Saltar ao contido

Abadía de Westminster

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaAbadía de Westminster
(en) Westminster Abbey Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
TipoCatedral anglicana ou episcopal (pt) Traducir
Royal Peculiar (pt) Traducir
atracción turística
igrexa abadía
Anglican church building (en) Traducir
colexiata Editar o valor en Wikidata
EpónimoPedro Editar o valor en Wikidata
Parte dePalácio de Westminster, Abadia de Westminster e Igreja de Santa Margarida (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCidade de Westminster, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Mapa
 51°29′58″N 0°07′39″O / 51.4994, -0.127367
Composto por
Características
Monumento clasificado como grao I
Data24 de febreiro de 1958
Identificador1291494
Monumento clasificado como grao I
The Great Cloisters of Westminster Abbey (en) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg
Data24 de febreiro de 1958
Identificador1066370
Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundaciónséculo X e 1540 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
20 de novembro de 1947 Casamento de Isabel do Reino Unido e Filipe Mountbatten (pt) Traducir
14 de novembro de 1973 wedding of Princess Anne and Mark Philips (en) Traducir
23 de xullo de 1986 wedding of Prince Andrew and Sarah Ferguson (en) Traducir
29 de abril de 2011 Casamento de Guilherme de Gales e Catarina Middleton (pt) Traducir
coroación Editar o valor en Wikidata
Primeiro rexistro escrito960 Editar o valor en Wikidata
Actividade
OperadorEnglish Heritage (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
PropietarioEnglish Heritage (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webwestminster-abbey.org Editar o valor en Wikidata
Facebook: WestminsterAbbeyLondon Twitter: wabbey Instagram: westminsterabbeylondon Youtube: UCNySjNq1BUNEu7azGutrDEw Editar o valor en Wikidata

A abadía de Westminster ou igrexa colexiata de San Pedro de Westminster é unha igrexa gótica de grande tamaño, situada en Westminster, Londres, á beira do Palacio de Westminster. É o lugar tradicional para as coroacións e enterros dos monarcas ingleses.

De acordo coa tradición, no ano 616 fundouse un santuario no lugar coñecido como "Thorney Island". Dise que foi milagrosamente consagrado despois de que un pescador do río Támese tivera unha visión de san Pedro. Aínda que a existencia do santuario é incerta, a abadía histórica foi construída por Eduardo o Confesor entre os anos 1045 e 1050 e foi consagrada o 28 de decembro de 1065. Eduardo construíu a abadía ao faltar a un voto no que prometía realizar unha peregrinación; o papa aconselloulle redimirse construíndo unha abadía.

A abadía orixinal, de estilo románico, foi construída polos monxes bieitos. Reconstruíuse en estilo gótico entre 1245 e 1517. A primeira fase da reconstrución foi organizada polo rei Henrique III, como un santuario en honra a Eduardo o Confesor. Os traballos rematáronse durante o reinado de Ricardo II. Henrique VII engadiu unha capela dedicada á Virxe María en 1503. A pesar de que a abadía estivo cercada por Henrique VIII durante a disolución dos mosteiros en 1534 e pechada en 1540, en 1550 salvouse da destrución grazas á súa conexións coa realeza.

O dito inglés "robbing Peter to pay Paul", (en galego: "roubar a Pedro para pagarlle a Paulo") sendo o equivalente en galego "desvestir a un santo para vestir a outro", procede deste período no que o diñeiro destinado á abadía, dedicada a san Pedro, destinouse ao tesouro da catedral de San Paulo. En 1640 sufriu diversos danos ao seres atacada por puritanos pero foi protexida de novo grazas ás súas estreitas relacións co estado. Oliver Cromwell recibiu un fastuoso funeral no templo en 1658 para ser desenterrado en xaneiro de 1661 por orde de Carlos II.

A abadía volveu a mans dos bieitos baixo o reinado da raíña María que morreu en 1558 durante o reinado da súa irmá, Isabel I e foi soterrada na mesma abadía. En 1579, Isabel I de Inglaterra recuperouna converténdoa na igrexa colexiata de San Pedro.

As dúas torres situadas ao oeste da catedral construíronse en 1722 por Christopher Wren e Nicholas Hawksmoor; están feitas con pedra de Portland e son un exemplo da revitalización do deseño gótico. No século XIX realizáronse diversas reformas.

Coroacións

[editar | editar a fonte]

Dende a coroación de Guillerme o Conquistador en 1066, todos os monarcas ingleses foron coroados na abadía, agás Jane Grey, Eduardo V e Eduardo VIII. O arcebispo de Canterbury é o encargado de realizares a cerimonia da coroación. A cadeira de santo Eduardo ("St, Edward's Chair"), o trono no que os soberanos sentan no momento da coroación, consérvase no interior do templo.

Soterramentos

[editar | editar a fonte]

Henrique III reconstruíu a abadía en honra a santo Eduardo o confesor, cuxos restos repousan no santuario, o seu corpo atópase soterrado moi preto, na zona na que repousan os reis Plantagenet, as súas donas e fillos.

Monarcas soterrados en Westminster

[editar | editar a fonte]

Reis de Inglaterra

Reis de Inglaterra e Escocia

Outros persoeiros reais

[editar | editar a fonte]

Ademais, hai outros moitos sepulturas de príncipes e membros da familia real.

Os aristócratas atópanse soterrados nas capelas laterais e os monxes e as persoas relacionadas coa abadía noutras zonas. Entre os personaxes que non pertencen á realeza e que están soterrados na abadía de Westminster destacan:

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Google Maps