Arquitectura historicista
O historicismo arquitectónico desenvolvido principalmente no século XIX e principios do XX concentraba todos os seus esforzos en recuperar a arquitectura de tempos pasados. Tratábase de imitar estilos arquitectónicos doutras épocas engadíndolle algunhas características culturais dese século mentres que a arquitectura ecléctica adicábase a mesturar estilos para dar forma a algo novo.
Pódese destacar diversas correntes como as neobizantinas, neomudéxar, neobarrocas... aínda que a que máis auxe tivo foi a neogótica practicada na Illas Británicas que se baseaba, como ben indica o seu nome, nun novo gótico resucitado. Entre as edificacións realizadas segundo este estilo destaca o Parlamento Británico, proxectado por A. W. Pugin (1812-1852) e Charles Barry (1795-1860). Tamén tiveron moita importancia algunhas variantes orientais, como o neogótico-indio, dentro do cal podemos destacar como exemplo o Pavillón Real de Brighton, obra de John Nash (1752-1835).