Ivor Bueb
Ivor Léon John Bueb, nado en East Ham (Essex) o 6 de xuño de 1923 e finado en Clermont-Ferrand o 1 de agosto de 1959, foi un piloto profesional de automobilismo inglés.[1]
Biografía | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1923 East Ham, Reino Unido (en) | ||||||||||||||||||||||
Morte | 1 de agosto de 1959 (36 anos) Clermont-Ferrand, Francia | ||||||||||||||||||||||
Causa da morte | morte accidental | ||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un (1957–1959), piloto de automobilismo | ||||||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Traxectoria
editarBueb comezou a competir seriamente en 1953 nun Cooper de Fórmula Tres de 500cc, graduouse nun Cooper oficial en 1955 cando terminou segundo no Campionato británico. Fixo saídas ocasionais en Grandes Premios de 1957 cun Connaught e un Maserati correndo para Gilby Engineering. Ao ano seguinte pilotou un Connaught de Bernie Ecclestone en Mónaco e pilotou un Lotus de Fórmula 2 no Gran Premio de Alemaña de 1958.
En 1959 tivo dúas saídas con BRP, na primeira non cualificou en Mónaco e a outra participación foi nun Fórmula 2 no Gran Premio do Reino Unido de 1959. En total participou en seis Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, pero non logrou puntos de campionato. Tamén participou en numerosas carreiras fora do campionato da Fórmula Un. Coa morte de Archie Scott Brown en Spa en maio de 1958, Brian Lister contratou a Bueb para encher o asento vacante no Lister - Jaguar. Bueb fixo un traballo admirable, logrando varios primeiros postos en pistas como o Crystal Palace e Goodwood durante as tempadas de autos deportivos de 1958 e 1959.
Bueb é quizais máis coñecido por compartir o equipo gañador de Jaguar D-type con Mike Hawthorn nas 24 Horas de Le Mans de 1955, o cal quedou eclipsado polo accidente no que morreron 82 espectadores; un éxito que repetiu con Ron Flockhart no coche de Ecurie Ecosse en 1957.[2][3][4] Sufriu feridas graves en 1959 cando estrelou o seu coche BRP de Fórmula 2 no Circuíto de Charade preto de Clermont-Ferrand, Francia.[1] Estrelouse en Gravenoire e saíu expulsado do seu Cooper.[1] Morreu seis días despois nun hospital preto do circuíto.[1]
Foi a morte de Ivor Bueb, xunto co falecemento de Archie Scott Brown, o que finalmente levou a Brian Lister a pechar o seu exitoso intento nas carreiras de coches deportivos.
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1957 | Connaught Engineering | Connaught Type B |
Alta 4 en liña | ARX | MON Ret |
500 | FRA | NC | 0 | |||||||
Gilby Engineering Ltd. | Maserati 250F | Maserati 6 en liña | GBR NC |
ALE | PES | ITA | ||||||||||
1958 | BC Ecclestone | Connaught Type B |
Alta 4 en liña | ARX | MON | NED | 500 | BEL | FRA | GBR Ret |
NC | 0 | ||||
Ecurie Demi Litre | Lotus 12 | Climax 4 en liña | ALE 11 * |
POR | ITA | MOR | ||||||||||
1959 | British Racing Partnership | Cooper T51 | Climax 4 en liña | MON NSC |
500 | NED | FRA | NC | 0 | |||||||
Borgward 4 en liña | GBR 13 * |
ALE | POR | ITA | USA | |||||||||||
Fonte:[5]
|
* Participou cun Fórmula 2.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Ivor Bueb at Motorsport Memorial". motorsportmemorial.org. Consultado o 9 de abril de 2017.
- ↑ "Scots win at Le Mans. Jaguars in First Four Places". The Glasgow Herald. 24 de xuño de 1957. p. 7. Consultado o 11 de outubro de 2017.
- ↑ "1955 24 Hours of Le Mans results". racingsportscars.com. Consultado o 9 de abril de 2017.
- ↑ "1957 24 Hours of Le Mans results". racingsportscars.com. Consultado o 9 de abril de 2017.
- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 87. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ivor Bueb |