Brose Bamberg
O Brose Bamberg é un club profesional de baloncesto da cidade de Bamberg, Baviera, que xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto alemán. Fundado en 1955, o Bamberg é un dos equipos máis galardoados do baloncesto xermano, sendo ademais o primeiro equipo do país en chegar ao Top 16 da Euroleague Basketball. O equipo xoga os seus partidos como local no Brose Arena, recinto con capacidade para 6 150 espectadores. O principal patrocinador do club é a compañía automobilística Brose Fahrzeugteile.
Brose Bamberg | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | BBL / BCL |
Fundación | 1955 |
Historia | 1.FC 01 Bamberg (1955–1988) TTL Bamberg (1988–1995) TTL uniVersa Bamberg (1995–2000) TSK uniVersa Bamberg (2000–03) GHP Bamberg (2003–2006) Brose Baskets (2006–2016) |
Cores | Vermello, gris, branco |
Presidente | Norbert Sieben |
Adestrador | Ainars Bagatskis |
Patrocinador | Brose Fahrzeugteile |
Localización | |
Cidade | Bamberg, Alemaña |
Pavillón | Brose Arena |
Capacidade | 6 150 |
Inauguración | 2001 |
Campionatos | |
Liga | 9 (2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2017) |
Copa | 6 (1992, 2010, 2011, 2012, 2017, 2019) |
Supercopa | 5 (2007, 2010, 2011, 2012, 2015) |
brosebaskets.de |
Historia
editarO club foi fundado en 1955 co nome de 1 FC 01 Bamberg.[1] Quince anos despois, en 1970, o club xogou por primeira vez na Basketball Bundesliga, a máxima competición do baloncesto alemán. Despois de dous descensos e ascensos (baixou en 1979 e 1983, e subiu en 1982 e 1984), debido aos problemas económicos do FC Bamberg 1988, club do cal era parte, elimina a sección de baloncesto. A raíz diso creasde unha nova asocación (a partir do nome do patrocinador): TTL Basketball Bamberg (TTL por Tapeten-Teppichboden-Land). En 1995 o club pasa a chamarse TTL uniVersa Bamber (uniVersa por uniVersa Versicherungen, unha compañía de seguros). En 1992 o Bamberg gaña o seu primeiro trofeo, a Copa de Alemaña.
Despois de novos problemas financeiros, no ano 2000 un novo patrocinador salvo ao equipo é permítelle continuar na máxima categoría do baloncesto alemán, pasando o equipo a chamarse TSK uniVersa Bamberg. Con todo, diferenzas entre o novo patrocinador e o club puxeron en risco a continuidade do mesmo en 2003. Dous anos despois, en 2005, o equipo gaña a súa primeira Bundesliga, o que lle valeu a súa participación ao ano seguinte na Euroleague Basketball, onde foi o primeiro equipo do país en chegar ao Formato|Top 16. Desde aquela o club converteuse nun dos equipos máis competitivos de Alemaña, gañando múltiples títulos tanto de Liga como de Copa.[1]
Denominacións
editar- 1.FC 01 Bamberg (1955−1988)
- TTL Bamberg (1988−1995)
- TTL uniVersa Bamberg (1995−2000)
- TTL uniVersa Bamberg (1995−2000)
- TSK uniVersa Bamberg (2000−2003)
- GHP Bamberg (2003−2006)
- Brose Baskets (2006−2016)
- Brose Bamberg (2016−presente)
Ano a ano
editarAno | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Competicións europeas | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
1991–92 | 1 | BBL | 2º | Campión | |||
1992–93 | 1 | BBL | 2º | ||||
1993–94 | 1 | BBL | 1º | Semifinais | |||
1994–95 | 1 | BBL | 1º | 3 | Copa Korać | R1 | |
1995–96 | 1 | BBL | 4º | Semifinais | 3 | Copa Korać | R1 |
1996–97 | 1 | BBL | 3º | Semifinais | 3 | Copa Korać | R1 |
1997–98 | 1 | BBL | 3º | 3 | Copa Korać | R3 | |
1998–99 | 1 | BBL | 6º | Terceiro lugar | 3 | Copa Korać | R1 |
1999–00 | 1 | BBL | 10º | ||||
2000–01 | 1 | BBL | 10º | ||||
2001–02 | 1 | BBL | 7º | ||||
2002–03 | 1 | BBL | 2º | ||||
2003–04 | 1 | BBL | 2º | 3 | FIBA Europe League | OF | |
2004–05 | 1 | BBL | 1º | 2 | ULEB Cup | LR | |
2005–06 | 1 | BBL | 3º | Subcampión | 1 | Euroliga | T16 |
2006–07 | 1 | BBL | 1º | 2 | ULEB Cup | LR | |
2007–08 | 1 | BBL | 7º | 1 | Euroliga | LR | |
2008–09 | 1 | BBL | 4º | 2 | Eurocup | LR | |
2009–10 | 1 | BBL | 1º | Campión | 2 | Eurocup | T16 |
2010–11 | 1 | BBL | 1º | Campión | 1 | Euroliga | LR |
2011–12 | 1 | BBL | 1º | Campión | 1 | Euroliga | LR |
2012–13 | 1 | BBL | 1º | Cuartos de final | 1 | Euroliga | T16 |
2013–14 | 1 | BBL | 5º | Terceiro lugar | 1 | Euroliga | LR |
2 | Eurocup | L32 | |||||
2014–15 | 1 | BBL | 1º | Subcampión | 2 | Eurocup | OF |
2015–16 | 1 | BBL | 1º | Semifinais | 1 | Euroliga | T16 |
2016–17 | 1 | BBL | 1º | Campión | 1 | Euroliga | 13º |
2017–18 | 1 | BBL | 4º | Cuartos de final | 1 | Euroliga | 12º |
2018–19 | 1 | BBL | 5º | Campión | 3 | Champions League | 4º |
2019–20 | 1 | BBL | 6º | Semifinais | 3 | Champions League | FR |
2020–21 | 1 | BBL | 8º | Fase de grupos | 3 | Champions League | PO |
Pavillón
editar- Artigo principal: Brose Arena.
O Brose Baskets xoga os seus encontros como local no Brose Arena. O pavillón está situado na propia cidade de Bamberg. Foi comezado a construír en 2000 e inaugurado un ano despois, en 2001. Con capacidade para 6.900 en partidos de baloncesto, alberga os encontros do equipo tanto na Basketball Bundesliga como eventualmente na Euroliga. O recinto orixinariamente tiña capacidade para 4.750 persoas mais foi remodelado e reinaugurado en outubro de 2006. Para outros eventos, como concertos, o pavillón pode albergar entre 9.000 e 10.000 espectadores.
Xogadores
editarDorsais retirados
editarDorsais retirados do Brose Bamberg | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | Data de retiro do dorsal |
---|---|---|---|---|
5 | John Goldsberry | Base | 2008–2014 | 2014 |
23 | Casey Jacobsen | Ala | 2006–2007, 2009–2014 | 2014 |
Destacados
editar- Daniel Theis
- Maik Zirbes
- Tibor Pleiß
- Steffen Hamann
- Ademola Okulaja
- Robert Garrett
- Tim Ohlbrecht
- Sven Schultze
- Holger Geschwindner
- Pekka Markkanen
- Ljubodrag Simonović
- Uvis Helmanis
- Gert Kullamäe
- Predrag Šuput
- Anton Gavel
- Boštjan Nachbar
- Jānis Strēlnieks
- Fabien Causeur
- Nikos Zisis
- Nicolò Melli
- Daniel Hackett
- Dan Dickau
- Casey Jacobsen
- John Goldsberry
- Brian Roberts
- P.J. Tucker
- Dorell Wright
- Darius Miller
- Marcus Slaughter
- Kyle Hines
- Brad Wanamaker
- Alex Renfroe
- Ricky Hickman
- Julius Jenkins
- Jason Sasser
- Chris Ensminger
- Derrick Taylor
- Rick Stafford
- Demond Mallet
- Sharrod Ford
- Eldridge Recasner
- Elton Brown
- K'zell Wesson
- Dickey Simpkins
Palmarés
editar- Liga de Alemaña
- Campións (9): 2005, 2007, 2010, 2011, 2012, 2013, 2015, 2016, 2017
- Subcampións (3): 1993, 2003, 2004
- Copa de Alemaña
- Campións (6): 1992, 2010, 2011, 2012, 2017, 2019
- Subcampións (2): 2006, 2015
- Supercopa de Alemaña
- Campións (5): 2007, 2010, 2011, 2012, 2015
- Subcampións (1): 2013
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Erfolge & Meilensteine". brosebamberg.de (en alemán).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en alemán)