Provincia de Huelva

Huelva é unha provincia andaluza, situada na zona occidental desta comunidade autónoma. Limita ó oeste con Portugal, ó norte coa provincia estremeña de Badaxoz, ó leste coa andaluza de Sevilla e ó sur é bañada polo océano Atlántico, de forma máis local co golfo de Cádiz. Ten unha extensión de 10.128 km² que se reparten un total de 79 municipios.

Modelo:Xeografía políticaProvincia de Huelva
provincia de Huelva (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 37°40′00″N 7°00′00″O / 37.666666666667, -7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía Editar o valor en Wikidata
CapitalHuelva Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación518.930 (2017) Editar o valor en Wikidata (51,24 hab./km²)
Xeografía
Superficie10.128 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoQ30908823 Traducir (1.055 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
Órgano executivoDiputación Provincial de Huelva (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal21 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ES-H Editar o valor en Wikidata
Código NUTSES615 Editar o valor en Wikidata
Código INE21 Editar o valor en Wikidata

Sitio webdiphuelva.es Editar o valor en Wikidata

Demografía

editar

Huelva ten 483.792 habitantes, segundo o censo de 2005. A densidade de poboación da provincia é de 47,76 habitantes por quilómetro cadrado. O 30% da poboación vive na capital de provincia (ver Huelva).

Xeografía

editar

No norte de Huelva atópase Serra Morena, o que fai un enorme contraste cas chairas do sur da provincia. O parque nacional de Doñana, unha das maiores reservas da biosfera de Europa, atópase nesta provincia.

O clima onubense é moi caloroso e ten unha grande exposición solar, a temperatura nunca baixa dos 10 °C (excepto na montaña). As precipitacións anuais son de 500 ml no sur e 1000 onde a paisaxe é máis montañosa.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar