Zombi
Aparencia
Un zombi[1] (en crioulo haitiano: zonbi, e en francés haitiano: zombi) é un corpo morto que volve á vida mediante bruxería.[2] O concepto está popularmente asociado co vudú haitiano, pero non forma parte das prácticas formais da relixión.
De acordo coas crenzas, un houngan, bokor ou feiticeiro vudú, sería quen de resucitar a un morto, que quedaría sometido en adiante á vontade da persoa que o devolve á vida.[3]
Coloquialmente, e en senso figurado, zombi úsase para designar a quen fai as cousas mecanicamente como se estivese privado de vontade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zombi.
- ↑ Oxford English Dictionary. Oxford University Press. 1998.
- ↑ «Vodou» The Oxford Encyclopedia of African Thought, Volumen 1, Oxford University Press, 2010. ISBN: 9780195334739