódesmo indicar como é? Un saúdo. --MAGHOI (conversa) 16 de maio de 2022 ás 11:04 (UTC)
Ola, MAGHOI, xa o fixen eu. :) Moitas grazas ñor avisares. Non teño moi claro que ti teñas permisos para facelo, :) pero se despois con pacencia o miro, cóntoche como é. Apertas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 18 de maio de 2022 ás 06:05 (UTC)
Autorización permisos burócrata a Estevoaei
editarBo día, Xabier. Veño de pechar esta votación pola que a comunidade acordou que o usuario Estevoaei obteña os permisos de burócrata. Por favor, cando poidas actívalle o novo estado. Graciñas!--Maria zaos (conversa) 7 de xuño de 2022 ás 10:49 (UTC)
- Boas de novo, @Xabier Cid. Agardo que esteas ben. Lémbroche que o próximo día seis cumprirase un mes dende que a comunidade aprobou os novos permisos de burócrata para @Estevoaei. Seica non están activos, polo que che pido que llos actives o antes posible, xa que o seres ti neste momento o único burócrata da comunidade ninguén máis pode facelo. Envioche copia desta mensaxe coa función de "enviar correo electrónico a este usuario". Moitas grazas . Saúdos! Maria zaos (conversa) 30 de xuño de 2022 ás 21:53 (UTC)
Grazas Maria zaos. As miñas desculpas polo retraso aos dous, e á comunidade. --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de xullo de 2022 ás 08:07 (UTC)
Grazas a ti, Xabier. Espero que todo vaia ben. Aperta! Maria zaos (conversa) 2 de xullo de 2022 ás 10:47 (UTC)
Segunda División RFEF
editarBoas tardes!. Respecto ás túas edicións na Segunda B e Segunda RFEF, cómpre que lle botes un ollo ao que acertadamente comentou Jorges65 aquí. Basicamente que a antiga Segunda B non desapareceu, simplemente cambiou de nome (e de formato de competición). De feito, na referencia que aportas no artigo que creaches podes ver que a Federación fala de "Segunda División B (Segunda RFEF)". Menciónanse ambos nomes no resto de documentos oficiais da RFEF, e mesmo na páxina da competición (aquí).
O que penso que habería que facer sería eliminar a páxina "Segunda División RFEF" e colocarlle ese nome á Segunda División B. E amañar ese barullo de redireccións, etc. Como o ves? Saúdos. Xanetas (conversa) 22 de agosto de 2022 ás 18:05 (UTC)
- Ola, Xanetas. Moitas grazas polo teu comentario. O que dis faime ver as cousas doutro xeito. Eu movino por dúas razóns:
- sentido: a "Segunda B" chamánse así porque viña despois da "Segunda". A "Segunda Federación" entendo que é a liga que vén despois da "Primeira Federación".
- coherencia coas demais wikipedias e wikidata, que optaron por considerar esa competición extinta.
- Creo que é posible que nesta conversa inflúan algo nesgos competitivos (incluso os meus), así que lle vou dar unha pensada e ao longo deste martes miro unha solución máis sólida. Moitas grazas de novo por dicírelo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 23 de agosto de 2022 ás 04:34 (UTC)
- Que a Segunda Federación vén despois da Primeira Federación é lóxico, non entendo o que queres dicir con iso. Tal vez non me expliquei ben, eu estou de acordo en que o artigo ten que ter ese novo nome (sexa Segunda División RFEF ou Segunda Federación), o que non creo é que deba ter un artigo diferenciado da Segunda B, pois a RFEF deixou bastante claro que é a mesma competición. Ou a competición herdeira en todo caso (do mesmo xeito que a Liga de Campións é a herdeira da antiga Copa de Europa e non teñen cadanseu artigo).
- É certo que noutras wikipedias dividiron os artigos, aínda que tamén xurdiu o mesmo debate.
- Saúdos! Xanetas (conversa) 23 de agosto de 2022 ás 10:28 (UTC)
- Bo día.
- Na páxina Conversa:Segunda Federación deixei varios argumentos e probas a favor de manter a Segunda B e a Segunda RFEF nun único artigo, incluíndo ligazóns a documentos da propia RFEF onde se di que a competición continúa a ser o Campionato Nacional de Liga de Segunda División B, cuxo nome comercial é Segunda Federación RFEF. Gustaríame que os revisases, xa que non quero iniciar unha guerra de edicións.
- Unha aperta. -- Jorges65 (conversa) 5 de setembro de 2022 ás 23:18 (UTC)
Soño dunha noite de San Xoán
editarBoas, o artigo Soño dunha noite de San Xoán, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 25 de agosto de 2022 ás 21:17 (UTC)
Eva Cárdenas
editarBos días! Adín o artigo Eva Cárdenas, no que participaches considerabelmente, ao proxecto Translation of the week en Meta-Wiki. Por iso quería pedirche se podías votar nele aquí para que haxa máis posibilidades da proposta saír para adiante e pois o artigo ser traducido a máis linguas. Moitas grazas! --Brunnaiz (conversa) 30 de agosto de 2022 ás 01:49 (UTC)
- Grazas polo aviso, Brunnaiz. Xabier Cid Talk 2 me, please 30 de agosto de 2022 ás 05:05 (UTC)
Peso Independente
editarBoas, Xabier. Vexo que moviches o meu atigo Peso Independente (Chile) a Peso independente. Non teño nada que obxectar sober a eliminación de "(Chile)", xa que seguro que ignoro algunha convención de Galipedia ao respecto. Porén, paréceme máis discutible quitar a maiúscula de "Independente". Non se trata dun adxectivo que aclare que o peso teña a calidade de "independente", senón que é algo máis parecido a un nome propio (por ser unha moeda propia do Chile independente). Véxoo un caso similar a "Dólar Peace" ou "Moeda dun franco Sementadora". --Moedagalega (conversa) 14 de novembro de 2022 ás 19:14 (UTC)
- Ola Moedagalega. Non son especialista en numismática, e moitas grazas polo comentario que fixeches. Con respecto ao país: se hai varias moedas que se chamen igual, e houbese que distinguilas, pois poderíamos poñer (Chile) entre parénteses. Polo de agora, non sería necesario. Normalmente estas aclaracións deberían ir acompañadas da súa páxina de desambiguación "Peso independente" e aí listar os distintos pesos que se chaman así.
- Con respecto a de se é nome propio... Non podo darche unha respostas tallante, porque a fronteira entre nome común e nome propio non é forte. Por exemplo, temos claro que "dólar australiano", nin dólar nin australiano son nomes propios. Unha das maneiras de saber se é propio ou non debería ser o plural. Por exemplo, se contásemos eses pesos, serían 7 pesos Independiente ou 7 pesos independentes? Son 7 dólares Peace ou 7 dólares peaces (quizais dólares da paz)? Son "pesos convertibles" ou "pesos Convertible"? Se temos un nome propio deberiamos deixalo sen traducir, mentres que se o consideramos nome común debería estar traducido ou, como moito, no caso dunha expresión moi naturalizada, escrito con minúscula e en cursiva. Sen dúbida que a moeda teña o seu nome orixinal en español dilúe aínda máis os límites entre un nome propio e un nome común.
- A analoxía con outras moedas está ben como pista, pero quizais esas que nomeaches tamén estean mal (ou non) e polo tanto copiar simplemente significa tamén copiar os criterios da primeira persoa, que puido estar errada ou non. Xabier Cid Talk 2 me, please 15 de novembro de 2022 ás 09:37 (UTC)
Artigo Sica Romero
editarOla Xabier (tratémonos de ti, que xa nos comunicamos varias veces). Viña a avisarche de que xa pasaron máis de dúas semanas dende que nominaches para borrar o artigo Sica Romero. Eu fixen un par de edicións nel e finalmente decidín cambiar o meu voto para intentar mantelo. Agora técnicamente hai un empate; só falta que un administrador se pase por alí e decida que facer con ese artigo. Mark Gasoline (conversa) 26 de febreiro de 2023 ás 18:39 (UTC)
Ola, Xabier! Xusto pasei polo artigo de Sica Romero que eu mesma creei (nun inicio... que despois houbo moita axuda), e penso que estaría ben, cando haxa tempo, de chegar a unha conclusión sobre se manter ou desbotar o mesmo. Grazas! Zoecarballo (conversa) 3 de marzo de 2023 ás 18:06 (UTC)
- Feito! @Zoecarballo --MAGHOI (conversa) 3 de marzo de 2023 ás 17:31 (UTC)
- @MAGHOI@Mark Gasoline @Xabier Cid Resúltame moi complexo comprender isto. Ata o de agora, escribín dous artigos na Galipedia pensando que pode ser algo bonito que facer... Mais non entendo nada. Alguén pode, por favor, explicarme que se está a facer co artigo de Sica Romero?
- Con estas experiencias non quedan ganas de facer contribución ningunha. Zoecarballo (conversa) 5 de marzo de 2023 ás 16:27 (UTC)
proposta de tradución
editarBoas! veño de atoparme que temos traducións obsoletas na guia do editor visual acó. O que me interesa é sobre todo isto . Semella que determinados modelos de referencias, por falta de documentación do modelo, non poden aparecer no editor visual como aparecen os modelos de citas de libro, novas, publicación periódica. Isto hai que amañalo. Pensei que se podería comezar por actualizar as traducións obsoletas da guía, ou cando menos as deste apartado. Logo a ver se lles dou check e sobre todo, a ver se se actualiza, que as veces non hai maneira. Anímaste? Non semella moito, en principio. Para máis adiante miramos eses fallos dos modelos de referencias e editor visual para levalo na sección técnica da taberna. Pero polo menos que quen lle meta man poida ver as instrucións en galego, non?Que opinas? Saúdos Maria zaos (conversa) 15 de novembro de 2023 ás 21:28 (UTC)
Jorge Saavedra
editarOla.
Por favor, olla isto: [1]. --. HombreDHojalata.conversa 23 de febreiro de 2024 ás 19:08 (UTC)
- Moitas grazas, @HombreDHojalata. Respondido! Xabier Cid Talk 2 me, please 25 de febreiro de 2024 ás 00:03 (UTC)