Promissio Carisiaca
A Promissio Carisiaca (en latín Promesa de Quierzy), coñecida tamén como Donatio Carisiaca, doazón de Pipino, tratado de Quierzy ou doazón de Quierzy, tería sido un acto (testemuñado por algunhas fontes, pero dunha existencia incerta) co cal Pipino o Breve no 754 tería prometido ao papa Estevo III[1] a restitución das terras tomadas ao Imperio bizantino polo rei longobardo Aistolfo. O territorio en cuestión correspondía na súa maioría ao Exarcado e á Pentápole.[2] Os termos do acordo:
- Pipino comprometíase a deter coas armas os longobardos e a obrigar ao seu rei a restituir as terras antes pertencentes ao Exarcado de Rávena e ao Ducado romano.
- O Papa Estevo III consagraba solemnemente a dinastía carolinxia e concedía a Pipino o título de Patricius Romanorum (protector de Roma).
O futuro rei dos francos e o Pontífice xa tiveran anteriormente outros encontros, nun intento de persuadir a Aistolfo a restituír os territorios sen recorrer ás armas. Unha primeira asemblea de grandes notábeis tivera lugar en Braisne-sur-Vesle (nas Ardenas, 1 de marzo de 754) e unha segunda en Quierzy (en Picardía), o 14 de abril, día de Pascua, na cal se decidiu facerlle a guerra cos longobardos.
As terras que foron reconquistadas foron despois efectivamente doadas á Igrexa en 756, sancionando a creación do Estado Pontificio, de facto xa instituído pola doazón de Sutri.
O adxectivo carisiaca deriva do nome latino de Quierzy (Carisium).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ou Estevo II, dado o problema coa numeración dos papas deste nome, véxase Estevo II, papa.
- ↑ A. Cortonesi "Il Medeoevo: profilo di un millennio", Roma: Carocci Edetore 2008, pp. 70-73