Igrexa de San Pedro de Angoares
A igrexa de San Pedro de Angoares é a igrexa parroquial de Angoares, no concello de Ponteareas. É un templo románico.
Igrexa de San Pedro de Angoares | |
---|---|
Fachada da igrexa, coa torre neogótica engadida posteriormente | |
País | España |
Localización | Angoares (Ponteareas) |
Coordenadas | 42°09′57″N 8°30′12″O / 42.16583333, -8.50333333 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarTen a súa orixe nun mosteiro probablemente visigodo[1]. No século XII construíuse a igrexa románica como un edificio de planta de cruz latina e testeiro recto. A antiga fachada románica desapareceu logo dunha reforma feita en 1900. A actual, de estilo neogótico, carece de valor arquitectónico.
É destacable a colección de canzorros antropomorfos e zoomorfos (coma cuadrúpedes, cabezas de bóvidos e outros animais). Algúns dos personaxes esculpíronse sentados coas mans suxeitando a cabeza, como se estivesen meditando.
No muro norte da ábsida consérvase unha banda prerrománica e unha lousa con decoración de lacería que se conserva na sancristía.
Galería de imaxes
editar-
Vista lateral de igrexa.
-
Brazo sur do transepto.
-
Canzorros.
-
Canzorros.
Notas
editar- ↑ "Igrexa parroquial de San Pedro de Angoares". turismo.gal. Consultado o 8 de xaneiro de 2018.