Basketball Bundesliga

A Basketball Bundesliga, frecuentemente abreviada como BBL e por motivos de patrocinio easyCredit BBL, é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino de Alemaña. A liga consta de 18 equipos, que se disputan o título xogando unha liga regular e un play-off. Ao final da liga, os oito equipos mellor clasificados clasifícanse para o play-off, mentres que os dous últimos clasificados descenden a unha categoría inferior. Os play-offs son xogados en eliminatorias ao mellor de cinco partidos, sendo o equipo que gaña a rolda final proclamado campión alemán da tempada.

Modelo:Competición deportivaBasketball Bundesliga
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFIBA Europa Editar o valor en Wikidata
Liga superiorEuroleague Basketball Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorProA Editar o valor en Wikidata
Número de participantes18 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísAlemaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia1966 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialeasycredit-bbl.de Editar o valor en Wikidata

Ademais da competición de liga, todos os equipos da BBL compiten nunha competición de Copa (BBL-Pokal).[1] Os equipos que compiten no segundo nivel do baloncesto alemán (ProA ou ProB) ou nunha liga rexional máis baixa tamén poden ser elixidos para participar nesta competición. A competición sempre consta de tres eliminatorias de a un partido, engadíndose máis roldas segundo o número de equipos participantes. Os catro últimos equipos dispútanse o título nunha final a catro, que determina quen se leva as medallas de bronce, prata e ouro.

Historia

editar

Esta liga foi creada en 1939, sendo pronto suspendida a causa da segunda guerra mundial, non reiniciándose ata 1947. A partir de 1966 converteuse nunha competición profesional. En 1947, o MTSV Schwabing München converteuse no primeiro campión logo da Guerra que dividíu Alemaña. A creación dunha liga na República Democrática Alemá consistente nunha división Norte e unha división Sur de 10 equipos cada unha, foi creada en 1964 pola Federación Alemá de Baloncesto (DBB). O 1 de outubro de 1966 comezou a primeira tempada da renomeada Basketball Bundesliga. A principios da tempada 1971-72 o número de equipos desta categoría reducíuse a oito equipos. Na tempada 1975-76, a estutura da liga trocou a unha liga de 10 equipos na primeira liga (1. Basketball Bundesliga) e 20 equipos nunha segunda liga league (2. Basketball Bundesliga). Só a segunda liga estaba dividida nunha división Norte e outra división Sur, cada unha delas de 10 equipos.

En 1985 a máxima competición do baloncesto alemán foi ampliada a 12 equipos, dous anos despois, cada unha das divisións da segunda liga foi ampliada tamén a 12 equipos. En 1988 aplicouse por primeira vez o sistema de play-off ao mellor de cinco partidos. Ao comezo da tempada 1995-96 a liga estaba formada por 14 equipos. A Basketball Bundesliga GmbH (BBL) foi fundada en outubro de 1996. Dous anos despois, un contrato asinado entre a BBL e a Federación Alemá de Baloncesto transfería os seus dereitos de imaxe á BBL durante 10 anos a cambio de que a BBL pagara anualmente axudas ao deporteafeccionado por 600 000 DM (306 775 ). A principios da tempada 200304 a BBL ampiouse a 16 equipos, e na 200607 a 18 equipos. Na tempada 200708 a estrutura da segunda liga suprimiu as divisións Norte e Sur por unha División Pro A e Pro B. Estas divisións están baixo a administración da "AG 2. Bundesliga".

Entre 1994 e 2001, o máximo nivel das ligas alemás de baloncesto foi denominada "Veltins Basketball Bundesliga", de 2001 a 2003, a liga foi coñecida coma "s.Oliver Basketball Bundesliga" e a partir de 2014 recibe o nome de BEKO Basketball Bundesliga. O equipo que máis ligas gañou é o Bayer Giants Leverkusen, con 14 títulos, aínda que o dominador nos últimos tempos é o ALBA Berlin, gañando 7 títulos consecutivos dende 1997, gañando en 2008 o seu oitavo título. Dende a súa creación, vinte e un equipos gañaron esta competición.

Equipos

editar

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022–23 da Basketball Bundesliga.

Localización dos equipos da Basketball Bundesliga 2022–23
Equipo Cidade Estado Pavillón Capacidade
Alba Berlin Berlín   Berlín Mercedes-Benz Arena 14.500
Baskets Oldenburg Oldenburg   Baixa Saxonia EWE Arena 6.069
Bayern München Múnic   Baviera Audi Dome 6.700
BG Göttingen Gotinga   Baixa Saxonia Sparkassen Arena 3.447
Brose Bamberg Bamberg   Baviera Brose Arena 6.150
Crailsheim Merlins Crailsheim   Baden-Württemberg Arena Hohenlohe 3.000
Hamburg Towers Hamburgo   Hamburgo Edel-optics.de Arena 3.400
Löwen Braunschweig Braunschweig   Baixa Saxonia Volkswagen Halle 6.600
medi Bayreuth Bayreuth   Baviera Oberfrankenhalle 4.000
Mitteldeutscher BC Weißenfels   Saxonia-Anhalt Stadthalle Weißenfels 3.000
Niners Chemnitz Chemnitz   Saxonia Arena Chemnitz 5.200
ratiopharm Ulm Ulm   Baden-Württemberg Ratiopharm Arena 6.000
Riesen Ludwigsburg Ludwigsburg   Baden-Württemberg MHP-Arena 5.300
Rostock Seawolves Rostock   Mecklemburgo-Antepomerania Stadthalle Rostock 4.550
s.Oliver Würzburg Würzburg   Baviera s.Oliver Arena 3.140
Skyliners Frankfurt Frankfurt   Hessen Fraport Arena 5.002
Telekom Baskets Bonn Bonn   Renania do Norte-Westfalia Telekom Dome 6.000
USC Heidelberg Heidelberg   Baden-Württemberg SNP Dome 5.000

Palmarés

editar

Finais polo título

editar
Temporada Equipo con vantaxe de campo Resultado Equipo con desvantaxe de campo Primeiro en liga Resultado
1986–87 Bayer Leverkusen 0–2 Saturn Köln Bayer Leverkusen 18–2
1987–88 Bayer Leverkusen 1–3 Saturn Köln Bayer Leverkusen 19–3
1988–89 Steiner Bayreuth 3–2 Bayer Leverkusen Steiner Bayreuth 20–2
1989–90 Steiner Bayreuth 1–3 Bayer Leverkusen Steiner Bayreuth 21–1
1991–92 Bayer Leverkusen 3–0 Alba Berlin Bayer Leverkusen 28–4
1992–93 Bayer Leverkusen 3–1 TTL Bamberg Bayer Leverkusen 26–6
1993–94 Bayer Leverkusen 3–0 Brandt Hagen Bayer Leverkusen 28–4
1994–95 Bayer Leverkusen 3–0 Alba Berlin Bayer Leverkusen 28–4
1995–96 Bayer Leverkusen 3–1 Alba Berlin Bayer Leverkusen 24–2
1996–97 Alba Berlin 3–1 Telekom Bonn Alba Berlin 24–2
1997–98 Alba Berlin 3–0 Ratiopharm Ulm Alba Berlin 21–3
1998–99 Alba Berlin 3–2 Telekom Bonn Alba Berlin 22–4
1999–00 Alba Berlin 3–0 Bayer Leverkusen Alba Berlin 24–2
2000–01 Alba Berlin 3–0 Telekom Bonn Alba Berlin 25–1
2001–02 RheinEnergie Köln 0–3 Alba Berlin Opel Skyliners 20–6
2002–03 Alba Berlin 3–0 TSK Bamberg Telekom Bonn 19–7
2003–04 Opel Skyliners 3–2 GHP Bamberg Alba Berlin 20–8
2004–05 GHP Bamberg 3–2 Opel Skyliners Alba Berlin 22–8
2005–06 Alba Berlin 1–3 RheinEnergie Köln Alba Berlin 26–4
2006–07 Brose Bamberg 3–1 Artland Dragons Alba Berlin 28–6
2007–08 Alba Berlin 3–1 Telekom Bonn Alba Berlin 27–7
2008–09 Oldenburg 3–2 Telekom Bonn Alba Berlin 26–8
2009–10 Brose Bamberg 3–2 Deutsche Bank Skyliners Oldenburg 25–9
2010–11 Brose Bamberg 3–2 Alba Berlin Brose Bamberg 32–2
2011–12 Brose Bamberg 3–0 Ratiopharm Ulm Brose Bamberg 30–4
2012–13 Brose Bamberg 3–0 Oldenburg Brose Bamberg 26–8
2013–14 Bayern München 3–1 Alba Berlin Bayern München 29–5
2014–15 Brose Bamberg 3–2 Bayern München Brose Bamberg 29–5
2015–16 Brose Bamberg 3–0 Ratiopharm Ulm Brose Bamberg 31–3
2016–17 Brose Bamberg 3–0 EWE Baskets Oldenburg ratiopharm Ulm 30–2
2017–18 Bayern München 3–2 Alba Berlin Bayern München 31–3
2018–19 Bayern München 3–0 Alba Berlin Bayern München 31–3
2019–20 Alba Berlin 163–139[2] Riesen Ludwigsburg Bayern München 19–2
2020–21 Alba Berlin 3–1 Bayern München Riesen Ludwigsburg 30–4
2021–22 Alba Berlin 3–1 Bayern München Alba Berlin 27–6
  1. "Ausschreibung BBL-Pokal 2015-16" (PDF). Beko-BBL (en alemán). 2015. Consultado o 20 de setembro de 2015. 
  2. A temporada terminou en formato de torneo debido á pandemia de COVID-19

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar