Potok
Aparencia
Potok ou Geizer foi unha serie de satélites de comunicacións militares da Unión Soviética.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Os satélites Potok servían de enlace entre estacións terrestres e os satélites de recoñecemento Yantar-4KS1 e Yantar-4KS1M. Levaban a bordo os transpondedores Slav-2 e Sintez en banda C e usaban unha antena octogonal de aliñamento de fase. Operaban desde a órbita xeoestacionaria e lanzáronse dez entre 1982 e 2000, todos con éxito e mediante foguetes Proton K/DM e Proton K/DM-2.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Misión[1][2] | Data de lanzamento[1][2] | Foguete lanzador[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|
Potok 1 | 17 de maio de 1982 | Proton K/DM | Éxito |
Potok 2 | 2 de marzo de 1984 | Proton K/DM | Éxito |
Potok 3 | 4 de abril de 1986 | Proton K/DM | Éxito |
Potok 4 | 1 de outubro de 1987 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Potok 5 | 1 de agosto de 1988 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Potok 6 | 18 de xullo de 1990 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Potok 7 | 22 de novembro de 1991 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Potok 8 | 21 de setembro de 1994 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Potok 9 | 30 de agosto de 1995 | Proton K/DM-2 | Éxito |
Potok 10 | 4 de xullo de 2000 | Proton K/DM-2 | Éxito |