Fronteira

delimitación xeográfica entre dúas entidades políticas ou xurisdiccións

Unha fronteira define o límite xeográfico de entidades políticas ou xurisdicionais, tales como gobernos, estados, ou tamén subdivisións administrativas de tales estados ou países.

Edificio da alfándega na Raia entre Galiza e Portugal, que deixou de ter uso en 1992 ao adoptaren España e mais Portugal o Acordo de Schengen.

Antigamente, moitas fronteiras non estaban definidas claramente por liñas, senón por zonas neutrais chamadas "marcas" (como a Marca Hispánica de Carlomagno). Isto aínda se reflectía en tempos recentes nas zonas neutrais establecidas nas fronteiras de Arabia Saudita con Kuwait e Iraq (aínda que xa non existen tales zonas). Hoxe en día, a maioría de fronteiras do mundo están marcadas con precisión, de aí que se empregue a palabra "raia" como sinónimo de fronteira. En Galiza e Portugal, a hispano-portuguesa é a raia por antonomasia.

A maioría dos países contan con algunha forma de control de fronteiras, de cara a restrinxir o movemento de persoas, animais e/ou mercadorías, ben para entrar ou ben (ou tamén) para saír do país. Para cruzar as fronteiras son entón necesarios pasaportes e visados, ou outras formas de documento de identidade. Para a permanencia máis alá de certo tempo dentro de fronteiras de países estranxeiros, é posible que sexa necesario documentos especiais de inmigración ou permisos que autoricen tal estadía.

Véxase tamén

editar