Academia.eduAcademia.edu

Anomalía (Materialismo do verán)

2017

Conxunto de catro composicións que lle dan un xiro sorprendente á obra poética de Carlos Lema, antes concibida a partir da melodía do pensamento e marcada agora por unha sintaxe con articulación de motivos en staccato. O ritmo está punteado por silencios que amplifican a súa función significativa ao acentuar a asociación simbólico-semántica da lectura. Arredor do tema do verán, o poeta vai á procura do materialismo do tempo: todo o que se perde, permanece, o esquecido volve coma epifanías da inmanencia, os obxectos —as persoas, os sentimentos, as relacións e as cousas— deixan de depender dunha entidade que as pensa, a súa representación prescinde da obriga de acceder a esencia ningunha. Todo é continxente e, nesa liberdade á que nada obriga, elévase a igualdade ontolóxica do que existe, do que ten senso. Os poemas achéganse á música tanto no título coma no uso dos tempi e do ritmo, con prolongacións non literais suxeridas por unha utilización dos signos gráficos concibida especialmente para estas composicións. De aí a sensación de frases escintilantes, que raiolan ecos cálidos e acollen a lectura nas súas pausas, suspensións e prolongacións de senso, logradas polo emprego da metonimia. As referencias sensitivas, múltiples e significativamente activas, traen a estas composicións as cores, os sons e as sensacións táctiles da vida corrente. O poema non é un medio, é un obxecto inútil e, como tal, carente de uso, inzado de caducidade. Na sombra está a grandeza da luz. Unha anomalía, coma a plenitude do verán.

Loading...

Loading Preview

Sorry, preview is currently unavailable. You can download the paper by clicking the button above.