Igrexa de Santiago de Vigo
A igrexa de Santiago de Vigo é unha igrexa decimonónica que se atopa na cidade de Vigo.
Igrexa de Santiago de Vigo | |
---|---|
Fachada da igrexa de Santiago de Vigo, obra de Manuel Felipe Quintana. | |
Datos xerais | |
País | España |
Tipo | Igrexa parroquial |
Advocación | Santiago o Maior |
Localización | Vigo |
Coordenadas | 42°14′13″N 8°43′05″O / 42.236880555556, -8.7179305555556 |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Tui-Vigo |
Arquitectura | |
Construción | 1896-1907 |
Estilo | Neogótico |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarXa a finais do século XIX co crecemento da vila grazas ao pulo industrial e portuario, estúdase a construción dunha nova igrexa parroquial polos contratistas Cerviño e Senra. No verán de 1882 decídese a localización da nova sé, que cambiara varias veces, para ficar no daquel chamado Campo do Rei, hoxe na rúa García Barbón. Manuel Felipe Quintana encárgase do proxecto, redáctao en 1896, e despois de varias paradas por mor dos problemas económicos, remata en 1907. O proxecto inicial considerara dúas torres altas na fachada principal, que tivo que se recortar.
Descrición e estilo
editarA igrexa feita en cantaría de perpiaño granítico ten un corte medieval historicista, conta con catro fachadas, coa principal de estilo neogótico, porén as súas formas non son esveltas e diáfanas, senón que ten aparencia pesada polas súas grandes superficies macizas. O templo, aínda que bastante embutido, forma un rueiro enteiro para aproveitar a luz e consta dunha planta rectangular de tres naves sen cruceiro, a nave central ten unha amplitude maior ca as laterais, das que se separa por arcos apuntados. Sobre o pórtico da entrada sitúase o coro. As naves laterais reciben a luz a través de vans de arcos apuntados, mentres que a nave central, a maior, recibe a luz a través de trilóbulos ou pequenos rosetóns de trazaría con tres lóbulos inscritos no seu interior que se sitúan elevados sobre a nave na fachada principal. As bóvedas son de cruzaría, con contrafortes laterais, rematados en pináculos neogóticos. A cabeceira está alumeada por tres fiestras oxivais de gran tamaño na ábsida, a cabeceira é poligonal e fica enmarcada nun rectángulo no que se achan as sancristías.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santiago de Vigo |
Ligazóns externas
editar- Páxina do Concello de Vigo
- Turismo.gal Xunta de Galicia.