Saltar ao contido

Xoán Paulo I, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSúa Santidade Editar o valor en Wikidata
Xoán Paulo I, papa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(la) Ioannes Paulus PP. I Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Albino Luciani Editar o valor en Wikidata
17 de outubro de 1912 Editar o valor en Wikidata
Canale d'Agordo, Italia Editar o valor en Wikidata
Morte28 de setembro de 1978 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Cidade do Vaticano Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaGrutas vaticanas
Basílica de San Pedro Editar o valor en Wikidata
263º Papa
26 de agosto de 1978 – 28 de setembro de 1978
← Paulo VI, papaXoán Paulo II, papa →
Cardeal
5 de marzo de 1973 –
Patriarch of Venice (en) Traducir
1969 – 1978
← Giovanni UrbaniMarco Cé →
Diocese: Patriarcado de Veneza (pt) Traducir
Roman Catholic Bishop of Vittorio Veneto (en) Traducir
15 de decembro de 1958 – 1969
← Giuseppe Carraro (pt) TraducirAntonio Cunial (pt) Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónPontificia Universidade Gregoriana Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDogmas da Igreja Católica (pt) Traducir, teoloxía moral, Dereito canónico, Ministerio petrino, Igrexa católica e papacy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma
Venecia
Cidade do Vaticano
Vittorio Veneto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OcupaciónSacerdote católico de rito romano (1935–), diácono transicional (pt) Traducir (1935–), profesor universitario, escritor, bispo católico latino Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónXoán XXIII Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa26 de agosto Editar o valor en Wikidata
Participou en
26 de agosto de 1978conclave de agosto de 1978
11 de outubro de 1962Concilio Vaticano Segundo Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiGiovanni Luciani Editar o valor en Wikidata
IrmánsAntonia Luciani Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata
(la) Humilitas Editar o valor en Wikidata

Sitio webfondazionepapaluciani.it… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1722303 Discogs: 463620 WikiTree: Luciani-3 Find a Grave: 2378 Editar o valor en Wikidata

Albino Luciani, nado en Canale d'Agordo, Véneto, Italia, o 17 de outubro de 1912 e finado na Cidade do Vaticano o 28 de setembro de 1978, foi Papa da Igrexa católica co nome de Xoán Paulo I (latín: Ioannes Paulus PP. I).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha pequena localidade da provincia de Belluno (Véneto, Italia), daquela coñecida como Forno dei Canale, era fillo de Giovanni Luciani e Bortola Tancon, sendo o maior de catro irmáns. Ós 10 anos, e logo de vivir na pobreza durante a primeira guerra mundial, a súa nai morreu e o seu pai contraeu novas nupcias cunha muller de gran devoción; foi entón cando naceu a súa vocación sacerdotal, segundo el declarou, grazas á predicación dun frade capuchino. En 1923 ingresou no seminario menor da localidade de Feltre, pasou logo ao seminario maior de Belluno, onde foi ordenado sacerdote en 1935. Trala súa ordenación trasladouse a Roma onde completou os seus estudos teolóxicos na Pontificia Universidade Gregoriana de Roma, na que obtería o grao de Doutor en teoloxía en 1947. Ó remata-los estudos regresou á súa localidade natal onde empezou o seu labor pastoral como párroco de Forno dei Canale e de Agordo, labor que compatibilizou cunha función docente no Instituto Tecnolóxico Mineiro.

Antes de se converter no "Papa do sorriso" (como sería coñecido por moitos), ocupou cargos como Vicerreitor do seminario de Belluno e Vicario Xeral de Belluno (diocese a cargo da cal estivo 11 anos) en 1954. En 1958 Xoán XXIII conságrao como bispo de Vittorio Veneto e o 15 de decembro de 1969 foi nomeado Patriarca de Venecia, penúltimo paso antes da súa elección como Sumo Pontífice ó que intermediaría a súa creación como cardeal o 5 de marzo de 1973.

Foi elixido como o 263º Papa da Igrexa católica o 26 de agosto de 1978. Foi o primeiro Papa con dous nomes, xesto co que pretendía honrar ós seus dous predecesores: Xoán XXIII e Paulo VI. Despois da súa elección, Xoán Paulo I estableceu un ambiente de optimismo e reformas. Pero nunca chegaría a avanzar máis alá das propostas. Morreu, aparentemente por infarto, 33 días despois, o 28 de setembro de 1978, tras o undécimo pontificado máis breve a historia (o primeiro corresponde ó de Urbano VII quen ocupou a sé por 13 días).

Artigo principal: Morte de Xoán Paulo I.

O ambiente de optimismo e proximidade establecido por Xoán Paulo I nunca chegaría a avanzar pola brevedad do seu pontificado. Foi atopado morto na súa cama pouco antes do amencer do 29 de setembro de 1978, 33 días logo da súa elección.
Segundo as fontes oficiais, o papa, de 65 anos, morreu dun infarto. Díxose que o Vaticano ocultou algúns aspectos sobre o descubrimento do cadáver para evitar dar detalles indecentes [1][2] no feito de que foi descuberto pola Irmá Vincenza, unha monxa.[3] Como é costume trala morte dun papa, non se realizou autopsia. Aínda que isto, xunto con declaracións contraditorias realizadas trala morte do papa, deron lugar a unha serie de teorías conspiradoras en torno a ela. Estas declaracións refírense a quen atopou o cadáver e onde, a que hora e que papeis tiña na man.

Polémica e hipótese en torno á súa morte

[editar | editar a fonte]
Tumba de Xoán Paulo I nas grutas vaticanas.

O Vaticano afirma que Xoán Paulo I faleceu dun infarto na súa cama e que non se levou a cabo autopsia ningunha pola oposición dos seus familiares. Algúns aspectos desta declaración oficial, con todo, víronse contraditos máis tarde: non foi o irlandés John Magee (posteriormente bispo), quen fose secretario persoal de Paulo VI, Xoán Paulo I e Xoán Paulo II, a primeira persoa en achar o cadáver do Pontífice, senón unha das relixiosas que se encargaban do traballo doméstico, como se soubo en 1988.[4] A familia do falecido papa revelou en 1991 que a morte non lle veu na cama, senón no seu escritorio;[5] e ademais, si se lle realizou unha autopsia, segundo outros informes.[6] Estas incoherencias oficiais, xunto a outros factores de índole económica, deron orixe a teorías conspiradoras que apuntan a un envelenamento do Pontífice.[7]

Xoán Paulo I pretendía afondar nas reformas iniciadas por Xoán XXIII. A clarificación das contas vaticanas era unha das súas prioridades. Mentres foi Patriarca de Venecia, en 1972, o Banco Vaticano vendeu ao Banco Ambrosiano, propiedade de Roberto Calvi, a Banca Cattolica do Veneto, sen consultar ao bispado metropolitano de Venecia, do cal monseñor Albino Luciani era xerarca.
O responsable desta acción foi o arcebispo Paul Marcinkus, o cal levou a certas desavinzas entre Luciani, aínda non nomeado papa, e o norteamericano, responsable da dubidosa administración Vaticana de entón. A Banca Cattolica do Veneto estaba especializada en préstamos con baixos tipos de xuro cara aos máis necesitados; quizais por isto o papa Luciani tomou cartas no asunto. Giovanni Benelli, substituto do Secretario de Estado Vaticano, cóntalle que existe un plan entre Roberto Calvi, Michele Sindona e Marcinkus para aproveitar a ampla marxe de manobra que ten o Vaticano: «evasión de impostos, movemento ilegal de accións». A reacción de Luciani, recollida no libro Co corazón posto en Deus: intuicións proféticas de Xoán Paulo I, é dunha enorme decepción.

O 9 de maio dese mesmo ano da morte de Xoán Paulo I, 1978, fora asasinado o primeiro ministro de Italia, Aldo Moro, líder da Democracia Cristiá. As estrañas circunstancias do deceso de Albino Luciani -un ataque cardíaco, para alguén que gozaba de boa saúde- e outros sucesos misteriosos, como que a defunción non fose certificada polo forense vaticano, senón por outro, e o precipitado do seu embalsamamento, dispararon a teoría de que en realidade Xoán Paulo I foi asasinado. A dobre confesión da monxa, Sor Vicenza Taffarel, quen atopou o cadáver do Sumo Pontífice (nunha primeira versión: vestido aínda, no seu baño, posiblemente no chan, onde vomitou; e a outra: na súa cama, con documentos desordenados e as lentes caídas do seu rostro, xa desposuído do hábito papal) inducen a pensar que foi envelenado.

Algunhas obras de investigación abundan na teoría do envelenamento. O libro O día da conta do sacerdote español Jesús López Sáez, presume que o sumo pontífice foi envelenado cunha forte dose dun vasodilatador.[6] O libro In God's Name (No nome de Deus), do xornalista inglés David Yallop, defende que foi envelenado por altos xerarcas da Igrexa católica en complicidade con mafiosos vinculados co Banco Ambrosiano e as irmandades secretas masónicas.[8]

En 1988 o Vaticano abriu as súas portas ao xornalista John Cornwell e deulle todo tipo de facilidades para entrevistar ás testemuñas da vida e morte de Xoán Paulo I, ata algúns que nunca declararan en público os seus vivencias. No seu libro Como un ladrón na noite. A morte do papa Xoán Paulo I entrevista aos secretarios do papa defunto, a Paul Marcinkus, á sobriña (médico de profesión) do papa Luciani, a un sarxento da garda suíza, aos embalsamadores, a xornalistas, un axente do FBI que traballou en Roma, a Joaquín Navarro-Valls, Radio Vaticano, os médicos do papa etc. A conclusión foi que parecía inverosímil que o papa fose asasinado, atribuíndo a súa morte a unha conxunción de factores. O seu carácter afable viuse esmagado pola burocracia vaticana e a presión de traballo á que foi sometido (o cardeal Villot recoñeceu que se sentía culpable de habelo angustiado de traballo con maletas de documentos), a pouca axuda que recibiu da contorna para desempeñar a súa nova función, os seus problemas de saúde (sobre todo circulatorios, embolias, trombos etc.) que combinado co estrés e un posible descoido na medicación xunto coa ausencia de trato por parte dos médicos do Vaticano, puideron producir unha embolia pulmonar a noite do 28 de setembro de 1978.

Con todo, varias fontes acusaron a Cornwell de ser contratado polo propio Vaticano para dar esta información falsa, xa que se demostrou que Albino Luciani non tiña ningún dos problemas de saúde mencionados nin tomaba medicación algunha, o que deixou numerosas dúbidas sen resolver sobre a morte do Sumo Pontífice.[9]

Beatificación

[editar | editar a fonte]

Nunha cerimonia deslucida pola chuvia que caía sobre Roma o domingo 4 de setembro de 2022, Jorge Mario Bergoglio beatificou a Xoán Paulo I, que pasou á historia porque o seu pontificado durou só 33 días, ao falecer aos 65 anos de idade de maneira inesperada, o que deu lugar a todo tipo de especulacións que acabaron converténdose en argumento de libros e filmes. Albino Luciani, pontífice que sorprendeu aos fieis ao dirixirse a eles con sixeleza e deixar de utilizar o "plural maiestático", alcanzou o status previo á santidade grazas a un milagre logrado por medio da súa intercesión, segundo a Igrexa católica. Trátase da curación en 2011 da nena arxentina Candela Giarda, afectada por unha grave enfermidade e que, segundo os médicos, non tiña esperanzas de sobrevivir.[10]

Ante os ao redor de 25 000 fieis presentes na praza de San Pedro do Vaticano para participar na cerimonia de beatificación, Francisco cualificou a Xoán Paulo I de «pastor apracíbel e sereno» e fixo referencia o «sorriso» que mostraba. Era a mellor maneira de transmitir «unha Igrexa co rosto alegre, sereno e sorrinte», dixo Bergoglio, trazando así un evidente paralelismo coa súa idea de como quere el que se mostre a comunidade cristiá. O coñecido como "papa do sorriso" era a imaxe dunha Igrexa católica «que nunca pecha as portas, que non endurece os corazóns, que non se queixa nin alberga resentimentos, que non está enfadada nin é impaciente, que non se presenta de modo áspero nin sofre pola nostalxia do pasado».[10]

O Santo Pai, na súa homilía na beatificación do papa Luciani recordou que seguir a Xesús é tomar como El as propias cargas e as dos demais, facer da vida un don, gastala imitando o amor xeneroso e misericordioso de Deus. Tal como o novo beato que, co seu sorriso, logrou transmitir a bondade do Señor.[11]

  1. "Evidence of foul play in Pope death claimed". Chicago Tribune. 7 de outubro de 1978. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2013. Consultado o =26 de decembro de 2009. 
  2. "BISHOP TELLS STORY OF POPE JOHN PAUL I'S DEATH HE DEBUNKS CONSPIRACY THEORY, BUTS SAYS VATICAN ALTERED SOME DETAILS". St. Louis Dispatch. 11 de outubro de 1998. Consultado o 31 de decembro de 2009. 
  3. "Foul Play". Baltimore Afro-American. 10 de outubro de 1978. Consultado o 26 de decembro de 2009. 
  4. El País, 10 de agosto de 1988: "Una religiosa encontró muerto a Juan Pablo I"
  5. El País, 5 de xaneiro de 1991: "El papa Juan Pablo I no murió en la cama, según han revelado ahora sus familiares"
  6. 6,0 6,1 El Mundo, 14 de setembro de 2003: "Juan Pablo I fue asesinado"
  7. Clarín, 26 de agosto de 1998: Arquivado 10 de abril de 2021 en Wayback Machine. "El papa de la sonrisa"
  8. El grupo neoliberal que impuso a Juan Pablo II pudo estar envuelto en asesinato de Albino Luciani La Fogata Digital.
  9. "La misteriosa muerte de Juan Pablo I, en Agencia El Vigía". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  10. 10,0 10,1 Menor, Darío (4 de setembro de 2022). "El papa Francisco beatifica a Juan Pablo I, «el rostro alegre, sereno y sonriente» de la Iglesia". La Voz de Galicia. Consultado o 5 de setembro de 2022. 
  11. Vatican News (4 de setembro de 2022). "Francisco: Juan Pablo I vivió el Evangelio sin concesiones y amando hasta el extremo". Consultado o 5 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Paulo VI

263º Papa da Igrexa católica

1978
Sucesor:
Xoán Paulo II