Frankfurt
- Para a outra cidade chamada Frankfurt vexa Frankfurt do Oder.
Frankfurt[1] (en alemán: Frankfurt am Main; para a distinguir de Frankfurt do Oder) é a cidade máis importante do Estado federado de Hessen (Alemaña), aínda que a capital administrativa é Wiesbaden.
Frankfurt am Main (de) | |||||
Alcume | Bankfurt e Mainhattan | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Hessen | ||||
Regierungsbezirk | Rexión de Darmstadt | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | Frankfurt-Bergen-Enkheim (en) Frankfurt-Bornheim/Ostend (en) Frankfurt-Harheim (en) Frankfurt-Innenstadt I (en) Frankfurt-Innenstadt II (en) Frankfurt-Innenstadt III (en) Frankfurt-Kalbach-Riedberg (en) Frankfurt-Mitte-Nord (en) Frankfurt-Mitte-West (en) Frankfurt-Nieder-Erlenbach (en) Frankfurt-Nieder-Eschbach (en) Frankfurt-Nord-Ost (en) Frankfurt-Nord-West (en) Frankfurt-Ost (en) Frankfurt-Süd (en) Frankfurt-West (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 775.790 (2023) (3.124,28 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua alemá Q56219351 | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 248,31 km² | ||||
Bañado por | Río Main | ||||
Altitude | 112 m-101 m | ||||
Comparte fronteira con | Offenbach am Main Main-Taunus (pt) Hochtaunuskreis (pt) Groß-Gerau (pt) Offenbach (pt) Wetteraukreis (pt) Main-Kinzig (pt) Bad Vilbel | ||||
Creación | século I | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Mike Josef (pt) (2023–) | ||||
Membro de | |||||
Orzamento | 4.730.590.000 € (2023) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 60308–60599 e 65929–65936 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 6109, 6101 e 69 | ||||
Código NUTS | DE712 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 064120000000 | ||||
Número de municipio alemán | 06412000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Jeddah Chennai Lión (1960–) Birmingham (1966–) Deuil-la-Barre (1967–) Milán (1970–) O Cairo (1979–) Tel Aviv (1980–) Cantón, China (1988–) Toronto (1989–) Budapest (1990–) Praga (1990–) Leipzig (1990–) Granada (1991–) Cracovia (1991–) Dubai (2005–) Iocoama (2011–) Eskişehir (pt) (2013–) Filadelfia (2015–) | ||||
Sitio web | frankfurt.de | ||||
Frankfurt forma o núcleo urbano da rexión Rin-Meno.
Historia
editar- Artigos principais: Historia de Frankfurt am Main e Historia urbana de Frankfurt.
O nome vénlle dos tempos das tribos xermánicas. Significa o vado (Furt) dos francos (Frank-en), unha tribo xermánica occidental.
O Imperio Romano, na súa extensión máxima, chegou a incluí-la cidade, aínda que por pouco tempo. O emperador Carlomagno habitou varias veces nesta cidade. Durante o Sacro Imperio Romano Xermánico foi sede de moitas eleccións imperiais e entre 1562 e 1792 foi a cidade do coroamento do Emperador. Logo foi a capital da Confederación do Rin, e máis adiante a da Confederación Xermánica.
Prusia anexionou a cidade en 1866, cinco anos antes de gaña-la guerra franco-prusiana, cuxo tratado de paz, que desembocou na creación de Alemaña como país unido, foi asinado en Frankfurt o 10 de maio de 1871.
Ó igual que a maioría das cidades alemás, Frankfurt foi escachizada polos bombardeos dos aliados durante a segunda guerra mundial.
A metrópole converteuse no centro da rexión Rin-Meno, unha das máis produtivas e dinámicas de Alemaña, que conta aproximadamente 5 millóns de habitantes, entre os que se destaca a maior proporción de estranxeiros do país.
Capital financeira da Unión Europea
editarO Banco Central Europeo (BCE), unha das institucións máis representativas da Unión Europea (UE), ten a súa sede principal en Frankfurt. Os órganos reitores do BCE (Consello de Goberno e Comité Executivo) dirixen o Sistema Europeo de Bancos Centrais (SEBC), cuxas funcións consisten en administra-la masa monetaria, conduci-las operacións en divisas, conservar e administra-las reservas oficiais de divisas dos Estados membros e garanti-lo bo funcionamento dos sistemas de pago. O euro manéxase dende esta cidade.
Un moderno edificio, que deberá alberga-la sede do BCE a partir de 2007, se constrúe actualmente a beiras do Main sobre terreos anteriormente ocupados pola central de mercado.
Ademais, Frankfurt é o centro financeiro do país e alberga a Bolsa alemá (Deutsche Börse AG) e o banco federal de Alemaña (Deutsche Bundesbank). Nela encóntrase a sede de máis de 370 bancos, e os mercados financeiros máis importantes do mundo mercan e venden aquí a diario as súas accións. Este feito e o estar a beiras do río Main fai que se coñeza tamén como "Mainhattan", en referencia ó distrito neoiorquino de Manhattan.
Ver: Asuntos institucionais e política na Unión Europea - Economía da Unión Europea - Edificio do Banco Central Europeo
Lugares de Interese
editar- Casa natal de Goethe.
- Paulskirche: aquí en 1848 inaugurouse o primeiro parlamento alemán libremente elixido.
- Zeil-Galerie: suba á última planta e goce dunha das mellores vistas.
- Museumsufer: zona que ofrece museos en ambas marxes do río. Entre eles destacan o Museo do Cine, o Museo de Arquitectura, o Museo de Artes Aplicadas e o Caricatura Museum für Komische Kunst.
- Römerberg: centro antigo de Frankfurt, detalladamente restaurado.
- Sachsenhausen: o barrio máis típico e máis visitado. Ten unha gran variedade gastronómica, acolle a maioría dos restaurantes e das sidrerías da cociña francortiana.
- Main Tower (Torre do Main): dende a terraza situada a 200 m de altura pódese gozar dunha vista estupenda. Sobre todo nos meses de outubro a marzo a partir vese a cidade totalmente iluminada. É unha vista única en Alemaña.
- A Bolsa (Frankfurter Wertpapierbörse): diante do edificio preséntanse os símbolos da bolsa: un touro (polo alza) e un oso (pola baixa).
- Commerzbank-Tower: deseñado polo arquitecto Sir Norman Foster en 1997. Destacan os nove xardíns integrados nas plantas superiores. É o rañaceos máis alto de Europa.
- Hauptwache: xurdiu en 1728 do plano do urbanista Johann Samheimer. Este edificio perdeu a súa función de prisión e hoxe alberga o café "Hauptwache" e un restaurante xaponés.
- Feira Internacional do Libro: considerada a máis importante do mundo. Lévase a cabo unha vez ó ano.
- Commerzbank-Area (chamado ata o 1 de xullo de 2005 Frankfurter Waldstadion): estadio de fútbol que xa albergou numerosas competicións, como o Mundial de fútbol de 1974, a Copa Confederaciones 2005 e a Copa Mundial de Fútbol de 2006.
- Torre da Feira, "Messeturm": deseñada polo arquitecto Helmut Jahn. Frankfurt é o centro das feiras, e grazas a elas, case tres millóns de persoas visitan a cidade tódolos anos para ve-la Feira da Música ou a Feira do Automóbil (IAA - Internationale Automobil Ausstellung).
Transportes
editarO Aeroporto de Frankfurt (Flughafen Frankfurt am Main, localizado a 12Km do centro da cidade) é unha referencia internacional e os seus máis de 50 millóns de pasaxeiros ó ano convérteno no segundo aeroporto máis transitado de Europa, soamente superado polo Aeroporto de Heathrow, de Londres. Ten catro pistas e está considerado o mellor aeroporto de carga do mundo. Así mesmo, é o aeroporto no que opera o maior número de liñas aéreas internacionais.
Malia o que poida parecer polo seu nome, o Aeroporto de Frankfurt-Hahn (Flughafen Frankfurt-Hahn) áchase a aproximadamente 120 km da cidade de Frankfurt, en Lautzenhausen. O aeroporto é unha base principal da compañía Low-cost Ryanair. Tan só se chega a el por estrada. Conta cun bus a cada hora dende a Estación Central de Frankfurt, que fai o traxecto nunha hora 45 minutos.
Ó igual que Berlín, Frankfurt puxo en funcionamento un completo sistema de bicitaxi, transporte alternativo e ecolóxico.
Pola súa banda, o Metro de Frankfurt posúe sete liñas e 58,7 quilómetros de lonxitude.
-
Frankfurt de noite
-
Torres do Deutsche Bank
-
Commerzbank-Tower e a Main Tower
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frankfurtés.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Frankfurt |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial de Frankfurt Arquivado 16 de xullo de 2012 en Wayback Machine. (en alemán)
Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Berlín Hamburgo Múnic |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Berlín | Berlín | 3 531 201 | 11 | Leipzig | Saxonia | 531 809 | |
2 | Hamburgo | Hamburgo | 1 810 698 | 12 | Dresden | Saxonia | 529 781 | |
3 | Múnic | Baviera | 1 378 176 | 13 | Hannover | Baixa Saxonia | 525 875 | |
4 | Colonia | Renania do Norte-Westfalia | 1 017 155 | 14 | Nürnberg | Baviera | 510 602 | |
5 | Frankfurt | Hessen | 691 518 | 15 | Duisburgo | Renania do Norte-Westfalia | 488 005 | |
6 | Stuttgart | Baden-Württemberg | 613 392 | 16 | Bochum | Renania do Norte-Westfalia | 373 976 | |
7 | Düsseldorf | Renania do Norte-Westfalia | 592 393 | 17 | Wuppertal | Renania do Norte-Westfalia | 349 470 | |
8 | Dortmund | Renania do Norte-Westfalia | 580 956 | 18 | Bonn | Renania do Norte-Westfalia | 327 913 | |
9 | Essen | Renania do Norte-Westfalia | 573 468 | 19 | Bielefeld | Renania do Norte-Westfalia | 323 395 | |
10 | Bremen | Bremen | 548 319 | 20 | Mannheim | Baden-Württemberg | 314 931 | |
Datos do censo de 2011 |