Gran Premio de Francia de 1959

O Gran Premio de Francia de 1959 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada en Reims-Gueux, o 5 de xullo de 1959. Foi a cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 1959. Foi o 37º Gran Premio de Francia e o duodécimo que se celebrou no circuíto de estrada de Reims-Gueux e o cuarto, que se celebrou no trazado máis rápido de 8´348 km.. A carreira clebrouse sobre 50 voltas ao circuíto de máis de oito quilómetros cunha distancia de carreira de 417 quilómetros.

Modelo:Competición deportivaGran Premio de Francia de 1959
Nome oficialXLV Grand Prix de l'ACF Editar o valor en Wikidata
TipoGran Premio de Francia Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1959 Editar o valor en Wikidata
Distancia do evento50 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónReims-Gueux (Gueux) 49°15′15″N 3°55′51″L / 49.2542, 3.9308 Editar o valor en Wikidata
PaísFrancia Editar o valor en Wikidata
Data5 de xullo de 1959 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoTony Brooks Editar o valor en Wikidata
Pole positionTony Brooks Editar o valor en Wikidata
Volta máis rápidaStirling Moss Editar o valor en Wikidata

Informe

editar

A carreira foi gañada polo piloto británico Tony Brooks pilotando un Ferrari Dino 246. Brooks dominou a carreira, liderando as 50 voltas e gañou por 27 segundos sobre o seu compañeiro na Scuderia Ferrari, o americano Phil Hill. Brooks dixo logo da carreira que quedaralle o acelerador agarrotado nas últimas voltas, o fixo máis difícil o resultado do que parecía. O piloto australiano Jack Brabham quedou a máis dun minuto, na terceira posición, pilotanod un Cooper T51 para o equipo de fábrica de Cooper.

O día da carreira ía moita calor, ata o punto que o betume do asfalto comezou a fundirse. Os coches de carreiras lanzaban as pedras do asfalto, que foron a causa da retirada do americano Masten Gregory con cortes na cara, e de Graham Hill co seu Lotus 16 logo de que o seu radiador resultara furado.

Stirling Moss foi descualificado da oitava posición por recibir un empuxón para arrancar o seu BRM P25. Moss apertara duro tratando de superar un defecto na caixa de cambios, logrando unha nova marca de volta. Jean Behra tamén farzara o seu Ferrari 246, subindo ao terceiro posto logo de aiantar a non menos de catro compañeiros de equipo nesta carreira. O motor de Behra rompeu debido ao esforzo e o francés tivo unha acalorada discusión co director do equipo Romolo Tavoni, que terminou con Behra a puñadas con Tavoni. Sería a última carreira de Behra con Ferrari, co francés despedido polo ataque.[1]

A vitoria foi a primeira da tempada para a Scuderia Ferrari e colocou a Brooks en segundo lugar no campionato, cinco puntos por detrás de Brabham. A segunda posición de Hill situouno terceiro no campionato.

Clasificación

editar
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 24   Tony Brooks Ferrari 50 2:01:26.5 1 8
2 26   Phil Hill Ferrari 50 + 27´5 3 6
3 8   Jack Brabham Cooper-Climax 50 + 1:37.7 2 4
4 22   Olivier Gendebien Ferrari 50 + 1:47.5 11 3
5 12   Bruce McLaren Cooper-Climax 50 + 1:47.7 10 2
6 44   Ron Flockhart BRM 50 + 2:05.7 13
7 6   Harry Schell BRM 47 + 3 voltas 9
8 40   Giorgio Scarlatti Maserati 41 + 9 voltas 21
9 42   Carel Godin de Beaufort Maserati 40 + 10 voltas 20
10 38   Fritz d'Orey Maserati 40 + 10 voltas 18
11 14   Maurice Trintignant Cooper-Climax 36 + 14 voltas 8
Ret 30   Jean Behra Ferrari 31 Motor 5
Ret 16   Roy Salvadori Cooper-Maserati 20 Motor 16
Ret 28   Dan Gurney Ferrari 19 Radiador 12
Ret 34   Innes Ireland Lotus-Climax 14 Roda 15
Ret 18   Ian Burgess Cooper-Maserati 13 Motor 19
Ret 10   Masten Gregory Cooper-Climax 8 Problemas físicos 7
Ret 32   Graham Hill Lotus-Climax 7 Radiador 14
Ret 20   Colin Davis Cooper-Maserati 7 Fuga aceite 17
Ret 4   Jo Bonnier BRM 6 Motor 6
DSC 2   Stirling Moss BRM 42 Descalificado 4 1
NTS 36   Asdrúbal Fontes Maserati

Posicións logo da carreira

editar
  • Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
  1. Williamson, Martin (December 18, 2009). "Grit, punches and shattered goggles". ESPN F1. Consultado o November 28, 2011. 

Ligazóns externas

editar


Carreira anterior:
Gran Premio dos Países Baixos de 1959
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1959
Carreira seguinte:
Gran Premio do Reino Unido de 1959
Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1958
Gran Premio de Francia Carreira seguinte:
Gran Premio de Francia de 1960