Skyliners Frankfurt
O Skyliners Frankfurt, coñecido por motivos de patrocinio como Fraport Skyliners, é un club profesional de baloncesto alemán da cidade de Frankfurt, no estado de Hessen. Actualmente xoga na Basketball Bundesliga (BBL), a máxima categoría do baloncesto xermano. No ano 2000, tan só un ano despois da súa fundación, o club gañou o seu primeiro título ao conseguir a Copa de Alemaña e catro anos despois, en 2004, a súa primeira Liga. O seu estadio como local é o Fraport Arena, recinto con capacidade para 5 002 espectadores.
Fraport Skyliners | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL |
Fundación | 1999 |
Cores | Azul, branco, laranxa |
Adestrador | Diego Ocampo |
Patrocinador | Fraport |
Localización | |
Cidade | Frankfurt, Alemaña |
Pavillón | Fraport Arena |
Capacidade | 5 002 |
Inauguración | 1988 |
Campionatos | |
FIBA Europe Cup | 1 (2016) |
Liga | 1 (2004) |
Copa | 1 (2000) |
fraport-skyliners.de |
Historia
editarO equipo naceu en 1999, cando Gunnar Wöbke, exogador e director deportivo do TV Tatami Rhöndorf decidiu trasladar ao equipo desde Bad Honnef, unha localidade próxima a Bonn, até Frankfurt. O TV Tamami Rhöndorf leveba varias temporadas finalizando entre os primeiros lugares da Basketball Bundesliga, máis Wöbke consideraba que o equipo non podía medrar máis na súa actual localización. Así, o obxectivo do traslado era poder utilizar un pavillón grande nunha gran cidade para converterse nun equipo de elite tanto en Alemaña como en Europa. Alén de Frankfurt, foron baralladas outras opcións como Colonia.
O equipo, na súa nova localización e xa bautizado como Skyliners, conseguiu gañar na súa primeira campaña a Copa de Alemaña. No ano 2004 conseguen gañar o seu primeiro título da Bundesliga, gañando nas finais ao Baskets Bamberg por 3−2. En 2005 o equipo repite final, máis estas vez o Bamberg consegue levarse o título por 3−2. Este mesmo resultado repitiríase en 2010, ano no que tamén foron subcampións de Copa. A nivel europeo, os Skyliners conseguiron varias participacións tanto en Euroliga como na Copa Saporta ou a Eurocup. Porén, o seu primeiro grande éxito europeo non chegaría até 2016 cando conseguiron a vitoria na FIBA Europe Cup após venceren na final ao Pallacanestro Varese por 66–62.
Nomes
editarAo longo dos anos, debido a motivos de patrocinio, o equipo foi coñecido como:
- Skyliners Frankfurt (1999−2000)
- Opel Skyliners Frankfurt (2000−2005)
- Deutsche Bank Skyliners (2005−2011)
- Fraport Skyliners (2011−presente)
Temporadas
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Europa | |
---|---|---|---|---|---|---|
1999–00 | 1 | Bundesliga | 3º | Campións | 2 Copa Saporta | OF |
2000–01 | 1 | Bundesliga | 8º | Cuartos | 1 Euroleague | FR |
2001–02 | 1 | Bundesliga | 3º | Terceiros | 1 Euroleague | FR |
2002–03 | 1 | Bundesliga | 7º | 2 ULEB Cup | FR | |
2003–04 | 1 | Bundesliga | 1º | Subcampións | 2 ULEB Cup | FR |
2004–05 | 1 | Bundesliga | 2º | Cuartos | 1 Euroleague | FR |
2005–06 | 1 | Bundesliga | 14th | 2 ULEB Cup | FR | |
2006–07 | 1 | Bundesliga | 13º | |||
2007–08 | 1 | Bundesliga | 4º | 2 ULEB Cup | FR | |
2008–09 | 1 | Bundesliga | 7º | Terceiros | 3 EuroChallenge | FR |
2009–10 | 1 | Bundesliga | 2º | Subcampións | ||
2010–11 | 1 | Bundesliga | 3º | Cuartos | 3 EuroChallenge | FR |
2011–12 | 1 | Bundesliga | 9º | 2 Eurocup | FR | |
2012–13 | 1 | Bundesliga | 15º | |||
2013–14 | 1 | Bundesliga | 11º | |||
2014–15 | 1 | Bundesliga | 6º | 3 EuroChallenge | ||
2015–16 | 1 | Bundesliga | 3º | Terceiros | 3 FIBA Europe Cup | |
2016–17 | 1 | Bundesliga | 10º | 3 Champions League | PO | |
2017–18 | 1 | Bundesliga | 8º | Fase previa | ||
2018–19 | 1 | Bundesliga | 11º | Semifinalistas | 2 EuroCup | T16 |
2019–20 | 1 | Bundesliga | 7º | Oitavos de final | ||
2020–21 | 1 | Bundesliga | 11º | Fase de grupos |
Palmarés
editar- FIBA Europe Cup
- Campión (1): 2016
- Liga de Alemaña
- Campión (1): 2004
- Subcampión (2): 2005, 2010
- Copa de Alemaña
- Campión (1): 2000
- Subcampión (2)': 2004, 2010
Xogadores
editarDestacados
editar- Danilo Barthel 5 temporadas: 2011–2016
- Isaac Bonga 2 temporadas: 2016–2018
- Robert Garrett 3 temporadas: 2002–2005
- Stefano Garris 3 temporadas: 2005–2008
- Alex King 6 temporadas: 2003–2008
- Konstantin Klein 4 temporadas: 2012–2016
- Leon Kratzer 2 temporadas: 2018–2020
- Bernd Kruel 3 temporadas: 2003–2006
- Robert Maras 5 temporadas: 2000–2005
- Kai Nürnberger 4 temporadas: 2099–2003
- Pascal Roller 10 temporadas: 2099–2006, 2007–2011
- Akeem Vargas 2 temporadas: 2018–2020
- Johannes Voigtmann 4 temporadas: 2012–2016
- Aaron Doornekamp 2 temporadas: 2014–2016
- Andrew Kwiatkowski 2 temporadas: 2001–2003
- Philip Scrubb 2 temporadas: 2016–2018
- Mario Kasun 2 temporadas: 2002–2004
- Jukka Matinen 4 temporadas: 2002–2006
- Tyrone Ellis 2 temporadas: 2003–2005
- Malick Badiane 3 temporadas: 2003–2006
- Rudy Mbemba 3 temporadas: 2005–2008
- Kavossy Franklin 2 temporadas: 2004–2006
- Tyron McCoy 2 temporadas: 2000–2002
- Antonio Meeking 2 temporadas: 2005–2006, 2007–2008
- Quantez Robertson '09–presente
- Chris Williams 2 temporadas: 2003–2005
Adestradores
editar- Stefan Koch – 1999–2001
- Gordon Herbert – 2001–2004
- Murat Didin – 2004–2005
- Ivan Sunara – 2005–2006
- Kamil Novak – 2006
- Charles Barton – 2006–2007
- Mike Kalavros – 2007
- Murat Didin – 2007–2010
- Gordon Herbert – 2010–2011
- Muli Katzurin − 2011–2013
- Gordon Herbert – 2013–2019
- Sebastian Gleim – 2019–2021
- Diego Ocampo – 2021–presente
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en alemán)