Wikipedia:Usuarios autoconfirmados
As contas de usuario autoconfirmadas son aquelas contas de usuario que pasan certos requirimentos de antigüidade e mais de número de edicións. Cada vez que o usuario ou usuaria leve a cabo unha acción restrinxida comprobarase automaticamente se está autoconfirmado: xa que logo, este status de usuario non o concede ningún humano, senón o software, e unha vez que se consegue xa non se pode perder. Os requirimentos precisos para acadar o status de usuario autoconfirmado varían segundo as circunstancias: para a maioría dos usuarios da Galipedia, as contas que teñen máis de 4 días de antigüidade e realizaron, polo menos, 10 edicións, pasan a ser autoconfirmados. Non obstante, os usuarios que editan mediante unha rede Tor están suxeitos a normas máis estritas para a súa autoconfirmación: 90 días e 100 edicións.
O status de "autoconfirmado" permite:
- Mover páxinas.
- Editar páxinas semiprotexidas
- Subir ficheiros
- Subir unha nova versión dun ficheiro xa existente.
- Engadir ligazóns externas e outros elementos semellantes sen ter que teclear o código CAPTCHA de comprobación.
- Gardar a páxina directamente sen revisala antes obrigatoriamente.
Antes de novembro de 2016, tanto os usuarios confirmados como os autoconfirmados podían marcar as páxinas novas como verificadas. Agora o permiso de verificación varía en función das distintas wikipedias. Na Galipedia son verificadores os administradores e administradoras.