administración

Estevoaei☛ ☏ para o que queiras...

Arquivo de mensaxes antigas:
desde agosto do 2007

Artigo Ponte de Catoira

editar

Polo momento rematei de escribir un artigo. Bótalle un ollo se podes, e dime que che parece. Saúdos. ommrianxo

Dificultades

editar

Xa rematei a edición, cómo a publico para o resto do mundo? Martiño gz65 (conversa) 2 de febreiro de 2024 ás 01:04 (UTC)Responder

@Martiño gz65: desde a páxina que creaches, Usuario:Martiño gz65/Cruz Cafuné, se lle dás á opción "Mover" (debe aparecerche xunto a "Editar" e "Ver historial"), xa che pregunta cal novo título queres darlle, e abonda con que poñas simplemente Cruz Cafuné. Así consérvase o historial, e sábese que a información a tomaches orixinalmente do artigo en castelán. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de febreiro de 2024 ás 08:05 (UTC)Responder
Non me aparece "mover", nin nada entre "editar" e "ver historial" Martiño gz65 (conversa) 2 de febreiro de 2024 ás 16:12 (UTC)Responder

Rolo de León

editar

Ola, non está moi claro o borrado do artigo Rolo de León, artigo con referencia e ampliación na Wikipedia en galego, cal foi o motivo do borrado? https://gl.m.wikipedia.org/wiki/Rolo_de_Le%C3%B3n 190.219.223.169 9 de febreiro de 2024 ás 13:57 (UTC)Responder

Axuda con tres asuntos de edición

editar

Boas. Son Andrés. Metín as miñas 3 primeiras páxinas (traducións de outras existentes).

Subinas mais hai 3 cousas que non fixen porque non sei como, a ver se alguén me pode axudar:

  1. Non sei meter os outros idiomas nos que está a páxina e non sei na páxina de inglés meter que está tamén en galego.
  2. Nos códigos de edición hai unha cousa que se chama "modelo" que non me colle, son como características especiais, por exemplo: aparece un recadro que pon "problema non resolvido en matemáticas". A min sempre me dá erro.
  3. Teño unha páxina "cobertura" que debería ter desambiguación e ser "cobertura_(matemáticas). Pois iso, tampouco non sei.

Atentamente.

Andrés Andresv.63 (conversa) 21 de febreiro de 2024 ás 09:30 (UTC)Responder

Ola, @Andresv.63: Coméntoche:
1. Respecto a ligar o artigo en galego cos artigos noutras linguas, faise a través de Wikidata. Por exemplo, o artigo Terence Tao en Wikidata correspóndelle o elemento d:Q295981, e aí van os links. Pódese facer tamén doutros modos: a) se empregas o propio tradutor da Wikipedia (Especial:ContentTranslation), ao traducir un artigo ao galego xa o enlaza co orixinal; b) nun artigo que aínda non estea enlazado (por exemplo, Cobertura), na columna da esquerda, debaixo das ferramentas, aparecen as linguas, e aí debería aparecer "engadir ligazóns" (aínda que non teño moi claro se che aparece isto, porque eu teño activada a visualización vella das páxinas).
2. Aquí non podo axudarche moito, posto que non controlo moito de editar en código, e menos aínda de matemáticas, polo que non sei exactamente onde está cada problema :/
3. En Cobertura (e en calquera outro artigo), na parte superior, ademais da lapela "Artigo", "Conversa", "Editar", "Editar a fonte" e "Ver o historial" debería aparecerche a opción "Mover". Se clicas aí, podes poñer o novo título do artigo, neste caso Cobertura (matemáticas).
Agardo que me explicase ben e non resultase todo moi enredado. Un saúdo, e parabéns polas túas achegas! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de febreiro de 2024 ás 09:51 (UTC)Responder
Perfeito! linguas e máis desambiguación solucionado. Na versión actual o dos links das línguas está na dereita e alén diso despista que enriba dá outra opción de agregar linguas que non fai nada (ata onde eu chego)
Graciñas. Andresv.63 (conversa) 21 de febreiro de 2024 ás 10:18 (UTC)Responder
Teño un incidente. Por primeira vez usei o tradutor que oferece a propia Wikipedia para traducir On-Line_Encyclopedia_of_Integer_Sequences e agora resulta que lle deixou ese título e cando vou á opción "mover" e quero modificar por "OEIS" ou por "Enciclopedia online das secuencias de enteiros" dime esa páxina non existe"
Graciñas pola axuda.
Andrés Andresv.63 (conversa) 21 de febreiro de 2024 ás 20:10 (UTC)Responder
@Andresv.63: Non entendo ben; creaches o artigo On-Line Encyclopedia of Integer Sequences, e queres movelo a OEIS ou Enciclopedia Online de secuencias de enteiros, non? Ningún dos dous artigos existe, co cal deberías poder movelos. Non obstante, eu deixaríao en inglés se non hai referencias para o seu nome en galego; e deixaría o nome completo en vez das iniciais. En todo caso, de traducilo poría "Enciclopedia en liña de secuencias de enteiros, pero coido que mellor sería deixalo co nome orixinal. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de febreiro de 2024 ás 23:38 (UTC)Responder
ok, pois deixo así logo.
Graciñas Andresv.63 (conversa) 22 de febreiro de 2024 ás 00:04 (UTC)Responder
boas. Desculpa que che moleste outra vez.
Para que non me apareceran en vermello as referencias a unha revista americana traducín a páxina The American Mathematical Monthly e resulta que ten unha imaxe con datos que só podo modificar desde https://www.wikidata.org/wiki/Q2707818 e aparecen tres ligazons de google que no serven para nada e quero eliminar, mais non sei se esa páxina é para todos os idiomas e vou amolar a alguén que si as queira, Nese caso debería haber un método para non mostralas en galego. De feito ollei para outros idiomas e non aparecen. Sorpresa ... ???
Graciñas por anticipado pola túa axuda
Andres Andresv.63 (conversa) 22 de febreiro de 2024 ás 13:27 (UTC)Responder
Ola, @Andresv.63: Estiven a fedellar no artigo de The American Mathematical Monthly, e non son quen de facer que apareza só un link (non sei se @HombreDHojalata: podería saber onde está o problema). De todos os xeitos, efectivamente as ligazóns que había a Google Books eran incorrectas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 22 de febreiro de 2024 ás 16:22 (UTC)Responder
Ao final parece que o conseguiches. Xa non aparecen as ligazóns riñas. Por certo conseguín algo co de incluír modelos. Resulta que se meten a través de páxinas que se chaman por exemplo Modelo:Mvar (esa conseguín que funcionase), máis hai outra que tentei que se chama "Descrición curta" que en vez de meter a descrición mete a páxina enteira. Está explicado aquí https://en.wikipedia.org/wiki/Help:Template e tamén en galego en Axuda:Modelos mais non me entero completamente porque as páxinas mesturan o propio modelo con explicacións e despois aparece todo na páxina en vez de só o modelo. Pode ser cousa de que ás veces teñen subpáxinas coa documentación. Non sei.
Un saúdo. Andrés. Andresv.63 (conversa) 23 de febreiro de 2024 ás 08:04 (UTC)Responder

Juan Abarca Cidón y e publicacións

editar

Grazas polo aviso, xa cambiei o texto polo orixina en castelán OTitanic (conversa) 13 de marzo de 2024 ás 09:00 (UTC)Responder

Edición Arce

editar

Cal foi o problema ca miña edición sobre Arce? 83.37.134.238 18 de marzo de 2024 ás 21:50 (UTC)Responder

boas, sigo esperando unha resposta 195.57.25.245 12 de abril de 2024 ás 14:15 (UTC)Responder


@83.37.134.238:/@83.37.134.238: Xa se che indicou en Conversa usuario:83.37.134.238: bótalle un ollo a Wikipedia:Citar as fontes e Wikipedia:Verificabilidade. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de abril de 2024 ás 15:00 (UTC)Responder

Sleim Ammar

editar

Buenas dias, querido Estevoaei, como estàs? Yo bien!

He abierto esta nueva pagina, y te pido, por favor, 4 minutos por un contextito rapido. Estoy disponible contextar-te en Italiano. Muchas gracias y hasta luego. Rei Momo (conversa) 25 de marzo de 2024 ás 07:27 (UTC)Responder

Hola querido... 😞 mas yo he colocado, en mi primera edizione, el avviso de autoriale, en las nota.
No lo se porque ahora no està mas. Rei Momo (conversa) 25 de marzo de 2024 ás 20:38 (UTC)Responder
Buenas dias nuevamente! He recolocado en NOTAS el aviso de autoria, esperando que no sea tirado. Muchas gracias. Rei Momo (conversa) 26 de marzo de 2024 ás 06:36 (UTC)Responder
  Feito! Rei Momo (conversa) 26 de marzo de 2024 ás 07:30 (UTC)Responder

Cambio de categoría dos 3 artigos das estradas

editar

Ola, Estevo:

Quería comentarche que modifiquei só 3 artigos que non lle pertencía a rede secundaria das estradas da Xunta de Galicia porque o cambiou a tipoloxía de forma oficial.

Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 12 de abril de 2024 ás 08:34 (UTC)Responder

@Autopistero20502020: Fantástico! Mil grazas por estar pendente, porque movín os artigos de forma automática conforme á vella categorización. Estou a crear categorías por provincias, a ver como vai quedando. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 12 de abril de 2024 ás 08:41 (UTC)Responder

Anxo Xesteira Serrano

editar

Ola Estevo. Vinche editando no artigo dese músico, pero non quitaches o marcador que puxen. Cres que é enciclopédicamente relevante? É fillo dun señor que está biografado na Galipedia, pero non estou seguro de que o artigo sexa relevante. Vin que lle fixeches melloras e que o creou o propio biografado. Que opinas? Sácolle o marcador? Espero a túa resposta. Mark Gasoline (conversa) 18 de abril de 2024 ás 17:08 (UTC)Responder

Bo día, @Mark Gasoline:. Artigo xa borrado, grazas pola preocupación. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de abril de 2024 ás 06:40 (UTC)Responder
OK. Saúdos. Mark Gasoline (conversa) 19 de abril de 2024 ás 06:42 (UTC)Responder

As Eiroas

editar

Boas Estevo, acabo de ver que mudaches o pé de foto do estadio no artigo do Bergantiños Fútbol Club. Se ben eu sempre dixen "das Eiroas" (aínda que só entrei unha vez jajaja), no pé puxen Estadio Municipal As Eiroas porque é o nome que se ve na propia imaxe e o que emprega o propio Concello de Carballo (podes ver aquí), co cal creo que o deberías mudar outra vez a como o puxera inicialmente, por raro que poida soar. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de abril de 2024 ás 12:26 (UTC)Responder

Se concordamos nisto habería que pensar en mover todos os artigos a "As Eiroas". Piquito (conversa) 26 de abril de 2024 ás 12:29 (UTC)Responder
Ola, @Piquito:; cando un recinto deportivo leva como nome un topónimo (Balaídos, Riazor, O Couto, As Eiroas) engádeselle preposición se se indica o tipo de recinto ("xogaron no campo do Couto", "presentouse no estadio de Balaídos"...), pero se leva o nome dunha persoa (Verónica Boquete, Arsenio Iglesias) non fai falta ("a final foi no campo Verónica Boquete"). Se non se indica o tipo de recinto, senón só o nome, con topónimo engádese preposición ("xogaron na Lomba") pero con nome de persoa engádese preposición e artigo ("xogaron no Arsenio Iglesias"). Algo similar ao que pasa en Carballo pasa en Pontevedra: na fachada (imaxe) pon só "Estadio Pasarón", pero o artigo é Estadio Municipal de Pasarón. Etcétera. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 26 de abril de 2024 ás 12:39 (UTC)Responder

Fotos

editar

Ola! Unha preguntiña: para cambiar a foto no perfil de Quim Farinha como podo facelo? Wikipedia non me deixa subir unha que envioume Quim (e máis profesional)

Moitas grazas

Un saudo. Vntsrr (conversa) 3 de maio de 2024 ás 10:06 (UTC)Responder

Ola, @Vntsrr:. A foto debe subila a Wikimedia Commons (formulario de subida) a persoa que fixo a foto, pois é quen conta cos dereitos de autoría da mesma. Outra opción é que a persoa autora da foto envíe un mail a [email protected] (o procedemento explícase aquí). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 3 de maio de 2024 ás 11:28 (UTC)Responder

Chiari

editar

Hecho!!! Muchas gracias, y hasta luego. Rei Momo (conversa) 6 de maio de 2024 ás 10:43 (UTC)Responder

Corrección dos 3 modelos

editar

Ola, @Estevo:

Hai 3 modelos das parroquias que debe de corrixir porque non debe de xuntarse o espazo con cómaa, pero o problema é que afectarán a moitos lugares das parroquias, polo menos que podes crear un bot para que o modifique esta corrección, aforrado o tempo de modificar artigo por artigo.

Pásolle a lista dos 3 modelos afectados:

O que sería para corrixir con espazo:

  • {{Lp Ferreira, San Sadurniño}}
  • {{Lp Igrexafeita, San Sadurniño}}
  • {{Lp Lamas, San Sadurniño}}

Moitas grazas e moitos saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 19 de maio de 2024 ás 17:15 (UTC)Responder

Ola, @Autopistero20502020:; non hai problema porque haxa ese problema nun modelo; tamén hai outros sen espazos, como Modelo:FormatoWiki. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de maio de 2024 ás 17:56 (UTC)Responder
Ola de novo:
De acordo, póñolle o aviso de FormatoWiki.
Grazas de novo e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 19 de maio de 2024 ás 19:07 (UTC)Responder
Non, non @Autopistero20502020:; referíame a que non pasa nada porque non haxa espazo. O título de Modelo:FormatoWiki vai sen espazo entre "Formato" e "Wiki", e non pasa nada por que non haxa espazo despois da coma nun modelo.
Noutra orde de cousas, anímote a redactar en galego por ti mesmo, sen empregar tradutores automáticos. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 19 de maio de 2024 ás 19:26 (UTC)Responder
Ola de novo:
De acordo, non o fixe o de "libro de estilo", xa entendín deste asunto. Doutra banda, tiven problemas da redacción a debido da miña discapacidade auditiva e dificultades da comunicación. Estou a facer un esforzo, aínda que ás veces, a redacción non lle sae ben en galego e en castelán.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 19 de maio de 2024 ás 21:14 (UTC)Responder

Dúbida sobre a toponimia do concello de Valdoviño

editar

Ola, @Estevo:

Teño unha dúbida, estiven creado os novos artigos que pasei polo concello de Valdoviño e teño unha dúbida sobre os 3 lugares da seguinte lista:

Reviseino na web de toponimia de Galicia, e estaba buscado moitas veces para atopar estes 3 lugares e non lle figura (tampouco esta rexistrado na IGE, nin a INE). Quería conseguir as coordenadas para Wikidata, pero como non existe na toponimia, estes lugares non se se existiron hai tempo ou deixaron de existir, como facemos?

Grazas e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 20 de maio de 2024 ás 08:31 (UTC)Responder

Ola, @Autopistero20502020:. Os lugares aparecen recollidos no Nomenclátor de Galicia, que é a fonte oficial. No Nomenclátor hai diversos erros, pero ata que non se corrixan e se actualicen é complicado analizar cada caso polo miúdo. De momento quedan en Categoría:Wikipedia:Valdoviño sen coordenadas (á súa vez esta categoría está en Categoría:Wikipedia:Lugares da provincia da Coruña sen coordenadas, e esta en Categoría:Wikipedia:Lugares de Galicia sen coordenadas), onde se van recollendo os diversos artigos de lugares que, por diversas circunstancias, non teñen coordenadas en Wikidata. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 20 de maio de 2024 ás 08:39 (UTC)Responder
Ola de novo:
De acordo, deixámolo así ata que llo actualicen.
Grazas de novo e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 20 de maio de 2024 ás 08:49 (UTC)Responder

Report

editar

Hello,

Please check this user for vandalism: Especial:Contribucións/2A02:9130:9422:7064:17D4:9D5F:115D:3C71

Thank you. Ternera (conversa) 31 de maio de 2024 ás 16:05 (UTC)Responder

Creación novos artigos dos lugares de Galicia sen incluír datos da poboación

editar

Ola, @Estevo:

Estiven traballado na creación dos novos artigos (ata o de agora completei os lugares do concello de Santa Comba, seguindo por orde das comarcas de Galicia desde o principio ata o final, non por cada concello) dos lugares de Galicia con todos os datos, pero deime en conta de que onte, o usuario Breogan2008, estivo traballado tamén o mesmo que estaba a facer eu, pero sen incluír os datos da poboación de IGE e algúns homónimos non engadira os lugares que lle faltaron. Doulle un exemplo, no concello de Ortigueira, creo que calculo sobre uns 250 ou 300 lugares creados por novos artigos que non incluíron a poboación e iso dálle bastante traballo para incluír a poboación, incluíndo o código INE no Wikidata. Ademais, fixeime ultímalas contribucións que estivera traballado moitos lugares desde Mazaricos ata Santa Comba (nas dúas últimas semanas). Ollo ao dato, estábame lembrado de cando estiven traballado no concello do Pino que case todos os lugares non engadiron as coordenadas, ao que tiven que engadir eu todos o que faltaron. Preocúpame de que os que crearon Breogan2008 non revisaría no Wikidata se lle falta ou non, as coordenadas.

Xa me dirás e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 2 de xuño de 2024 ás 11:33 (UTC)Responder

Ola, @Autopistero20502020: Como che comentara en Conversa usuario:Autopistero20502020#Estradas de Galicia sen imaxes, o Usuario:Breogan2008 xa levaba tempo traballando nos Lugares de Galicia; antes diso, a Usuaria:Maria_zaos creara en Wikidata os elementos correspondentes, e Breogán foinos enlazando. Agora mesmo (segundo esta busca) hai na Wikipedia en galego 36 839 artigos de lugares de Galicia con coordenadas, e os que faltan están -por diversos motivos- en Categoría:Wikipedia:Lugares de Galicia sen coordenadas. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 2 de xuño de 2024 ás 15:23 (UTC)Responder
Ola de novo:
Vale, entendo, vexo que esta todo controlado. Bueno, vou seguir completado aos poucos, o resto dos lugares que non están creados.
Grazas e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 2 de xuño de 2024 ás 16:48 (UTC)Responder

Pedro Gómez Sarmiento

editar

Grazas! Agremon(contacto) 2 de xuño de 2024 ás 15:40 (UTC)Responder

Misturado!

Error á hora de traducir un artigo

editar

Ola, @Estevoaei

Estou tratando de traducir un artigo do castelán ao galego, pero cando lle dou a publicar sáeme o seguinte error:

'Os filtros automáticos de edicións identificaron contido problemático na súa tradución. Detalle no filtro: Caracteres repetidos'

Que necesito cambiar ao artigo para que este error non me salte e poida publicalo? PSPX10 (conversa) 14 de xuño de 2024 ás 14:09 (UTC)Responder

Ola, @PSPX10:! Cal artigo é? Ao ser un artigo relacionado coas matemáticas, podería ser que o filtro detectase que algunha función son caracteres repetidos :/ Non teño moi claro cales son os criterios que se empregan. Sería viable que copiases o texto e o pegases creando o artigo de cero, en vez de empregando a ferramenta de tradución? Sinto o enredo. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de xuño de 2024 ás 16:13 (UTC)Responder
Ola de novo @Estevoaei, o artigo é o da Función de Ackermann, o artigo en castelán posúe moitas tablas con datos, entendo que entón o problema ven de ahí. Moitas grazas por contestar, entón xa creo a páxina dende cero co que xa teño. PSPX10 (conversa) 14 de xuño de 2024 ás 16:21 (UTC)Responder
Ola de novo @Estevoaei, o que fixen foi o seguinte, publiquei a páxina sen a táboa que me daba problemas, o editalo e querer engadila, volveu a saltar o mesmo erro, agora dí:
'Esta acción foi identificada automaticamente como prexudicial e por iso non está permitida. Se cre que a súa acción foi construtiva, por favor, informe a un administrador do que estaba intentando facer. Velaquí hai unha breve descrición da regra de abuso coa que coincide: Caracteres repetidos'
Dado que esa parte do artigo non é de extrema importancia, non é moi grande o problema de que non apareza. PSPX10 (conversa) 14 de xuño de 2024 ás 19:26 (UTC)Responder
Boas @PSPX10 e @Estevoaei.
Como eu estou actualmente activo traducindo páxinas de mates podo axudar a PXP10, de feito estouche correxindo algunha cousa pequena das que fixeches. Agora ía tocar a da Función de Ackermann mais díxome que estaba actualmente en edición, así que vou esperar a que remates ou me digas.
Por certo Estevo, acho que hai que marcar como para eliminar a de Usuario:PSPX10/Función de Ackermann que ficou así co título raro xuntando usuario co título.
un saúdo Andresv.63 (conversa) 15 de xuño de 2024 ás 06:18 (UTC)Responder
@Andresv.63: Grazas polas correccións. As edicións de @PSPX10: enmárcanse no I Concurso de Edición da Galipedia. As túas achegas nos artigos relacionados coas matemáticas serán máis que benvidas. Expliqueilles ás persoas participantes que poden empregar o modelo {{enuso}} para cando están a editar un artigo, e expliqueilles que poden empregar as subpáxinas Usuario:Nome/Título de artigo para faceren probas de edición. Esas subpáxinas hanse borrar a posteriori. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de xuño de 2024 ás 07:48 (UTC)Responder
@Estevoaei . Ok, entendido. Aos de mates podes dicirlles que me consulten a min, estarei atento mais ou menos un día de cada dous ou tres, despois onde non chegue eu que che consulten a ti. Podes dicirlles que cren páxina de usuario e así abro conversa nas súas páxinas. Por exemplo teño unhas cantas dicas que lle podo dicir a PSPX10 mais non ten creada páxina de usuario. Eu normalmente traduzo do inglés e teño localizados varios fallos típicos que lles podo comentar (hai que ter coidado na: bibliografía, nas referencias a outras páxinas e é mellor seleccionar o google translator entre as ferramentas que trae por defecto ,,,, e varias cousas máis). E tamén darlles a estrutura do final que é diferente na wiki galega:
== Notas ==
{{reflist|30em}} {{Reflist|group=groupname}}
== Véxase tamén ==
Ligazóns, se procede, aos proxectos irmáns da Galipedia: {{Commonscat}} ou {{Commons}}
=== Bibliografía ===
  • Recoméndase empregar os marcadores {{Cita libro}} e/ou {{Cita publicación periódica}}.
=== Outros artigos ===
  • Ligazóns entre [[ ]].
=== Ligazóns externas ===
  • Ligazóns entre [ ].
{{control de autoridades}}
saúdos
Andresv.63 (conversa) 15 de xuño de 2024 ás 08:03 (UTC)Responder
@Andresv.63: non é preciso que creen páxina de usuario para poder deixarlles mensaxes nas súas páxinas de conversa. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de xuño de 2024 ás 08:10 (UTC)Responder

Borrar páxina

editar

Bos días, @Estevoaei

Acabo de traducir o artigo "hexagonal number" do inglés ao galego, non me din conta e ten mal o título, chámase Hexagonal Número cando debería de ser "Número hexagonal", preciso de que ou se lle cambie o nome ou se elimine.

Desculpa, e moitas grazas PSPX10 (conversa) 27 de xuño de 2024 ás 10:49 (UTC)Responder

Ola, @PSPX10:   Feito! Movín o contido a número hexagonal. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 27 de xuño de 2024 ás 10:50 (UTC)Responder

imaxes en artigos de lugares

editar

Boas. Pois tratarei de ir facéndoo pouco a pouco. Grazas polo aviso. Jglamela (conversa) 15 de xullo de 2024 ás 12:34 (UTC)Responder

Caranza ou Carancia

editar

Ola @Estevoaeinon atopei a referencia onde está o nome de Santa María de Carancia (e non Caranza). A nota leva a unha web do IES Ricardo Carvalho Calero, pero non vexo o do nome do século IX...se podes engadir ou confirmar. Graciñas Moniquiña (conversa) 30 de xullo de 2024 ás 16:15 (UTC)Responder

Ola, @Moniquiña:! Nas mencións ao topónimo Caranza na web da AGOn non se explica a orixe. Porén, si que aparecen mencións a Carancia no CODOLGA, pero non teño claro o do século IX. Se cadra pode eliminarse a mención ou incluír o Modelo:Cómpre referencia. Grazas por estar atenta! Saúdos!! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de xullo de 2024 ás 16:59 (UTC)Responder

Editei como usuario anónimo por erro.

editar

Bos días. Comecei a editar o artículo de RISC pensando que tiña a sesión iniciada pero o publiquei como usuario anónimo. É posible solucionar isto? Moitas grazas. Xabi777 (conversa) 21 de agosto de 2024 ás 08:34 (UTC)Responder

Ola, @Xabi777: Non pasa nada, sigue editando o artigo, indicando de onde tomas a información, e anota en Wikipedia:I Concurso de Edición da Galipedia que o comezaches ti. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 21 de agosto de 2024 ás 08:42 (UTC)Responder

Os paseados en Rianxo

editar

Deixovos unha ligazón por se é do voso interese: https://concelloderianxo.gal/ospaseadosenrianxo

Un saúdo. --Dodro (conversa) 18 de outubro de 2024 ás 15:27 (UTC)Responder

Trillo Torres

editar

Atopei unha esquela que coincide coa edición de onte sobre a súa morte.

Un saúdo. --Dodro (conversa) 23 de outubro de 2024 ás 07:41 (UTC)Responder

Río Jarama

editar

Ola, @Estevo:

Como estás?, teño unha dúbida, o río Jarama, segundo a tradución en galego, debe de ser Xarama, pero non o atopo a fonte fiable, é posible que ten que ser Jarama ou Xarama?

Grazas e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 29 de outubro de 2024 ás 09:55 (UTC)Responder

Ola, @Autopistero20502020: Para o caso concreto que sinalas, a Diciopedia do século 21 dá como nome en galego "Jarama". Para outros casos, como se sinala en Wikipedia:Toponimia, "Se non existe nome galego coñecido e referenciado, emprégase como título da páxina o nome oficial do territorio. Se este nome fose escrito noutro alfabeto, empregarase a transliteración máis habitual." Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 29 de outubro de 2024 ás 10:15 (UTC)Responder
De acordo, entendo, moitas grazas pola información e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 29 de outubro de 2024 ás 10:37 (UTC)Responder

Dúbida sobre a toponimia das serras, vales, montañas, portos, etc.

editar

Ola, @Estevo:

Como estás?, mirei que creara os artigos das serras da Comunidade de Madrid, pero a toponimia está en galego, iso é valido?, tamén podería ser valido aos vales, montañas etc... É porque creei 2 artigos de forma accidental coa toponimia en castelán ao Corredor del Henares e Valle del Lozoya, xa que non me fixaba que xa existía os artigos, pero coa toponimia en galego. Como facemos?

Grazas e saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 30 de outubro de 2024 ás 09:03 (UTC)Responder

@Autopistero20502020: a toponimia da xeografía física ten dous elementos, un xenérico que se traduce (praia, val, monte...) e outro que non. Xa que logo, os títulos deben ser Val do Lozoya e Corredor do Henares. Se te equivocas e creas un artigo que xa existe, en vez de non eliminar o contido existente e crear unha redirección debe manterse o contido e fusionar os dous artigos. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de outubro de 2024 ás 09:17 (UTC)Responder
De acordo, grazas. Con este caso, os vales, serras, montañas, portos, etc., permítese en galego, aínda que os concellos só ten que ser en castelán, falado dentro da Comunidad de Madrid.
Non son un experto das toponimias, pero ás veces podo cometer un erro, o que pasa é que non existe unha lista da toponimia que é valido oficialmente en galego, ás outras comunidades autonómicas de España. Busqueino por Google e non o atopo. Se terei algunha dúbida, consultareicho antes, mellor.
Saúdos. Autopistero20502020 (conversa) 30 de outubro de 2024 ás 09:23 (UTC)Responder

Colapso do teito da estación de tren de Novi Sad

editar

Sorry for writing in English. Can you fix article? Thanks in advance. Not a spam. 188.255.145.157 6 de novembro de 2024 ás 22:15 (UTC)Responder

Sagas familiares

editar

Boas Estevoaei! Primeiro dicir que non son historiador nin ningún experto na Coruña, pero mirei nalgúns libros que teño pola casa.

En canto aos Linares Rivas, segundo Alcaldes coruñeses, de Alfonso González Catoyra, Maximiliano Asúnsolo Linares Rivas era fillo de José Asúnsolo Obanza, neto de Maximiliano Linares Rivas e sobriño neto de Aureliano Linares Rivas.

Sobre os Hervada, en Biografías coruñesas aparecen os dous, mais non se menciona ningunha relación. Si di que Enrique Hervada era fillo de Hilario Hervada Tejero, natural de Tamariz de Campos (Valladolid), que se trasladara moi novo á Coruña. Busquei no INE e actualmente o apelido Hervada ten a súa maior porcentaxe na provincia de Valladolid. Segundo o IGE en Galicia só ten presenza na Coruña, Oleiros e Vigo, así que non descartaría que houbese algún parentesco, mais non atopei nada concreto.

Espero que che valla a información. Un saúdo Jglamela (conversa) 20 de novembro de 2024 ás 17:20 (UTC)Responder

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia

editar

Ola, moi bos días, compañeiro Estevo!

Ten vostede razón, moitas grazas por comentarmo. Adoito redactar unha aclaración no historial inicial do artigo, aclarando que son obras derivadas; esta vez paseino por alto, non foi de mala fe. Deixei a seguinte mensaxe na páxina de discusión: Este artigo contén unha tradución derivada de «Канесе, Аркимедес» de Wikipedia en ruso, publicada polos seus editores baixo a licenza CC BY-SA.

Teña vostede moi boa xornada, abrazos! --Guarandu (conversa) 30 de novembro de 2024 ás 15:55 (UTC)Responder

Ana Sigüenza

editar

Boas, o artigo Ana Sigüenza, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 3 de decembro de 2024 ás 21:17 (UTC)Responder