Xoán II de Brabante
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de setembro de 1275 |
Morte | 27 de outubro de 1312 (37 anos) Tervuren, Bélxica (pt) |
Lugar de sepultura | Catedral de St. Michael e St. Gudula (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Duque de Brabante (1294–1312) |
Familia | House of Brabant (en) |
Cónxuxe | Margarida de Inglaterra (1290 (Gregoriano)–) |
Fillos | Johan Cordeken, Jan van Cordekin, Jan III de Brabante, Johan I van Wittem, Jan van Wyvliet |
Pais | Xoán I de Brabante e Margarida de Dampierre |
Irmáns | Jean Meeuwe Maria de Brabante Margarida de Brabante Margarida de Tervueren Jean van der Plasch |
Xoán II de Brabante, chamado o Pacífico, nado o 27 de setembro de 1275 e finado en Tervuren o 27 de outubro de 1312, foi duque de Brabante e de Limburgo de 1294 ata a súa morte. Foi fillo de Xoán I de Brabante e de Margarida de Dampierre.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1290 casou na abadía de Westminster con Margarida de Inglaterra, filla de Eduardo I, e de Leonor de Castela. Este concerto matrimonial inscribíase nun conxunto de alianzas ideado por Eduardo para dispor de apoios no seu enfrontamento co rei de Francia Filipe IV o Fermoso.[1]
A participación de Xoán, duque desde 1394, na liga contra Francia encabezada por Eduardo, con Guido de Dampierre, conde de Flandres e outros señores foi, con todo, sumamente dubitativa, e en 1300 a alianza quedou disolta polas vacilacións dos seus compoñentes antes de lanzar o ataque. Desde o primeiro momento houbo de facer fronte ademais a revoltas internas e tumultos nas cidades, promovidos polos grupos burgueses enriquecidos coa industria e o comercio paneiro, que reclamaban acabar cos privilexios do patriciado urbano.[2] Anveres, Malinas, Bolduque, Lovaina e por último Bruxelas en 1306 se amotinaron sucesivamente e momentaneamente lograron expulsar delas aos patricios.
Sometidas as cidades desencadeouse unha onda de persecucións contra os xudeus, protexidos polo duque que percibía os seus impostos.[3]
Angustiado polas débedas e gravemente enfermo do mal de pedra, en 1312 convocou en Kortenberg á nobreza e os representantes das cidades, nas que persistían as mostras de descontento. O resultado da reunión foi a aprobación da Carta de Kortenberg que limitaba a imposición de novas cargas fiscais, establecía mecanismos de control da xustiza e recoñecía ás cidades os seus privilexios e dereito consuetudinario, ademais de crear un consello no que estarían presentes membros da nobreza e do pobo.[4]
Morreu o 27 de outubro de 1312, ao mes de asinar a Carta, deixando como herdeiro a un fillo único home de pouco máis de doce anos, Xoán III.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xoán II de Brabante |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Van Hasselt, André e Van Hasselt, M., Historia de Béljica e Holanda, Madrid-Barcelona, Imprenta do Imparcial, 1884.
- Wauters, Alphonse, «Jean II», Académie royale de Belgique, Biographie nationale, vol. 10, Bruxelles, 1889, p. 216-237.
Predecesor: Xoán I |
Duque de Brabante e Limburgo 1294 - 1312 |
Sucesor: Xoán III |