Moeda ibérica antiga
A moeda ibérica antiga é a cuñada polos pobos iberos do oriente peninsular a partir de finais do século III a. de C., durante a segunda guerra púnica, aínda que estes pobos xa coñecían e utilizaban a moeda desde dous séculos antes.[1] Estas moedas cívicas, emitidas polas cidades por iniciativa propia, continuaron en vigor durante os primeiros dous séculos e medio de control romano, ata mediados do século I d. de C.[2]
Paralelamente, en tempos do Imperio emitíronse moedas provincias romanas e algúns emperadores cuñaron moeda imperial, non cívica, que posteriormente foi a única en circulación na Península ata as primeiras emisións suevas e visigodas.[3]
A antiga Iberia mantiña estreitas ligazóns co Mediterráneo oriental e central, polo que se dan influencias coa moeda grega, romanas e púnica, o que non é óbice para que se produza unha dinámica propia e característica das emisións peninsulares.[4][5][6][7]
Etapas históricas
editarDo século V a. de C. á segunda Guerra Púnica (218 a. de C.)
editarCoñécese a circulación na costa oriental da Península de pequenas cantidades de moedas cuñadas noutras partes do Mediterráneo a partir do século VI a. de C., cun ascenso apreciable no século IV a. de C.[8] Estas moedas circulaban no marco dunha economía colonial fronteiriza na que os asentamentos indíxenas negociaban con viño, cerámica e produtos acabados principalmente a cambio de materias primas: metais preciosos, madeira, alimentos e quizais escravos.[9][10] Os mercenarios ibéricos tamén poderían ter moedas provenientes dos pagamentos aos seus servizos noutras rexións do Mediterráneo.[11]
Moeda ibérica antiga | |
---|---|
A/: cabeza de Aretusa á dereita,con estilo siciliano; tres golfiños. | R/: Pegaso a dereita; lenda en grego: ΕΜΠΟΡΙΤΩΝ ("Emporiton"). |
Dracma de prata de Empúries. 241-218 a. de C. |
En todo o Mediterráneo occidental, as tradicións monetarias apareceron arredor do século IV a. de C. As cidades non gregas da Península Itálica (incluíndo Roma) comezaron a cuñar xa no propio século IV a de C. e nos comezos do século III.[12] Cartago cuñou desde mediados do século IV a. de C. na tradición grega, seguindo as emisións previas das colonias fenicias en Sicilia.[13] No norte da Península Ibérica, as colonias marsellesas de Empúries e Roses cuñaron moedas de prata desde os séculos V a. de C. e desde finais do IV, respectivamente.[14][15][16] Máis ao sur, as colonias fenicias de Eivisa e Cádiz cuñaron moedas de bronce na segunda metade do século IV e nos principios III respectivamente.[17][18] Ademais, o salientable asentamento ibérico de Arse (Sagunt) cuñou moedas de bronce e prata desde mediados do século IV a. de C.[19][20]
Dentro da sociedade ibérica, a riqueza tomou varias formas, moitas veces específicas segundo a rexión. A descuberta de tesouros con moedas, xoias e lingotes de metal precioso suxire que as moedas eran un dos xeitos de gardar, amosar e intercambiar riqueza.[8] Por exemplo, un tesouro de finais do século V atopado no sitio ibérico de Puig de la Nau, no Baix Maestrat valenciano, contiña cinco pendentes, ouro e unha pulseira e unha moeda de prata de Empúries.[21] En varios tesouros similares, parte da prata fora cortada en partes máis pequenas, o que pode estar relacionado cos achados de pesas e balanzas, e isto suxire que este metal circulaba a modo de protomoeda.[22]
Segunda Guerra Púnica (218-205 a. de C.)
editarParte da segunda guerra púnica tivo lugar na Península Ibérica, e todos os bandos combatentes utilizaron moedas, feito que levou consigo un notable aumento no número de cecas e, consecuentemente, da cantidade de moeda en circulación.
Moeda ibérica antiga | |
---|---|
A/: cabeza masculina ollando á dereita | R/: cabalo bicéfalo e lenda ibérica SIKARA |
Tetartemorion de prata. II guerra púnica. |
Para financiar as campañas, os cartaxineses cuñaron moedas de ouro, electro, prata e bronce.[23] Estas moedas poderían proceder dun obradoiro monetario instalado na capital, Carthago Nova, ou ben nos propios campamentos militares. Ademais destas, e das de Cádiz e Eivissa, as colonias fenicias do litoral sur, como Málaga e Sexi tamén cuñaron moedas de bronce.[24]
Na costa oriental, particularmente ao nordés, unha boa parte das cidades cuñaron dracmas de prata. Algunhas destas moedas imitaban os dracmas de Empúries e Marsella, en tanto que outras amosaban lendas ibéricas. Poucas destas pezas poden ser asociadas a poboacións hoxe coñecidas e, mesmo, en moitas delas as lendas resultan ilexibles.[25] En xeral, considérase que as moedas de prata eran do bando partidario de Roma.[26] No entanto, tendo en conta a situación fluída da guerra, especialmente durante os primeiros anos, algunhas destas emisións poderían estar cuñadas para apoiar a causa cartaxinesa.[27]
República (década de 190 - 72 a. de C.)
editarLogo desta guerra e da posterior anexión romana dunha boa parte da Península Ibérica, varios pobos indíxenas e algunhas colonias romanas cuñaron a súa propia moeda durante o século II e principios do I a. de C. O catálogo de referencia para estas emisións é Corpus nummum Hispaniae ante Augusti aetatem (CNH) e, máis recientemente, tamén o Diccionario de cecas y pueblos hispanos.[28][29]
Moeda ibérica antiga | |
---|---|
A/: cabeza masculina á dereita; golfiño e S | R/: xinete á dereita con lanza; lenda ibérica: "BILBILIS" |
Ás ibérico (bronce). Fin do século II a. de C. |
As cidades indíxenas de Hispania Citerior cuñaron moedas con escritura ibérica e con lendas celtas. Estas moedas eran similares tipoloxicamente, co retrato dun heroe no anverso e un xinete no reverso, e as áreas onde onde se cuñaban e onde circulaban foise facendo cada vez máis ampla á medida que se estendía o control romano na Península.
As lendas e a iconografía de Hispania Ulterior eran máis diversas, alternando as inscricións latinas coas ibéricas, en tanto que o púnico se seguía utilizando nas moedas das antigas colonias fenicias da costa meridional. Xa que logo, malia considerarse con frecuencia as moedas desta etapa como moedas ibéricas, esta descrición non abrangue todas as moedas cuñadas durante a República. Un pequeno número de cidades coloniais romanas, entre elas Valencia e Toledo, cuñaban en latín, seguindo de preto os exemplos italianos. O número de cidades que cuñaban foi máximo durante o derradeiro terzo do século II e principios do século I a. de C., especialmente na Hispania Citerior, despois do final da Guerra Sertoriana.[1]
A finalidade desta moeda é incerta. Podería estar relacionada coas esixencias ás tribos por parte dos romanos ou con rendas de terras confiscadas por Roma; porén, as cantidades cuñadas resultan insuficientes para representaren impostos habituais ou pagamentos a lexionarios.[30][31] A grande diferenza de produción suxire que os motivos polos que cada cidade facía as súas cuñaxes eran diversos.[32] Algunhas moedas parecen estar estreitamente relacionadas con determinadas actividades extractivas ou produtivas do sur, como a minaría ou a industria da salgadura nas zonas costeiras.[33][34] Ao deberse a decisión da cuñaxe ás autoridades locais (e moitos elementos da iconografía parecen ser importantes a ese nivel), podería haber nesas emisións unha forte compoñente de exaltación da identidade local.[35][36] Logo de entraren en circulación, as moedas ibéricas permaneceron predominantemente na rexión onde foran cuñadas, aínda que nalgunhas ocasións circularon en áreas máis amplas.[37] A produción de moitas moedas de bronce, a gran cantidade de fraccións e de moedas diferentes en lugares moi diversos, desde as grandes cidades ata as pequenas granxas, fai pensar que tiñan uns usos cotiáns moi diversos.[38][39]
Final da República e dinastía Xulio-Claudia (72 a. de C. - 41 d. de C.)
editar- Artigo principal: Moeda provincial romana.
A partir do século I a. de C., o número de cidades que cuñaban moeda foi decaendo e as lendas latinas estandarizáronse en toda a Península.[40] Xa só emitían moeda as cidades máis importantes que adquiriran un status legal privilexiado de mans dos xenerais romanos victoriosos nas guerras civís e mesmo dos emperadores da época, Augusto e Tiberio, da dinastía Xulio-Claudia. Moitas das moedas emitidas proclamaban nas súas lendas e na súa iconografía o novo status das cidades emisoras como colonia ou como municipio, de xeito similar a outras provincias romanas.[38] Estas emisións adoitan recibir o nome de moedas provinciais romanas, e a obra de referencia para a súa catalogación é o volume I de Roman Provincial Coinage (RPC).[3][41][42]
Moeda ibérica antiga | |
---|---|
A/: busto de Augusto á dereita; lenda: AVGVSTVS DIVI F | R/: xinete á dereita con lanza; lenda ibérica: "BILBILIS" |
Ás provincial (bronce) do reinado de Augusto |
Varias casas de moeda do leste de Iberia intentaron manter as moedas coa tipoloxía característica do xinete e con lendas ibéricas e latinas, aínda que non resultaban moi populares. O groso destas emisións provinciais produciuse en tempos de Augusto e Tiberio, e as derradeiras moedas "locais" emitíronse baixo o emperador Calígula a mediados do século I d. de C., en todas as provincias romanas occidentais.[43] Desde entón, as únicas emisións na Hispania romana foron as das cecas imperiais, controladas polo emperador e usadas para fins determinados, como o pagamento dos lexionarios.[2]
Hai dúas razóns principais para as emisións provinciais: por unha parte, as novas colonias e os municipios querían anunciar o seu novo status e o favor imperial e, por outra banda, estas novas formas constitucionais levaban consigo gastos de Estado, que as emisións poderían estar destinadas a pagar. Logo de estaren estas moedas en circulación, probablemente fosen usadas na ampla variedade de papeis que tiñan as moedas na vida económica romana.[44][45]
Galería de moedas ibéricas
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Ripollés Alegre, P. P. (2005b).
- ↑ 2,0 2,1 Ripollés Alegre, P. P. (2005b). Páxina 93.
- ↑ 3,0 3,1 Burnett; Amandry; Ripollès (1992).
- ↑ García Bellido; Callegarín; Jiménez (2011)
- ↑ Campo (2013).
- ↑ Chaves (2008). Páxina 108.
- ↑ Ripollès Alegre, P. P. (2005b). Páxina 84.
- ↑ 8,0 8,1 Ripollès Alegre, P. P. (2011)
- ↑ Rouillard (2009).
- ↑ Sanmartí (2009).
- ↑ Ripollès Alegre, P. P. (2011). Páxina 217.
- ↑ Crawford, M. H. (1985). Páxinas 1-2.
- ↑ Campo (2013). Páxina 11.
- ↑ Villaronga, L. (1994). Páxina 11.
- ↑ Ripollès Alegre, P. P. (2005a). Páxina 187.
- ↑ Campo (2005).
- ↑ Ripollès Alegre, P. P. (2005a). 190-191.
- ↑ Campo (2013). Páxinas 12-13.
- ↑ Ripollès Alegre, P. P. (2003). Páxina 189.
- ↑ Ripollès Alegre, P. P. (2002).
- ↑ Oliver; Perea (1999).
- ↑ Ripollès Alegre, P. P. (2011). Páxina 219.
- ↑ Villaronga, L. (1994). Páxinas 63-74.
- ↑ Villaronga, L. (1994). Páxinas 81-107.
- ↑ Villaronga, L. (1994). Páxinas 17-60.
- ↑ Chaves (2012a). Páxinas 154-157.
- ↑ López (2010).
- ↑ Villaronga, L. (1994).
- ↑ García-Bellido; Blázquez (2001).
- ↑ Aguilar; Ñaco del Hoyo (1997).
- ↑ Ñaco del Hoyo; Prieto (1999).
- ↑ Gozalbes (2009).
- ↑ García-Bellido (1986).
- ↑ Mora (2003).
- ↑ Chaves (2012b).
- ↑ García-Bellido (2005).
- ↑ Ripollès Alegre, P. P. (2007). Páxina 94.
- ↑ 38,0 38,1 Ripollès Alegre, P. P. (2005b). Páxina 92.
- ↑ Sinner (2012).
- ↑ Ripollés Alegre, P. P. (2005b). 87-89.
- ↑ Roman Provincial Coinage Project Online.
- ↑ Heath, Sebastian. "Roman Provincial Coins and Imperial Chronology Arquivado 31 de xaneiro de 2019 en Wayback Machine.". En ANS Magazine. Primavera de 2005. American Numismatic Society.
- ↑ Burnett; Amandry; Ripollès (1992). Páxina 18.
- ↑ Burnett; Amandry; Ripollès (1992). Páxinas 16-17.
- ↑ Lledó (2004).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Aguilar, M. A.; Ñaco del Hoyo, T. (1997). "Fiscalidad romana y la aparición de la moneda ibérica: Apuntes para una discusión. II. 195-171 a.C". En HABIS. Nº 28. Páxinas 71-86. ISSN 0210-7694
- Albiach Delscals, R. (2013). L'oppidum de la Carència de Torís i el seu territori. Dipotación de Valencia. ISBN 978-84-7795-682-2
- Amela Valverde, L. (2010). "La moneda bilingüe de Usekerte/Osi". En Gaceta Numismática. 178-9. Páxinas 9-15. ISSN 0210-2137
- Beltrán Lloris, F. (2004). "Sobre la localización de Damania, Leonica, Osicerda y Orosis". En Palaeohispanica. Nº 4. Páxinas 67-88. ISSN 1578-5386
- Burnett, A.; Amandry, M.; Ripollès, P. P. (1992). Roman provincial coinage: From the death of Caesar to the death of Vitellius. 1. British Museum Press e Bibliothèque Nationale. ISBN 9780714108711
- Campo, M. (2005). "Nuevos datos sobre la moneda en la colonia de Rhode". En XIII Congreso Internacional de Numismática. Madrid 2003. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Páxinas 323-330. ISBN 84-8181-264-1
- Campo, M. (2013). "De donde venían y a donde iban las monedas fenicio-púnicas: Producción, función y difusión de las emisiones". En Costa, B.; Fernández, J. La moneda y su papel en las sociedades fenicio-púnicas. Govern de les Illes Balears. Páxinas 9-34. ISBN 978-84-87143-49-6
- Chaves Tristán, F. (2008), "Moneda local en Hispania: ¿Autoafirmación o integración?". En Uroz, J.; Noguera, J.M.; Coarelli, F. Iberia e Italia: Modelos romanos de integración territorial. Tabularium. Páxinas 107-131. ISBN 978-84-95815-12-5
- Chaves Tristán, F. (2012a). "Plata, guerra y sociedad: Iberia, finales del siglo III a.C.-inicios II a.C.". En Asolati, M.; Gorini, G. I ritrovamenti monetali e i processi storico-economici nel mondo antico. Esedra. Páxinas 151-90. ISBN 978-8860580580
- Chaves Tristán, F. (2012b). "Arqueología de la conquista como elemento identitario: Moneda y epigrafía monetal". En Santos, J.; Cruz, G., Romanización, fronteras y etnias en la Roma antigua: El caso hispano. Universidad de País Vasco. Páxinas 173-205. ISBN 978-84-9860-780-2
- Crawford, M. H. (1985). Coinage and money under the Roman Republic: Italy and the Mediterranean economy. Methuen & Co. ISBN 978-0416123005
- De Guadán Lascaris, A. (1980). La moneda ibérica. Catálogo de numismática ibérica e ibero-romana. Cuadernos de Numismática.
- García-Bellido, M. P. (1986), "Nuevos documentos sobre minería y agricultura romanas en Hispania". En Archivo español de arqueología. Vol. 59, Nº 153-154. 59. Páxinas 13-46.
- García-Bellido, M. P. (2005-2006). "Indicadores de identidad cultural: La representación de las joyas en las monedas". En Kalathos. 24-25. Páxinas 341-356. ISSN 0211-5840
- García-Bellido, M. P.; Blázquez, C. (2001). Diccionario de cecas y pueblos hispánicos. Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 84-00-08017-3
- García-Bellido, M. P.; Callegarin, L.; Jiménez, A., eds. (2011). Barter, money and coinage in the ancient Mediterranean (10th-1st centuries BC). Consejo Superior de Investigaciones Científicas. ISBN 978-84-00-09326-6
- Gozalbes, M. (2009), "Circulación y uso de los denarios ibéricos". En M., Campo. Ús i circulació de la moneda a la Hispania Citerior, XIII Curs d’història monetària d’Hispania. Museu de Prehistòria de València. Páxinas 83-103. ISBN 978-84-8043-208-5
- Heiss, Aloïs. (1870): Description générale des monnaies antiques de l'Espagne. Imprimerie nationale. París.
- López Sánchez, F. (2010). "Dracmas ampuritanas y marsellesas acuñadas para Cartago (218-211/209 A.C.)". En Mainake. 32. Páxinas 601-17. ISSN 0212-078-X
- Lledó Cardona, N. (2004). El uso de moneda en la ciudades romanas de Hispania en época imperial: El área mediterránea. Tese de doutoramento. Universitat de València.
- Martínez del Valle, A. (1994). "En torno a la localización de la ceca de Ikalesken". IX Congreso Nacional de Numismática. Elche 2004. Páxinas 59-74. ISBN 84-920052-4-6
- Mora Serrano, B. (2003). "Sobre el uso de la moneda en las ciudades fenicio-púnicas de la Península Ibérica". En López Castro, J. Las ciudades fenicio-púnicas en el Mediterraneo Occidental. III Coloquio Internacional del Centro de Estudios Fenicios y Púnicos. Páxinas 405-438. ISBN 978-84-8540-862-0
- Ñaco del Hoyo, T.; Prieto, A. (1999). "Moneda e historia monetaria en la Hispania republicana: ¿Economía, política, fiscalidad?". En Studia Histórica. Historia Antigua. 17. Páxinas 193-241. ISSN: 0213-2052
- Oliver Foix, A.; Perea Caveda, A. (1999). "El depósito ritual del Puig de la Nau (Benicarló, Castellón)". En Quaderns de Prehistòria de Arqueologia de Castelló. 20. Páxinas 189-207. ISSN 1137-0793
- Padrós Martí, P. (2005). "Algunos ejemplos de la relación existente entre cecas ibéricas y fundaciones tardorepublicanas en el nordeste de la Hispania Citerior". XIII Congreso Internacional de Numismática, Madrid, 2003. 1. Páxinas 523-530. ISBN 84-8181-264-1
- Pérez Almoguera, A. (1993). "Iltirta y Auso, dos capitales regionales en la Hispania Republica". En Anales de Prehistoria y Arqueología. 9-10- Páxinas 193-208. ISSN 0213-5663
- Pérez Almoguera, A. (2011). "La ceca de iltirka (iltirkesken) a la luz de los nuevos datos analíticos". En Revista d'Arqueologia de Ponent. 21. Páxinas 57–60. ISSN 1131-883X
- Ripollès Alegre, P. P. (1979). "La ceca de Celin: Su probable localización en relación con los hallazgos numismáticos". En Saguntum. 14. Páxinas 127-138. ISSN 0210-3729
- Ripollès Alegre, P. P. (1988). La ceca de Valentia. Estudis Numismátics Valencians. Nº 2. Generalitat Valenciana. ISBN 84-7579-502-1
- Ripollès Alegre, P. P. (1999). "De nuevo sobre la localización de Ikale(n)sken". En Valero Tévar, M., Primeras Jornadas de Arqueología Ibérica de Castilla-La Mancha. Consejería de Educación y Cultura. Páxinas 145-168. ISBN 84-7788-212-6
- Ripollès Alegre, P. P. (2005a). "Las acuñaciones antiguas de la Península Ibérica: Dependencias e innovaciones". En Alfaro, C.; Marcos, C.; Otero, P. XIII Congreso Internacional de Numismática. Madrid 2003. Ministerio de Educación, Cultura y Deporte. Vol. 1. Páxinas 187-208. ISBN 84-8181-264-1
- Ripollès Alegre, P. P. (2005b). "Coinage and identity in the Roman provinces: Spain". En Howgego, C. J.; Heuchert, V.; Burnett, A. Coinage and identity in the Roman provinces. Oxford University Press. Páxinas 79-93. ISBN 978-0199265268
- Ripollès Alegre, P. P. (2007). Las acuñaciones de la ciudad ibérica de Saitabi. Universitat de València. ISBN 978-84-370-6789-6
- Ripollès Alegre, P. P. (2011). "Cuando la plata se convierte en moneda: Iberia oriental". En García-Bellido, M.; Callegarin, L.; Jiménez, A., Barter, money and coinage in the ancient Mediterranean (10th-1st centuries BC). Consejo Superior de Investigaciones Científicas. Páxinas 213-226.
- Ripollès Alegre, P. P.; Llorens Forcada, M. (2002). Arse-Saguntum. Historia monetaria de la ciudad y su territorio. Fundación Bancaja. ISBN 84-8471-027-0
- Rouillard, P. (2009). "Greeks and the Iberian Peninsula: Forms of exchange and settlements". En Dietler, M.; López-Ruiz, C. Colonial encounters in ancient Iberia: Phoenician, Greek and indigenous relations. University of Chicago Press. Páxinas 131-151. ISBN 9780226148472
- Sanmartí, J. (2009). "Colonial relations and social change in Iberia (seventh to third centuries BC". En Dietler, M.; López-Ruiz, C., Colonial encounters in ancient Iberia: Phoenician, Greek and indigenous relations. University of Chicago Press. Páxinas 49-88. ISBN 9780226148472
- Saulcy, F. (1840). Essai de classification des monnaies autonomes de l'Espagne. Lamort, Metz.
- Sinner, A.; Martí, C. (2012). "La circulación monetaria en el valle de Cabrera de Mar (El Maresme, Barcelona)". En Sinner, A. La moneda de los íberos: Ilturo y los talleres layetanos. Universitat de Barcelona. Páxinas 55-71. ISBN 84-615-7847-3
- Villaronga Garriga, L. (1994). Corpus nummum hispaniae ante Augusti aetatem. Ed. José A. Herrero. ISBN 84-604-9118-8
- Vives y Escudero, A. (1926). La moneda hispánica. Madrid.