Mostrando entradas con la etiqueta software. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta software. Mostrar todas las entradas

17 ago 2009

Storybook Weaver

Deses programas que hai para inventar historias e escribir na aula, Storybook Weaver sempre me gustou. Trátase dunha aplicación que ofrece moitas posibilidades na educación primaria, en castelán e en inglés, e que aquí apareceu co nome de El Pequeño Escritor. Como recurso para escribir é unha ferramenta áxil e motivadora, que facilita o paso da imaxinación creadora á pantalla do ordenador e ao papel impreso. Algunhas das posibilidades que proporciona son as seguintes:

  • Aproximadamente 1.800 imaxes predeseñadas, coa opción de seren modificables.
  • Arredor de 20.000 combinacións entre escenarios, cores e deseños propios.
  • Incorporación de son e música, desde arquivos do mesmo programa.
  • Distintos tipos de letras, coas mesmas características que un procesador de textos habitual.
  • Vocalización dos textos escritos, aínda que con algúns problemas, pois o idioma de orixe é o inglés.
  • Variedade de formatos para a impresión dos traballos en papel.
  • E, sobre todo, a posibilidade de poder escribir nas diferentes linguas do currículo.

Este programa saíu ao mercado hai tempo, pero na versión máis actual funciona sen dificultades en Windows XP e Mac OS X. Ao parecer, entre as novas funcións destaca a opción de gardar os traballos como documentos web.

Related Posts with Thumbnails