Aretusa (náiade)

náiade

Na mitoloxía grega, Aretusa era unha náiade que formaba parte do séquito de Artemisa. Era filla dun deus fluvial e prometera manterse sempre virxe, dedicándose á caza.

Alfeo intentando capturar a Aretusa (Bernard Picart (1673 - 1733))
Anverso dun decadracma de Siracusa, coa cabeza de Aretusa e catro golfiños arredor (c. 485-478 a.C.)

O deus-río Alfeo, un río do Peloponeso, estaba namorado dela [1]. Para conseguila, fíxose cazador, pero non conseguiu ser aceptado por Aretusa. Ó contrario, ela fuxiu ata a illa Ortixia, no centro do porto de Siracusa (Sicilia) pero Alfeo seguiuna ata alí. Aretusa pediu axuda a Artemisa, quen a transformou en fonte, na chamada no seu honor Fonte Aretusa, e Alfeo recorreu a mesturar as súas augas coas da fonte Aretusa, materialiando así o seu amor por ela. Tamén se di que a transformación tivo lugar xa no Peloponeso e que, perseguida por Alfeo, Aretusa dirixiuse baixo o mar ata xurdir como fonte na illa Ortixia.

Ovidio relata así o mito: Aretusa regresaba de cazar no monte Estínfalo un día de moita calor e atopou un río manso e de augas transparentes. Espiuse e bañouse, ata que escoitou un rumor e saíu da auga, escoitando como Alfeo preguntáballe que onde ía con tanta présa. Aretusa fuxiu a correr, núa como estaba, perseguida por Alfeo en forma humana. Suplicou a Artemisa que a axudara e a deusa envolveuna nunha densa nube, de forma que Alfeo non podía saber onde estaba pero seguía dando voltas ó redor da nube, buscándoa. Nese momento, converteuse en manancial e Alfeo recuperou a súa forma líquida e mesturouse con ela.

"Mentres [Alfeo] axexa, unha fría suor invade os meus membros e unhas pingas azuladas rodan sobre o meu corpo. O sitio por onde movo os pés mana auga, dos meus cabelos cae resío e máis axiña que agora o conto, convértome en manancial. Pero o río recoñece as amadas augas, e abandonando a figura humana que tomara, tornou a súa natureza líquida para mesturarse comigo. A Delia <ref>Apolo e Artemisa (Diana para o romano Ovidio) naceron na illa de Delos, e de aí os epítetos de Delio e Delia que se lles aplican.</(ref> quebra a terra e eu, mergullada en negras cavernas, chego a Ortixia, terra grata por levar o alcume da miña deusa e a primeira que me sacou ó aire".
(Ovidio: Metamorfosis V, 577-641)

Os habitantes de Ortixia divinizárona e representárona nas súas moedas, rodeada de golfiños.

  1. Como tamén o estaba da deusa Artemisa.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar