Carlos Lema
Carlos Lema (San Sadurniño, 1958) escribiu os poemarios "O xeito de Freud" (Premio Johán Carballeira, Espiral Maior, 2008) e "Álbum da cuarta dimensión" (Chan da Pólvora, 2020). En "Poesía, linguaxe e acción (con René Char)" (Amastra-n-gallar, 2011) deu ao prelo un conxunto de textos arredor de Martin Heidegger, René Char e a facticidade da poesía. O libro "Indeterminacións" (Axóuxere, 2012) inclúe escritos sobre lectura, literatura e música. Como filósofo, é autor dos libros "A música das esferas (Xenealoxía da orde do mundo)" (2013) e "A monstruosidade moderna" (2019). É o tradutor de Quentin Meillassoux para o galego e introdutor do realismo especulativo en Galicia. Tamén traduciu "Sobre a lectura, seguido de 'Días de lectura' ", de Marcel Proust, publicado xunto co seu ensaio “Proust e a lectura” (Trifolium, 2011).
Forma parte, como fundador e presidente, do Padroado da Fundación Euseino?
Foi socio fundador de Anosar, primeira empresa galega dedicada exclusivamente á tradución doutras linguas para o galego en todos os ámbitos (literario, comercial, técnico, etc.).
Como editor, tivo o cargo de director de publicacións en Sotelo Blanco Edicións, onde traballou de 1990 a 2001. De 2002 a 2022 foi director de edicións de Editorial Galaxia, anos durante os que tamén foi membro do consello de redacción da revista Grial.
En Sotelo Blanco, reorientou as principais liñas do catálogo, especialmente a colección Medusa de narrativa, na que publicou algúns dos máis anovadores narradores galegos da década de 1990, ademais de incluír traducións de autores coma Paul Auster e Richard Ford. Creou a colección Biblioteca de Traducións, con títulos de Laurence Sterne, Henry James, Antón Chékhov e a primeira novela de Virginia Woolf publicada en galego, e a colección doceXvintedous, baseada na cultura xuvenil e orientada aos "young adults", na que publicaron as súas primeiras novelas autores coma Rosa Aneiros, Jaureguizar, Xabier López e Manuel Darriba e para a que traduciu a novela negra "O estraño caso da rapazola que entrou polo meu despacho adiante", do portugués José Pinto Carneiro. Tamén iniciou a colección Didáctica, orientada á Educación Infantil, con material de apoio ao mestre e material de aula, e na que se van publicar anovadores métodos de lecto-escritura coma "Leo con Bubela". Publicou libros de texto de Educación Primaria, na que sería primeira incursión da editorial no ámbito escolar, para o que tamén ideou a colección Literatura e Crítica, co obxectivo de achegar a crítica literaria ao Ensino Secundario.
Na súa etapa en Editorial Galaxia, creou a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que publicou traducións de novidades ao mesmo tempo ca noutras linguas europeas, entre elas, novelas de Martin Amis, Alessandro Baricco, Andrea Camilleri, Anna Gavalda, Kazuo Ishiguro, Daniel Kehlmann, Tom McCarthy, Pierre Michon, Orhan Pamuk, Bernhard Schlink e Jean-Philippe Toussaint.
Tamén se fixo cargo da colección Clásicos Universais, na que publicou os contos completos de Franz Kafka e de Edgar Allan Poe, "O gatopardo" de Giuseppe Tomasi di Lampedusa, "Tres vidas" de Gertrude Stein, "O ruído e a furia" de William Faulkner, "Trópico de cáncer" de Henry Miller, "Molloy" de Samuel Beckett e "O oficio de vivir" de Cesare Pavese. Na colección Dombate de poesía publicou autores coma Xosé María Álvarez Cáccamo, Xiana Arias, Antón Blanco Casás, Helena de Carlos, María do Cebreiro, Manuel Forcadela, Oriana Méndez, Erín Moure, Manuel Outeiriño, Chus Pato, Xavier Rodríguez Baixeras, Ana Romaní e Paulino Vázquez.
Foi o editor galego de Paul Auster e de Haruki Murakami. Con el publicaron as súas primeiras novelas autores coma Xurxo Borrazás, Xabier López, Manuel Darriba, Aníbal Malvar, Xavier Queipo, Alberto Lema e Domingo Villar. Tamén editou as últimas obras de Anxo A. Rei Ballesteros e de Camilo Gonsar, autores dos que posteriormente se encargaría de publicar a Biblioteca Rei Ballesteros e a Biblioteca Camilo Gonsar. Ademais, foi editor de, entre outros autores, Rebeca Baceiredo, Begoña Caamaño, Berta Dávila, Miguel Anxo Fernández, Iván García Campos, Xosé Monteagudo, Miguel Anxo Murado, Chus Pato, Antonio Piñeiro, Manuel Portas, Arantza Portabales, Antón Riveiro Coello, Anxos Sumai, Domingo Villar e Isaac Xubín.
Address: Vigo, Galicia

less
InterestsView All (17)
Uploads
Books by Carlos Lema
Euseino? Editores, col. Casabranca 9
1ª edición, 1ª impresión: xuño de 2019
185 x 135 mm
Rústica con lapelas
316 páxs.
PVP 15 euros [14,40 + 4% IVE]
A realidade está sometida ao suxeito, só existe aquilo que este é quen de pensar, todo se organiza a partir da correlación entre suxeito e mundo. Esa é a razón de que o principio lexitimador da Idade Moderna sexa a liberdade, de aí a importancia que adquire a figura do artista.
Para achegarse a unha nova concepción da realidade que non dependa exclusivamente desa escisión entre suxeito e mundo, a argumentación que segue Carlos Lema neste libro organízase en tres partes, cada unha delas arredor dunha idea: comeza cunha teoría do suxeito como cidadán e artista, remata cunha reflexión sobre o que o autor denomina a consunción tardomoderna e sobre a absolutización da subxectividade na que se inclúe “o contrafío das mulleres”. No centro, vinculando as partes inicial e final, sitúase a representación como mediación que fai posible a relación entre a singularidade do cidadán-artista e o pacto moderno.
Co eixo situado na cuestión do pragmático, a primeira parte deste libro centra o debate en torno ao artista moderno. A continxencia, que todo o condiciona e todo o fai posible, transforma o pensamento en algo antidogmático e pragmático, de tal xeito que a deturpación pragmática da arte ten como resultado a produción da cousa mesma, é dicir, a representación como cousa que se emancipa de quen a pensa. Iso non significa que a pluralidade de perspectivas vaia ocupar o sitio da verdade, todo o contrario, esa pluralidade non sería posible sen unha norma de verdade potencialmente transcendente: a universalidade do disenso.
Na segunda parte, o libro introdúcese no siloxismo da representación a través da poesía, da infancia e da alma. O suxeito é porque di algo de si mesmo; nesa autorrepresentación é onde reside a potencia do enunciado da autopoiese como causa mundi. Chégase á terceira e última parte facendo unha historia da emancipación das mulleres por medio da cultura. O bios triunfa sobre a zoé feminina; a determinación de xénero reelabórase como identidade cultural.
A conclusión que se dá no ensaio final é que a pólis moderna xa non se articula directamente sobre o cidadán, como acontecía desde a Grecia arcaica, senón a partir das súas decisións verbo da representación. Estamos, polo tanto, diante do triunfo da correlación mundo-pensamento pois só a través do suxeito se pode acceder ao mundo, unicamente o suxeito ten poder constituínte, o dunha autosoberanía que, en forma de consunción, fai as veces de salvación. Nese labor que ten como obxectivo facer o sublime accesible, a consagración do ser humano como artista sinala definitivamente o triunfo da monstruosidade moderna.
Índice
9, Introdución. Cidadán e artista: as consecuencias ontolóxicas dunha reificación — 23, Parte 1. A monstruosidade moderna – 25, A deturpación pragmática do artista moderno, ou a representación do consenso sobre o suxeito – 25, O modelo Goethe e o disenso de Lessing: 25, § 1. Vida nacional; 28, § 2. Copertenza; 30, § 3. Tema actual; 31, § 4. Lessingzeit; 33, § 5. Estética; 37, § 6. Xenialidade; 41, § 7. Crítica; 42, § 8. Modelo; 48, § 9. Verdade e creación – 48, Xenialidade e diferenza como pragma: 48, § 10. Pacto social e irrupción do suxeito; 50, § 11. Modos de existencia; 51, § 12. Entendemento xeral; 55, § 13. Liberdade e disenso; 60, § 14. Instrumentalidade; 61, § 15. Pólis, política e límites da cidade; 63, § 16. Monstros da modernidade – 66, Unha transición: a polémica sobre a loucura: 66, § 17. Derrida e Foucault: historia dunha controversia; 67, § 18. O instante da decisión; 67, § 19. A linguaxe da razón; 68, § 20. Inconceptualidade; 70, § 21. Louvanza da loucura; 71, § 22. Xenealoxía; 72, § 23. Posibilidade e ficción; 73, § 24. Hipóstase; 73, § 25. Texto ou historicidade da exclusión; 75, § 26. O senso do ser; 76, § 27. A ampliación da razón – 76, A superación da polémica: o principio de irrazón: 76, § 28. Continxencia e irrazón; 79, § 29. Pensar un x independente; 84, A solución de Gabriel; 84, § 30. Sinnfelder; 85, § 31. O espazo das razóns; 87, § 32. Disenso e obxectividade; 90, § 33. Teoría da verdade como disenso – 92, Recapitulación: a masa paradoxal da inconceptualidade: 92, Reexposición dos antecedentes; 96, Reexposición dos consecuentes – 99, Teses sobre a representación do suxeito – 105, Un monstro. A xustificación estética da vida – 119, Teoría do suxeito. Situacións e relacións: 119, 1. Igualdade; 120, 2. Representación; 121, 3. Liberdade; 122, 4. Situación; 124, 5. Consciencia; 126, 6. O suxeito da Historia; 131, 7. Representación, devir e vida; 132, 8. Da presenza, os obxectos e o amor; 135, 9. Definición de vida; 136, 10. Homo faber, o suxeito produtor; 144, 11. A filiación libre — 147, Parte 2. O siloxismo da representación – 149, Vinte e unha teses sobre a poesía como representación – 159, Poesía e infancia: 160, O desvío materialista; 161, Fóra da correlación – 165, Alma e poesía. A afección do suxeito polo disenso —171 Parte 3. A consunción tardomoderna – 173, As fadas modernas. Primeiras autoras, infancia e literatura: 178, Contos de fadas, escritoras e razón; 188, Coñecemento e pedagoxía; 197, O matrimonio como liberdade; 198, Autoridade e lei; 202, Suxeito, amor e pacto social; 205, Mulleres con autoridade – 209, O contrafío das mulleres: 213, As mulleres daimónicas; 218, Símbolo e diábolo; 220, A monstruosidade moderna; 225, Arte como filiación libre; 229, Maternidade, filiación e afiliación – 235, A política como consunción tardomoderna: 235, 1. A política moderna: a representación como mediación; 237, 2. O uso político do entendemento xeral; 240, 3. Tardomodernidade: da consunción tardomoderna como inversión do moderno adiado; 251, 4. Lexitimidade e salvación: do cristianismo ao pacto moderno; 255, 5. Consumo ostentoso e consunción tardomoderna; 261, 6. A modernidade como consunción imposible; 271, 7. Lexitimidade e produción de subxectividade; 272, 8. Tres tipos de réximes — 275, Bibliografía — 289, Índices – 291, Índice temático – 305, Índice xeral
Desde a Grecia antiga á Revolución Francesa, desde os mitos e a descrición do mundo no Timeo á teúrxia e á teoloxía dos primeiros séculos da Era Cristiá, desde Agostiño de Hipona e Descartes ao culto do Ser Supremo na Francia de Robespierre, trázase aquí o percorrido da idea de orde aplicada ao mundo cunha finalidade transcendente; búscase a procedencia dese poder que logra reducir todo acontecer á inconsistencia.
A crítica á orde transcendente remóntase, pois, á relación de confianza da orientación cosmolóxica grega antiga e á súa reformulación nunha idea de cosmos que, nos tempos modernos, acabaría substituída pola crecente necesidade de dominar o mundo.
* * *
Índice: Adro.— 1. A harmonía das cousas.— 2. A mirada atrás.— 3. A orde do número.— 4. A constitución do mundo: 1. O quinto convidado – 2. A harmonía – 3. O produtor de orde – 4. A situación – 5. A esfera – 6. O mesmo e o outro no mundo – 7. A música – 8. Analoxía e máthema – 9. O tempo e a música das esferas.— 5. O platonismo ou a transcendencia.— 6. A filosofía domeada (da teúrxia á teoloxía).— 7. A cristianización do platonismo.— 8. A constitución do eu ou o mundo interior.— 9. A perfección do home.— 10. O culto do Ser Supremo.— Cabo.— Addenda. Orde do mundo, secularización e progreso.— Bibliografía.
* * *
ISBN 978-84-616-6171-8
Col. Casabranca 2
185 x 135 mm
Rústica con lapelas
280 páxs.
Nos ensaios deste libro búscase unha crítica desa determinación. Crítica da novela como relato, crítica do libro como institución do saber, crítica da música como arte e crítica da vida como cumprimento do tempo. A súa lectura, pois, debería permitir observar esa indeterminación inicial, non tematizada, na que a predicación queda sen efecto.
Índice: 7, Nota do autor: as indeterminacións da orde; 11, Contra a novela. Hipóteses sobre a narración como sentido; 39, O libro perfecto.; 61, Progreso musical. Unha reflexión crítica a partir da obra de Elliott Carter; 87, Instrucións para unha era posthumana. Tempo, traballo e suxeito nas ruínas do capitalismo.
144 páxs.
ISBN 978-84-939107-7-8
Axóuxere Editora
Poetry by Carlos Lema
https://chandapolvora.gal/tienda/coleccion-chan-da-polvora/album-da-cuarta-dimension-ll-carlos-lema/
Arredor do tema do verán, o poeta vai á procura do materialismo do tempo: todo o que se perde, permanece, o esquecido volve coma epifanías da inmanencia, os obxectos —as persoas, os sentimentos, as relacións e as cousas— deixan de depender dunha entidade que as pensa, a súa representación prescinde da obriga de acceder a esencia ningunha. Todo é continxente e, nesa liberdade á que nada obriga, elévase a igualdade ontolóxica do que existe, do que ten senso.
Os poemas achéganse á música tanto no título coma no uso dos tempi e do ritmo, con prolongacións non literais suxeridas por unha utilización dos signos gráficos concibida especialmente para estas composicións.
De aí a sensación de frases escintilantes, que raiolan ecos cálidos e acollen a lectura nas súas pausas, suspensións e prolongacións de senso, logradas polo emprego da metonimia.
As referencias sensitivas, múltiples e significativamente activas, traen a estas composicións as cores, os sons e as sensacións táctiles da vida corrente.
O poema non é un medio, é un obxecto inútil e, como tal, carente de uso, inzado de caducidade. Na sombra está a grandeza da luz. Unha anomalía, coma a plenitude do verán.
A obra intenta ser unha reflexión sobre a relación entre linguaxe e suxeito concibida desde uns poemas que abalan do agarimo á ironía, da proximidade ao afastamento, dos feitos ás lembranzas, como consciencia de vivir no tempo mais non derrotados polo tempo. A poesía quere abrir un buraco no sentido (e no tempo como sentido), un espazo de indeterminación que permita a lectura (e a vida como lectura) ao se situar entre o implícito e o explícito do significado mais sen chegar a coincidir totalmente con ningún dos puntos de fixación do discurso. Coma na música, un espazo perceptivo que favoreza a duración nos seus ritmos, silencios e pausas. Instantes de nugalla, tempo perdido que se expón á disolución da linguaxe, ás súas zonas baleiras, esa parte do suxeito non sometida á sucesión temporal.
Lyrics by Carlos Lema
En 2017, por cousas do traballo, coñecín a Ana Tuñas, falamos de música, díxome que tiña un gupo, escoiteilles unhas cantas cancións, como vin que lles prestaba cantar en inglés, díxenlle a Ana que eu tiña un poema nesa lingua e deille o texto. Meses despois, cadrei con Ana por casualidade e díxome que xa estaba gravada a canción.
O meu agradecemento a todos os compoñentes de Closer, pola música e a interpretación, e mais a John Thompson e a Erín Moure polas suxestións e correccións da versión en inglés.
Papers by Carlos Lema
Un artigo interpretativo da obra maior dun dos escritores galegos de gran difusión.
Tras a morte de Deus, figura na que se sumía todo acto na concepción relixiosa que está na base do Antigo Réxime, na Idade Moderna esa xustificación estética da vida estendeuse a todo suxeito desde o momento en que a liberdade se converteu no elemento constitutivo tanto do artista coma do pacto social. Na modernidade, cando dicimos arte estamos a falar de participación no pacto social como resultado dunha decisión libre: a aceptación do disenso como constitutivo da representación fai posible a liberdade. A xustificación estética da vida é a elaboración dun disenso propio —o tan traído e levado “mundo propio”— co que formar parte do pacto; por iso a sociedade moderna non é comunal senón que é acomún, pois está formada por singularidades baseadas na diferenza outorgada polo libre arbitrio.
A conclusión deste artigo, escrito en forma de carta ao autor da novela, é que precisamos dunha literatura que non se someta completamente aos criterios da actualidade e que evite o imperio do que Georg Lukács denominaba “vida nacional”, esixencias de difusión incluídas. Para iso é necesaria unha reflexión teórica sobre a estética, isto é, sobre o xeito no que se percibe e se representa o mundo.
Para realizar esta reflexión sobre o chamado “Discurso do reitorado”, Carlos Lema parte neste artigo da edición bilingüe alemá-francesa do discurso de Martin Heidegger, publicada en novembro de 2010 por Éditions Trans-Europ-Repress (T. E. R.), edición que recolle a realizada orixinalmente en 1933 por Verlag Wilh. Gottl. Korn, de Breslau, traducida para o francés por Gérard Granel.
"Non se trata dun vídeo musical senón dunha obra na que a relación entre música e película acada autonomía plena. A imaxe en movemento non ilustra a música nin esta última está concibida para dramatizar, subliñar ou acrecentar o efecto visual da imaxe. [...] A súa estética —no senso amplo da palabra— require un traballo perceptivo que ten a mesma duración da obra aínda que parece propoñer que a súa finalidade sexa precisamente a negación da finitude, do acabado, de aí ese endless que suxire a inexistencia de calquera caste de teleoloxía. Estamos perante un amosar que se configura como o triunfo definitivo do homo faber.
Neste álbum visual, contemplamos a Frank Ocean mentres constrúe unha escaleira de caracol no medio do espazo case baleiro dun almacén. Unha das características máis peculiares do vídeo é que se contemplan múltiples interaccións de Frank Ocean consigo mesmo; esa simultaneidade fai que na pantalla apareza gran parte do tempo duplicado —e incluso triplicado— mentres cepilla e corta madeira cunha serra circular, ou mentres está sentado nun recuncho a trebellar no seu teléfono móbil. Non hai diálogo ningún e tampouco se suxire que os múltiples Ocean da pantalla se relacionen entre si."
Ao tempo, o autor pregúntase se as escritoras e os escritores actuais son eses monstros que pairan a contemplarnos desde a súa situación, na que, en palabras de Jean-Paul Sartre, “Natureza e liberdade son todo un: unha especie de graza ao revés".
Carlos Lema, autor de "A música das esferas", libro no que se dedican o capítulo titulado “O culto do Ser Supremo” e a addenda “Orde do mundo, secularización e progreso” a analizar o proceso da lexitimación moderna e a contrapoñer criticamente diferentes interpretacións, entre elas as de Blumenberg, Arendt, Agamben, Koselleck e Löwith, trata neste artigo novo ese mesmo asunto da divindade e da súa relación co mundo.
A partir da obra de Blumenberg sobre "A paixón segundo san Mateo" e do ensaio de Anna Longo “Dieu hors des limites de la critique kantienne”, no que se fai unha interpretación da tese de doutoramento escrita por Quentin Meillassoux sobre “A inexistencia divina”, Carlos Lema expón de xeito sintético a necesidade de superar a idea de ateísmo, precisamente por estar vencellada en exceso á existencia da relixión, isto é, porque é preciso postular unha concepción da divindade allea á relixión, que non teña función lexitimadora.

Faise aquí un convite á reflexión, unha incitación a pensar sobre a función da ficción (literaria e non literaria) na sociedade contemporánea.
diferente nese proceso de translación das posicións e de reocupación desas mesmas posicións por outros axentes e con outra disposición da súa orde; ese foco de atención refírese á Idade Moderna e ao seu vencello coas disposicións xeradas no período anterior, a Idade Media.
Para comprender o senso da separación entre mundano e transcendente, cómpre clarexar o senso do proceso que executa a secesión da percepción do mundo polos seres humanos. Dúas posicións nas que se dispoñen os actos retóricos e os de coñecemento, tendo en conta que, tanto entre estes últimos coma entre os primeiros, se encontran ciencia e relixión, aquén e alén, inmanencia e transcendencia, compartindo recursos, disputando por eles ou transferíndoos dunha orde á supostamente contraria.
A orde do mundo abandona dese xeito —seica definitivamente— disposicións como as dos gregos antigos, entre eles os pitagóricos, que o concibían como relación tripartita, na que o terceiro elemento limitaba e asemade abría a oposición pechada, e interminable dinamicamente, de dous. A translación que o neoplatonismo realiza do contido desa posición cara á transcendencia axuda a que acabe por ser reocupada polo cristianismo mais, pola contra, só coa finalidade de enxertar no paradigma dual un elemento alleo que o faga máis vizoso e aumente a potencia de crecemento de ambos e dous polos; ese elemento é a parusía, a escatoloxía cristiá.
O tema deste ensaio é un dos aspectos principais da tradución literaria, o da tradución como intercambio entre campos de produción cultural e o dos intercambios de formas e repertorios literarios como fenómeno que dá ou pode dar pé á chamada, de cinguírmonos a unha denominación sintética, literatura mundial.
Aproximarse dese xeito ó campo literario galego e ós seus intercambios con outros campos como unha tarefa na que, xunto ó interese por saber, intervén, por que non, un contraditorio e crítico distanciamento na proximidade. Velaquí, pois, este intento de pensar, máis ca de describir ou analizar, verbo da tradución, dos textos traducidos, e do tecido que forman.
Esta edición, realizada por Carlos Lema, faise coa finalidade de corrixir, revisar e actualizar aquela de hai vinte anos. Actualizouse a ortografía, adáptándoa á vixente, corrixíronse lapsus calami e erros de todo tipo, revisouse tamén a ortotipografía, a composición tipográfica e diferentes aspectos da posta en páxina dos poemas.
O libro está organizado en dúas partes, o poemario propiamente dito e os anexos, formados por seccións nas que se reúnen dedicatorias, testemuños, estudos críticos, variantes, versións e documentos, antoloxías e traducións da obra.
Nesta última parte, incluíuse unha selección de entrevistas e artigos publicados arredor do poemario, ademais das variantes existentes respecto da primeira edición. Coa supervisión da autora, danse versións precedentes dalgúns dos poemas encontradas nos cadernos de notas que forman parte do Fondo Chus Pato depositado no arquivo da Fundación Euseino?
Índice: O OUTRO LADO DO ESPELLO; A ITINERANCIA; UNHA MANEIRA DE OLLAR; HABITAR NO MUNDO; A FIXACIÓN DO TEMPO; FINAL: O MISTERIO DA LUZ.
Constituída por centos e centos de debuxos, a súa obra gráfica é un xeito de entender a realidade circundante e de relacionarse co mundo. Unha ollada chea de matices que reflicten as múltiples facetas da obra e da personalidade do escritor.
Tom Sparrow xa dera ao prelo, en xuño do ano pasado, outro libro sobranceiro: The End of Phenomenology: Metaphysics and the New Realism (Edinburgh University Press). Mais é en Plastic Bodies no que o pensamento filsófico de Sparrow acada maior autonomía respecto dos seus mestres, desta volta os filósofos Emmanuel Levinas e Maurice Merleau-Ponty. Logo da interpretación crítica da fenomenoloxía que Sparrow realizou no libro citado máis arriba, pode agora enfrontarse co que el chama “reconstruír a sensación” prescindindo do espectro do “antirrealismo antropocéntrico” para se situar na nova concepción do realismo.
Entre 2010 e 2011, o escritor e editor Emilio Araúxo publicou tres achegas singulares arredor da voz e da presenza do Outro; arredor da desaparición, da escritura e da fotografía como xeito de resistencia, como traza da oralidade compartida, do traballo non alienado nin reificado, como mostra da representación posible do tempo fóra do intemporal capitalizado.
Tres libros breves, publicados por Amastra-n-gallar en edición non venal: "Andades á xunta?", "Corga toda cribada" e "Séntate eí un pouco". Os tres recollen a fala e o traballo dunha muller chamada Isolina Pumar; os tres levan un subtítulo que comeza coas verbas “Con Isolina Pumar” e continúa, respectivamente, “en Chaviou e no Poulón”, “na Corga da Casa”, “nas hortas de Lubrigo”; os tres están compostos por texto e fotografía.
Escribir unha biografía implica ler simultaneamente no bíos e no grápho e, se lectura e escritura son contiguas, ler só pode ser unha cousa: engadir algo ao escrito. O fío que cose a lectura e a escritura dunha vida, o que ganduxa disimuladamente as partes do tecido biográfico, non debe quedar á vista pois un texto só é tal —Derrida dixit— se nunha primeira ollada agacha a lei da súa composición.
Mais no seu Derrida, Benoît Peeters, escritor de xinea belga coñecido pola súa biografía do debuxante Hergé, non soamente introduce fío novo na vida e na obra dun dos filósofos que máis reflexionaron sobre a cuestión bio-gráfica, senón que deixa á vista o ganduxado ao publicar simultaneamente "Trois ans avec Derrida (Les carnets d’un biographe)", outro suplemento máis co que des(a)fía —tal se fose Derrida mesmo— o traballo de costura realizado nas máis de seiscentas páxinas dedicadas ao autor de "Glas".
“Propoño, daquela, unha ontoloxía e unha metafísica nin clásica nin moderna, tampouco posmoderna, que reclasifique os obxectos sen xerarquizalos en absoluto, que abstraia as cousas sen deixar que varíen unhas en relación coas outras: non son absolutista, tampouco relativista. Tento facer xogar, mediante o pensamento, a planitude das cousas contra a orde dos obxectos e a orde dos obxectos contra a planitude das cousas.
A planitude do mundo serve, entón, de liña de medida para encontrar o senso das diferenzas, das relacións de orde e da clasificación dos obxectos no mundo. Mais a orde de clasificación e de acumulación, de progreso dos obxectos pode ser en todo momento curtocircuitada pola planitude do: “calquera cousa é igualmente algo”, o que permite á vez a orde dos obxectos e impide a súa absolutización.”
Interésalle levar ata o final a liberalidade e o igualitarismo ontolóxicos latentes na época moderna. A súa proposta, como parte do que denomina as ontoloxías liberais, entre as que sitúa os neomeinonxianos, a OOO de Graham Harman, o realismo modal e tamén o hipercaos de Quentin Meillassoux, o múltiple de Alain Badiou e o irreducionismo de Bruno Latour, consiste en levantar acta do fracaso da concepción dun ser máximo, dun ser tan forte que incluiría a súa propia negación, para para poder rexeitar así a renuncia moderna.
Estudo literario minucioso, investigación ateigada de intriga e, finalmente, tamén hipótese filosófica que ha cambiar a nosa concepción da literatura e do mundo, este ensaio de Quentin Meillassoux expón dunha maneira sintética e accesible o obxectivo do seu proxecto teórico: “Un Coup de dés” como o meirande poema consagrado ao Azar eterno e ao papel do ser humano —e especificamente do poeta, no caso de Mallarmé— fronte a ese absoluto sombrizo no que se recoñecen os modernos. O que abraia na obra do poeta é que a súa relación cun Azar entendido como insuperable non o fai renunciar á esperanza do divino dunha forma completamente orixinal: cun xesto que é plenamente materialista pois o materialismo non é un ateísmo, “o materialismo non consiste en negar os deuses senón en materializalos”.
Índice: 9, Materialismo alén do ateísmo – 17, O metro e o código – 23, O Maître e o poeta príncipe – 45, O Libro e a misa – 55, O máis simple dos metros – 69, O tesouro do dragón negro – 73, O Mestre e o Azar – 79, Dúbida e infinitización – 93, Un novo xesto materialista – 95, Apéndice. O poema
Título orixinal: “Le Coup de dés, ou la divinisation matérialiste de l’hypothèse”.
Traducido do francés por Carlos Lema
PDF e libro electrónico
128 páxs.
ISBN 978-84-945621-4-3
Edición non venal
Cunha reflexión singular sobre a relación entre tempo musical e tempo cronolóxico na Idade Moderna, Steven Shaviro analiza as múltiples funcións da música popular hoxe para deterse tamén no caso específico da música afrofuturista que ten por obxectivo criticar a situación actual da diáspora africana, revisando e cuestionando os acontecementos do pasado. A súa análise chega a formular a hipótese de como a música groove pode supoñer a liberación da escravitude métrica precisamente ao intensificar o ritmo, ao converter o presente eterno da sociedade tardomoderna nunha experiencia ateigada de instantaneidade, unha proposta teórica esbozada a partir da noción de Jetztzeit (tempo-actual, ou tempo-agora) de Walter Benjamin.
A análise comparativa levada a cabo por Anna Longo neste texto sitúa perante lectoras e lectores dúas concepcións diferentes do divino que redefinen o papel de Deus na apertura posible ao virtual. Este ensaio encádrase nun contexto no que: "A reapertura realista ás cuestións metafísicas, coma a da existencia de Deus, [se propón] atopar un acceso racional ao grande exterior sen renunciar ás achegas da crítica. Nomeadamente, a tese que atingue a inexistencia de Deus inscríbese nunha refutación racionalista do principio de razón que o correlacionismo non podía realizar."
O que de veras interesa a Longo é que a cuestión ten que ver coas condicións do pensamento, é dicir, coas condicións reais da reformulación da xénese do transcendental.
* * *
Índice: Tempo sen devir – 1. Correlacionismo.— 2. O problema do arquifósil.— 3. O principio de factualidade.— 4. O principio de contradición – Continxencia e liberdade: unha comparación entre materialismo especulativo e ciencia experimental – 1. Formalización lóxica e necesidade causal.— 2. O problema da indución da causalidade.— 3. Causalidade e liberdade.— 4. Causalidade e necesidade.— 5. A posibilidade da ciencia — Bibliografía.
Ao cabo, Agamben xa non se conforma con apuntar cara a un Ingobernable utópico senón que elabora unha nova teoría do suxeito e, consecuentemente, unha nova teoría da acción: a dunha inoperatividade que non é inercia senón abertura ao posible, a dun ser humano vivente liberado de todo destino biolóxico ou social e de todo obxectivo predeterminado, un ser humano dispoñible para a particular ausencia de obra que estamos habituados a chamar «política» e «arte».
Inclúe un texto introdutorio de Carlos Lema titulado "Proust e a lectura".