Saltar ao contido

Yantar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cápsula de recoñecemento dun Yantar-1KFT.

Yantar ou Iantar foi unha familia de satélites de recoñecemento primeiro soviéticos e despois rusos.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Yantar foi unha familia de diferentes satélites de recoñecemento. As primeiras xeracións usaban película fotográfica para obter imaxes desde órbita, mentres que as xeracións máis recentes eran electroópticos e enviaban as imaxes mediante satélites de comunicacións. Foron lanzados entre 1981 e 2015, usando case sempre foguetes Soiuz U.[1]

Yantar-2K

[editar | editar a fonte]

Yantar-2K ou Feniks foi a primeira familia de satélites Yantar de recoñecemento en alta resolución. Foron desenvolvidos por TsSKB Progress e construídos por OAO Arsenal. Estaban formados por un módulo de servizo cun motor capaz de varios reacendidos e dous paneis solares, un vehículo cónico de reentrada coa cámara de alta resolución Zhemchug-4 e dous vehículos de reentrada máis pequenos e esféricos. Cada satélite tiña unha masa de 6700 kg e orbitaban a Terra durante 30 días en órbitas de 350 x 170 km ata o retorno da película fotográfica nas súas cápsulas. Lanzárones 30 Yantar-2K entre 1974 e 1983 mediante foguetes Soiuz U, con dous fallos.[2][1]

Yantar-4K1

[editar | editar a fonte]

Os Yantar-4K1 ou Oktan foron a segunda xeración de satélites Yantar de recoñemento de alta resolución. Eran unha mellora dos Yantar-2K, cun maior tempo de vida en órbita e un sistema de cámara mellorado. Tamén foron desenvolvidos por TsSKB Progress e construídos por OAO Arsenal. Tiñan o mesmo sistema de cápsulas de retorno pero podían estar en órbita ata 45 días, usando unha cámara de alta resolución Zhemchug-18 que, ao igual que a Zhemchug-4, podía reutilizarse ao ser devolta a terra na cápsula principal. As súas órbitas eran como as dos Yantar-2K e lanzáronse 12, todos exitosos e mediante Soiuz U, entre 1979 e 1983.[3][1]

Yantar-4K2

[editar | editar a fonte]

Virtualmente idénticos aos Yantar-4K1, os Yantar-4K2 ou Kobalt supoñían unha lixeira mellora en prestacións. Lanzáronse 81, con tres fallos, todos usando Soiuz U, entre 1981 e 2002.[4][1]

Yantar-1KFT

[editar | editar a fonte]

Os satélites Yantar-1KFT, tamén coñecidos como Kometa e Siluet, foron ideados para substituír os satélites de recoñecemento Zenit 4MT e levaban a bordo unha cámara topográfica TK-350 e unha cámara Topaz KVR-1000 de alta resolución, ambas con película fotográfica. Os satélites usaban dúas cámaras de posicionamento estelar, un altímetro láser, sensores de navegación e dispositivos de sincronización. Os rollos de película eran devoltos á Terra nunha cápsula reutilizable baseada na dos satélites Zenit. A órbita típica dos satélites Yantar-1KFT era circular e de 220 km de altura en voos cunha duración de 45 días. A cantidade de película daba para fotografar 10,5 millóns de km2 de superficie terrestre. Lanzárones 21 Yantar-1KFT entre 1981 e 2005, cun fallo total e un fallo parcial, todos mediante Soiuz U.[5][1]

Yantar-4K2M

[editar | editar a fonte]

Os Yantar-4K2M ou Kobalt-M foron os últimos satélites Yantar en usar película fotográfica. Tiñan a mesma estrutura que os Yantar-4K2 e antecesores e eran inxectados mediante foguetes Soiuz U (salvo as dúas últimas unidades, que usaron foguetes Soiuz 2-1a) en órbitas similares. Podían pasar ata 130 días en órbita e eran capaces de obter imaxes cunha resolución de 0,3 m. Os satélites tiñan capacidade de manobrar para poder sobrevoar áreas de maior interese.[6][1]

Yantar-4KS1

[editar | editar a fonte]

Os Yantar-4KS1 ou Terilen foron os primeiros satélites Yantar electroópticos e que non necesitaban película fotográfica. Enviaban as imaxes a través dos satélites de comunicación Potok e eran inxectados en órbitas con altura de menos de 280 km. Lanzáronse quince, todos mediante Soiuz U e con dous fallos.[7][1]

Yantar-4KS1M

[editar | editar a fonte]

Os Yantar-4KS1M ou Neman eran versións melloradas dos Yantar-4KS1. Eran capaces de estar ata 259 días en órbita contra os 207 días dos anteriores.[8][1]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5][6][7][8] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8] Notas[1][2][3][4][5][6][7][8]
Yantar-2K 1 23 de maio de 1974 Soiuz-U Fallo
Yantar-2K 2 13 de decembro de 1974 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 3 5 de setembro de 1975 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 4 20 de febreiro de 1976 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 5 22 de xullo de 1976 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 6 26 de abril de 1977 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 1 27 de abril de 1979 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 7 6 de setembro de 1977 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 8 5 de agosto de 1978 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 9 27 de febreiro de 1979 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 10 14 de agosto de 1979 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 11 2 de novembro de 1979 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 12 24 de xaneiro de 1980 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 2 29 de abril de 1980 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 3 30 de outubro de 1980 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 13 26 de agosto de 1980 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 14 26 de decembro de 1980 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 15 20 de xaneiro de 1981 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 1 18 de febreiro de 1981 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 16 5 de marzo de 1981 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 17 28 de marzo de 1981 Soiuz-U Fallo
Yantar-2K 18 18 de maio de 1981 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 19 3 de xuño de 1981 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 20 15 de xullo de 1981 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 21 13 de agosto de 1981 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 1 21 de agosto de 1981 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 22 3 de novembro de 1981 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 23 19 de decembro de 1981 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 24 30 de xaneiro de 1982 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 2 2 de abril de 1982 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 25 15 de abril de 1982 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 2 28 de maio de 1982 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 4 8 de xuño de 1982 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 26 30 de xuño de 1982 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 5 4 de agosto de 1982 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 27 15 de setembro de 1982 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 6 16 de decembro de 1982 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 1 28 de decembro de 1982 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 28 6 de febreiro de 1983 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 7 25 de febreiro de 1983 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 29 22 de abril de 1983 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 8 26 de abril de 1983 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 9 26 de maio de 1983 Soiuz-U Éxito
Yantar-2K 30 28 de xuño de 1983 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 10 10 de agosto de 1983 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 11 7 de setembro de 1983 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 3 14 de outubro de 1983 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K1 12 30 de novembro de 1983 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 3 27 de decembro de 1983 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 4 13 de xaneiro de 1984 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 5 28 de febreiro de 1984 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 6 10 de abril de 1984 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 2 14 de maio de 1984 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 7 25 de maio de 1984 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 8 26 de xuño de 1984 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 9 31 de xullo de 1984 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 10 25 de setembro de 1984 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 4 14 de novembro de 1984 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 11 21 de novembro de 1984 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 12 9 de xaneiro de 1985 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 13 27 de febreiro de 1985 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 3 25 de marzo de 1985 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 14 19 de abril de 1985 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 15 23 de maio de 1985 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 5 8 de agosto de 1985 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 16 16 de agosto de 1985 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 17 29 de agosto de 1985 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 18 25 de outubro de 1985 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 19 11 de decembro de 1985 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 20 15 de xaneiro de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 4 7 de febreiro de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 21 26 de febreiro de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 22 9 de abril de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 23 6 de xuño de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 24 17 de xullo de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 5 6 de agosto de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 25 27 de agosto de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 6 6 de outubro de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 26 13 de novembro de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 27 16 de decembro de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 6 26 de decembro de 1986 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 28 9 de xaneiro de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 29 26 de febreiro de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 30 9 de abril de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 7 16 de abril de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 31 26 de maio de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 7 8 de xullo de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 32 9 de xullo de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 8 11 de setembro de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 33 17 de setembro de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 8 14 de novembro de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 34 22 de outubro de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 35 14 de decembro de 1987 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 36 3 de febreiro de 1988 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 37 24 de marzo de 1988 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 9 30 de marzo de 1988 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 38 12 de maio de 1988 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 9 18 de maio de 1988 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 39 22 de xuño de 1988 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 10 9 de xullo de 1988 Soiuz-U Fallo
Yantar-4K2 40 16 de agosto de 1988 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 41 15 de setembro de 1988 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 11 11 de novembro de 1988 Soiuz-U Fallo
Yantar-4K2 42 16 de decembro de 1988 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 10 29 de decembro de 1988 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 43 28 de xaneiro de 1989 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 44 2 de marzo de 1989 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 12 23 de marzo de 1989 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 45 20 de abril de 1989 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 46 17 de maio de 1989 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 11 24 de maio de 1989 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 47 12 de xullo de 1989 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 48 3 de outubro de 1989 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 13 17 de novembro de 1989 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 49 30 de novembro de 1989 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 50 25 de xaneiro de 1990 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 51 3 de abril de 1990 Soiuz-U Fallo
Yantar-4KS1 14 13 de abril de 1990 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 52 7 de maio de 1990 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 12 15 de maio de 1990 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 53 3 de xullo de 1990 Soiuz-U Fallo
Yantar-4K2 54 3 de agosto de 1990 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 55 16 de outubro de 1990 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 56 4 de decembro de 1990 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1 15 21 de decembro de 1990 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 57 7 de febreiro de 1991 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 13 15 de febreiro de 1991 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 58 26 de marzo de 1991 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 59 24 de maio de 1991 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1M 1 10 de xullo de 1991 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 60 19 de setembro de 1991 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 61 20 de novembro de 1991 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 14 17 de decembro de 1991 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 62 21 de xaneiro de 1992 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 63 1 de abril de 1992 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1M 2 8 de abril de 1992 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 15 29 de abril de 1992 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 64 28 de maio de 1992 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 65 24 de xullo de 1992 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 66 22 de setembro de 1992 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 67 20 de novembro de 1992 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1M 3 9 de decembro de 1992 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 68 19 de xaneiro de 1993 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 69 2 de abril de 1993 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 16 27 de abril de 1993 Soiuz-U Fallo parcial
Yantar-4K2 70 14 de xullo de 1993 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1M 4 5 de novembro de 1993 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 71 17 de marzo de 1994 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1M 5 28 de abril de 1994 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 72 20 de xullo de 1994 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 17 29 de xullo de 1994 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1M 6 29 de decembro de 1994 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 73 22 de marzo de 1995 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 74 28 de xuño de 1995 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1M 7 29 de setembro de 1995 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 75 14 de marzo de 1996 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 18 14 de maio de 1996 Soiuz-U Fallo
Yantar-4K2 76 20 de xuño de 1996 Soiuz-U Fallo
Yantar-4K2 77 15 de decembro de 1997 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 19 17 de febreiro de 1998 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 78 24 de xuño de 1998 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1M 8 25 de xuño de 1998 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 79 18 de agosto de 1999 Soiuz-U Éxito
Yantar-4KS1M 9 3 de maio de 2000 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 20 29 de setembro de 2000 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 80 29 de maio de 2001 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2 81 25 de febreiro de 2002 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2M 1 24 de setembro de 2004 Soiuz-U Éxito
Yantar-1KFT 21 2 de setembro de 2005 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2M 2 3 de maio de 2006 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2M 3 7 de xuño de 2007 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2M 4 14 de novembro de 2008 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2M 5 29 de abril de 2009 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2M 6 16 de abril de 2010 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2M 7 27 de xuño de 2011 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2M 8 17 de maio de 2012 Soiuz-U Éxito
Yantar-4K2M 9 6 de maio de 2014 Soiuz-2-1a Éxito
Yantar-4K2M 10 5 de xuño de 2015 Soiuz-2-1a Éxito
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 Mark Wade (2022). "Yantar" (en inglés). Consultado o 4 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yantar-2K (Feniks, 11F624)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yantar-4K1 (Oktan, 11F693)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yantar-4K1 (Oktan, 11F693)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yantar-1KFT (Kometa, Siluet, 11F660)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2022. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yantar-4K2M (Kobalt-M, 11F695M)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yantar-4KS1 (Terilen, 11F694)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2022. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Yantar-4KS1M (Neman, 17F117)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]