Ron Flockhart
Ron Flockhart nado en Edimburgo o 16 de xuño de 1923 e finado en Dandenong Ranges, Victoria, Australia o 12 de abril de 1962 foi un piloto de carreiras británico. Participou en 14 Grandes Premios do campionato do mundo de Fórmula 1, conseguindo un podio final e gañou a carreiras das 24 Horas de Le Mans na serie sportscar dúas veces.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de xuño de 1923 Edimburgo, Reino Unido | ||||||||||||||||||||||||||||
Morte | 12 de abril de 1962 (38 anos) Dandenong Ranges, Australia (en) | ||||||||||||||||||||||||||||
Causa da morte | morte accidental, accidente ou incidente de aviación | ||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un (1954–1960), aviador, piloto de automobilismo | ||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Andaina nas carreiras
editarFlockhart comezou a competir en 1951 nun coche Joe Potts de Fórmula 3. Comprou o famoso ERA R4D de Raymond Mays e en 1953 tivo unha tempada moi exitosa, batendo a un dos BRM oficiais en Goodwood. Alcanzou os podios en Goodwood, Charterhall, Snetterton e Crystal Palace, así como varios éxitos en subidas a montaña.
En 1956, pilotando para o equipo escocés Ecurie Ecosse, gañou as 24 Horas de Le Mans de 1956, compartindo un ex Jaguar D-type oficial con Ninian Sanderson. O ano seguinte gañou outra vez co mesmo equipo, esta vez compartindo con Ivor Bueb, establecendo un récord de distancia de 4.398´0 km.[1]
Intentos de marcas de voo e morte
editarA principios dos anos 60 o United Dominions Trust fixo plans para romper a marca de tempo que se tardaba en voar de Sydney a Londres para lograr publicidade para o seu equipo UDT Laystall.[2] Compraron en Australia un Mustang da segunda guerra mundial construído por Commonwealth Aircraft Corporation e contrataron a Flockhart para facer o intento.[2] Partiu de Sydney no Mustang, rexistrado como G-ARKD, o 28 de febreiro de 1961 e logo de varios atrasos debido ao mal tempo finalmente terminou o intento en Atenas debido a problemas do motor.[2] Flockhart entrou posteriormente no London-Cardiff Air Race, que se celebraría en xuño dese ano, pero retirouse porque o G-ARKD aínda estaba en Atenas.[2] O G-ARKD foi abandonado e comprouse en Australia outro CAC Mustang, rexistrado como VH-UWB, para que Flockhart fixera un segundo intento Sydney-Londres.[2] O 12 de abril de 1962, mentres realizaba un voo de proba na preparación para o intento de marca, Flockhart estrelou o VH-UWB debido ao mal tempo preto de Kallista, Vitoria e morreu.[2]
Rexistro de carreiras
editarResultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1954 | Prince Bira | Maserati 250F | Maserati 250F1 2.5 L6 | ARX | 500 | BEL | FRA | GBR Ret* |
ALE | SUI | ITA | ESP | NC | 0 | ||
1956 | Owen Racing Organisation | BRM P25 | BRM P25 2.5 L4 | ARX | MON | 500 | BEL | FRA | GBR Ret |
ALE | 14º | 4 | ||||
Connaught Engineering | Connaught B | Alta GP 2.5 L4 | ITA 3 |
|||||||||||||
1957 | Owen Racing Organisation | BRM P25 | BRM P25 2.5 L4 | ARX | MON Ret |
500 | FRA Ret |
GBR | ALE | PES | ITA | NC | 0 | |||
1958 | R.R.C. Walker Racing Team | Cooper T43 | Climax FPF 2.0 L4 | ARX | MON NSC |
NED | 500 | BEL | FRA | GBR | ALE | POR | ITA | NC | 0 | |
Owen Racing Organisation | BRM P25 | BRM P25 2.5 L4 | MAR Ret | |||||||||||||
1959 | Owen Racing Organisation | BRM P25 | BRM P25 2.5 L4 | MON Ret |
500 | NED | FRA 6 |
GBR Ret |
ALE | POR 7 |
ITA 13 |
USA | NC | 0 | ||
1960 | Team Lotus | Lotus 18 | Climax FPF 2.5 L4 | ARX | MON | 500 | NED | BEL | FRA 6 |
GBR | POR | ITA | 25º | 1 | ||
Cooper Car Company | Cooper T51 | USA Ret |
*Compartíu pilotaxe con Prince Bira
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ron Flockhart |