Arquitectura neogótica
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2015.) |
O estilo arquitectónico neogótico refírese ao movemento xurdido no século XIX, pexorativamente denominado como pseudogótico, consistente na arquitectura realizada a imitación da gótica medieval. Polo seu común rexeitamento ao racionalismo neoclásico, é un estilo ligado ao romanticismo, e polas súas implicacións políticas, co nacionalismo. Como arquitectura historicista é unha reelaboración que reproducía a linguaxe arquitectónica propia do estilo gótico con formas máis ou menos xenuínas.
Apareceu en Inglaterra a mediados do século XVIII. No século XIX a Europa continental viviu unha auténtica febre neogótica que restaurou e completou catedrais, como a de Barcelona. En 1836 construiríase neste estilo o Parlamento de Londres. En Francia destacou o labor restauradora e reconstrutora do francés Eugène Viollet-le-Duc.
Galería de imaxes do neogótico en Galicia
editarNotas
editar- ↑ Igrexa Nova de Santiago. Mondoñedo
- ↑ Igrexa de Santiago de Vigo
- ↑ Igrexa Parroquial de San Miguel de Ponteareas
- ↑ "A Guarda. Patrimonio". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015.
- ↑ "A Devesa". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2015. Consultado o 22 de novembro de 2015.
- ↑ Iglesia de San Benito de Gondomar