Xerardo Abad Conde
Nome orixinal | (es) Gerardo Abad Conde |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de agosto de 1881 Ordes, España |
Morte | 10 de setembro de 1936 (55 anos) Madrid, España |
Causa da morte | execución extraxudicial, ferida por arma de fogo |
Ministro de Mariña de España | |
23 de xaneiro de 1935 – 3 de abril de 1935 ← Juan José Rocha García (pt) – Francisco Javier de Salas González (en) → | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
31 de agosto de 1931 – 9 de outubro de 1933 ← José Sanjurjo Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Lugo | |
Alcalde da Coruña | |
1918 – 1919 ← Santiago Casares Paz – Juan González Rodríguez → | |
Catedrático de universidade | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | político, avogado, xurista |
Partido político | Partido Republicano Radical |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
- Non confundir con Gerardo Abad-Conde y Sevilla (1909-1988), xurista.
Xerardo Abad Conde, nado en Ordes o 8 de agosto de 1881 e finado en Madrid o 10 de setembro de 1936, foi un político galego. Foi alcalde da Coruña a finais da década de 1910.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Marchou de neno a Cuba, regresando en 1889. Titulouse en Dereito e exerceu como avogado na Coruña. Desempeñou a cátedra de Lexislación Mercantil e Lexislación Marítima na Escola de Comercio da Coruña e na de Vigo e foi director da Escola Náutica da Coruña.
Pertenceu ao Partido Republicano Autónomo, do que xa era secretario en 1908, e despois ao Partido Radical de Alejandro Lerroux. Foi concelleiro na Coruña en varias etapas, e alcalde en 1918-19. Foi un dos participantes do Pacto de Lestrobe en marzo de 1930, onde foi designado polas súas calidades oratorias para asistir ao mitin de afirmación republicana que se ía celebrar en Madrid en setembro dese ano.
Ao proclamarse a Segunda República foi nomeado subsecretario do Ministerio de Comunicacións. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 preséntase pola Coruña, pero non resulta elixido; porén, na repetición das eleccións en Lugo, en agosto, foi elixido deputado. En xullo de 1933 foi elixido vocal do Tribunal de Garantías Constitucionais e, a finais dese ano –ao non saír elixido nas eleccións xerais de 1933- foi nomeado presidente do Consello de Estado. A principios de 1935 foi nomeado ministro de Mariña nun dos gobernos de Lerroux, cargo que desempeñou durante tres meses. En agosto dese ano foi nomeado catedrático de Filosofía do Dereito da Universidade de La Laguna (Tenerife) pero renunciou ante as presións que recibiu.
En 1936 presentouse ás eleccións xerais de febreiro polo Partido Radical pero non resultou elixido. Logo do levantamento militar contra a República, foi detido e enviado ao cárcere de Porlier onde foi asasinado por gardas de asalto e milicianos o 10 de setembro.
Foi membro da loxa Suevia nº 4 da Coruña.
Obra
[editar | editar a fonte]- Institutos náuticos oficiales. Situación del personal docente en 15 de abril de 1920, con apéndice de las disposiciones legales dictadas desde 1º. de julio de 1918 hasta la citada fecha (A Coruña, 1920).
- El Salario (A Coruña, 1922).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Couceiro Freijomil, A. (1951). "ABAD CONDE, Gerardo". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) I. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 1.
- Ledo Cabido, B. (dir.) (2010): "Abad Conde, Xerardo". Entrada en Dicionario biográfico de Galicia, tomo I. Vigo: Ir Indo Edicións.
- "Abad Conde, Xerardo". Diciopedia do século 21. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Masones ilustres" logiaobradoiro.com (en castelán).
- "Gerardo Abad Conde" galegos.info
Predecesor: Santiago Casares Paz |
Alcalde da Coruña 1918 – 1919 |
Sucesor: Juan González Rodríguez |